domingo, 27 de setembro de 2015

ENTREVISTA AO ALCALDE, XOSÉ CARLOS VALCÁRCEL

«A especulación do PP deixounos sen terreo para infraestruturas básicas»

As prioridades do novo rexedor pasan por crear as dotacións pendentes 
27 de septiembre de 2015. Actualizado a las 05:00 h. 0
AMPLIAR IMAGEN
18
1
0
Logo de oito anos de traballo na oposición, Xosé Carlos Valcárcel Doval (O Pereiro de Aguiar, 1963) foi investido o pasado 13 de xuño como alcalde de Barbadás. Unha coalición entre PSOE e BNG puxo fin a 28 anos de mandato do popular Freire Couto ?que non se presentou ás eleccións?. Socialistas e nacionalistas gobernan en minoría, co apoio puntual de Compromiso por Barbadás, formación que rexeitou entrar no pacto para este mandato.  
?¿Como valora os cen primeiros días de mandato?
?De forma moi positiva porque fomos capaces de facer chegar aos veciños que hai un compromiso por outra forma de facer política e outra xestión, ademais de visibilizar algunhas das accións que marcarán o noso traballo.
?¿Por exemplo?
?Aprobamos un regulamento de participación cidadá, modernizamos e agrupamos servizos que estaban dispersos por diferentes zonas ?na Casa da Cultura vendíase o bonobús?, traballouse en igualdade, fixemos público o noso compromiso co Día do Orgullo e contra a homofobia, arranxáronse e acondicionáronse os espazos público, imos promover unha ordenanza de terrazas, creouse unha biblioteca infantil ?o mobiliario estaba gardado dende hai sete anos e nunca se puxera en marcha?, houbo unha rebaixa importante, 21.000 euros ao ano, nas retribucións aos concelleiros e o Concello está aberto polas tardes varios días á semana. Ese é outro dos problemas cos que nos atopamos: temos cen traballadores municipais pero nunca se aprobou unha RPT (Relación de Postos de Traballo). E na páxina web está colgado o patrimonio das oito persoas que forman o grupo de goberno.
?¿As diferenzas polo centro de saúde foron o principal atranco?
?O proxecto está en marcha, que era o que se demandaba dende hai anos, pero queríamos unha ubicación alternativa pola mala situación. Os accesos non son bos, estamos traballando nun plan para superar esa eiva, e hai que crear un muro de contención que costa 900.000 euros, é dicir a terceira parte do presuposto total da obra.
?¿Crear o instituto será unha das prioridades do mandato?
?É, pero temos tamén problemas como no centro de saúde. O terreo está nunha área de reparto e mentras non se poñan de acordo para urbanizar non podemos pór a superficie a disposición da Xunta. Ese é o gran problema de Barbadás, onde a especulación do PP deixounos sen terreo para infraestruturas básicas. A Freire Couto e ao PP  nestes anos interesoulle máis a especulación inmobiliaria que crear servizos básicos para os veciños.  
?¿As vintecinco medidas do seu programa marcarán o mandato?
?No noso caso así é, mais temos un goberno de coalición e iremos consensuando as actuacións. Aínda que coincidimos en que dotacións como as que xa falamos, ou o centro de día, a segunda gardería, a mellora de toda a zona rural, as piscinas, o plan de dinamización do comercio e outras actuacións serán prioritarias.
?¿Que obxectivos espera ver materializados nestes catro anos?
?Ante todo mudar o sistema personalista de goberno que había en Barbadás. Fomentar a participación cidadá e o traballo en equipo, a transparencia, conseguir materializar as dotacións básicas das que carecemos na actualidade e o plan de mellora dos espazos públicos.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/barbadas/2015/09/27/span-langgl-especulacion-do-pp-deixounos-sen-terreo-infraestruturas-basicasspan/00031443289155151476384.htm

martes, 22 de setembro de 2015

MASTER CLASS NO PAVILLÓN

O POLIDEPORTIVO DE BARBADÁS OFRECE CLASES GRATUITAS ATA O XOVES 24 DE SETEMBRO

Barbadás, 22 de setembro de 2015

·        A Concellería de Deportes organiza master class no pavillón para  promocionar a práctica de deportes ou actividades innovadoras durante esta semana

·        Hoxe martes impartirase unha clase de aerobic night entre as 20,30 e as 21,30h

·        Mañá mércores haberá unha clase-demostración de cardio combat que se desenrrolará entre as 19,45 e as 20,45h

·        O xoves o baile latino será a actividade que poñerá o broche final a estas master class promovidas para fomentar a práctica do deporte

·        O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, considera que “estas clases gratuitas son moi útiles para potenciar o deporte , motivar a aquelas persoas que actualmente non o practican e para fomentar hábitos de vida saudable”

·        O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, lembra que “ó marxe destas clases gratuítas, continúan abertos os grupos para participar nas clases que se imparten no polideportivo de Barbadás”.

