San Lourenzo de Piñor: 1.000 habitantes
Problemas: os mesmos que un pobo no que viven 20 persoas
culpables: os xestores do PP, que non teñen ansia de arranxar cuestións que dan vergoña allea
Esta patética imaxe de desidia pode verse na estra de Toén
Ubícase preto o do campo da festa de piñor.
Unha estrada pola que circulan
diariamente centos de automobilistas, que non entenden por qué non se
soluciona este problema de "supuración"....
¿HASTA CANDO HABERÁ QUE AGARDAR PARA QUE SE SOLUCIONE O PROBLEMA?
mércores, 21 de agosto de 2013
venres, 16 de agosto de 2013
RECLAMAMOS EXPLICACIÓNS SOBRE DEFICIENCIAS NAS PISCINAS
O Grupo Municipal Socialista ante
as numerosas queixas recibidas
incluso antes de que se abriran ó público as piscinas, volve presentar unha
serie de preguntas que requiren aclaracións e explicacións por parte dos
gobernantes municipais debido á importante afluencia de bañistas que
asisten diariamente ás instalacións, fundamentalmente xóvenes e nen@s.
Recentemente
un cativo volveu sufrir un accidente debido á suposta falta de supervisión e
dun inaxeitado mantemento do vaso pequeno da piscina. O brazo deste neno quedou atrapado na rexilla da piscina debido a que o
sistema de seguridade non funcionou axeitadamente. Pero esta é só a punta
do iceberg, posto que as deficiencias sobre as que alertan os bañistas son
innumerables.
A
saturación que existe nas
piscinas municipales de Barbadás, situadas na Valenzá, é un dos temas que máis
preocupan ós Socialistas, motivo polo que queremos que se nos achegue o plan
de emerxencia desta instalación, dando por feito que existe.
Coa
presentación desta batería de preguntas, o PSdeG pretende incidir na necesidade dunha intensificación das
tarefas de mantemento e vixiancia das instalacións. Os Socialistas
lembramos que a principios da tempada estival un problema co cloro provocou
situacións incómodas para @s bañistas porque moit@ deles aparececeron con sarpullidos en todo o corpo por
este motivo.
Dende
o Grupo Socialista queremos reprochar ó alcalde, José Manuel Freire, que
non se tiveran en conta as propostas feitas polo Partido Socialista en relación
coas piscinas ó inicio da tempada, pois a principios de xullo xa chamamos a atención sobre numerosas
deficiencias nas instalacións debido a que se esvarava nas lousas, que había
calvas no céspede e un buraco ó lado dos arbustos, que leva alí dende hai anos.
Tamén indicamos que varios nen@s sairan das piscinas con queimaduras e cortes
en cóbados, barriga e xeonllos. O PsdeG non recibiu dende entón ningún tipo
de explicación nin aclaración respecto a esta situación, polo que nos vemos
na obriga de facer unha relación sucinta das deficiencias detectadas á espera
de que o goberno do PP as subsane.
O
Partido Socialista solicita formalmente ue o Alcalde faga unha serie de aclaracións e ofrezca explicacións ante
a opinión pública sobre a situación das piscinas municipais:
·
¿Ten o Concello coñecemento do incidente acontecido hai uns días no que un cativo foi vítima do
mal funcionameto do sistema de seguridade dunha das rexillas da piscina?
·
¿Vaise subsanar esta carencia para evitar que outr@s
nen@s poidan bañarse sen medo de que queden os seus brazos ou mans atrapados nunha destas rexillas?
·
¿Son sabedores os gobernantes locais de que ante feitos
destas características estase culpando ós pais e nais de non vixiar
axeitadamente ós/ás seus/súas fill@s?
·
É precisamente a vixiancia dos socorristas o que pode evitar este tipo de situacións. Pero no
PsdeG temos recibido queixas de que durante máis de 2 horas a piscina estivo
recentemente sen a presencia de un dos vixiantes. ¿Existe unha planificación por parte do goberno do PP para evitar que a piscina
quede sen vixiancia algunha en momentos puntuais?
