OS MELLORES ESCAPARATES ELIXIDOS POLO PÚBLICO POR VOTACIÓN TELEMÁTICA RECIBEN OS PREMIOS
Os/as creativos dos establecementos recibiron o premio esta mañá da man do alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, e a concelleira de Comercio, Marga Pérez
Gaspar Ethan, de Ethan Estilismo
María Concepción Carbajo, de Artelandia
Mercedes Dorado, de Cafetería Kibú
Orixinalidade, creatividade e complexidade foron os factores que definiron que @s participantes na elección dos mellores escparates elixiran os tres premiados coma os mellores
Dende o Concello de Barbadás a concelleira da área Marga Pérez resalta o elevado nivel de tod@s @s participantes e a expectación que provocou o concurso
Pérez anticipou que en vindeiros anos seguirase mantendo a mesma liña de traballo “e visto o éxito que tivo a votación vía web do Concello de Barbadás manterase aberto este sistema de participación da veciñanza”
martes, 22 de decembro de 2015
PAPÁ NOEL FAI ESCALA EN BARBADÁS
PAPÁ NOEL FARÁ UNHA LONGA VIAXE DENDE O
POLO NORTE PARA TRAERLLE BOS DESEXOS E SORPRESAS A NENOS E NENAS DE BARBADÁS
Despois dun ano traballando arreo
Santa Claus emprende unha longa viaxe para facer unha parada en Barbadás
e coñecer de preto ós/ás nen@s do concello de Barbadás
Antes da longa
noite que se aveciña na madrugada do día 25 Papá Noel coñecerá a nenos e nenas de
Barbadás para recoller as súas peticións e corroborar cales son os seus
xoguetes, monecos ou xogos preferidos
Papá Noel deixará
aparcado o seu máxico trineo voador preto do pavillón municipal de Barbadás
(ubicado xunto ó campo de fútbol dos Carrís, na Valenzá) para coñecer un a un e
unha a unha a nenos e nenas que puxeron nel todas as súas ilusións
Esta toma de contacto
será no polideportivo mañá martes día 22 a partir das 19,30 horas
Tod@s @s
cativ@s que o desexen poderán coñecer de preto a Papá Noel antes de que chegue a noite máxica do Nadal e entre polas chemineas, os
balcóns ou as ventanas e deixe os agasallos
Previamente a partir das 16,30 horas celebrarase no pavillón DIVERLANCIA: hinchables,
wii, ping-pong e taller de maquillaxe para @s nen@s que acudan ás instalacións deportivas
venres, 11 de decembro de 2015
ACENDIDO DO NADAL EN BARBADÁS
@S
NEN@S DE BARBADÁS ACENDEN O NADAL
- A cita será hoxe venres día 11 ás 19,00 horas na explanada do Mercadona
- Todas as persoas que queiran participar no acendido simbólico do Nadal poden facelo, aínda que os verdadeiros protagonistas serán @s nen@s
- Previamente desenrolarase na Casa da Xuventude unha serie de talleres de maquillaxe, globoflexia e ensaio de cancións
- A iniciativa pretende involucrar á cidadanía no arranque do Nadal con este acendido simbólico
- Este ano incrementouse o alumeado navideño co obxectivo de incentivar as compras no comercio local
- Outra das finalidades é que @s nen@s e moz@s disfruten e se mergullen no ambiente navideño
- O fin último é que a veciñanza disfrute do Nadal en Barbadás
- Incrementouse tamén o alumeado navideño nos pobos do concello e fíxose unha reubicación dos arcos para que a veciñanza disfrute máis do alumeado e para que estean máis céntricos
martes, 1 de decembro de 2015
@S NEN@S ACENDERÁN O NADAL
OS/AS
NEN@S DE BARBADÁS PULSARÁN O INICIO DO NADAL CO ENCENDIDO DO ALUMEADO NAVIDEÑO
O DÍA 11 DE DECEMBRO
O PUNTO DE ENCONTRO SERÁ A EXPLANADA DO MERCADONA ÁS
7 DA TARDE
·
@s
nen@ que acudan verán cómo a súa presenza enche de maxia todo o concello
e serán os verdadeiros protagonistas do inicio do Nadal
·
Previamente, entre as 5 e 7 da tarde
tod@s @s nen@s e moz@s que o desexen poden participar en obradoiros na casa da
xuventude: globoflexia, maquillaxe e ensaio de cancións de Nadal
·
Marga
Pérez, concelleira de Comercio, explicou hoxe na
presentación da campaña de Nadal que “o obxectivo é incentivar as compras e
acadar entre tod@s o valor que merecen os establecementos locais”.
