O LUNS 30 DE MAIO REMATA O PRAZO PARA PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN PARA O
PROCESO DE COPNTRATACIÓN DE 2 AUXILIARES DA POLICÍA LOCAL PARA A TEMPADA DE
VERÁN
As bases poden consultarse neste artigo
·
Os requisitos para tomar parte na oposición son 7: ser español ou nacional
dun estado membro da UE, ter máis de 18 anos, ter a ESO, graduado escolar ou
equivalente o non padecer enfermidade nin eiva física ou psíquica, así como ter
unha estatura mínima de 1,65 para os homes e 1,60 para as mulleres.
·
Outro dos requisitos é non ter sido condeado por delito doloso nin estar
inhabilitado para o exercicio das funcións públicas nin separad@s do servizo
das administracións públicas.
·
Tampouco se pode estar incurs@ en causa de incapacidade nin inhabilitado
nin suspendido para o exercicio de funcións públicas.
·
Composición do tribunal: Secretaria da Corporación; vogais: 4 funcionarios
de carreira, dos que alomenos 2 deberán ser funcionarios de policía local;
president@: un/unha funcionari@ de carreira do Concello.
·
A selección d@s aspirantes efectuarase polo sistema de oposición libre.
·
Un dos exercicios da oposición, que será obrigatorio e eliminatorio,
consistirá en realizar as probas físicas.
·
segundo exercicio consistirá na avaliación dos coñecementos d@s aspirantes
sobre o temario incluido nas bases. Trátase dun cuestionario de 50 preguntas
tipo test.
·
terceiro exercicio consistirá nunha proba específica sobre o coñecemento do
termo municipal e a toponimia local.
·
Finalmente o cuarto exercicio centrarase no coñecemento da lingua galega.
Esta proba pode substituirse coa presentación do CELGA 3 ou superior.
·
Para máis información consultar as bases na páxina web do Concello de
Barbadás: www.barbadas.es
·
BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL DE
AUXILIARES DA POLICÍA LOCAL
·
PRIMERA. Obxecto É obxecto das presentes bases cubrir, como persoal laboral
temporal, dous postos de auxiliares da Policía Local do Concello de Barbadás
durante tres meses na tempada de verán.
·
SEGUNDO. Requisitos dos aspirantes. 1. Para tomar parte na
oposición será necesario: a) Ser español ou nacional dun estado membro da Unión
Europea, nos termos previstos no artigo 57 Real Decreto Lexislativo 5/2015 do
30 de outubre polo que se aproba o texto refundido da lei do estatuto básico do
empregado público. Así mesmo, poderán participar, en igualdade de condicións
que os españois, os estranxeiros con residencia legal en España. b) Ter máis de
18 anos de idade. c) Certificación de ter superado o Ensino Secundario
Obrigatorio, título de Graduado Escolar ou equivalente, correspondente ao grupo
C2 dos establecidos no artigo 76 do Real Decreto Lexislativo 5/2015 do 30 de
outubre polo que se aproba o texto refundido da lei do estatuto básico do
empregado público. Cando se aleguen equivalencias de títulos achegarase, no seu
día, certificado ao efecto da Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá achegarse
certificado de validación expedido de acordo coa lexislación española vixente.
d) Non ter sido condenado/a por delito doloso, nin estar inhabilitado/a para o
exercicio das funcións públicas, nin separado/a do servizo das administracións
públicas por expediente disciplinario ou resolución xudicial. Será aplicable,
non obstante, o beneficio da rehabilitación, segundo as normas penais e
administrativas, que o aspirante deberá acreditar mediante o correspondente
documento oficial. e) No padecer enfermidade nin eiva física ou psíquica que
impida o normal desenrolo das funcións propias do cargo. f) Ter unha estatura
mínima de 1,65 metros para os homes e 1,60 metros para as mulleres. g) Non
estar incurso en causa de incapacidade nin inhabilitado ou suspendido para o
exercicio de funcións públicas e non ter sido separado do servicio de calquera
das Administracións Públicas.
·
TERCEIRO. Instancias.1. As instancias solicitando tomar parte
na oposición, se dirixirán a Alcaldía-Presidencia do Concello e se presentarán
nó Rexistro Xeral do Concello, durante o prazo de sete días naturais, contados
a partir do seguinte ao de publicación no taboleiro de anuncios do Concello e
nun dos diarios de maior tirada de Ourense. As instancias tamén poderán
presentarse na forma prevista no artigo 38 da Lei 30 de 1992, de 26 de
noviembre, Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento
Administrativo Común. 2. A solicitude acompañarase inescusablemente da
fotocopia do documento nacional de identidade, debidamente compulsada. Así como
documentación compulsada acreditativa de posuír a titulación que lles sexa
esixible para o acceso aos funcionarios do grupo C2.
