mércores, 28 de outubro de 2015

PROBA ESCRITA PARA SELECCIÓN DE PERSOAL: 3 DE NOVEMBRO

DATA DA PROBA ESCRITA PARA A SELECCIÓN DE 4 OPERARIOS DE SERVIZOS MÚILTIPLES NO CONCELLO DE BARBADÁS

O vindeiro martes 3 de novembro de 2015, ás 12:00 hs., no Salón de Plenos do Concello de Barbadás, realizarase a proba escrita relativa ao proceso de selección para 4 Operarios de Servizos Múltiples. 

Os/as candidatos/as deberán presentar o seu NIF e toda a documentación requirida nas bases de selección das devanditas prazas.

A proba será tipo test, con preguntas de comprensión lectora, matemáticas e psicotécnicas, cunha valoración máxima de 1 punto.

SAMAÍN "DANCE"NO POLIDEPORTIVO

O POLIDEPORTIVO DE BARBADÁS ORGANIZA SAMAÍN “DANCE” PARA FOMENTAR A PARTICIPACIÓN CONXUNTA DE PAIS/NAIS CON FILLOS/AS

Barbadás, 28 de outubro de 2015

·        O pavillón municipal de Barbadás organiza para o xoves 29 de outubro unha actividade gratuita e dirixida á práctica do deporte en combinación co aspecto lúdico.

·        Este Samaín deportivo inclúe actividades para @s máis cativ@s e “dance” para as persoas adultas disfrazadas

·        A partir das 19,30 haberá hinchables, taller de maquillaxe e xogos para @s nen@s, que poderán disfrutar do Samaín ata as 20,30


·        Dende as 20,30 haberá “Samaín dance” para @s adult@s durante 1 hora

·        Como colofón da actividade ás 21,30 comeza a pasaxe do terror, tamén para adult@s


·        Esta actividade enmárcase nas clases gratuítas que se organizan dende o polideportivo para promocionar as instalación


luns, 26 de outubro de 2015

CONTRATACIÓN DE 4 PERSOAS PARA A EDUCACIÓN DUAL

O CONCELLO DE BARBADÁS CONTRATA 4 OPERARIOS PARA A FORMACIÓN DUAL EN XARDINERÍA E CARPINTERÍA

·       Os méritos puntuarán 4 puntos e terán en conta aspectos coma ser parados de longa duración ou ter persoas ó cargo

·       Este proxecto de formación e aprendizaxe está dirixido a persoas entre 16 e 30 anos


·       O salario bruto ó mes da formación dual será de 475 euros ó mes, pagas extraordinarias incluidas

·       A duración do contrato será de 1 ano e abarca dende o 13 de novembro de 2015 ata o 12 de novembro de 2016.

·        Os/as interesad@s en participar neste proceso selectivo deberán presentar as súas solicitudes antes do 30 de outubro nas oficinas municipais da Valenzá ou na casa do Concello de Barbadás.


