martes, 10 de xuño de 2014

RESUMO PLENO EXTRAORDINARIO DE 9 DE XUÑO DE 2014

VALCÁRCEL PIDE A DIMISIÓN DO ALCALDE DE BARBADÁS ANTE A FALTA DE PREVISIÓN NO OPERATIVO DE SEGURIDADE E DE EMERXENCIA NAS FESTAS DA VALENZÁ

·        A pesar de que a intervención do voceiro socialista non se recolleu en acta, Xosé Carlos Valcárcel realizou unha intervención e culpou directamente ó rexedor de este caos, como máximo responsable que é da Xunta de Seguridade do Concello


·        Tamén fóra da orde do día do pleno o alcalde pretendía contar co apoio da oposición para desbloquear o desenrolo da área de reparto número 10

·        Pero tanto BNG coma PSdeG negáronse a participar neste cambalache e emprazaron a Freire a realizar este tipo de trámites do xeito correcto.


·        No punto no que se abordaron os lindes entre Ourense e a Finca Fierro Valcárcel argumentou que “durante todo este longo trámite houbo importantes queixas da veciñanza pola escasa información que se lles facilitou en cada momento sobre a evolución deste proceso”.

·        O polideportivo da Valenzá non poderá abrirse ata setembro porque a caldeira de auga quente non estaba adecuadamente dimensionada.


·        O PSdeG pide a elaboración dunha RPT anual para propiciar a planificación en política de persoal.
·        Os Socialistas tildan de papel mollado a regulamentación aprobada hoxe sobre servizos públicos sobre saneamento e depuración de augas.




Barbadás,  10de xuño de 2014. O voceiro socialista en Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, pediu a demisión do alcalde de Barbadás, José Manuel Freire pola desorganización dos festexos da Valenzá. Segundo Valcárcel “a situación que se produciu foi de extrema gravidade dado o enorme colapso de tráfico e a falta de previsión ante os percances derivados da importante aglomeración de persoas”.
  •          O líder socialista criticou tamén que non se tivera un plan de emerxencia imprescindible nestes casos. Valcárcel botou de menos a presencia de efectivos suficientes tanto de seguridade como de protección civil. A pesar de que a intervención do voceiro socialista non se recolleu en acta, Xosé Carlos Valcárcel realizou unha intervención e culpou directamente ó rexedor de este caos, como máximo responsable que é da Xunta de Seguridade do Concello.

  •          Valcárcel reprochou tamén que non se comunicara á Subdelegación do Goberno que a presencia de miles de persoas na Valenzá podía xerar unha situación de perigo. Freire, pola súa banda, restou importancia ós feitos e asegurou que non se incrementaron os efectivos debido a que a situación era a mesma cá do ano pasado, pois tamén veu á Valenzá a orquestra Panorama. Sen embargo, este ano o desbordamento foi tal que se se tivese que producir unha evacuación, a solución sería moi complicada ó non contar con un plan específico de emerxencia para este evento, tal e como quedou demostrado.


Improvisación na política urbanística

  •          Tamén fóra da orde do día do pleno o alcalde pretendía contar co apoio da oposición para desbloquear o desenrolo da área de reparto número 10. Hai que ter en conta que as actuacións nesta zona están paralizadas. Freire culpou ó Grupo Socialista de esta paralización por estar a cuestión na man da Xustiza debido á denuncia presentada por Valcárcel hai preto de 1 ano contra o alcalde e o tenente alcalde de Barbadás por presuntos delitos de prevaricación e negociacións prohidas.

  •  O voceiro do PSdeG lembra que no propio documento entregado pola Alcaldía minutos antes de comezar o pleno figura que esta área de reparto tiña que estar desenvolvida antes de novembro de 2007, mentras que a denuncia presentada polo PSdeG data de xullo de 2013. O propio alcalde mesmo chegou a recoñecer neste debate previo e fóra de acta que se paralizou por prevención e para que se dilucidara en sede xudicial a cuestión antes de seguir coa súa tramitación.

  •          Para os Socialistas é intolerable e inadmisible que Freire pretenda introducir unha cuestión desta enxundia minutos antes dun pleno extraordinario intentando así involucrar ós grupos da oposición nun asunto desta trascendencia “para cubrirse as espaldas” sen ofrecer apenas información sobre o tema.

  •          Freire pretendía que a oposición o apoiara na aceptación dunha reclamación dun propietario de terreos nesta zona por valor de 53.550 euros. Este propietario fai esta petición porque en 2004 asinou un contrato de permuta dunha parcela na AR-10 para posibilitar o desenrolo urbanístico desta zona. Este contrato venceu ós tres anos de terse asinado e agora o dueño da parcela reclama unha contía en concepto de indemnización.

  •          A intención de Freire era contar coa anuencia da oposición para desbloquear a execución da AR-10 e evitar deste xeito posibles reclamacións deste tipo. Pero tanto BNG coma PSdeG negáronse a participar neste cambalache e emprazaron a Freire a realizar este tipo de trámites do xeito correcto.


Zanxar lindes entre Ourense e Barbadás

  •          Unha vez iniciado o pleno extraordinario ó abordar a agregación-desagregación entre os termos municipais de Barbadás e Ourense o voceiro socialista dixo que o apoio do seu grupo neste punto ía ser de carácter crítico. Valcárcel argumentou que “durante todo este longo trámite houbo importantes queixas da veciñanza pola escasa información que se lles facilitou en cada momento sobre a evolución deste proceso”.