·
¿Vanse substituir as baldosas rotas no interior do
vaso pequeno?
·
¿Existe un plan de
emerxencia e evacuación específico para as piscinas municipais? De
ser así, solicitamos que se nos facilite.
·
Ante os incidentes que teñen acontecido nas piscinas en
anos anteriores, os profesionais teñen botado de menos un acceso rápido ás
instalacións. ¿Existe unha zona para a accesibilidade de ambulancias dun
xeito eficaz?
·
Ante a evidente saturación destas instalacións, o PsdeG
quere saber se ¿existe un aforo limitado
para os bañistas que poden acudir ás piscinas?
·
Preocúpanos tamén o estado dos baños, debido a que se rompeu unha ringleira de azulexos e
unha nena cortouse. ¿Vaise facer unha labor de mantemento das instalacións, tal
e como corresponde a un concello da entidade de Barbadás e tendo en conta o
importante número de persoas que acuden diariamente?
·
As/os bañistas seguen chamando a atención sobre o
inadecuado mantemento dos baldosíns que circundan ambos os dous vasos
debido a que se producen esvaróns continuados. Preguntamos por enésima vez se se vai levar a cabo unha
labor de tratamento destas losetas para que sexan antideslizantes.
·
As portas dos baños non teñen en moitos casos peche de
seguridade. ¿Vaise subsanar esta deficiencia para protexer a intimidade dos
bañistas?
·
¿Están dispostos os gobernantes de Barbadás a dar as
instruccións precisas para que as instalacións estean nunha situación de hixiene e comodidade para os usuarios?
(hai que ter en conta que nos baños non existe a disposición dos bañistas algo
tan básico coma papel hixiénico)
·
¿As rexillas
das duchas exteriores van ser LIMPADAS
evitando a imaxe de deixadez que ofrece o verdín e o atascamento das mesmas?
·
¿Vaise repor o
céspede nas debidas condicións de calidade ó principio da vindeira tempada?
·
¿O buraco situado ó carón dos arbustos vai desaparecer
dunha vez por todas e despois das reiteradas peticións ó respecto feitas por
bañistas e polo PsdeG?
venres, 28 de xuño de 2013
Freire reclama á Deputación trienios e antigüidade
- O ALCALDE DE BARBADÁS, JOSÉ MANUEL FREIRE, RECLAMA 51.892 EUROS Á DEPUTACIÓN
- O MESMO DÍA QUE FORMALIZABA A SÚA RENUNCIA COMO PRESIDENTE DO INORDE NO PLENO DA DEPUTACIÓN REDACTABA UN ESCRITO RECLAMANDO TRIENIO E ANTIGUIDADE.
- A RECLAMACIÓN FORMALIZOUNA O DÍA 5 DE XUÑO ARGUMENTANDO QUE MENTRAS FOI PRESIDENTE DO INORDE NO COBROU TRIEINOS E ANTIGUIDADE DO SERGAS
- AGORA RECLÁMALLE Á DEPUTACIÓN PRETO DE 52.000 EUROS POR 5 ANOS, AÍNDA QUE EL FOI PRESIDENTE DO INORDE DURANTE 8. PERO A LEI SÓ PERMITE FACER ESTE TIPO DE RECLAMACIÓNS PARA OS ÚLTIMOS 5 ANOS.
- ESTA CONTÍA QUE RECLAMA CORRESPONDE, SEGUNDO FREIRE, Á ACTIVIDADE PARA A QUE PEDIU UN PERMISO DE SERVIZOS ESPECIAIS CANDO COMEZOU A TRABALLAR CON DEDICACIÓN EXCLUSIVA PARA O INORDE.
- COMO PRESIDENTE DO INORDE COBRABA 60.000 EUROS Ó ANO
- O VOCEIRO DO PSdeG NA DEPUTACIÓN, JOSÉ IGNACIO GÓMEZ, FIXO ESTA DENUNCIA ANTE OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN ANTES DO PLENO CELEBRADO HOXE VENRES.
- NA PROPIA SESIÓN PLENARIA, CANDO SE DEBATÍA UNHA MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS, O LÍDER SOCIALISTA PEDIU EXPLICACIÓNS Ó PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN, JOSÉ MANUEL BALTAR.