Barbadás, 26 de outubro de 2015. A selección das 4 persoas que recibirán formación e aprendizaxe no Centro Empresarial Transfronteirizo farase en base ós seguintes criterios:
·        Ser parado de longa duración (0,25 puntos polos primeiros 12 meses; a partir de 12 meses a puntuación será de 0,25 por cada ano completo)= puntuación máxima 0,75 puntos
·        Os/As aspirantes con persoas a cargo (0,25 puntos por cda menor de 30 anos= puntuación máxima: 1 punto
·        Tamén se puntuarán parámetros como a percepción de prestación por desemprego, de subsidio  por estar desempregad@ ou a non percepción de axudas ou prestacións.
·        Asimesmo terán prioridade as persoas que non teñan título universitario ou FP de grao superior.
Estes méritos puntuarán ata un máximo de 4 puntos. Haberá ademais unha proba escrita na que se poderá obter unha puntuación máxima de 1 punto.
A contratación temporal destes 4 operarios de servizos múltiples (xardinería e carpintería) enmárcase no que se denomina formación profesional dual. Este tipo de formación ten como obxectivo a cualificación profesional do alumnado en combinación coa práctica profesional no posto de traballo. No caso de Barbadás as 4 persoas seleccionadas realizarán os traballos vinculados á aprendizaxe nas brigadas municipais de obras e xardinería.
Os/as aspirantes teñen que ter máis de 16 anos e menos de 30 e non se esixen requisitos académicos nin profesionais. O salario bruto ó mes da formación dual será de 475 euros ó mes, pagas extraordinarias incluidas.
A duración do contrato será de 1 ano e abarca dende o 13 de novembro de 2015 ata o 12 de novembro de 2016.
O contrato de formación e aprendizaxe abranguerá 40 horas semanais distribuidas entre un 72 % de traballo profesional, é dicir, práctico e un 28 por cento de formación teórica.
As persoas seleccionadas obterán o certificado de profesionalidade de traballos de carpintería e moble e o de actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería.
Os/as interesad@s en participar neste proceso selectivo deberán presentar as súas solicitudes antes do 30 de outubro nas oficinas municipais da Valenzá ou na casa do Concello de Barbadás.
Documentación a presentar:
ü Libro de familia
ü Certificado do Concello dos membros da unidade familiar que conviven no domicilio
ü Certificado de ser ou non beneficiario de prestacións por desemprego con data de setembro de 2015 ou posterior.
ü Informe de vida laboral das persoas entre 16 e 30 anos a cargo d@ interesad@
Documentación relativa á titulación:
§  Copia compulsada do DNI
§  Currículo vitae
§  Declaración xurada d@ solicitante de non estar en posesión dos certificados de profesionalidade que se ofertan (xardinería e carpintería).
No caso de que a persoa fora seleccionada deberá presentar no prazo de 2 días dende a comunicación da resolución a seguinte documentación:
-Tarxeta da seguridade social (se se posúe).
- Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade ou limitación física ou psíquica que impida o normal desempeño do posto de traballo.
- 1 fotografía tamaño carné.

- Declaración xurada de non atoparse en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibiliade sinaldas na lexislación vixente.


domingo, 25 de outubro de 2015

AUMENTA O SERVIZO DE PEDIATRÍA EN BARBADÁS

El centro de salud de A Valenzá tendrá un segundo equipo de pediatría en noviembre

El 26 % de la población infantil del municipio tienen menos de tres años
Ourense / La Voz, 23 de octubre de 2015. Actualizado a las 05:00 h. 0
265
0
0
0
El Sergas tienen previsto poner en marcha en noviembre un nuevo equipo de pediatría -médico especialista y enfermera- en el centro de salud de A Valenzá, en el municipio de Barbadás.
Con la creación de estas dos nuevas plazas adscritas al centro los vecinos dispondrán de este servicio todos los días de la semana en horario de mañana y tarde. Hasta el momento pediatría funcionaba con un solo equipo en días alternos.
Una oferta que los padres han calificado en alguna ocasión de escasa para atender a una de las pocas poblaciones ourensanas con crecimiento vegetativo en positivo; es decir, en la que nacen más personas al año de las que fallecen.
El Sergas explica su decisión de doblar la oferta pediátrica en A Valenzá precisamente en esa realidad y en la previsión de que en el futuro la demanda de esta especialidad siga aumentando ya que de los 1.395 censados en el colectivo infantil -hasta los 14 años- el 26 % está por debajo de los 36 meses. De los 14 controles que establece el programa Neno San, 10 se realizan entre el nacimiento y los tres años.
De hecho, y en previsión del peso de esa población infantil, en el nuevo centro de salud que se está construyendo en la localidad la gerencia sanitaria ourensana ya tenía previstas dos consultas de pediatría.
Una enfermera menos en Xinzo
Por otro lado, Comisiones Obreras denuncia la reestructuración de plazas de enfermería en el centro de salud de Xinzo. Una de las dos enfermeras pediátricas pasa a atender a adultos para cubrir una jubilación, critican.

Denuncian que padres cambian de pediatra para no ir a una de Maceda

El PSOE convocó ayer una rueda de prensa para denunciar los problemas surgidos con una pediatra en Maceda que, aseguran, se viene arrastrando desde hace unos años. Una madre explicó que ha cambiado a su hijo de pediatra, algo que según dicen han hecho muchos más padres. El Sergas, por su parte, recuerda a los usuarios que existen canales para oficializar sus quejas o reclamaciones y les anima a usarlos.