  •          Barbadás terá que compensar ó Concello de Ourense con 97.000 euros polas contías deixadas de percibir en concepto de IBI e IAE. Segundo a lei o municipio ó que se agregue unha parte do termo municipal doutro deberá indemnizar económicamente a este nunha contía igual a 10 veces o valor actual das cantidades deixadas de percibir por IBI e IAE que se devenguen no territorio a segregar.

  •          O Concello de Ourense debería ser indemnizado polo de Barbadás na suma de 223.321 € e o de Barbadás na suma de 125.807. Como resultado dá 97.513 a contía que Barbadás deberá pagar a Ourense. Valcárcel anticipou que o alcalde de Ourense tiña previsto levar este tema a pleno previsiblemente no mes de xullo.

        
Club de escolas deportivas

  • Na constitución do Club Escolas Deportivas do Concello de Barbadás a concelleira socialista Victoria Morenza reprochou que a pesar de ter abordado en sucesivos plenos a contratación de persoal, o regulamento de funcionamento ou a contratación de persoal, o pavillón segue sen ser aberto ó público.

  •          Segundo Morenza “para o Partido Socialista esto comeza a ser unha tomadura de pelo, ademais da pescadiña que se morde a cola. E da veciñanza, qué podemos dicir, pensa xa que esto raia xa na burla no pitorreo”. Falou tamén do malestar que existe entre os país e nais dos alumnos que non poden acceder ó pavillón.
  •          A concelleira de Deportes Consuel Vispo asegurou que eran os propios alumnos os que non querían que os seus país estiveran nas instalacións. Dixo tamén que o polideportivo non se abriu aínda debido a que se tivo que dimensionar adecuadamente a caldeira de auga quente porque o sistema instalado inicialmente non proporcionaba auga quente suficiente para toda a instalación.

       O polideportivo acollerá en xullo e agosto a veranoteca.
  •          Ante a insistencia dos socialistas para coñecer cando se abrirá o pavillón ó público e non só ás escolas deportivas, Vispo dixo que “arrancará en septiembre”. Morenza ironizou ó afirmar que a inauguración oficial “será, por suposto, preto das eleccións municipais no mes de abril de 2015”, posto que nin a concelleira da área de Deportes nin o alcalde souberon precisar cando se fará a inauguración oficial e definitiva.
  •          Aínda falta por elaborar o estudo de custos en función dos gastos xerados pola instalación, aínda que está claro que a partir de setembro cobrarase polas clases colectivas.

  • Ante  a proposta do Grupo Socialista de crear un Consello Municipal de Deportes, Freire dixo que se estudará esta posibilidde no seu momento..


Contratación de persoal 
  •          No punto no que se abordou a contratación de 3 socorristas e 4 profesores de música, Valcárcel foi moi crítico ante a premura para tratar un asunto que se puido tratar no pleno de maio. O líder socialista reprochou que facer un pleno extraordinario cando está tan preto a celebración do ordinario de xullo é unha mostra de despilfarro.

  •          Valcárcel reclamou que con urxencia se elabore unha relación de postos de traballo anual que contemple ano a ano as necesidades de persoal do Concello. “Consideramos imprescindible que se faga unha avaliación real das necesidades de persoal pensando no crecemento poboacional do municipio”.

  •          Segundo o voceiro socialista “as necesidades de persoal non poden estar cubertas aleatoriamente, sen previsión algunha e incluso con ocultación”. Unha mostra de que a política de contratación de persoal que se realiza deixa moito que desexar foi o ocorrido cos 9 profesores de música restantes da Escola Municipal, ós que despois de un tempo e como consecuencia de diversas reclamacións houbo que converter en persoal laboral indefinido do Concello.


Servizos públicos de saneamento e depuración

  •          O abordar este punto a edil socialista Victoria Morenza censurou que “este regulamento xa nace como papel mollado desde o momento en que o propio alcalde asegura que a adecuación da rede se fará na medida das posibilidades e pouco a pouco”. Un dos aspectos esenciais da normativa alude ás redes separativas de augas pluviais e as procedentes do saneamento.

  •          O propio rexedor recoñecía na comisión informativa que as redes separativas son unha “rara avis” no concello de Barbadás, ó existir só nas urbanizacións de máis moderna construcción da Valenzá, polo que seguirá sendo unha asignatura pendente por moitos formalismos en forma de normativa que sexan aprobados no pleno.
  •          Morenza lembrou as fronte abertas que ten Freire no concello en relación coa anticuada rede de saneamento: vertidos no río dos Muíños, problemas en Loiro, no linde da Finca Fierro coa Valenzá, etc.

  • Aludíu tamén á previsión de 2 depuradoras no plan de urbanismo cando o propio rexedor recoñece que vai manter o servizo mancomunado de depuración co concello de Ourense, que ten un custo para Barbadás de 200.000 euros. Freire afirmou que a inclusión no plan de urbanismo era unha esixencia da Xunta para dar o visto bo á modificación do PXOM, pero que por agora non se van construir.

  •          Morenza insistiu en que o alcalde aclare se se a aprobación do regulamento, no que se fala de crear unha ordenanza fiscal, vai implicar o aumento no prezo das taxas de saneamento ou na creación de outras novas. Freire asegurou que non, pero os Socialistas temen que este sexa o primeiro paso para incrementar o prezo no recibo que paga a veciñanza,


Na cuestión dos lindes houbo unanimidade
Nos restantes 3 puntos BNG e PSdeG abstivéronse