xoves, 30 de abril de 2015

COÑECE @S CANDIDAT@S DO PSdeG DE BARBADÁS ÁS ELECCIÓNS DE 24 DE MAIO- ISABEL CALABRIA

ISABEL CALABRIA DÍAZ

Candidata número 15 na lista do PSdeG de Barbadás

Vivo na Valenzá dende hai 20 anos, un lugar onde moitos nos fomos coñecendo pouco a pouco
Algúns tivemosfeeling” e, movidos polas mesmas inquedanzas, loitamos por necesidades que tiñamos en común.
Sempre en positivo e coa esperanza de conseguir o mellor para o vecindario.


Gustaríame un Barbadás con traballo para todos e garantir a defensa dos máis vulnerables: infancia, violencia de xénero, maiores, desafiuzados. Quero un Barbadás con zonas comúns  amplas, espazos abertos cómodos, limpos, sen barreiras, onde se poida dicir que somos diferentes, pero iguais en oportunidades.


mércores, 15 de abril de 2015

PRECARIZACIÓN DA SANIDADE EN BARBADÁS

A SITUACIÓN PROFESIONAL DE FREIRE DEIXA A BARBADÁS NUNHA PRECARIA ATENCIÓN SANITARIA PRIMARIA

Barbadás, 9 de abril de 2015

·         O voceiro do Grupo Socialista, Xosé Carlos Valcárcel, asegura que Freire incorporouse á praza de médico en Barbadás pobo para preparar a campaña das municipais e usou o seu posto de traballo de xeito electoralista

·        O alcalde de Barbadás, José Manuel Freire, foi trasladado ó centro de saúde de Barbadás pobo como trampolín político e “agora trasládase a San Cibrao e a situación sanitaria d@s usuari@s de Barbadás queda nunha situación preocupante”


·        A partir do momento no que Freire se incorpore ó seu novo destino en San Cibrao o médico Alfonso Patricio asumirá as horas que dedicaba o alcalde de Barbadás ós seus pacientes

·        Patricio atende na actualidade 1.800 cartillas na Valenzá e tamén aos/ás pacientes da zona de Barbadás e pobos limítrofes. . Agora terá que atender 500 usuarios máis do Centro de Saúde ubicado en Barbadás.


·        A diminución na atención refléxase no feito de que ata agora o doctor Alfonso Patricia tiña unha xornada de 7 horas e a partir de agora destinará 4 horas ó centro médico da Valenzá e 2 horas e media estará no ambulatorio de Barbadás pobo.

·        Esta perda de profesionais terá efectos negativos coma o aumento do tempo de espera para acudir ao médico de familia, que pasará a ser de 1 semana.


·        Para o líder socialista non é lóxico que un concello da entidade de Barbadás pase de ter 5 médicos de familia a tan só 4, tendo en conta que a poboación supera os 10.500 habitantes
·        Segundo os Socialistas a progresiva perda de profesionais sanitarios é unha mostra do pouco interese que ten a Xunta pola atención primaria en Barbadás.

·        Valcárcel lembra que levamos máis de unha década agardando por un novo centro médico. Reprocha que a ubicación do mesmo non é a máis idónea e que “se nos estea tomando o pelo á veciñanza ó incumprir os compromisos na posta en marcha dun centro de saúde digno”.


·        Valcárcel sinala que existe unha manipulación informativa en torno ó asunto porque “xa hai anos que tiña que estar licitado e agora resulta que o proceso dilátase no tempo e como colofón “en lugar de dar pasos hacia diante, a Xunta está actuando coma o cempés, é dicir, estase reducindo o número de médicos de familia en lugar de dimensionar axeitadamente os servizos de atención sanitaria”.

·        Os Socialistas amósanse diametralmente en contra desta merma no número de profesionais e lembran que sería preciso aumentar non só os médicos de familia, senón tamén o servizo de pediatría, outra das asignaturas pendentes da Xunta con Barbadás dende hai anos.

·        Ao redor de 550 usuarios reciben atención sanitaria no ambulatorio de Barbadás.

·        O voceiro socialista precisou que en torno ó 90 % da poboación está na Valenzá, “en tanto que o 25 por cento dos recursos atópase no centro médico de Barbadás pobo.

·        Valcárcel Doval considera lamentable que coas pésimas instalación sanitarias das que disponemos, se lle dea agora esta estocada á atención primaria

·        Esta serie de carencias “o único que provoca é que se empobrezan aínda máis os servizos á comunidade que temos en Barbadás”

·        Dende o Grupo Socialista repróchase ademais que se produza esta depauperación nun concello dirixido durante 28 anos por un médico.

·        Os Socialisitas aseguran que a falta de servizos sanitarios dignos “fomenta que a xente que veu de Ourense a vivir a Barbadás manteña o seu médico na capitaliade, así coma o pediatra.


·        Esta situación pouco realista provoca que o número de censados non se corresponda coa cantidade de tarxetas sanitarias adscritas.