·
Na cesta de Nadal,
valorada en 1.000 euros, participan 42
establecementos e está composta de produtos e bonos de servizos moi
variados
·
Paralelamente a este concurso
desenrrólase outro para elixir os mellores
escaparates entre os 30 establecementos que participan
·
O alcalde
de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destacou na presentación da campaña
que “o comercio local é un eixe básico da economía de Barbadás porque mantén
un gran número de postos de traballo”.
·
Valcárcel indica que na actualidade hai
preto de 250 establecementos comerciais e “este goberno vai facer un esforzo
importante por dinamizar este sector apostando por un apio firme que permita
mellorar a súa actividade comercial e, por suposto, as vendas.
· A concelleira de Servizos Públicos, Victoria Morenza, explicou que "o alumeado navideño é un dos
elementos que contribúen a intensificar o ambiente de Nadal e por este motivo
multiplicouse por 5 o investimento para este fin. Ademais
de engalanar a coñecida árbore situada na rúa do Viso, fíxose unha aposta
importante colocando alumeado de Nadal nas árbores da avenida de Celanova"
·
Na presentación estivo tamén Gonzalo Carballedo, un dos
hosteleiros da Valenzá que participan na cesta de Nadal. Destacou a
importancia de que se merque no comercio local nestas datas e durante todo o
ano. Falou tamén da orixinalidade e variedade da cesta de Nadal.
Barbadás,
1 de decembro de 2015
A campaña de promoción do comercio local de Barbadás está deseñada
para fomentar a participación da veciñanza para que merquen no municipio e para
involucrar á cidadanía na elección dos mellores escaparates.
Marga
Pérez, concelleira de Comercio, explicou hoxe na
presentación da campaña de Nadal que “o obxectivo é incentivar as compras e
acadar entre tod@s o valor que merecen os establecementos locais”. Pérez sinala
que é fundamental “pór en valor o noso comercio local a través de actuacións
para axudar e organizar dende o Concello de barbadás todas aquelas actividades
que sexan necesarias, así como incrementar o asesoramento e a formación en
todos aqueles temas que demandan @s comerciantes”
Na cesta de Nadal, valorada en 1.000 euros, participan 42 establecementos e está composta de
produtos e bonos de servizos moi variados (manicura permanente, turrón,
xoguetes, décimo de lotaría, masaxe relaxante, retrato a carboncillo, mochila,
etc) cedidos polos participantes.
Todas as persoas que
realicen as súas compras nestes establecementos recibirán rifas para o sorteo
da cesta e o número gañador ten que coincidir cos 4 últimos díxitos do sorteo
da lotaría do Neno.
Paralelamente a este
concurso desenrrólase outro para elixir
os mellores escaparates entre os 30 establecementos que participan. O
xurado está composto por representantes das asociación veciñais e por todas as
persoas que fagan as súas votacións telemáticamente a través da páxina web www.barbadas.es.
Establécense premios dotados con 200 euros á
creatividade e orixinalidade, outro á iluminación e composición e un terceiro
para un establecemento hosteleiro.
Na presentación estivo
tamén Gonzalo Carballedo, un dos hosteleiros da Valenzá que participan na cesta
de Nadal. Destacou a importancia de que se merque no comercio local nestas
datas e durante todo o ano. Falou tamén da orixinalidade e variedade da cesta
de Nadal.
O
alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destacou na
presentación da campaña que “o comercio local é un eixe básico da economía de
Barbadás porque mantén un gran número de postos de traballo”.
Valcárcel indica que na
actualidade hai preto de 250 establecementos comerciais e “este goberno vai
facer un esforzo importante por dinamizar este sector apostando por un apio
firme que permita mellorar a súa actividade comercial e, por suposto, as vendas.
Para Valcárcel é
importante “aproveitar a nosa proximidade a Ourense para pór en valor unha área
cunha importante densidade comercial e con unha oferta moi variada”. Segundo o
rexedor hai que ter en conta que “moi poucas zonas da capital teñen tantos
establecementos comerciais nunha área tan reducida como A Valenzá.
A concelleira de
Servizos Públicos, Victoria Morenza, falou da importante aposta que vai
facer o Concello de Barbadás no alumeado navideño. “Nestas datas hai unha
combinación armónica: infancia, comercio e Nadal. Para optimizar este triángulo
máxico o Concello de Barbadás fixo unha aposta importante para crear un
ambiente navideño que invite a quedarse no municipio a disfutar do ambiente
navideño, a mercar no comercio local, a pasear polas rúas e participar nas
diferentes actividades programadas para o Nadal”, afirma Morenza.
