martes, 20 de xaneiro de 2015

O PSdeG INSISTE NO TRANSPORTE METROPOLITANO


O PSdeG ACUSA AO ALCALDE DE BARBADÁS DE CARECER DE INFLUENCIA NO PP PARA PÓR EN MARCHA O TRANSPORTE METROPOLITANO
  • ·         Freire recoñece que pediu con insistencia a Feijóo que priorizara o transporte metropolitano de Ourense, pero os feitos demostran que o seu influxo é case nulo
  • ·        O PP está dilatando este importante proxecto para a comarca de Ourense porque non quere que a posta en funcionamento do transporte metropolitano sexa un logro doutro partido
  • ·         Os Socialistas lémbranlle a Freire que incumpre o compromiso de reducir o prezo do billete para @s usuari@s de Parada e Piñor
  • ·        Nun alarde electoralista moi difícil de cumprir e presionado polo PSdeG anuncia ó final do debate deste punto que porá en marcha esta rebaixa se antes das eleccións non funcional o transporte metropolitano

·        Dende o PSdeG acusan a Freire de faltar á verdade porque non sempre asistiu ás reunión sobre este proxecto. Nunha ocasión non só non foi, senón que o único representante que asistiu foi o voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel
  • ·        No debate da segunda moción socialista, a de implantar cláusulas sociais en contratos e convenio, houbo tamén unanimidade, aínda que no estivo exento de polémica
  • ·        Valcárcel enumerou as anomalías e presións que están a vivir e viviron hai unhas semanas as traballadoras de Linorsa.
  • ·        Valcárcel considera que todas estas incidencias, sumadas ó feito do impago das nóminas, teñen que obrigar ó Concello a tomar medidas contundentes e definitivas en relación á empresa que presta o servizo.
  • ·        Ante a intransixencia de Freire por non aceptar dúas mocións de urxencia, unha do PSdeG e outra do BNG, o Grupo Socalista foi moi crítico
  • ·        Con obxecto de dotar de un maior contido á sesión plenaria @s 3 concelleir@s socialistas presentaron preto de 40 rogos e preguntas sobre cuestións relacionadas con obras, medio ambiente (o concello de Barbadás tivo que pagar 1.400 euros de multa pola presenza de arsénico na auga de Loiro), cultura, deportes, parques infantís, zonas recreativas, etc



Barbadás, 12 de xaneiro de 2015. O primeiro pleno ordinario de Barbadás caracterizouse por unha aparente tranquilidade porque nos tres únicos puntos da orde do día houbo unanimidade. Aprobouse o padrón municipal a 1 de xaneiro de 2014. Naquel momento Barbadás tiña contabilizados 10.371 habitantes. Esta é a cifra oficial, mentras que a día de hoxe a contía real é de 10.521, un dato que xa solicitou o PSdeG o xoves en comisión.
            Os tres grupos da corporación, PP, PSdeG e BNG, apoiaron unánimemente as 2 mocións que presentaron os Socialistas. Una delas ten o obxecto de esixir á Xunta que poña en marcha o transporte metropolitano en Ourense e comarca e a segunda pretende que se apliquen cláusulas sociais en todas as concesións e convenios que asine o Concello de Barbadás.
            Antes do apartado de rogos e preguntas volveuse a reproducir a postura disconforme dos dous voceiros, o socialista, Xosé Carlos Varlcárcel, e o nacionalista, Xosé Manoel Fírvida respecto do que consideraron unha burla á oposición por non aceptar o alcalde as mocións de urxencia. Freire argumentou que as propostas de PSdeG e BNG non eran urxentes e amparaouse en que foron presentadas con retraso.
            Con todo, a oposición pediu que se producirá o formalismo de votar a urxencia, tal e como se recolle na lexislación. María Presas, edil socialista, argumentou a urxencia da súa proposta dicindo que na Finca Fierro había problemas de seguridade viaria por mor das carencias en pasos de peóns e por un inadecuado mantemento do coñecido como parque da explanada. Finalmente, ante a imposibilidade de defender a súa moción presentou os puntos da mesma no apartado de rogos: Levar a cabo una actuación integral para facilitar o paso de peóns, carriños de bebés e persoas con mobilidade reducida en prácticamente tódolos pasos de peóns da Finca Fierro. Instalación de pasos de peóns elevados na Rúa Valdomiño debido a perigosidade tanto para peóns como para vehículos que circulan e transitan pola zona. Actualización da sinalización vertical que están en mal estado de conservación. Que se proceda o pintado dos bancos.Que se leve a cabo o pintado de liñas na estrada.Que se cambie a área do parque da explanada.
Algo similiar fixo o voceiro nacionalista, convertendo a moción en rogo. O obxecto da mesma era que o Concello de Barbadás recupere o cobro dos impostos, agora en mans da Deputación.