- BALTAR ELUDIO TRATAR A POLÉMICA ASEGURANDO QUE SE ESTÁ ESTUDANDO A PRETENSIÓN DE FREIRE POLA INTERVENTORA E POLO SECRETARIO XERAL, AFIRMANDO QUE SE APLICARÁ A LEGALIDADE.
- JOSÉ IGNACIO GÓMEZ IRONIZOU Ó AFIRMAR QUE "FREIRE ESTÁ DEIXANDO Ó PP "CO CU Ó AIRE".
- O VOCEIRO DO PSdeG NA DEPUTACIÓN RECALCOU QUE "NON TODOS SOMOS IGUAIS". AFIRMOU QUE LLE MOLESTAN ESTE TIPO DE ACTITUDES PORQUE NON ME BENEFICIO NIN INTENTO SAQUEAR NINGUNHA INSTITUCIÓN PÚBLICA".
mércores, 19 de xuño de 2013
O POLIDEPORTIVO ¿ABRIRÁ EN SETEMBRO?
O CONCELLO CONTRATARÁ 5 PERSOAS PARA PÓR EN MARCHA O PAVILLÓN
- O PP convoca un pleno extraordinario para “axilizar a apertura do polideportivo”, pero o único que fai é facilitar os prazos para contratar persoal.
- O Concello contratatará 2 monitores deportivos, 1 conserxe e 1 auxiliar administrativo.
- A improvisación e o despilfarro caracterizan ó goberno de Freire
- Despilfarro por convocar un pleno o 17 de xuño con carácter extraordinario cando o 1 de xullo está prevista a celebración dunha sesión ordinaria.
- Improvisación por querer aprobar con tanta premura o regulamento de funcionamento do pavillón e a contratación de persoal, cando aínda non teñen unha data aproximada de apertura das instalacións.
- “Quizás para septiembre”, asegura Consuelo Vispo, concelleira de Deportes.
- Ó PSdeG non nos valen os quizáis, esiximos que se abran as instalacións canto antes, tendo en conta que a obra xa está entregada e que se vai recorrer ó persoal que ten o concello para abrir puntualmente o pavillón na última semana de xuño para un campamento.
- O voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel, reclamou unha Relación de Postos de Traballo para pór punto e final á política de ocultación e caciquil do PP en materia de persoal.
- Valcárcel ironiza ó afirmar que “boa parte da veciñanza de Barbadás desconfía sobre a contratación de traballador@s para cubrir eses 5 postos de traballo, porque algúns deles “xa teñen nome e apelidos”, desconfía o voceiro socialista.
- Dende o Grupo Socialista volven denunciar a pouca transparencia que afecta á contratación de persoal e a ausencia dunha previsión en relación coas necesidades de cada servizo da administración local.
- DURANTE OS PRIMEIROS MESES DA POSTA EN FUNCIONAMENTO DO POLIDEPORTIVO O ACCESO ÁS INSTALACIÓNS SERÁ GRATUITO.
- Esta situación
prolongarase ata un máximo de 2 anos, mentras esté en marcha o programa
experimental de funcionamento do pavillón.
xoves, 13 de xuño de 2013
PREMURA PASMOSA NA APERTURA DO POLIDEPORTIVO
- Dende o ano 2006 que comezaron as obras de
construcción do polideportivo, agora parece que viñeron as presas.
-
A apertura do pavillón do municipio de Barbadás,
o primeiro (porque ata agora a veciñanza tivo que conformarse con unhas semipistas abandoadas e dispersas
polo concello), volve ser anunciada como INMINENTE.
- O PSdeG ten
reclamado nos últimos anos a axilización para abrir ó público o pavillón. No
pleno de maio volvemos lembrarllelo ó alcalde. Contestou que en 1 mes
ou 1 mes e medio abriría.