@s nen@s terán o máximo
protagonismo no Nadal e serán os encargados de acender o alumeado navideño. A
cita será o día 11 de decembro ás 19,00 horas na explanada do Mercadona, ó
carón dunha grande árbore que foi engalanada para o Nadal.
Previamente,
entre as 5 e 7 da tarde tod@s @s nen@s e moz@s que o desexen poden participar
en obradoiros na casa da xuventude: globoflexia, maquillaxe e ensaio de
cancións de Nadal. A tod@s @s participantes nestes talleres
seralles entregada unha pandeireta.
Ás 7 da tarde estes e
tod@s os nen@s do municipio poden participar no acendido simbólico do alumeado
de Nadal. Morenza indica que “os nenos e
nenas que acudan verán cómo a súa presencia enche de maxia todo o concello
e serán os verdadeiros protagonistas do inicio do Nadal ó pulsar o botón que
encherá de luz non só a emblemática árbore senón tamén as árbores da avenida de
Celanova.
O alumeado navideño é
un dos elementos que contribúen a intensificar o ambiente de Nadal e por este
motivo multiplicouse por 5 o investimento para este fin.
Ademais de engalanar a coñecida árbore situada na rúa do Viso, fíxose unha
aposta importante colocando alumeado de Nadal nas árbores da avenida de
Celanova. Esta é unha iniativa novidosa que contribuirá a incrementar o
ambiente navideño. Adornaranse por primeira vez as árbores da avenida, un total
de 53 para que a veciñanza de Barbadás disfrute das festas, para crear ambiente
navideño e para promocionar o comercio local.
Toda
a iluminación que se instalará será de baixo consumo,
é dicir, confeccionada con bombillas led. Para extender a presencia do Nadal
incrementaranse o número de arcos na Valenzá porque ademais dos que se
colocarán na avenida, instalaranse a maiores outros nas zonas máis transitadas
ou emblemáticas, como poden ser a Valenzá vella, a rúa Areal ou o paseo dos
Amieiros.
Nas localidades do
concello realizarase un aumento e unha reordenación dos tradicionais arcos para
situalos en lugares máis céntricos, vistosos e de maior afluencia e tránsito.
Trátase de elixir estratéxicamente a ubicación do alumeado navideño para que o
disfrute o maior número de cidadáns e cidadás posible.
venres, 20 de novembro de 2015
@S ESCOLARES PROTAGONIZAN UN PLENO
81
ALUMNOS DOS COLEXIOS PÚBLICOS DE BARBADÁS PROTAGONIZARÁN PLENOS INFANTÍS PARA
ACHEGAR ÁS/ÓS NEN@S Á INSTITUCIÓN MUNICIPAL
Alumnos
dos colexios Filmena Dato e Ruxidorio participarán en decembro na celebración
de sesións plenarias para coñecer de cerca o funcionamento do Concello de
Barbadás
Barbadás,
20 de novembro de 2015
- · A iniciativa está promovida pola Concellería de Educación e conta coa colaboración dos colexios públicos e pretende que @s nen@ coñezan de xeito simbólico o funcionamento dunha sesión plenaria
- · Nos plenos infantís, que se celebrarán o día 9 de decembro para alumn@s do Filomena Dato e o día 15 para os do CEIP Ruxidoiro participarán 81 escolares de 6º de primaria
- · A concelleira de Educación, Marga Pérez, explica que “a labor didáctica iniciarase moito antes nas aulas, onde o equipo docente será o encargado de preparar ó alumnado para a visita”
- · Nos propios centros educativos @s nen@s crearán os seus partidos políticos, levarán a cabo unha elección de 16 “pequen@s” concelleir@s e prepararán as súas propias mocións, sinala Marga Pérez
- · día da celebración dos plenos infantís serán recibidos á súa chegada ó Concello polo actual alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, pola concelleira de Educación, Marga Pérez e a Secretaria, Silvia Alonso, quen será a súa guía polas instalacións da casa consistorial
- · percorrido finalizará coa celebración do pleno infantil, no que @s nen@s serán investid@s concelleir@s e presentarán e debaterán o que desexan para o seu concello para finalizar a visita cunha merenda saudable
- · A edil de Eduación anticipa que esta actividade é a primeira dunha serie de saídas didácticas que a Concellería de Educación pretende realizar co alumnado dos colexios públicos de Barbadás
xoves, 19 de novembro de 2015
RALLYMIX EN BARBADÁS ESTA FIN DE SEMANA
56
AUTOMOBILISTAS PARTICIPAN NO RALLYMIX BARBADÁS 2015
Barbadás,