·
CUARTO. Admisión e exclusión de aspirantes. Expirado o prazo de
presentación de instancias, a Presidencia de la Corporación dictará resolución,
declarando aprobada a lista de admitidos e excluídos. Dentro dos 2 hábiles
seguintes a dita publicación poderanse efectuar reclamacións contra a lista de
aspirantes admitidos e excluídos, así como solicitar a subsanación de erros
materiais, se transcorrese o prazo sen que se formule reclamación algunha, a
lista elevarase a definitiva sen necesidade de nova publicación. De producirse
reclamacións serán resoltas pola Alcaldía e expostas no taboleiro de anuncios
da Corporación. Na mesma Resolución, virá sinalado: a composición do Tribunal e
o lugar e data de comezo dos exercicios. O resto dos anuncios do proceso
selectivo levarase a cabo no taboleiro de anuncios da Corporación.
·
QUINTO. Tribunal. ( está pendiente del alcalde) O Tribunal/
Comisión de Selección: 1. Estará constituído polos seguintes membros:
Secretario/a: A Secretaria da Corporación con habilitación da carácter estatal
ou funcionario da mesma en quen delegue. Que actuará como secretario/a do
tribunal. Vogáis: Catro funcionarios de carreira. A totalidade dos vogáis
deberá posuír un nivel de titulación igual ou superior ao esixido para o acceso
á categoría da que se trate. Asemade deberán posuír coñecementos técnicos e
alomenos dous deles terán que ser persoal funcionario de policía local.
Presidente: Un funcionario de carreira do concello. 2. A designación dos
membros do tribunal incluirá a dos respectivos suplentes. 3. A Comisión
seleccionadora non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de, a lo
menos, tres dos seus membros (titulares ou suplentes, indistintamente) e, en
todo caso, coa asistencia do/a Presidente/a e do/a Secretario/a. A Comisión
seleccionadora queda facultada para resolve-las dúbidas que se presenten e
toma-los acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo en todo o non
previsto nas presentes bases. 4. Poderán nomearse asesores do tribunal para as
probas físicas, dito nomeamento deberá facerse público xuntamente có tribunal.
5. Deberán absterse de formar parte do Tribunal os membros que incorran en
algunha das circunstancias previstas no artigo 28 de la Ley 30/1992, de 30 de
noviembre, de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del
Procedimiento Administrativo Común. Así mesmo os/as aspirantes poderán recusar
aos membros do Tribunal cando nos mesmos concorra algunha das circunstancias
previstas para a abstención de conformidade co establecido no artigo 29 da Lei
30/1992.
·
SEXTO. Exercicios da selección. 1. A selección dos aspirantes
efectuarase polo sistema de oposición libre Previa a realización dos exercicios
procederase a práctica da talla. 2. Os exercicios da oposición serán os
seguintes: 1) Primeiro (de carácter obrigatorio e eliminatorio): Consistirá en
realizar as probas físicas que se especifican no anexo II e será cualificado de
apto ou non apto. 2) Segundo (de carácter obrigatorio e eliminatorio): A proba
de avaliación dos coñecementos dos/as aspirantes deberá amosar o dominio dos
contidos do temario que se inclúe no anexo III. Consistirá na contestación por
escrito dun cuestionario de 50 preguntas tipo test, con 4 alternativas de
resposta cada unha, que serán propostas polo tribunal. Os/as aspirantes
disporán dun tempo máximo dunha hora para a súa realización. A proba
cualificarase polo tribunal de 0 a 10 puntos, sendo preciso acadar cinco puntos
como mínimo, para non quedar eliminado/a. 3) Terceiro:Proba específica sobre
coñecemento do termo municipal e da toponimia local. O órgano de selección
someterá aos/ás aspirantes a unha proba para determinar o seu nivel de
coñecemento sobre as características propias do concello e a toponimia local.
