luns, 4 de maio de 2015

PROPOSTA PARA MANTER O AMBULATORIO DE BARBADÁS

MOCIÓN DO PSdeG-PSOE PARA QUE A CONSELLERÍA DE SANIDADE MANTEÑA O CENTRO DE SAÚDE UBICADO EN BARBADÁS  


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
A sanidade pública en Barbadás leva moito tempo nunha situación absolutamente terceiro mundista. Esta situación deteriorase mes a mes debido ós contínuos retrasos na construción do novo Centro de Saúde, repetidas veces prometido polo PP municipal e pola Xunta de Feijoo. Tantas veces anunciado e outras tantas veces aplazado.
Agora vemos como de novo medra a alerta entre a veciñanza das parroquias de Barbadás. Sobrado, Loiro e Bentraces dado a ausencia de pronunciamento de PP local e da Consellería de Sanidade sobre o futuro de Centro de Saúde de Barbadás.
Este centro sanitario foi utilizado recentemente polo actual alcalde como trampolín para reincoporarse á actividade laboral e as consecuencias son totalmente nefastas.
Un centro médico que atende preto de 500 usuari@s , moitos dos cales foron presionados para pedir o traslado da súa cartilla cando o Sr. Freire se incorporou.
A marcha do Dr. Freire para S. Cibrao provocou que saltaran todas as alamas ante a intención da Xunta de Galicia de no cubrir esa praza de xeito inmediato.
O Grupo Socialista alertou desta situación nos medios de comunicación hai xa máis de dúas semanas e o pasado dia 14 de abril presentou unha batería de preguntas solicitando que foran respondidas de xeito inmediato. Transcorridos 14 días o Sr. Alcalde aínda non contestou e o PP de Barbadás sigue calado diante das insistentes preguntas formuladas polas colectivos veciñais e os propios veciños e veciñas.
O Partido Socialista esixe inmediata resposta ás seguintes preguntas:
  • ¿ Cal é a previsión que ten o Sr. Alcalde sobre o futuro do Centro de Saúde ubicado na parroquia de Barbadás unha vez que funcione o novo Centro de Saúde da Valenzá?
  • ¿A Xunta de Galicia ten previsto manter aberto un centro médico en Barbadás ?
  • ¿ A Conselleiría de Sanidade aposta pola desparación do centro de saúde en Barbadás ou, pola contra, vai a apostar por manter un centro na capitalidade municipal como é o desexo do Grupo Municipal Socialista de Barbadás?


Por todo o anteriormente exposto, propoño ó Pleno desta Corporación a adopción do seguinte

ACORDO:
  • Esixir á Consellería de Sanidade e á Xunta de Galicia que garanta a permanencia do Centro de Saúde de Barbadás.


En Barbadás a 27 de abril de 2015






Xosé Carlos Valcárcel

Voceiro do Grupo Municipal Socialista de Barbadás


domingo, 3 de maio de 2015

FAVORITISMO NA ADXUDICACIÓN DE OBRAS

VALCÁRCEL DETECTA UN POSIBLE TRATO DE FAVOR NA ADXUDICACIÓN DE PROXECTOS EN PARQUES E XARDÍNS

Barbadás, 2 de maio de 2015

·        O líder do PSdeG, Xosé Carlos Valcárcel, considera que a contratación dunhas obras en parques e xardíns podería ser unha mostra máis “do caciquismo ó que nos ten acostumados o PP”, asegura

·        Hai uns días o voceiro do PSdeG presentou unha serie de preguntas para coñecer qué empresa está a realizar os traballos que se levan a cabo dende hai 2 meses nos parques, xardíns e zonas de xogo do concello de Barbadás.


·        Nas interpelacións feitas por Valcárcel pregúntase cal é a contía dos traballos ou cal foi o sistema de adxudicación.

·        A empresa que está levando a cabo este conxunto de obras é propiedade de dous fillos de José Manuel Vázquez, extenente alcalde en Vilamarín.


·        Resulta sospeitoso de trato de favor, segundo o voceiro do Grupo Socialista, o feito de que se adxudicara á empresa Estradas Galegas por un procedemento negociado sen publicidade.

