martes, 19 de xaneiro de 2016

CONTRATACIÓN DE 6 PEÓNS DE OBRAS POLO CONCELLO DE BARBADÁS

O Concello de Barbadás contratará 6 peóns de obras polo sistema de concurso de méritos
A duración do contrato será ata o 31 de decembro

O prazo de presentación de solicitudes é de 7 días hábiles

Remata o mércores 27 de xaneiro ás 13,00 horas

Na selección do persoal terase en conta a experiencia profesional, a formación especializada e a titulación relacionada coa actividade a desempeñar

Para máis información consultar na páxina 
web do Concello de Barbadás:www.concellodebarbadás.es
BARBADAS.ES

sábado, 9 de xaneiro de 2016

A CESTA DE NADAL DE BARBADÁS BUSCA DONO/A

A CESTA DE NADAL DE BARBADÁS SEGUE SEN ATOPAR DONO/A
O/A gañador/a mercou produtos na Librería Moraima, o establecemento que entregou o número premiado
REVISA AS TÚAS RIFAS

Do primeiro premio do sorteo da Lotería do Neno do día 6 de xaneiro saiu o número cuxas catro últimas cifras resolven o boleto gañador da Cesta do Nadal.

A rifa entregóuse na Librería Moraima, un dos establecementos participantes na campaña Nadal 2015, organizada pola Concellería de Comercio

Revisa as túas rifas e se es o posuidor do boleto agraciado comunícallo á Librería Moraima para organizar a entrega da cesta.