sábado, 28 de decembro de 2013

O CALENDARIO DO DESPILFARRO


 

OS SOCIALISTAS DE BARBADÁS CRITICAN QUE SE DESPILFARRE DIÑEIRO PÚBLICO EDITANDO CALENDARIOS CANDO AS FAMILIAS PASAN POR DIFICULTADES ECONÓMICAS


·        Segundo o líder socialista, Xosé Carlos Valcárcel, resulta incomprensible que o alcalde de Barbadás, José Manuel Freire, decida “lavar a súa imaxe pública, en entredito dende hai meses pola súa implicación nun caso de presunta prevaricación e suborno
 
·        Dende o Grupo Municipal Socialista consideran esta decisión coma “un gran dispendio e incluso un escándalo que pon sobre a mesa a falta total de sensibilidade e solidariedade por parte de Freire e do seu equipo


·        O voceiro socialista presentou onte unha serie de preguntas no concello para que o alcalde aclare cantos calendarios se fixeron, quen se encargou de distribuilos.

·        Valcárcel tamén se interesa nas súas interpelacións polo custo dos calendarios e do do reparto.
 

Barbadás, 28de decembro de 2013.  Os Socialistas de Barbadás cualifican de despilfarro a edición e distribución dun calendario oficial por parte do Concello de Barbadás. O voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel, critica a falta de sensibilidade do goberno do PP utilizar o diñeiro público para facer “propaganda” cando moitas familias do municipio está atravesando por verdadeiras dificultades económicas.

            Estes calendarios están sendo repartidos tanto na Valenzá coma polas diferentes localidades do municipio. Resulta sorprendente que a pesar da crise económica o PP siga editando este calendario que se caracteriza pola evidente calidade en papel satinando e composto por 8 páxinas a doble cara e a toda cor.

            Segundo o líder socialista resulta incomprensible que o alcalde de Barbadás, José Manuel Freire, decida “lavar a súa imaxe pública, en entredito dende hai meses pola súa implicación nun caso de presunta prevaricación e suborno”. Para Valcárcel “non existe outra explicación máis cá un lavado de cara porque non se entende que se malgaste o diñeiro de tódolos contribuintes en distribuir un calendario trufado de fotografías en cor a toda páxina dos locais sociais do concello.

            Dende o Grupo Municipal Socialista consideran esta decisión coma “un gran dispendio e incluso un escándalo que pon sobre a mesa a falta total de sensibilidade e solidariedade por parte de Freire e do seu equipo de goberno diante dunha situación de crise prolongada”. Segundo Valcárcel son moitas as persoas do concello de Barbadás as que padecen diariamente as consecuencias dos recortes e das restricción impostas polos gobernos do PP, que afectan ós seus petos dun xeito implacable. O voceiro do PSdeG alude ademais á política de presión que o PP ten exercido durante os últimos anos sobre a cidadanía no que a suba de taxas e impostos se refire nos últimos anos, o que agrava aínda máis a situación das economías domésticas do municipio.

            O voceiro socialista presentou onte unha serie de preguntas non concello para que o alcalde aclare cantos calendarios se fixeron, quen se encargou de distribuilos (temos que lembrar que en anteriores ocasións foron os propios operarios do concello os que distribuiron este calendario, algo supostamente “irregular”).

Valcárcel tamén se interesa nas súas interpelacións sobre o custo dos calendarios e o custo do reparto.