·        No pavillón impártense pilates, pilates para embarazadas, aerobic latino, step, gap, cardiobox, aerobic, wellness, psicomotricidade, ximnasia de mantemento e musculación.

·        O horario do polideportivo é de 7 da mañá a 13,00 horas e de 16,00 a 22,00 horas

·        As tarifas para apuntarse a calquera destas actividades oscila entre os 12 euros ó mes que pagan as persoas que dispoñen de carné xoven, @s desempregados, discapacitad@s ou xubilados, mentras que o resto de usuari@s pagan 15 euros ó mes. Estas tarifas varían  se @s usuarios acuden ó polideportivo pola tarde, sendo nese caso o custo  de 20 euros para o usuario xeneral e 16 euros para os que se benefician do desconto.

·        Para calquera información consultar en www.barbadas.es, polideportiv@barbadas.es ou no teléfono 988 26 35 19

sábado, 19 de setembro de 2015

BARBADÁS RECLAMA MAMPARAS PARA VIADUCTO DA A-52

BARBADÁS RECLAMA A INSTALACIÓN DE MAMPARAS NO VIADUCTO DA AUTOVÍA A-52
Barbadás, 19 de setembro de 2015

·         O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, remitiu a principios de agosto unha petición ó Ministerio de Fomento “para que proceda á instalación de pantallas acústicas no viaducto da Valenzá”

·         Valcárcel destaca a importancia destas mamparas co obxecto de “mitigar o ruído producido polos vehículos ó seu paso polo viaducto”, unha instalación que segundo o rexedor xa debeu ser instalada dende a posta de funcionamento da autovía Rías Baixas


·         O Concello de Barbadás aínda non recibiu unha resposta formal acerca da solicitude feita dende a Alcaldía, pero o Goberno do Estado rexeitou unha alegación presentada polo PSOE a través da deputada por Ourense, Laura Seara, no sentido de dotar de pantallas acústicas ó viaducto da A-52 ó seu paso pola Valenzá

·         Na alegación presentada por Seara Sobrado ós presupostos do Estado reclamábase a mellora do firme e a colocación de mamparas con un orzamento estimado de 300.000 euros


·         A alegación do grupo socialista formaba parte das 59 emendas presentadas polo Grupo Socialista no Congreso para a provincia de Ourense ós orzamentos xerais do Estado, con un orzamento de 127 millóns de euros e foron rexeitadas

·         O rexedor de Barbadás agarda que a pesar do rexeitamento da emenda, o Ministerio de Fomento teña en conta esta necesidade plantexada dende un dos concellos con máis pobación da provincia.
·         Xosé Carlos Valcárcel asegura que  que se trata “dunha demanda da veciñanza que vén dende moito tempo atrás, unha demanda que o goberno municipal do PP nunca quixo atender e que agora rexeita o Goberno Central”


·         O alcalde de Barbadás destaca que “no entorno do viaducto residen preto de 800 persoas cuxa calidade de vida se ve afectada a cotío polos ruídos provocados polo intenso tráfico e o gran número de vehículos pesados”

xoves, 17 de setembro de 2015

PUBLICADOS NA WEB DO CONCELLO OS DATOS PATRIMONIAIS DO GOBERNO

O GOBERNO DE BARBADÁS PUBLICA OS DATOS PATRIMONIAIS DAS PERSOAS QUE O COMPOÑEN

Barbadás, 17 de setembro de 2015
·         O grupo de goberno de Barbadás fixo públicos os datos sobre o patrimonio d@s 8 concelleir@s que o conforman

·         Na páxina web poden consultarse estes datos relativos ás actividades profesionais, vehículos d@s que son propietari@s, saldo medio das contas bancarias, bens inmobles e pasivo

·          O goberno de Barbadás está integrado por 5 concelleir@s do PSdeG  (alcalde, Xosé Carlos Valcárcel; Urbanismo: Victoria Morenza; Educación: Marga Pérez; Medio Ambiente: Rafael Sierra e Deportes: Adrián Varela)


·         Forman parte do mesmo tamén 3 concelleir@s do BNG (tenente alcalde: Xosé Manoel Fírvida; Cultura: Ánxela González e Servizos Sociais: Serafín Núñez)

·         O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, asegura que “para o goberno de Barbadás é fundamental a transparencia na vida política”. Destaca ademais que “é moi importante o cumprimento dos compromisos electorais coa cidadanía”.


