martes, 22 de decembro de 2015

PREMIO ÓS MELLORES ESCAPARATES DE NADAL

OS MELLORES ESCAPARATES ELIXIDOS POLO PÚBLICO POR VOTACIÓN TELEMÁTICA RECIBEN OS PREMIOS
Os/as creativos dos establecementos recibiron o premio esta mañá da man do alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, e a concelleira de Comercio, Marga Pérez
Gaspar Ethan, de Ethan Estilismo

María Concepción Carbajo, de Artelandia

Mercedes Dorado, de Cafetería Kibú

Orixinalidade, creatividade e complexidade foron os factores que definiron que @s participantes na elección dos mellores escparates elixiran os tres premiados coma os mellores

Dende o Concello de Barbadás a concelleira da área Marga Pérez resalta o elevado nivel de tod@s @s participantes e a expectación que provocou o concurso

Pérez anticipou que en vindeiros anos seguirase mantendo a mesma liña de traballo “e visto o éxito que tivo a votación vía web do Concello de Barbadás manterase aberto este sistema de participación da veciñanza”







PAPÁ NOEL FAI ESCALA EN BARBADÁS

PAPÁ NOEL FARÁ UNHA LONGA VIAXE DENDE O POLO NORTE PARA TRAERLLE BOS DESEXOS E SORPRESAS A NENOS E NENAS DE BARBADÁS

Despois dun ano traballando arreo Santa Claus emprende unha longa viaxe para facer unha parada en Barbadás e coñecer de preto ós/ás nen@s do concello de Barbadás

Antes da longa noite que se aveciña na madrugada do día 25 Papá Noel coñecerá a nenos e nenas de Barbadás para recoller as súas peticións e corroborar cales son os seus xoguetes, monecos ou xogos preferidos

Papá Noel deixará aparcado o seu máxico trineo voador preto do pavillón municipal de Barbadás (ubicado xunto ó campo de fútbol dos Carrís, na Valenzá) para coñecer un a un e unha a unha a nenos e nenas que puxeron nel todas as súas ilusións

Esta toma de contacto será no polideportivo mañá martes día 22 a partir das 19,30 horas

Tod@s @s cativ@s que o desexen poderán coñecer de preto a Papá Noel antes de que chegue a noite máxica do Nadal e entre polas chemineas, os balcóns ou as ventanas e deixe os agasallos

Previamente a partir das 16,30 horas celebrarase no pavillón DIVERLANCIA: hinchables, wii, ping-pong e taller de maquillaxe para @s nen@s que acudan ás instalacións deportivas





venres, 11 de decembro de 2015

ACENDIDO DO NADAL EN BARBADÁS

@S NEN@S  DE BARBADÁS ACENDEN O NADAL
  • A cita será hoxe venres día 11 ás 19,00 horas na explanada do Mercadona
  • Todas as persoas que queiran participar no acendido simbólico do Nadal poden facelo, aínda que os verdadeiros protagonistas serán @s nen@s
  • Previamente desenrolarase na Casa da Xuventude unha serie de talleres de maquillaxe, globoflexia e ensaio de cancións
  • A iniciativa pretende involucrar á cidadanía no arranque do Nadal con este acendido simbólico
  • Este ano incrementouse o alumeado navideño co obxectivo de incentivar as compras no comercio local
  • Outra das finalidades é que @s nen@s e moz@s disfruten e se mergullen no ambiente navideño
  • O fin último é que a veciñanza disfrute do Nadal en Barbadás
  • Ademais de adornar un árbol de grandes dimensións (un almez), situado no centro neurálxico da Valenzá, engalanáronse as árbores da avenida de Celanova por primeira vez na historia do concello
  • Incrementouse tamén o alumeado navideño nos pobos do concello e fíxose unha reubicación dos arcos para que a veciñanza disfrute máis do alumeado e para que estean máis céntricos



martes, 1 de decembro de 2015

@S NEN@S ACENDERÁN O NADAL

OS/AS NEN@S DE BARBADÁS PULSARÁN O INICIO DO NADAL CO ENCENDIDO DO ALUMEADO NAVIDEÑO O DÍA 11 DE DECEMBRO

O PUNTO DE ENCONTRO SERÁ A EXPLANADA DO MERCADONA ÁS 7 DA TARDE

·         @s nen@ que acudan verán cómo a súa presenza enche de maxia todo o concello e serán os verdadeiros protagonistas do inicio do Nadal

·         Previamente, entre as 5 e 7 da tarde tod@s @s nen@s e moz@s que o desexen poden participar en obradoiros na casa da xuventude: globoflexia, maquillaxe e ensaio de cancións de Nadal

·         Marga Pérez, concelleira de Comercio, explicou hoxe na presentación da campaña de Nadal que “o obxectivo é incentivar as compras e acadar entre tod@s o valor que merecen os establecementos locais”.

·         Na cesta de Nadal, valorada en 1.000 euros, participan 42 establecementos e está composta de produtos e bonos de servizos moi variados

·         Paralelamente a este concurso desenrrólase outro para elixir os mellores escaparates entre os 30 establecementos que participan

·         O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destacou na presentación da campaña que “o comercio local é un eixe básico da economía de Barbadás porque mantén un gran número de postos de traballo”.

·         Valcárcel indica que na actualidade hai preto de 250 establecementos comerciais e “este goberno vai facer un esforzo importante por dinamizar este sector apostando por un apio firme que permita mellorar a súa actividade comercial e, por suposto, as vendas.