- A principios de
xullo ten que celebrarse pleno
ordinario no Concello de Barbadás
- Pero parece que o que antes podía agardar, agora ten
que axilizarse con unha premura pasmosa
- Só faltan 15 días
para o pleno ordinario, pero os gobernantes do PP prefiren facelo XA,
AGORA
- E estas presas
vanlle xerar uns gastos ó
concello estimados en 5000 euros ó
optar por celebrar un pleno de carácter extraordinario
- Este é o xeito que
ten o PP de despilfarrar
o diñeiro público en épocas de
crise!
- Se a veciñanza de
Barbadás leva tantos anos agardando a apertura do pavillón, ben podería
dilatar a espera outros 15 días e aforrar eses 5.000 euros
xoves, 6 de xuño de 2013
O TRASLADO DE FREIRE: CACICADA MAIÚSCULA
· O
traslado de Freire dende o centro de saúde Vilamarín ó de Barbadás terá unhas
consecuencias sobre a atención sanitaria máis cá evidentes, denuncia o voceiro
do PSdeG
· O
Sergas anunciou que estaban dispostos en trasladar cartillas dende o centro de
saúde de A Valenzá a Barbadás para “facerlle a Freire un traxe a medida”
· Na
actualidade o médico de Barbadás, que se xubilará a finais de xuño, atendía en
media xornada a 400 usuarios, unha cifra que por ser moi baixa abocaba á
desaparición desta praza
· As
previsións que manexa o Sergas indican que se enviarían pacientes dende o
centro sanitario da Valenzá ata
completar as 1.300 cartillas para que Freire traballea xornada completa.
· Esta
manobra implicaría o traslado de 900 cartillas da Valenzá a Barbadás
· Este
tipo de actuacións demostra claramente, segundo Valcárcel, que tanto ó Sergas
como ós dirixentes do PP “pouco lles importa a calidade asistencial ou a
relación de confidencialidade e bo trato que ten que presidir o día a día entre
paciente e médico”
· Valcárcel
condea a prepotencia coa que se está actuando neste asunto, cando “a veciñanza
está vendo cómo o seu alcalde defrauda a Facenda, é o protagonista dun presunto
enriquecemento ilícito e como guinda pretende que lle fagan un traxe á medida
para xubilarse como médico no seu pobo a costa de imposicións”
· Os
Socialistas anunciaron ademais que estarán atentos a que se cumpran os
requisitos que se lle esixen a tódolos facultativos á hora de reingresar.
Freire tería que reciclarse na residencia sanitaria a razón de 1 mes por ano de
excedencia ata un máximo de 6 meses
· O voceiro
socialista recalca os gastos que suporá para o Sergas o proceso de
actualización de cartillas, pero o que é máis grave para a liberdades do
paciente á hora de elixir médico.
Barbadás, 5 de xuño 2013.
A manobra política que puxo en marcha o
alcalde de Barbadás, José Manuel Freire Couto, co apoio explicito do PP a
través dos xestores do Sergas supón unha “gran cacicada”. Con esta definión o
voceiro socialista do PSdeG en Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, amósase
contundente nas súas críticas ó rexedor.
Para os Socialistas está claro que
tralo “cese real” de Freire á fronte do Inorde, “o PP estalle buscando unha
saída honrosa economicamente a Freire,
pois vai deixar de percibir 60.000 euros ó ano por non facer nada a ter que
reingresar na súa profesión”. Valcárcel considera inadmisible que Freire sexa tratado
“con un evidente favoritivismo a nivel laboral” e reprocha que “prácticamente
se cree unha praza ad hoc para o
alcalde”.
Segundo o líder socialista en Barbadás,
Xosé Carlos Valcárcel, “Freire e os dirixentes do PP que o están avalando e
respaldando en todo este chanchullo están ofrecendo á opinión pública un mal
exemplo do que debe ser un representante político”
O traslado de Freire dende o centro de Vilamarín ó de
Barbadás terá unhas consecuencias sobre a atención sanitaria máis cá evidentes,
denuncia o voceiro do PSdeG. Hai que
ter en conta que o que no seu día foi publicitado coma un innovador centro de
saúde, o de Vilamarín, queda agora con un só médico para 1.400 cartillas, de
materializarse o traslado de Freire. Deste xeito antes 2 médicos atendía a
1.400 pacientes, en tanto que esta praza amortízase para crearlle unha a medida
a Freire en Barbadás pobo.