Transporte metropolitano

Dende o Grupo Socialista defenderon unha moción (que foi aprobada por unanimidade) para esixir á Xunta que cumpra o compromiso de pór en marcha o transporte metropolitano en Ourense e comarca no prazo comprometido. Tamén se pedía instar ó Executivo galego a desbloquear as negociacións co Concello de Ourense, prácticamente paralizadas dende marzo de 2014.
A concelleira Victoria Morenza ironizou asegurando que o alcalde de Barbadás ten pouca capacidade de presión dentro do seu propio partido, tendo en conta que Barbadás sería un dos concellos máis beneficiados co transporte metropolitano. José Manuel Freire chegou a dicir que na última ocasión que feu Nuñez Feijóo a Barbadás fíxolle esa petición como prioritaria. Pero os resultados están á vista.
            Morenza foi crítica tamén coa actitude maniqueista de Freire e o seu equipo por culpar sempre ós mandatarios socialistas de Ourense de non sacar o proxecto adiante. A concelleira do PSdeG lembrou que é precisamente a actitude persistente dos Socialistas en todos os ámbitos a que fixo posible que a nova directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, recibira recentemente á edil da mesma área en Ourense, Susana Bayo. Referiuse a que moito tivo que ver nesta nova actitude o feito de que po Partido Socialista presentara na Deputación unha moción similar á debatida hoxe en Barbadás. Como punto negativo Morenza indicou que esta foi só unha primeira toma de contacto, mentras que para activar o proxecto é preciso comezar a traballar de inmediato, algo que non vai ser posible debido á densa axenda que ten a nova directora xeral de Mobilidade da Xunta.
            Despois desta primeira toma de contacto o engranaxe da negociación volverá ter que ponerse en marcha, unha estratexia que parece interesarlle ao PP, en espera dos resultados electorais do mes de maio. O PP está dilatando este importante proxecto para a comarca de Ourense porque non quere que a posta en funcionamento do transporte metropolitano sexa un logro doutro partido que non sexa o PP. E por esa razón non existe consignación presupostaria nos orzamentos da Xunta para este ano. Só hai boas palabras e compromisos baldíos dos altos responsables políticos. Os feitos son que para o transporte metropolitano de Ourense hai 0 euros.
            Morenza reprochou que exista unha escasa ou nula predisposición da Xunta ó que se suma a difícil situación que atravesa o sector do transporte de viaxeiros e as presións que supostamente están exercendo algunhas empresas para que non se poña en marcha. Segundo a concelleira socialista os políticos son os que teñen a última palabra e deben ter moi presente que @s usuari@s do bus non teñen porque padecer as consecuencias da mala xestión dos seus gobernantes á hora de desbloquear a solución a este problema.
Morenza acusou a Freire de faltar á verdade ó dicir que sempre foi ás reunión sobre o transporte metropolitano porque polo menos nunha ocasión en que o encontro se celebrou en Santiado coa conselleira María José Caride, o alcalde de Barbadás non acudía e o único representante de Barbadás que estaba era o voceiro do PSdeG, Xosé Carlos Valcárcel.
A edila socialista aludiu ós incumprimentos do propio alcalde en relación co transporte, pois en agosto de 2013 o PP apoiou unha moción para que de xeito provisional e á espera de que se puxera en marcha na área metropolitana, a veciñanza de Parada e Piñor podería beneficiarse da rebaixa no prezo do bus, tal e como ocorre noutras localidades do municipio.
A pesar de vivir a carón da empresa que ten adxudicada a liña de transporte, Freire non foi quen de negociar con Alfer un convenio. A insistencia dos Socialistas conseguiu “in extremis” un compromiso do alcalde, que é máis ben un brinde ó sol ou unha mostra de electoralismo de última hora. Freire asegurou que se antes das eleccións municipais non se poñía en marcha o transporte metropolitano, o Concello de Barbadás aplicará a rebaixa do prezo do bus para Parada e Piñor