·        O custo dos traballos ronda os 75.000 euros, unha contía importante “pagada co diñeiro público da veciñanza de Barbadás para favorecer a persoas vinculadas ó PP”, un tipo de procedementos que Valcárcel considera “sospeitoso”


·        Valcárcel lembra que esta rede de favores queda demostrada tamén no feito de que o tenente alcalde de Vilamarín é tamén funcionario da Deputación de Ourense.

·        Para Valcárcel son inadmisibles “este tipo de actitudes de prepotencia á que nos ten acostumados o PP en Barbadás”.


·        O líder do PSdeG cre que o feito de que se recorrerá ó procedemento negociado sen publicidade “demostra ás claras que se quería favorecer a unha empresa en concreto”


COÑECE ÓS CANDIDATOS: JAVIER SABORIDO (Nº 11)

JAVIER SABORIDO ROMÁN
Candidato número 11
30 anos, vixiante de seguridade

Queremos un goberno local que traballe por e para os/as veciñ@s de Barbadas, hai que centrarse en cousas básicas e imprescindibles como centro de saude, segunda gardería infantil, instituto e un centro de dia.

Pero non podemos esquecer o deterioro de parques e zonas deportivas, algunhas nun estado lamentable, así como creación de novas zonas acordes coa poboación xoven que predomina no concello.

Por exemplo a zona da Solaina habería que porlle una cuberta para que os rapaces os días de mal tempo non teñan que acudir a saltar as vallas do colexio Filomena Dato para poder xogar sen mollarse.

Os parques que ahora temos son varios, pero ningún axeitado e moitos en situacións de abandono, carecen de zonas de sombra e fontes para refrescarse, así como mobiliario escaso para a cantidade de nenos e nenas que acuden ó desfrute das instalacións.


A xestión do polideportivo non está acorde co que demandan os usuarios, os que hay que escoitar e traballar para eles. As instalacións carecen de algo tan básico como un cambiador de bebés nos lavabos.

sábado, 2 de maio de 2015

COÑECE A CANDIDAT@S: LORENA BORRAJO

1-      LORENA BORRAJO REQUEJO

SSuplente


Quero un concello no que tod@s teñamos as mesmas oportunidades.

Quero un concello no que o médico me atenda nun prazo prudente e nun sitio decente.

Como estudante que fun quero que as persoas xóvenes poidan estudar no seu concello.

Formo parte desta candidatura para que moitas carencias que ten Barbadás rematen: centro de día, oficina de información xuvenil, zonas deportivas, novas tecnoloxías.

Queremos cambiar Barbadás para ter un futuro mellor.


Tod@s e, sobre todo, os xóvenes merecémolo


venres, 1 de maio de 2015

CANDIDATO NÚMERO 7 DO PSdeG- JUAN ORTEGA

COÑECE ÓS/ÁS CANDIDAT@S DO PSdeG DE BARBADÁS
Juan Manuel Ortega Pardo Candidato número 7Licenciado en Económicas, Prexubilado de banca, 55 anos
Somos un equipo honesto, responsable, traballador, que nos preocuparemos pola nosa infancia e a xuventude, que son o noso mellor activo. Preocuparémonos das persoas da terceira idade, que nos marcaron o camiño das súas ensinanzas. Escoitaremos ós nosos veciños e trataremos de dar solución a tódalas súas inquedanzas.
Axilizaremos os trámites burocráticos para dar maior facilidade á nosa poboación e traballaremos incansablemente para que Barbadás sexa o concello de referencia en tódolos aspectos..
Como fillo de inmigrantes quixera que eles e, sobre todo, os/as seus/súas fill@s sintan que están nun concello que os vai apoiar para
En definitiva, somos un equipo eficaz con moitas ganas de traballar, pero para eso necesitamos todo o voso apio e asegúrovos que non vos defraudaremos.
que a súa integración sexa rápida e non se sintan estraños na súa propia terra.

xoves, 30 de abril de 2015

COÑECE @S CANDIDAT@S DO PSdeG DE BARBADÁS ÁS ELECCIÓNS DE 24 DE MAIO- ISABEL CALABRIA

ISABEL CALABRIA DÍAZ

Candidata número 15 na lista do PSdeG de Barbadás

Vivo na Valenzá dende hai 20 anos, un lugar onde moitos nos fomos coñecendo pouco a pouco
Algúns tivemosfeeling” e, movidos polas mesmas inquedanzas, loitamos por necesidades que tiñamos en común.
Sempre en positivo e coa esperanza de conseguir o mellor para o vecindario.