Na actualidade o médico de Barbadás, que se xubilará a
finais de xuño, atendía en media xornada a 400 usuarios, unha cifra que por ser
moi baixa abocaba á desaparición desta praza. Pero entón Freire entra en escena ó ser cesado do
Inorde “e hai que buscarlle unha saída honrosa para o seu bolsillo, claro”,
ironiza Valcárcel.
O Sergas anunciou que estaban dispostos en trasladar
cartillas dende o centro de saúde da Valenzá a Barbadás para “facerlle a Freire
un traxe a medida”. As previsións que manexa
o Sergas indican que se enviarían pacientes dende o centro da Valenzá ata
completar as 1.300 cartillas e que Freire traballara a xornada completa.
Este tipo de actuacións demostra claramente, segundo
Valcárcel, que tanto ó Sergas como ós dirixentes do PP “pouco lles importa a
calidade asistencial ou a relación de confidencialidade e bo trato que ten que
presidir o día a día entre paciente e médico”. Se finalmente se materializa esta evidente cacicada, as
consecuencias que para os pacientes afectados terá o cambio son incalculables,
unido á alarma social que este asunto está xerando no municipio de Barbadás nos
últimos días.
Dende o PSdeG anticipan que estarán vixiantes coas
posibles irregularidades que poderían producirse e serán contundentes na
denuncia pública deste atentado contra un dos servizos básicos da cidadanía,
como é a atención médica ou a libre elección de facultativo.
Valcárcel chama ademais a atención sobre os “probables
gastos de desprazamento que suporán para o paciente acostumado a ir ó centro da
Valenzá e que agora terá que viaxar 6 kilómetros a maiores
por un simple capricho do alcalde”. Os Socialistas lembran ademais que hai uns
meses o alcalde de Barbadás suprimiu unilateralmente o servizo de autobús ós
centros médicos alegando que non era rentable. Este factor fai aínda máis
ousadas as pretensións de Freire, quen “descaradamente xoga coa veciñanza e
ataca sempre ós máis débiles, neste caso ás persoas anciás ou enfermas que agora
teñen que recorrer a un servizo de taxi para ir ó medico”.
Valcárcel condea a prepotencia coa que se está actuando
neste asunto, cando “a veciñanza está vendo cómo o seu alcalde defrauda a
Facenda, é o protagonista dun presunto enriquecemento ilícito e como guinda
pretende que lle fagan un traxe á medida para xubilarse como médico no seu pobo
a costa de imposicións (traslado
de cartillas) e recortes nos servizos (amortización de 1 praza de médico no
centro onde Freire ten o seu destino oficial). Ademais o voceiro socialista
recalca os gastos que suporá para o Sergas o proceso de actualización de
cartillas, pero o que é máis grave para a liberdades do paciente á hora de
elixir médico.
Valcárcel considera intolerable que se obrigue a moitos
veciños e veciñas a aceptar que o seu alcalde sexa o seu médico por imposición
non por libre elección.
Os Socialistas anunciaron ademais que estarán atentos a
que se cumpran os requisitos que se lle esixen a tódolos facultativos á hora de
reingresar. Freire tería que reciclarse na residencia sanitaria a razón de 1
mes por ano de excedencia ata un máximo de 6 meses. A “dimisión” de Freire foi efectiva o 31 de maio
pasado, polo cal tería que reincorporarse ó seu posto en decembro, 6 meses
despois de pasar polos diferentes departamentos da residencia para porse ó día.
Sen embargo, “ propio alcalde ten anunciado que se incorporará ó centro de
saúde de Barbadás en setembro, o que suporía outra nova cacicada”
domingo, 2 de xuño de 2013
NON Ó PECHE DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL EN AGOSTO
O
PSdeG presenta 2 alegacións contra o peche e súmase á campaña de recollida de
sinaturas para posicionarse contra esta decisión
A
necesidade deconciliar a vida familiar e
laboral é unha realidade que afecta a numerosas familias nun concello en continuo crecemento e no
que a maioría das familias son persoas xóvenes e con dous fillos ou máis.