Cláusulas sociais para os convenios

A unanimidade que presidiu tamén o debate neste punto non impediu os argumentos encontrados ó tratar das cláusulas sociais para convenios e concesións que asine o Concello de Barbadás. O rexedor, que na comisión informativa celebrada hai uns días tiña unha actitude distante coa proposta socialista acordou apoiala seguramente polo custo que a nivel cidadá podería conlevar unha postura en contra.
O voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel, explicou que Pero a situación que sofren actualmente as traballadoras de Linorsa afectan tamén ás condicións laboráis e que dificultan o desempeño do seu traballo con calidade e en ocasións de xeito digno para as operarias.
ü  Non hai auga quente na Casa do Concello, Casa da Xuventude, Casa de Cultura, Centro Empresarial, Novo Local Social de  Betraces e no Colexio do Ruxidoiro.
ü  Non existe máquina para limpar a cancha do Polideportivo e tense que facer con fregona.
ü  Hai centros de traballo nos que se reduciu a xornada laboral ( CET ).
ü  En todos os edificios ten aumentado considerablemente o número de usuarios e servizos manténdose as mesmas horas de traballo das operarias de limpeza. Esta situación resulta especialmente alarmante no Centro de Saúde da Valenzá, no Ruxidoiro e na Casa de Cultura.
ü  As traballadoras en moitas ocasións están realizando labores que non lles competen como é a limpeza de vidros. Esta actividade ten que ser desempeñada por un operario ó efecto (cristaleiros).
ü  A empresa non cubre as sustitucións por baixa ou vacacións axeitadamente dado que habitualmente reduce a xornada laboral.
ü  Hai centros de traballo ubicados na Valenzá nos que as operarias se ven obrigadas a acudir fora de súa xornada laboral, facendo horas extras non contempladas no contrato e sin remuneración.
Valcárcel considera que todas estas incidencias, sumadas ó feito do impago das nóminas, teñen que obrigar ó Concello a tomar medidas contundentes e definitivas en relación á empresa que presta o servizo.
Hai que sinalar que moitas administracións públicas xa teñen posto en marcha cláusulas sociais en diversos convenios dentro do seu ámbito de actuación como poden ser os Concellos de Oviedo, Bilbao, Girona, Getxo, Pamplona ou a  Deputación de Lugo.
Trátase de administracións de moi distintas cores políticos que asumen o reto de ter en consideración na contratación pública os criterios de índole social, éticos ou medioambientais.
Valcárcel modificou o segundo punto do acordo que agora especificará que se inicie unha investigación para verificar se a empresa cumpre as cláusulas do contrato.