·         Segundo o rexedor “estes son os motivos polos que se fai pública neste momento a situación patrimonial das persoas que compoñen o actual goberno de Barbadás”. Unha das finalidades polas que se fan públicos os datos patrimoniais “vai en aras de achegar aínda máisa política e @s polític@s á cidadanía”, remarca o alcalde de Barbadás

·         Para consultar a situación patrimonial poden facelo na páxina web oficial do Concello de Barbadás, no epígrafe Información de interese- Organización Municipal- Datos patrimoniais do grupo de goberno


mércores, 16 de setembro de 2015

MUNICIPALIZACIÓN DA AUGA DE LOIRO


A MUNICIPALIZACIÓN DA AUGA DE LOIRO PON FIN Ó RISCO SANITARIO POR PRESENCIA DE ARSÉNICO


·         Dende o 21 de xullo subminístrase auga dende a rede municipal, pero o líquido elmento non era apto para o consumo

·         As últimas análises realizadas indican que a auga que sae polo grifo contén 3,6 microgramos de arsénico por litro, unha cifra que indica que a auga que se está subministrando a día de hoxé a Loiro é apta para o consumo


·         O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel,  considera que o consumo disparouse dende que se subministra auga procedente da rede xeral

·         O consumo diario ata o 31 de agosto foi de 116.350 litros  na parroquia de Loiro. “E debemos ter presente que hai o número de usuarios da parroquia non supera a cifra de 130”, sinala Valcárcel


Barbadás, 14 de setembro de 2015. A municipalización da auga de Loiro é a decisión que adopta o grupo de goberno de Barbadás para solventar a situación que dende hai meses vive a veciñanza de Loiro.
O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, explica que  a presencia de arsénico en niveis moi por enriba dos legalmente permitidos, os cortes de suministro, o consumo excesivo e fóra de todo control por certa parte da veciñanza leva a ter que adoptar medidas que contribúan a solventar o problema da salubridade e potabilidade da auga e tamén a favorecer un uso racional da agua”.
Valcárcel  destaca que “ o problema de fondo non é outro que o de velar pola sanidade e potabilidade da auga que se seministra á parroquia de Loiro”. Segundo o rexedor “baixo esta premisa de importante risco sanitario derívase a necesidade de que a Alcaldía adopte as medidas oportunas para solventar de xeito definitivo esta problemática”.
Ao longo das últimas semanas dende o goberno de Barbadás fixéronse xestións para atopar unha solución definitiva ó problema de abastecemento de Loiro. Houbo 2 asembleas coa veciñanza “para analizar e revisar a problemática e coñecer os seus plantexamentos” (os días 20 e 28 de xullo), sinala Xosé Carlos Valcárcel. O alcalde de Barbadás indica que houbo tamén unha reunión con un grupo de cidadáns da rúa Buleiro porque teñen continuos cortes no subministro.
Valcárcel lembra que  para solventar a ausencia de capacidade da auga da captación de Loiro (o depósito estaba baleiro o 21 de xullo) “dei instruccións á empresa adxudicataria para que o servizo de auga se realizase mediante bombeo desde a rede municipal”.
Vacárcel informa que a situación do subministro de auga de Loiro é preocupante debido a que a o depósito “quedou 2 veces baleiro debido óo elevadísimo consumo que se estaba efectuando. Desde o día 21 de xullo ata o 31 de agosto o consumo ascendeu a 4.654 m3, é decir, 4.654.000 litros”.
Xosé Carlos Valcárcel lembra que o consumo “é absolutamente desorbitado e está sendo custeado por todos os veciños e veciñas de Barbadás e que ata o día 31 de agosto ascendeu a 2.800 €”. Traducido a consumo diario de 116.350 l na parroquia de Loiro. “E debemos ter presente que hai o número de usuarios da parroquia non supera a cifra de 130”, precisa o rexedor. De este xeito chegamos á conclusión de que o consumo diario por usuario é de 895 l.
O día 24 de xullo “tivemos tamén unha xuntanza na Delegación Provincial de Sanidade para tratar este tema coa Xunta instándonos a solucionar este tema a maior brevidade posible. E para elo tiñan que reducirse os parámetros de arsénico no grifo do consumidor”, informa Valcárcel.
Hai que destacar que tamén se ordeo realizar unha desinsetación do deposito que supuxo un custo de 849,42 € sufragadosdos tamén polo Concello.
Antes de realizar a desinfección do depósito, “tal e como me comprometín, na última asamblea veciñal, encargouse unha análitica da auga que se realizou o día 30 de xullo”.
 O resultado foi contundente, no depósito o nivel de arsénico ascendía a 100 microgrmos litro.
Despois da limpeza do depósito  efectuaronse medicións periodicas do nivel de arsénico, tanto en grifo como no depósito.
Os resultados son os siguientes:
·         5 de agosto (pouco despois da limpeza) :
Depósito 23 microgramos litro
Grifo 6,9 microgramos litro
·         14 de agosto
Depósito 18 microgramos litro
Grifo 4,5 microgramos litro
·         28 de agosto
Depósito 10 microgramos litro
Grifo 3,6 microgramos litro
Á finais da semana pasada fíxose unha nova toma para analizar tendo os resultados a mediados desta semana.
Este venres pasado “mantiven unha conversa coa delegación de Sanidade na que se indicou que a medición importante era a do grifo e que polo tanto e á vista das analíticas antes expostas a auga que se está suministrando a día de hoxe á parroquia de Loiro xa é apta para o consumo humano”, explica o alcalde de Barbadás
Conviñemos en remitir todas estas probas á delegacíon provincial para levantar todo tipo de restriccións.
Para poder proceder á municipalización do abastecemento da auga en Loiro pasa por diversos trámites:
·         Acordo inicial da Corporación e designación dunha comisión de estudo formada por concelleiros e concelleiras e que debe respectar a proporcionalidade do pleno polo que a proposta da Alcaldía é de 4 membros do PP, 3 do PSdeG, 2 BNG e 1 DO e Grupo Mixto respectivamente. Tamén ten que estar presente persoal técnico (secretaria, interventora e xefe de urbanismo….)
·         Esta comisión ten como finalidade elaborar unha memoria que determine a forma de xestión acompañando un estudo económico que contemple, entre outros, o prezo do servizo.
·         Unha vez elaborado o informe e sometido á consideración da Corporación ten que ser ser exposto publicamente, poden formularse alegacións.
·         Aprobación polo Pleno de Barbadás.

