martes, 22 de decembro de 2015

PREMIO ÓS MELLORES ESCAPARATES DE NADAL

OS MELLORES ESCAPARATES ELIXIDOS POLO PÚBLICO POR VOTACIÓN TELEMÁTICA RECIBEN OS PREMIOS
Os/as creativos dos establecementos recibiron o premio esta mañá da man do alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, e a concelleira de Comercio, Marga Pérez
Gaspar Ethan, de Ethan Estilismo

María Concepción Carbajo, de Artelandia

Mercedes Dorado, de Cafetería Kibú

Orixinalidade, creatividade e complexidade foron os factores que definiron que @s participantes na elección dos mellores escparates elixiran os tres premiados coma os mellores

Dende o Concello de Barbadás a concelleira da área Marga Pérez resalta o elevado nivel de tod@s @s participantes e a expectación que provocou o concurso

Pérez anticipou que en vindeiros anos seguirase mantendo a mesma liña de traballo “e visto o éxito que tivo a votación vía web do Concello de Barbadás manterase aberto este sistema de participación da veciñanza”







Ningún comentario:

Publicar un comentario