Gustaríame un Barbadás con traballo para todos e garantir a defensa dos máis vulnerables: infancia, violencia de xénero, maiores, desafiuzados. Quero un Barbadás con zonas comúns  amplas, espazos abertos cómodos, limpos, sen barreiras, onde se poida dicir que somos diferentes, pero iguais en oportunidades.


mércores, 15 de abril de 2015

PRECARIZACIÓN DA SANIDADE EN BARBADÁS

A SITUACIÓN PROFESIONAL DE FREIRE DEIXA A BARBADÁS NUNHA PRECARIA ATENCIÓN SANITARIA PRIMARIA

Barbadás, 9 de abril de 2015

·         O voceiro do Grupo Socialista, Xosé Carlos Valcárcel, asegura que Freire incorporouse á praza de médico en Barbadás pobo para preparar a campaña das municipais e usou o seu posto de traballo de xeito electoralista

·        O alcalde de Barbadás, José Manuel Freire, foi trasladado ó centro de saúde de Barbadás pobo como trampolín político e “agora trasládase a San Cibrao e a situación sanitaria d@s usuari@s de Barbadás queda nunha situación preocupante”


·        A partir do momento no que Freire se incorpore ó seu novo destino en San Cibrao o médico Alfonso Patricio asumirá as horas que dedicaba o alcalde de Barbadás ós seus pacientes

·        Patricio atende na actualidade 1.800 cartillas na Valenzá e tamén aos/ás pacientes da zona de Barbadás e pobos limítrofes. . Agora terá que atender 500 usuarios máis do Centro de Saúde ubicado en Barbadás.


·        A diminución na atención refléxase no feito de que ata agora o doctor Alfonso Patricia tiña unha xornada de 7 horas e a partir de agora destinará 4 horas ó centro médico da Valenzá e 2 horas e media estará no ambulatorio de Barbadás pobo.

·        Esta perda de profesionais terá efectos negativos coma o aumento do tempo de espera para acudir ao médico de familia, que pasará a ser de 1 semana.


·        Para o líder socialista non é lóxico que un concello da entidade de Barbadás pase de ter 5 médicos de familia a tan só 4, tendo en conta que a poboación supera os 10.500 habitantes
·        Segundo os Socialistas a progresiva perda de profesionais sanitarios é unha mostra do pouco interese que ten a Xunta pola atención primaria en Barbadás.

·        Valcárcel lembra que levamos máis de unha década agardando por un novo centro médico. Reprocha que a ubicación do mesmo non é a máis idónea e que “se nos estea tomando o pelo á veciñanza ó incumprir os compromisos na posta en marcha dun centro de saúde digno”.


·        Valcárcel sinala que existe unha manipulación informativa en torno ó asunto porque “xa hai anos que tiña que estar licitado e agora resulta que o proceso dilátase no tempo e como colofón “en lugar de dar pasos hacia diante, a Xunta está actuando coma o cempés, é dicir, estase reducindo o número de médicos de familia en lugar de dimensionar axeitadamente os servizos de atención sanitaria”.

·        Os Socialistas amósanse diametralmente en contra desta merma no número de profesionais e lembran que sería preciso aumentar non só os médicos de familia, senón tamén o servizo de pediatría, outra das asignaturas pendentes da Xunta con Barbadás dende hai anos.

·        Ao redor de 550 usuarios reciben atención sanitaria no ambulatorio de Barbadás.

·        O voceiro socialista precisou que en torno ó 90 % da poboación está na Valenzá, “en tanto que o 25 por cento dos recursos atópase no centro médico de Barbadás pobo.

·        Valcárcel Doval considera lamentable que coas pésimas instalación sanitarias das que disponemos, se lle dea agora esta estocada á atención primaria

·        Esta serie de carencias “o único que provoca é que se empobrezan aínda máis os servizos á comunidade que temos en Barbadás”

·        Dende o Grupo Socialista repróchase ademais que se produza esta depauperación nun concello dirixido durante 28 anos por un médico.

·        Os Socialisitas aseguran que a falta de servizos sanitarios dignos “fomenta que a xente que veu de Ourense a vivir a Barbadás manteña o seu médico na capitaliade, así coma o pediatra.


·        Esta situación pouco realista provoca que o número de censados non se corresponda coa cantidade de tarxetas sanitarias adscritas.