Con este perfil de usuarios da escola infantil resulta contraproducente impoñer o peche das instalacións durante o mes de
agosto argumentando que se fai para que os cativos e cativas teñan
vacacións de xeito obrigatorio e no mes de agosto.
O
Grupo Municipal Socialista presenta esta alegación porque non está de acordo co
peche da escola infantil durante o mes de agosto. Queremos mostrar ademais a
nosa discrepancia co sistema utilizado
por parte do grupo de goberno, pois de un xeito unilateral adoptouse unha
decisión que é contraria a un dos principais avances da sociedade actual, é
dicir, a posibilidade de conciliar o traballo dos pais e nais coa atención ós
seus fillos.
Non se tiveron en conta as necesidades e as
inquedanzas dunha parte importante dos usuarios da escola e non se
contou con eles para tomar unha determinación que afecta á organización das
familias. Algúns dos proxenitores afectados polo peche iniciaron unha recollida de sinaturas para
deixar claro que “non están conformes co peche da gardería en agosto por ser un
servizo imprescindible para os pais e nais que traballan eses mes”
Esta
campaña de recollida de firmas pretende chamar
a atención sobre a posibilidade de estudar outras solucións que non impliquen o
peche total das instalacións, como establecer turnos de monitores ou
introducir durante este período horarios intensivos. Os pais e nais
argumentan que o peche en agosto deixaría ás crianzas nunha situación de indefensión durante
este período ó ter que adaptarse a outro lugar. Tamén se produce un importante
prexuizo para as familias afectadas que terán que facer encaixe de bolillos
para que os seus fillos estean atendidos.
O Grupo Socialista suscribe punto por
punto as reivindicacións, plantexamentos e propostas realizados por os/ pais e
nais afectados/as. E fai chegar ó Concello de Barbadás un conxunto de
sinaturas recollidas durante as últimas semanas e que supoñen unha
materialización do malestar que xerou esta decisión. Con data 1 de xuño foron
recollidas polo colectivo de afectados un total de 153 sinaturas, pero nos vindeiros días e ata o debate en pleno
da modificación do regulamento e das alegacións que se presenten temos previsto
aportar un número maior de firmas contrarias ó peche da escola infantil en
agosto.
Nesta
decisión unilateral do goberno do PP de Barbadás existen unha serie de
compcomisos incumpridos, posto que a principios do curso que agora remata
anunciouse ós pais e nais que a escola infantil municipal permanecería aberta
ininterrumpidamente, é dicir, incluído o mes de agosto. Esto significaría que
no mes de agosto habería horario reducido, pero o servizo seguiría prestándose.
Hai
que ter en conta ademais que a propia normativa
da Xunta establécese que “en casos
excepcionais e debidamente xustificados, poderase admitir a asistencia do/da
neno/a durante os 12 meses do ano. En tales circunstancias deberase
formular unha solicitude cunha antelación mínima de 1 mes, que será
estudada e, se procede, autorizada pola xefatura territorial correspondente”.
Por todos os
motivos expostos o Grupo Municipal Socialista presenta as seguintes alegacións:
·
QUE SE
MANTEÑA ABERTA A ESCOLA INFANTIL MUNIICIPAL DURANTE O MES DE AGOSTO para cumprir
o compromiso adquirido a principios de curso ante os pais e nais e para
evitar as graves consecuencias que o peche das instalacións terá sobre a
conciliación da vida familiar e laboral de moitas familias afectadas.
·
Anticipándonos á actitude pouco dialogante dos
responsables municipais, propoñemos, conforme a suxestións feitas polos
interesados, que no caso de proceder ó
peche durante o mes de agosto, se estuden outras posibilidades para prestar o
servizo en horario reducido e contando coa colaboración dos pais e nais co
obxecto de seguir mantendo abertas as instalacións durante ese período de
tempo.
En
Barbadás a 1 de xuño de 2013
Victoria Morenza Doforno
Concelleira do PSdeG
Asdo.:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
