xoves, 22 de agosto de 2013

De farola a papelera



Estamos en pleno século XXI
Nunha das vilas máis pobladas da provincia: A Valenzá
No centro deste barrio podemos atoparnos que non só non substitúen as farolas, senón que a DESIDIA do goberno do PP lévanos a esta imaxe fantasmagórica
Gobernar así cos ollos pechados debe ser sinxelo...
Igual de fácil que traballar a uns metros do concello
O alcalde, José Manuel Freire Couto, exerce de médico en Barbadás pobo, preto da casa consistorial.
Non necesita estar na casa do concello PORQUE XA RECIBE Á VECIÑANZA, ÓS EMPRESARIOS E OS/AS REPRESENTANTES VECIÑAIS NA CONSULTA DO CENTRO DE SAÚDE DA VALENZÁ
Simplemento VERGOÑENTO

mércores, 21 de agosto de 2013

Meses agardando por unha solución (Piñor)

San Lourenzo de Piñor: 1.000 habitantes

 Problemas: os mesmos que un pobo no que viven 20 persoas

 culpables: os xestores do PP, que non teñen ansia de arranxar cuestións que dan vergoña allea
Esta patética imaxe de desidia pode verse na estra de Toén

Ubícase preto o do campo da festa de piñor.

 Unha estrada pola que circulan diariamente centos de automobilistas, que non entenden por qué non se soluciona este problema de "supuración"....

¿HASTA CANDO HABERÁ QUE AGARDAR PARA QUE SE SOLUCIONE O PROBLEMA?



venres, 16 de agosto de 2013

RECLAMAMOS EXPLICACIÓNS SOBRE DEFICIENCIAS NAS PISCINAS


O Grupo Municipal Socialista ante as numerosas queixas recibidas incluso antes de que se abriran ó público as piscinas, volve presentar unha serie de preguntas que requiren aclaracións e explicacións por parte dos gobernantes municipais debido á importante afluencia de bañistas que asisten diariamente ás instalacións, fundamentalmente xóvenes e nen@s.

            Recentemente un cativo volveu sufrir un accidente debido á suposta falta de supervisión e dun inaxeitado mantemento do vaso pequeno da piscina. O brazo deste neno quedou atrapado na rexilla da piscina debido a que o sistema de seguridade non funcionou axeitadamente. Pero esta é só a punta do iceberg, posto que as deficiencias sobre as que alertan os bañistas son innumerables.

  A saturación que existe nas piscinas municipales de Barbadás, situadas na Valenzá, é un dos temas que máis preocupan ós Socialistas, motivo polo que queremos que se nos achegue o plan de emerxencia desta instalación, dando por feito que existe.

  Coa presentación desta batería de preguntas, o PSdeG pretende incidir na necesidade dunha intensificación das tarefas de mantemento e vixiancia das instalacións. Os Socialistas lembramos que a principios da tempada estival un problema co cloro provocou situacións incómodas para @s bañistas porque moit@ deles aparececeron con sarpullidos en todo o corpo por este motivo.

  Dende o Grupo Socialista queremos reprochar ó alcalde, José Manuel Freire, que non se tiveran en conta as propostas feitas polo Partido Socialista en relación coas piscinas ó inicio da tempada, pois a principios de xullo xa chamamos a atención sobre numerosas deficiencias nas instalacións debido a que se esvarava nas lousas, que había calvas no céspede e un buraco ó lado dos arbustos, que leva alí dende hai anos. Tamén indicamos que varios nen@s sairan das piscinas con queimaduras e cortes en cóbados, barriga e xeonllos. O PsdeG non recibiu dende entón ningún tipo de explicación nin aclaración respecto a esta situación, polo que nos vemos na obriga de facer unha relación sucinta das deficiencias detectadas á espera de que o goberno do PP as subsane.

           

  O Partido Socialista solicita formalmente ue o Alcalde faga unha serie de aclaracións e ofrezca explicacións ante a opinión pública sobre a situación das piscinas municipais:

 

·        ¿Ten o Concello coñecemento do incidente acontecido hai uns días no que un cativo foi vítima do mal funcionameto do sistema de seguridade dunha das rexillas da piscina?

·        ¿Vaise subsanar esta carencia para evitar que outr@s nen@s poidan bañarse sen medo de que queden os seus brazos ou mans atrapados nunha destas rexillas?

·        ¿Son sabedores os gobernantes locais de que ante feitos destas características estase culpando ós pais e nais de non vixiar axeitadamente ós/ás seus/súas fill@s?

·        É precisamente a vixiancia dos socorristas o que pode evitar este tipo de situacións. Pero no PsdeG temos recibido queixas de que durante máis de 2 horas a piscina estivo recentemente sen a presencia de un dos vixiantes. ¿Existe unha planificación por parte do goberno do PP para evitar que a piscina quede sen vixiancia algunha en momentos puntuais?

·        ¿Vanse substituir as baldosas rotas no interior do vaso pequeno?

·        ¿Existe un plan de emerxencia e evacuación específico para as piscinas municipais? De ser así, solicitamos que se nos facilite.

·        Ante os incidentes que teñen acontecido nas piscinas en anos anteriores, os profesionais teñen botado de menos un acceso rápido ás instalacións. ¿Existe unha zona para a accesibilidade de ambulancias dun xeito eficaz?

·        Ante a evidente saturación destas instalacións, o PsdeG quere saber se ¿existe un aforo limitado para os bañistas que poden acudir ás piscinas?

·        Preocúpanos tamén o estado dos baños, debido a que se rompeu unha ringleira de azulexos e unha nena cortouse. ¿Vaise facer unha labor de mantemento das instalacións, tal e como corresponde a un concello da entidade de Barbadás e tendo en conta o importante número de persoas que acuden diariamente?

·        As/os bañistas seguen chamando a atención sobre o inadecuado mantemento dos baldosíns que circundan ambos os dous vasos debido a que se producen esvaróns continuados. Preguntamos por enésima vez se se vai levar a cabo unha labor de tratamento destas losetas para que sexan antideslizantes.

·        As portas dos baños non teñen en moitos casos peche de seguridade. ¿Vaise subsanar esta deficiencia para protexer a intimidade dos bañistas?

·        ¿Están dispostos os gobernantes de Barbadás a dar as instruccións precisas para que as instalacións estean nunha situación de hixiene e comodidade para os usuarios? (hai que ter en conta que nos baños non existe a disposición dos bañistas algo tan básico coma papel hixiénico)

·        ¿As rexillas das duchas exteriores van ser LIMPADAS evitando a imaxe de deixadez que ofrece o verdín e o atascamento das mesmas?

·        ¿Vaise repor o céspede nas debidas condicións de calidade ó principio da vindeira tempada?

·        ¿O buraco situado ó carón dos arbustos vai desaparecer dunha vez por todas e despois das reiteradas peticións ó respecto feitas por bañistas e polo PsdeG?