O Grupo Socialista, ante a postura intransixente do alcalde de Barbadás de non aceptar mocións de urxencia, presentou preto de 40 rogos e preguntas para coñecer os pormenores da actividade cotiá do Concello e para facer propostas en positivo para mellorar aspectos relacionados co medio ambiente, a seguridade viaria, as zonas de esparcemento ou relativas ó gasto suntuoso da campaña de Nadal en xoguetes, calendarios, etc.







sábado, 10 de xaneiro de 2015

CLÁUSULAS SOCIAIS NAS CONCESIÓNS

O PSdeG PROPÓN QUE SE INSTALEN CLÁUSULAS SOCIAIS NAS CONCESIÓNS E CONVENIOS QUE REALICE O CONCELLO DE BARBADÁS


·        Segundo o voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel, deste xeito “queda garantido que a concesionaria cumpra coas súas obrigas laborais cos traballadores.      

·        Esta iniciativa foi presentada polo Grupo Municipal Socialista a raíz do conflito vivido entre a empresa Linorsa e as traballadoras que se encargan da limpeza das dependencias municipais

·        Valcárcel sinala que as cláusulas sociais contribúen a fortalecer a igualdade de sexos e a avanzar na aplicación de políticas sociais e na defensa dos dereitos de traballador@s, evitando, por exemplo, o impago de nóminas”.
·        A proposta foi presentada o 28 de decembro e nesa data a empresa aínda tiña pendente o pago do 50 % do salario do mes de novembro e a paga extra de Nadal só foi aboada nun 30 %.


·         Valcárcel lamenta que “todos estes retrasos repercuten directamente no día a día das traballadoras que teñen que facer fronte e de forma exquisitamente puntual coas súas obrigas (alugeres, hipotecas, etc).





Barbadás, 9 de xaneiro de 2015. O Grupo Municipal Socialista de Barbadás presentou unha proposta para implantar cláusulas sociais en todas as concesións, convenios e demais operación que realice o Concello de Barbadás. Segundo o voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel, deste xeito “queda garantido que a concesionaria cumpra coas súas obrigas laborais cos traballadores.
       A iniciativa do PSdeG está directamente relacionada co conflito vivido recentemente polas traballadoras da limpeza de dependencias municipais de Barbadás coa empresa Linorsa. Valcárcel inclúe na moción presentada que se inice un expediente sancionador contra a adxudicataria do servizo.
       Segundo o líder socialista “a introducción de cláusulas sociais debe servir para cambiar certas actitudes das empresas que se resisten a avanzar na aplicación de normativas que, sen ser obrigatorias, contribúen a fortalecer a igualdade de sexos e a avanzar na aplicación de políticas sociais e na defensa dos dereitos de traballador@s, evitando, por exemplo, o impago de nóminas”.
       Valcárcel refírese ás 10 persoas que perciben salarios “máis ben escasos (algún non supera os 150 € mensuais), pero que axudan a superar unha situación familiar moitas veces difícil”. O voceiro do PSdeG lembra que os incumprimentos coas traballadoras comezaron no mes de outubro de 2013 con pequeñas incidencias no pago das nóminas.
Estas anomalías van en aumento, detalla Xosé Carlos Valcárcel, de xeito que as nóminas de xullo e agosto de 2014 non son aboadas ás empregadas ata o mes de setembro. A partir desa data os retrasos son sistemáticos e continuados, reprocha o voceiro socialista.
       A proposta foi presentada o 28 de decembro e nesa data a empresa aínda tiña pendente o pago do 50 % do salario do mes de novembro. Segundo Valcárcel a paga extraordinaria de Nadal, só foi pagada nunha porcentaxe do 30 %. Para Valcárcel o máis grave é que “Ó parecer esta sitación vai seguir así ata o mes de marzo de 2015”.
       Valcárcel lamenta que “todos estes retrasos repercuten directamente no día a día das traballadoras que teñen que facer fronte e de forma exquisitamente puntual coas súas obrigas, pagando alugeres, hipotecas, etc e que ven como a súa calidade de vida empeora de xeito importante”.
       Segundo os Socialistas “esta situación é absolutamente intolerable en calquera empresa, pero moito menos nunha que presta un servizo para o Concello de Barbadás e que percibe puntualmente o importe establecido no convenio”.
 