Cualificarase de 0 a 3 puntos, sendo necesario acadar como mínimo unha
puntuación de 1.5 puntos para superala. 4) Coñecemento da lingua galega. O
tribunal valorará o nivel de coñecemento da lingua galega dos/as aspirantes,
mediante unha proba que se cualificará de cero a tres puntos, sendo necesario
acadar como mínimo unha puntuación de 1.5 puntos para superala. Esta proba
poderá substituírse pola acreditación do coñecemento da lingua galega mediante
a presentación do título do CELGA 3, ou superior. O resultado desta proba
cualificarase como apto ou non apto. 3. Os aspirantes serán convocados para
cada exercicio en chamamento único, quedando decaídos nos seus dereitos os
opositores que non comparezan a realizalo a hora fixada, salvo os casos
debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal, para os que
poderá realizarse unha convocatoria extraordinaria. 4. A publicación dos
sucesivos anuncios de celebración do segundo e restantes exercicios efectuarase
polo tribunal no taboleiro de anuncios do Concello, e na páxina web, cunha
antelación mínima de 24 horas a partir da data da súa celebración.
·
SEPTIMA. Cualificacións. A cualificación final das probas
virá determinada pola suma das puntuacións obtidas no segundo e terceiro
exercicios. En caso de empate, a orde establecerase atendendo a mellor
puntuación obtida na terceira proba.
·
OCTAVA. Lista de aprobados. A- Establecida a puntuación final
de cada aspirante, elaborarase unha listaxe destes/as baseándose na súa
puntuación e por orde decrecente, resultando aprobados/as os/as que, tendo en
conta o número de postos, obtivesen as notas máis altas. B- Os/as aspirantes
que superasen o proceso de selección deberán participar nun curso de formación
que desenvolverá a Academia Galega de Seguridade Pública no mes de xuño.
Aqueles/as que xa tivesen participado e obtivesen certificado de asistencia ao
dito curso, estarán exentos/as desta obriga por un período de catro anos, de
acordo co previsto no artigo 48.2º do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo
que se desenvolve a Lei 4/2007, de coordinación de policías locais. Os gastos
derivados deste curso serán por conta dos propios seleccionados.
·
NOVENA. Presentación de documentos e contratación Os
candidatos propostos para a súa contratación deberán incorporarse ao posto de
traballo segundo as indicación do Concello, non tendo dereito a retribución
algunha ata a efectiva contratación e incorporación ao posto de traballo. O
contrato que se lle realizará ás persoas seleccionadas é o de acumulación de
tarefas que regula o artigo 15.1-b) do Real Decretro Lexislativo 1/1995 de 24
de marzo polo que se aproba o texto refundido da lei do estatuto dos
traballadores. O contrato terá unha duración de 3 meses sendo previsible
iniciar o contrato o rematar o proceso selectivo. Deberán presentar nas
oficinas do Concello os documentos acreditativos das condicións de capacidade e
requisitos esixidos na convocatoria: a) Fotocopia compulsada do D.N.I. b) Fotocopia
compulsada do título. c) Declaración xurada ou promesa de non estar incurso en
causa de incapacidade, non ter sido separado do servicio de ningunha
Administración Pública, ni estar inhabilitado ou suspendido para o exercicio de
funcións públicas e de no ter sido condeado por delito doloso. e) Certificado
médico oficial acreditativo de non padecer enfermidade ou eiva física que lle
impida o normal desenrolo das funciones propias do posto. Quen dentro do prazo
fixado, salvo os casos de forza maior, no presentase a documentación, o do
exame da mesma se deduxera que carece de algún dos requisitos sinalados nas
bases, non poderá ser contratado e quedarán anuladas súas actuacións, sen
perxuízo da responsabilidade en que tivera incorrido por falsedade.
·
ONCE. Impugnación e supletoriedade. A presente
convocatoria, as bases, e tódolos actos administrativos derivados desta
convocatoria, así como da actuación da Comisión Seleccionadora, poderán ser
impugnados polos interesados/as nos casos e na forma establecidos pola Lei 30
de 1992, de 26 de novembro de Procedemento Administrativo e normas vixentes
concordantes. A presentación de reclamacións non suspenderá a continuación do
proceso selectivo, salvo que así o decida o órgano convocante do mesmo.
·
ANEXO I Modelo de instancia Don/dona maior
de idade, con D.N.I. nº. .domiciliado en numero. De . CP E teléfono de
contacto: ; email: . Ante V.I. expón: Que tendo sido convocadas probas
selectivas para a provisión polo procedemento de oposición libre, de postos de
auxiliar de Policía local. Manifiesta: Que reúne todas e cada unha das
condicións que se esixen nas bases da convocatoria e: Solicita: Que se teña por
presentada a presente instancia dentro do prazo conferido ao efecto e, en
consecuencia, sexa admitido para tomar parte na oposición. , a de de 2016
Sinatura. Axúntase a documentación acreditativa solicitada nas bases.