PIÑOR VE MELLORADAS AS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

San Lorenzo de Piñor ve melloradas as súas instalacións deportivas

Coa instalación de 2 canastas de baloncesto

E a colocación de redes nas porterías de futbito

Aténdese así a petición d@s moz@s que ven de anos atrás


xoves, 22 de outubro de 2015

INFORMACIÓN SOBRE A APLICACIÓN DE PRODUTOS FITOSANITARIOS

UNHA CHARLA INFORMATIVA ACLARA DÚBIDAS SOBRE A APLICACIÓN DE PRODUTOS FITOSANITARIOS
·        Na conferencia informouse tamén de cuestións relacionadas co carné de profesionalidade

·        O poñente da charla mantivo unha postura interactiva cos e coas participantes e fóronse aclarando dúbidas en torno a aplicación destes produtos.

·        O responsable da área de Medio Ambiente, Rafael Sierra, explica que unha das vantaxes de obter o carné de profesionalidade “beneficiarase de descontos na compra de produtos fitosanitarios profesionais porque se lles aplica un IVE reducido”

·        Con todo, as persoas que desexen obter este carné terán que asistir a un curso e superar un exame posterior.

·        Esta segunda fase na formación para aplicar produtos fitosanitarios realizarase no concello de Barbadás nos vindeiros meses.

Barbadás, 22 de outubro de 2015
Unha trintena de persoas asistiron a unha charla informativa sobre a aplicación de produtos fitosanitarios impartida no Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás o pasado martes.
Nesta ponencia organizada pola Concellería de Medio Ambiente e dirixida á veciñanza do municipio de Barbadás tratáronse cuestións como a normativa vixente, aplicación de tratamentos insecticidas, herbicidas, funxicidas. Etc.
Esta charla foi impartida por persoal técnico do Servizo de Explotacións Agrarias, dependente da Consellería do Medio Rural.
O poñente da charla mantivo unha postura interactiva cos e coas participantes e fóronse aclarando dúbidas en torno a aplicación destes produtos.
O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destaca que “hai que ter presente as repercusións que pode ter sobre a cidadanía e a súa saúde un mal uso deste tipo de produtos”. Valcárcel asegura que “este tipo de conferencias enmárcanse na preocupación que existe no goberno de Barbadás por crear unha conciencia medioambiental entre a veciñanza”
O concelleiro de Medio Ambiente, Rafael Sierra, destaca a importancia deste tipo de charlas porque “unha das cuestións que suscitou máis dúbidas foi a necesidade ou non de ter carné de profesionalidade”. O edil de Medio Ambiente afirma que a charla foi importante para aclarar que para aplicar este tipo de produtos non é preciso este carné, “xa que nos lugares de venda de produtos fitosanitarios vai haber este tipo de substancias destinadas única e específicamente para uso en xardinería doméstica. Engade que, pola contra, vai ser necesario este carné para aplicar produtos para profesionais”.
É importante ter en conta que existe unha similitude entre ambos tipos de produtos para xardinería doméstica e a profestional, “é dicir, os efectos son prácticamente os mesmos”, indica Sierra. Con todo, as persoas que desexen obter este carné terán que asistir a un curso e superar un exame posterior. Esta segunda fase na formación para aplicar produtos fitosanitarios realizarase no concello de Barbadás nos vindeiros meses. Deste xeito a veciñanza interesada non terá que desprazarse para obter o carné de profesionalidade.
O responsable da área explica que unha das vantaxes de obter o carné de profesionalidade “beneficiarase de descontos na compra de produtos fitosanitarios profesionais porque se lles aplica un IVE reducido. Ademais as persoas que o obteñan deberán levar un rexistro exhaustivo con datas e nome dos produtos aplicados”. Deberán tamén levar os recipientes baleiros a un punto de recollida de envases perigosos onde se lle entregará un xustificante de recollida.




venres, 2 de outubro de 2015

MELLORAS NA PISTA DEPORTIVA DE PARADA

A PISTA DEPORTIVA DA ALAMEDA DE PARADA TEN UNHA IMAXE RENOVADA COA INSTALACIÓN DE REDES NA CANASTRA DE BALONCESTO E NAS PORTERÍAS DE FUTBITO

  • O estado da zona deportiva do pobo de Parada queda así remozado coa mellora nas instalacións

  • A Concellería de Deportes, xestionada por Adrián Varela iniciou unha liña de investimentos nas zonas deportivas do medio rural

  • A renovación de redes era necesaria debido ao mal estado que amosaban as anteriores

  • Na colocación das redes estivo a concelleira do PSdeG por Parada Marga Pérez que destacou a necesidade de mellorar a infraestrutura deportiva