martes, 24 de maio de 2016

NOITE ENCANTADA NA VALENZÁ

A VALENZÁ ABRE ESTE SÁBDO OS SEUS ESTABLECEMENTOS ATA AS 23,00 HORAS NA NOITE ENCANTADA

Promoción do comercio local, actividades lúdicas, deporte e ocio infantil combínanse na programación prevista en Barbadás para o día 28 de maio

Barbadás, 24 de maio de 2016.
  • ·       Os establecementos comerciais asociados a Agaeca, o deporte e a promoción do comercio local combínanse na programación prevista para o sábado 28 de maio.
  • ·       A “Noite Encantada” pretende “pór en valor o comercio de proximidade e actividades dirixidas a tódalas idades”, explica o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel.
  • ·       Dende o Concello “ponse a disposición da organización da Noite Encantada tanto a infraestrutura como a campaña de publicidade”, sinala Valcárcel.
  • ·       A delegada de Agaeca, Delmi Fernández, enumerou as actividades programadas para o sábado: a xincana infantil para nen@s de 7 a 10 anos que se desenrolará entre as 5 e as 9 da noite; haberá tamén unha gateada ou carreira para bebés ata 13 meses que será ás 19,30 (fronte ó centro médico da Valenzá; haberá tamén unha exhibición de zumba no parque da Liberdade ás 17,00 horas.
  • ·       A carreira popular completa o programa da Noite Encantada e terá lugar entre as 17,30 e as 20,00, pois cada categoría desenrrólase nun horario específico.
  • ·       A carreira na súa categoría absoluta terá un percorrido de 7,5 quilómetros e transcorrerá non só por Barbadás, senón tamén por outros pobos do municipio como As Lamas ou Barbadás.
  • ·       comisario de Agaeca, José Andrés Montero, indicou que ata o momento hai inscrit@s para a modalidade de absoluta 220 participantes, ademais dos 150 nen@s nas modalidades de benxamín, alevín e infantil e cadete.
  • ·       Nesta iniciativa participan un total de 22 establecementos adheridos, que permanecerán abertos ata as 11 da noite.
  • ·       A concelleira de Comercio, Marga Pérez, animou ós/ás habitantes  do municipio e ós/ás visitantes a participar nesta iniciativa que pretende promocionar o comercio local.
  • ·       A xincana literaria infantil é un dos principais atractivos para @s nen@s. Os 22 establecementos participantes na Noite Encantada membros de Agaeca exhibirán nun lugar visible do seu escaparate unha adiviña relacionada coa temática do concurso.
  • ·       Os/as participantes percorrerán os establecementos colaboradores dende as 17,30 ata as 9 da noite e escribirán a resposta correcta no recadro asignado. Para participar no sorteo terán que estar cubertas correctamente as 22 adiviñas.
  • ·       As papeletas cubertas depositaranse nunha urna precintada situada á altura do número 39 da avenida de Celanova
  • ·       Entre os premios da xincana infantil figuran unha cámara fotográfica, unha Tablet e un sábado de diversión con 4 amig@s na piscina do ximnasio Golfiños.
  •  



Ningún comentario:

Publicar un comentario