Para calquera aclaración podedes chamar a Xosé Carlos Valcárcel (Voceiro socialista en Barbadás)- Tfno.:  605 08 18 98


Dirección da Páxina Web do PSdeG en Barbadás: www.barbadás.psoe.es
Facebook: Agrupación Socialista de Barbadás, Amigo Socialista de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, Victoria Morenza
Twiter: @cambiabarbadas, @xosevalcarcel, @vicmorenzadof
Blog: www.cambiabarbadas.blogspot.com



sábado, 3 de xaneiro de 2015

ITINERARIO DOS REIS MAGOS

REIS MAGOS EN BARBADÁS
Loiro- 16,00 horas
Bentraces: 16,30h
Sobrado- 17,00 h
Barbadás: 17,30 h
Lamas: 18,00
Piñor: 18,30 h
Parada: 19,00 h
Finca Fierro: 19,30 h
Valenzá: 20,00 horas- Casa da Xuventude

Mantendo o espíritu de colaboración
E en aras de informar
E de manter tamén a ilusión de nenos e nenas
Do Concello de Barbadás
Publicamos o itinerario dos REIS MAGOS
Aínda que botamos de menos que non pasen polo Fonsillón.....
En fin, seguro que ten unha explicación

DEVOLUCIÓN SIMBÓLICA DE CALENDARIOS COA PROPAGANDA DO PP

O Grupo Municipal Socialista fixo hoxe 2 de xaneiro de 2015

Unha devolución simbólica 
De calendarios e revistas da propaganda que o PP fixo chegar a tódalas
Vivendas do municipio
Esta devolución pretende pór de manifesto o malestar
Que existe coa decisión do PP de gastar diñeiro de tod@s
En facer publicidade partidista
Mentras moitas familias pasan dificultades

                    
  O Grupo Municipal Socialista composto polo voceiro, Xosé Carlos Valcárcel Doval, e polas concelleiras Victoria Morenza e María Presas, presentan un escrito de rexeitamento ante a distribución polo municipio de revistas e calendarios pagados con diñeiro público. Así mesmo, procedemos á devolución dalgúns exemplares para que de xeito simbólico quede evidenciado o desacordo con esta decisión.

Dona Victoria Morenza Doforno, na súa condición de concelleira do Grupo Municipal Socialista no Concello de Barbadás,  comparece e como mellor en Dereito proceda DI:

         Ante a petición realizada por cidadáns de diferentes lugares do municipio, facemos chegar unha serie de calendarios e revistas que foron distribuidas por decisión do grupo de goberno do PP, presidido por José Manuel Freire Couto.

         Unha parte da veciñanza trasladou ó Grupo Municipal Socialista a disconformidade con esta decisión e co gasto que supón en época de crise. Uns momentos de crise que se caracterizan  polas consecuencias do paro, os desafiuzamentos ou a pobreza enerxética  e polas dificultades de moitas familias para chegar a finais de mes.

         Fronte aos recortes en Sanidade (copago farmacéutico, por exemplo), educación pública e suba de taxas o Concello de Barbadás despilfarra 10.000 euros que só serven para “autobombo” do grupo do PP.


Por esta razón o PSdeG actúa de intermediario para manifestar o malestar ante o reparto por todo o municipio da revista e do calendario e ante o dispendio que supón gastar 10.000 euros de diñeiro público para destinalos a propaganda política en lugar de utilizalos en partidas con un claro contido social.

Dende o Grupo Socialista queremos lembrar a negativa do PP de Barbadás a aplicar políticas activas en relación cos máis prexudicados pola crise económica propostas dende o Grupo Municipal Socialista, mentras se malgastan fondos públicos en editar calendarios e revistas para facer propaganda electoral.



En Barbadás a 2 de xaneiro de 2015