19 de novembro de 2105
·
A segunda edición do rallymix de
Barbadás será puntable para o campionato de Galicia
- · Na presentación estiveron Ivan Corral, Presidente da Federación Galega de Aubomobilismo, Juan Carlos Villanueva, Presidente do Comité organizador, Adrián Varela, concelleiro de Deportes e Victoria Morenza, concelleira de Urbanismo
- · Iván Corral destacou a importancia dunha competición que atrae a un importante número de siareiros. Resaltou ademais que este é un tipo de proba moi interesante e que ten moita afición, “como quedou demostrado o ano pasado”
- · Corral opina que Barbadás é un municipio privilexiado por contar con unha proba á que aspiran concellos de toda Galicia por ser un tipo de competición atractivo non só para @s espectador@, senón tamén para @s propi@s participantes
- · Juan Carlos Villanueva (Marabú), presidente do Comité organizador, explicou os pormenores do rallye que se desenrolará os días 21 e 22 de novembro, é dicir, esta fin de semana
- · Villanueva sinala que a proba consta dun percorrido de 7,4 quilómetros, dos cales 5,7 corresponden a un treito cronometrado por pistas de terra/asfalto e 1,7 quilómetros a un tramo neutralizado e pechado ó tráfico entre A Valenzá (Rúa da Paz) e o parque de traballo
- · Marabú precisa que “o rallye celébrase por rúas e pistas de titularidade municipal, en concreto polas rúas Cimadevila, Carreira e Rosales e polos camiñós de Sobrado e da Moura de Arriba”
- · No rallye están permitidos os seguintes tipos de vehículos: carcross, quad biplazas, autocross e tódolos vehículos permitidos no regulamento do Campionato de Rallyes 2015
- · concelleiro de Deportes, Adrián Varela, falou na presentación da importancia de que Barbadás conte con unha proba destas características polo pulo a nivel deportivo e pola dinamización a tódolos niveis (turístico, sociocultural e mesmo para a economía local da zona)
- · Morenza sinalou que o Concello de Barbadás apoia loxísticamente a celebración da proba coa posta a disposición dos medios humanos como poden ser a Policía Local, Protección Civil, persoal da brigada de Obras e do Servizo de mantemento eléctrico
venres, 13 de novembro de 2015
ELIXE OS 3 MELLORES ESCAPARATES
OS/AS
VECIÑ@S DE BARBADÁS PODERÁN ELIXIR TELEMATICAMENTE O MELLOR ESCAPARATE DO NADAL
Os
establecementos comerciais e hosteleiros poderán demostrar as súas dotes
creativas a través do concurso de escaparates
·
A páxina web do Concello de
Barbadás habilitará un formulario
onde a veciñanza poderá votar telemáticamente ós 3 mellores escaparates
·
A temática do concurso de escaparates xirará
en torno ó Nadal con total liberdade en
técnica e estilo
·
Valoraranse elementos como como a creatividade, a orixinalidade, a
combinación de elementos e cores,
así como a iluminación e a composición
·
Naqueles casos nos que os establecementos hosteleiros non teñan
escaparate, tomarase coma referencia á hora de puntuar a decoración interior
·
O prazo
de inscrición de comerciantes e hosteleir@s para participar no concurso de
escaparates 2015 finaliza o luns día 16
de novembro
·
Haberá 3 modalidades de premios: 200 euros á creatividade e
orixinalidade, a mesma contía para o escaparate que teña a mellor iluminación e composición e outro
premio de 200 € para o establecemento hostaleiro mellor decorado
·
O xurado
estará composto por un/unha representante de cada asociación vecinal,
por un/unha membro do colectivo de comerciantes/hosteleir@s e por unha
persoa en representación do Concello de Barbadás, ademais da
participación vía telemática
·
A decisión do xurado terá un 50% de
peso na adxudicación de premios, mentras que a votación popular terá o outro
50%
·
A
votación efectuarase entre os días 11 ó 20 de decembro
tanto as que realice o xurado como as procedentes da veciñanza pola vía
telemática
·
Os/as
veciñ@s poderán achegar as súas valoracións ademais de telematicamente por
outras vías: por escrito á dirección Centro
Empresarial Transfronteirizo, 25, Camiño de Pontón, Barbadás; por mail a cet@barbadás.es; por fax ó 988360413 ou en
man
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