·         Unha vez aprobado hai que trasladar todo o expediente á Xunta de Galicia tendo ésta 3 meses para adoptar unha resolución.

martes, 8 de setembro de 2015

AUMENTO DAS AXUDAS PARA LIBROS

·        O CONCELLO DE BARBADÁS INCREMENTA NUN 28,60 % AS AXUDAS PARA LIBROS E MATEIRAL ESCOLAR DESTINADAS A ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL

·        A concelleira de Educación, Marga Pérez, destaca o importante aumento destas axudas que pasan dos 70 ós 90 euros por alumn@

·        As familias que reciban as axudas non poderán exceder duns ingresos de 4500 Euros por membro familiar anual

·        As solicitudes presentaranse na Casa de Cultura ou por correo electrónico: educación@barbadas.es

·        As becas de libros concederanse priorizando a atención ás familias con menor cantidade de ingresos mentres dure a dotación presupuestaria.

·        A partir do día 19 de outubro de 2015, no taboleiro do Concello e da Casa Municipal da Cultura e na páxina web do concello (www.barbadas.es) farase pública a lista de escolares ós/ás que lles foron concedidas e denegadas as axudas
   
Barbadás, 7 de setembro de 2015. O prazo para presentar a solicitude de axudas económicas para libros e material didáctico na etapa de educación infantil no vindeiro curso académico 2015-2016 está aberto ata o 30 de setembro.
Estas axudas económicas para libros e material didáctico están dirixidas @s alumn@s de Educación Infantil do Concello de Barbadás matriculados en centros públicos e privados en tramos concertados, exceptuando aqueles cursos que se benefician do programa de gratuidade de libros de texto da xunta de Galicia.
A Concellería de Educación amplía este ano a contía para libros e material didáctico por alumn@ ata 90 euros, o que supón un incremento dun 28,60% con respecto ás axudas do curso  anterior. A concelleira de Educación, Marga Pérez, destaca “o importante aumento na contía destinada ás axudas, que pasa de 70 a 90 euros, o que significa que as familias que están atravesando unha difícil situación terán unha axuda importante para paliar a falta de recursos económicos”.
As familias que reciban as axudas non poderán exceder duns ingresos de 4500 Euros por membro familiar anual. Esta cifra supón tamén unha novidade con respecto ó ano anterior porque o límite de ingresos amplíase para poder beneficiar con esta axuda  a un maior número de familias do Concello de Barbadás.
As/os peticionari@s de axudas deben reunir as seguintes condicións:
- Estar empadroado con Concello de Barbadás
- Non exceder o nivel máximo de ingresos sinalados nas bases reguladoras desta axuda
- Cumprimentar a solicitude no modelo de instancia
- E presentar a documentación necesaria para acreditar reunir as condicións para ser beneficiario
As solicitudes presentaranse na Casa de Cultura ou por correo electrónico: educación@barbadas.es

Os/as solicitant@s poderán descargar o modelo de impreso de solicitude a través da páxina web do Concello de Barbadás onde se atopa toda a información.
A partir do día 19 de outubro de 2015, no taboleiro do Concello e da Casa Municipal da Cultura e na páxina web do concello (www.barbadas.es) farase pública a lista de escolares ós/ás que lles foron concedidas e denegadas as axudas, indicando a estes últimos a causa da denegación, dispoñendo dun período de reclamación ata o día 6 de novembro de 2015.

As becas de libros concederanse priorizando a atención ás familias con menor cantidade de ingresos mentres dure a dotación presupuestaria.