domingo, 26 de outubro de 2014

PARA MELLORAR BARBADÁS POBO


O Grupo Municipal Socialista en Barbadás a través do seu voceiro, Xosé Carlos Valcárcel, presentou o pasado 27 de agosto unha serie de iniciativas relativas a melloras no pobo de Barbadás:

ü  Proceder á limpeza e desbroce inmediato da maleza da zona de xogo infantil no entorno do tanque do Regueiro.

ü  Realizar urxentemente unha limpeza da maleza no Camiño do Rosario e pechar cunha cancela a mina que está nas proximidades.


ü  No mesmo camiño existe unha tubería de augas fecais que verte á vía pública. Solicitamos se proceda o seu arranxo.

ü  Substituir os tubos que cubren o regato na Rúa Dámaso Montes por unha reixa  metálica que ofreza máis seguridade.


ü  Arranxar os desperfectos do cadro eléctrico ubicado na fonte do Regueiro. A actual situación supón un grave perigo para toda a cidadanía, especialmente cativos,  ó estar moi accesible.

ü  Arranxar o vial que une os barrios do Regueiro e A Cal.


ü  Proceder a asfaltar a Rúa Dámaso Montes dado o seu mal estado xeralizado.

ü  Reiterar  a petición realizada xa hai varios meses polo Grupo Socialista para solventar os problemas do Camiño dos Fornos á Igrexa.

Axúdanos a mellorar o noso concello, contacta con nós:
Ø  Páxina web: www.barbadás.psoe.es
Ø  Tfno.: 667  38 21 16
Ø      Facebook: Agrupación Socialista de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, Victoria         Morenza

Ø  Sede: Rúa do Areal 9 , A Valenzá (luns de 6 a 8 da tarde

luns, 6 de outubro de 2014

DEFICIENCIAS NO PARQUE DA SOLAINA

VALCÁRCEL ALERTA DA PASIVIDADE DO GOBERNO DO PP DE BARBADÁS ANTE A FALTA DE MANTEMENTO DOS PARQUES INFANTÍS DA VALENZÁ

·         Unha iniciativa do Grupo Socialista chama a atención sobre o mal estado dalgúns elementos das zonas infantís, en concreto do Parque da Solaina, ubicado a carón da casa da xuventude.

·        A raíz da denuncia feita polo voceiro do PSdeG de Barbadás precintouse o elmento de xogo e procedeuse ó seu arranxo.


·        Xosé Carlos Valcárcel lamenta a desidia do goberno de Freire ante o mantemento nas debidas condicións dos parques infantís


·        Valcárcel: “dende hai tempo tanto a veciñanza como os usuarios e usuarias consideran que presenta moitas carencias e demanda unha actuación inmediata de xeito que o parque sexa adaptado á normativa vixente, ademais de solventar as deficiencias actuais.

·        O elemento de xogo grande ó que se refire o voceiro socialista estivo varios días estropeado e exposto a ser usado pol@s cativ@s sen que se adoptaran medidas de seguridade


·         Valcárcel lamenta que teñan que ser as denuncias do Partido Socialista as que en moitas ocasións provoquen actuacións por parte do grupo de goberno do PP
Barbadás, 4 de outubro de 2014. A falta de mantemento dos parques infantís na Valenzá resulta preocupante, segundo apunta o voceiro do PSdeG en Barbadás. Xosé Carlos Valcárcel destaca que na Valenzá hai un elevadísimo número de nenos e nenas que acuden ás zonas de esparcemento infantil. Moitas delas non cumpren coa regulamentación vixente porque aínda non foron substituidos os elementos de xogo de ferro, como acontece no parque das Searas. Noutros casos as tarefas de mantemento brilan pola súa ausencia, coma o do tren e nalgunhas ocasións as zonas infantís teñen escasos elementos.
         Un dos parques máis utilizados da Valenzá é o da Solaina, situado a carón da casa da xuventude. É unha das máis amplas da Valenzá e das máis frecuentadas. Pero dende hai tempo “tanto a veciñanza como os usuarios e usuarias consideran que presenta moitas carencias e demanda unha actuación inmediata de xeito que o parque sexa adaptado á normativa vixente, ademais de solventar as deficiencias actuais”, sinala Valcárcel.
         O voceiro socialista presentou unha iniciativa ( o 13 de setembro) para que se subsanen as deficiencias que existen e, ó mesmo tempo, se mellore o parque:
·        Que se elimine o areiro e sexa substituido por unha cuberta de caucho ou goma neumática.
·        Que se instale un valado en torno a zona de xogo infantil.
·        Proceder ó arranxo da fonte de auga potable dado que perde e anega un amplo espazo do actual areeiro.
·        Arranxar o tobogán grande dado que ten varios madeiros e cadeas de amarre soltos sendo moi perigoso para os cativ@s.
·        Arranxar os bancos deteriorados (especialmente un ubicado perto da fonte ornamental) e os columpios astillados.
·        Instalar sinais indicando os tfnos dos servizos de emerxencia.

O elemento de xogo grande ó que se refire o voceiro socialista estivo varios días estropeado e exposto a ser usado pol@s cativ@s sen que se adoptaran medidas de seguridade. Foi a raíz da presentación da proposta do PSdeG cando o elemento foi precintado e finalmente arranxado hai tan só uns días.
     Valcárcel lamenta que teñan que ser as denuncias do Partido Socialista as que en moitas ocasións provoquen actuacións por parte do grupo de goberno do PP. O voceiro socialista advirte, con todo, que continuarán vixiantes co estado dos parques e seguirán denunciando deficiencias e reclamando unha atención máis pormenorizada, tendo en conta que se está a falar da seguridade das crianzas.




Dirección da Páxina Web do PSdeG en Barbadás: www.barbadás.psoe.es
Facebook: Agrupación Socialista de Barbadás, Amigo Socialista de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, Victoria Morenza
Twiter: @cambiabarbadas, @xosevalcarcel, @vicmorenzadof
Blog: www.cambiabarbadas.blogspot.com