·
ANEXO II Probas físicas. Probas
Selectivas. Ao comenzo realizarase o control da estatura dos/das aspirantes. Os
mínimos son os que rexen para o ingreso nos corpos de policía local: 1,65
metros para os homes e 1,60 metros para as mulleres. As probas físicas
cualificaranse de apto/non apto. Para obter a cualificación de apto os
aspirantes deberán acadar as marcas mínimas ou non superar as máximas que se
establecen para cada proba. II.1. Potencia tren inferior: salto vertical.
Realizarase nun ximnasio ou lugar semellante con chan horizontal e cunha parede
vertical e lisa. O aspirante colocarase en posición de partida, en pé, de lado
xunto a unha parede vertical, cun brazo totalmente estendido cara a arriba e
sen levantar os calcañares do chan, e marcará coas dedas a altura que alcanza nesa
posición. O exercicio executarase, separándose 20 centímetros da parede e
saltando tan alto como poida, marcando novamente coas dedas o nivel alcanzado.
Para a correcta realización da proba deberanse observar as seguintes regras:
-Pódense mover os brazos e flexionar o tronco e os xeonllos, pero non se pode
separar do chan ningunha parte dos pés antes de saltar. -Hai que realizar o
salto cos dous pés ao mesmo tempo. -Permítense dous intentos, só aos aspirantes
que fagan nulo no primeiro. A distancia entre a marca feita desde a posición de
partida e a acadada co salto deberá ser igual ou superior á mínima (en
centímetros) establecida no seguinte cadro para cada sexo e grupo de idade. ANOS Idade 18 - 36 37 - -48 49 - ou máis HOMES 41 cm. 33 cm. 29 cm. MULLERE
S 32 cm. 28 cm. 25 cm.
·
2. Resistencia xeral: carreira de 1.000 metros lisos.
Realizarase en pista de atletismo ou en calquera zona totalmente chaira de
terreo. O/a aspirante colocarase na pista no lugar indicado. A posición de
saída realizarase en pé. Só se permite un intento. O/a aspirante que abandone a
carreira quedará excluído. A proba consistirá en correr a distancia de 1.000
metros no tempo máximo (en minutos e segundos) que se recolle na seguinte táboa
para cada sexo e grupo de idade: 18 - 36 ANOS 37 - 45 ANOS 46 - OU MÁIS HOMES
4´30´´ 5´00´´ 5´15´´ MULLERE S 5´00´´ 5´30´´ 5´45´
·
ANEXO III Proba de coñecementos. Temario. 1. O municipio.
Concepto e elementos. Competencias municipais. A organización e funcionamento
do municipio. O Pleno. O alcalde. A Xunta de Goberno Local. Outros órganos
municipais. 2. Ordenanzas, regulamentos e bandos. Clases e procedemento de
elaboración e aprobación. 3. A licenza municipal. Tipos. Actividades sometidas
a licenza. Tramitación. 4. Lei de coordinación das policías locais de Galicia e
normas de desenvolvemento. Réxime disciplinario: disposicións xerais e faltas
disciplinarias. 5. A actividade da policía local como policía administrativa I:
consumo. Abastos. Mercados. Venda ambulante. Espectáculos e establecementos públicos.
6. A actividade da policía local como policía administrativa II: urbanismo.
Infraccións e sancións. A protección ambiental: prevención e calidade
ambiental, residuos e disciplina ambiental. 7. Delitos e faltas. Circunstancias
modificativas da responsabilidade criminal. Persoas responsables: autores e
cómplices. 8. Delitos contra a seguranza viaria. Faltas cometidas con ocasión
da circulación de vehículos de motor. Lesións e danos imprudentes. 9. Lei
de seguranza viaria. Regulamentos de desenvolvemento. Estrutura e conceptos
xerais. 10. Normas xerais de circulación: lugar na vía, velocidade, prioridade
de paso, cambios de dirección e sentido. Adiantamentos. Parada e
estacionamento. Vehículos e transportes especiais. Cinto e casco de seguranza.
11. Circulación por zonas peonís. Comportamento en caso de emerxencia. Sinais
de circulación. Clasificación e orde de prioridade. Carencia do seguro
obrigatorio. 12. A policía como servizo público. A policía local como policía
de proximidade e de servizo. O auxiliar de policía e as súas funcións.
Responsabilidades do auxiliar de policía.