·          A concelleira de Servizos Públicos, Victoria Morenza, explicou que "o alumeado navideño é un dos elementos que contribúen a intensificar o ambiente de Nadal e por este motivo multiplicouse por 5 o investimento para este fin. Ademais de engalanar a coñecida árbore situada na rúa do Viso, fíxose unha aposta importante colocando alumeado de Nadal nas árbores da avenida de Celanova"

·         Na presentación estivo tamén Gonzalo Carballedo, un dos hosteleiros da Valenzá que participan na cesta de Nadal. Destacou a importancia de que se merque no comercio local nestas datas e durante todo o ano. Falou tamén da orixinalidade e variedade da cesta de Nadal.


Barbadás, 1 de decembro de 2015

A campaña de promoción do comercio local de Barbadás está deseñada para fomentar a participación da veciñanza para que merquen no municipio e para involucrar á cidadanía na elección dos mellores escaparates.

Marga Pérez, concelleira de Comercio, explicou hoxe na presentación da campaña de Nadal que “o obxectivo é incentivar as compras e acadar entre tod@s o valor que merecen os establecementos locais”. Pérez sinala que é fundamental “pór en valor o noso comercio local a través de actuacións para axudar e organizar dende o Concello de barbadás todas aquelas actividades que sexan necesarias, así como incrementar o asesoramento e a formación en todos aqueles temas que demandan @s comerciantes”

Na cesta de Nadal, valorada en 1.000 euros, participan 42 establecementos e está composta de produtos e bonos de servizos moi variados (manicura permanente, turrón, xoguetes, décimo de lotaría, masaxe relaxante, retrato a carboncillo, mochila, etc) cedidos polos participantes.

Todas as persoas que realicen as súas compras nestes establecementos recibirán rifas para o sorteo da cesta e o número gañador ten que coincidir cos 4 últimos díxitos do sorteo da lotaría do Neno.

Paralelamente a este concurso desenrrólase outro para elixir os mellores escaparates entre os 30 establecementos que participan. O xurado está composto por representantes das asociación veciñais e por todas as persoas que fagan as súas votacións telemáticamente a través da páxina web www.barbadas.es.

Establécense premios dotados con 200 euros á creatividade e orixinalidade, outro á iluminación e composición e un terceiro para un establecemento hosteleiro.

Na presentación estivo tamén Gonzalo Carballedo, un dos hosteleiros da Valenzá que participan na cesta de Nadal. Destacou a importancia de que se merque no comercio local nestas datas e durante todo o ano. Falou tamén da orixinalidade e variedade da cesta de Nadal.

O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destacou na presentación da campaña que “o comercio local é un eixe básico da economía de Barbadás porque mantén un gran número de postos de traballo”.

Valcárcel indica que na actualidade hai preto de 250 establecementos comerciais e “este goberno vai facer un esforzo importante por dinamizar este sector apostando por un apio firme que permita mellorar a súa actividade comercial e, por suposto, as vendas.

Para Valcárcel é importante “aproveitar a nosa proximidade a Ourense para pór en valor unha área cunha importante densidade comercial e con unha oferta moi variada”. Segundo o rexedor hai que ter en conta que “moi poucas zonas da capital teñen tantos establecementos comerciais nunha área tan reducida como A Valenzá.

A concelleira de Servizos Públicos, Victoria Morenza, falou da importante aposta que vai facer o Concello de Barbadás no alumeado navideño. “Nestas datas hai unha combinación armónica: infancia, comercio e Nadal. Para optimizar este triángulo máxico o Concello de Barbadás fixo unha aposta importante para crear un ambiente navideño que invite a quedarse no municipio a disfutar do ambiente navideño, a mercar no comercio local, a pasear polas rúas e participar nas diferentes actividades programadas para o Nadal”, afirma Morenza.

@s nen@s terán o máximo protagonismo no Nadal e serán os encargados de acender o alumeado navideño. A cita será o día 11 de decembro ás 19,00 horas na explanada do Mercadona, ó carón dunha grande árbore que foi engalanada para o Nadal.

Previamente, entre as 5 e 7 da tarde tod@s @s nen@s e moz@s que o desexen poden participar en obradoiros na casa da xuventude: globoflexia, maquillaxe e ensaio de cancións de Nadal. A tod@s @s participantes nestes talleres seralles entregada unha pandeireta.

Ás 7 da tarde estes e tod@s os nen@s do municipio poden participar no acendido simbólico do alumeado de Nadal. Morenza indica que “os nenos e nenas que acudan verán cómo a súa presencia enche de maxia todo o concello e serán os verdadeiros protagonistas do inicio do Nadal ó pulsar o botón que encherá de luz non só a emblemática árbore senón tamén as árbores da avenida de Celanova.
O alumeado navideño é un dos elementos que contribúen a intensificar o ambiente de Nadal e por este motivo multiplicouse por 5 o investimento para este fin. Ademais de engalanar a coñecida árbore situada na rúa do Viso, fíxose unha aposta importante colocando alumeado de Nadal nas árbores da avenida de Celanova. Esta é unha iniativa novidosa que contribuirá a incrementar o ambiente navideño. Adornaranse por primeira vez as árbores da avenida, un total de 53 para que a veciñanza de Barbadás disfrute das festas, para crear ambiente navideño e para promocionar o comercio local.

Toda a iluminación que se instalará será de baixo consumo, é dicir, confeccionada con bombillas led. Para extender a presencia do Nadal incrementaranse o número de arcos na Valenzá porque ademais dos que se colocarán na avenida, instalaranse a maiores outros nas zonas máis transitadas ou emblemáticas, como poden ser a Valenzá vella, a rúa Areal ou o paseo dos Amieiros.

Nas localidades do concello realizarase un aumento e unha reordenación dos tradicionais arcos para situalos en lugares máis céntricos, vistosos e de maior afluencia e tránsito. Trátase de elixir estratéxicamente a ubicación do alumeado navideño para que o disfrute o maior número de cidadáns e cidadás posible.