luns, 26 de outubro de 2015

CONTRATACIÓN DE 4 PERSOAS PARA A EDUCACIÓN DUAL

O CONCELLO DE BARBADÁS CONTRATA 4 OPERARIOS PARA A FORMACIÓN DUAL EN XARDINERÍA E CARPINTERÍA

·       Os méritos puntuarán 4 puntos e terán en conta aspectos coma ser parados de longa duración ou ter persoas ó cargo

·       Este proxecto de formación e aprendizaxe está dirixido a persoas entre 16 e 30 anos


·       O salario bruto ó mes da formación dual será de 475 euros ó mes, pagas extraordinarias incluidas

·       A duración do contrato será de 1 ano e abarca dende o 13 de novembro de 2015 ata o 12 de novembro de 2016.

·        Os/as interesad@s en participar neste proceso selectivo deberán presentar as súas solicitudes antes do 30 de outubro nas oficinas municipais da Valenzá ou na casa do Concello de Barbadás.


Barbadás, 26 de outubro de 2015. A selección das 4 persoas que recibirán formación e aprendizaxe no Centro Empresarial Transfronteirizo farase en base ós seguintes criterios:
·        Ser parado de longa duración (0,25 puntos polos primeiros 12 meses; a partir de 12 meses a puntuación será de 0,25 por cada ano completo)= puntuación máxima 0,75 puntos
·        Os/As aspirantes con persoas a cargo (0,25 puntos por cda menor de 30 anos= puntuación máxima: 1 punto
·        Tamén se puntuarán parámetros como a percepción de prestación por desemprego, de subsidio  por estar desempregad@ ou a non percepción de axudas ou prestacións.
·        Asimesmo terán prioridade as persoas que non teñan título universitario ou FP de grao superior.
Estes méritos puntuarán ata un máximo de 4 puntos. Haberá ademais unha proba escrita na que se poderá obter unha puntuación máxima de 1 punto.
A contratación temporal destes 4 operarios de servizos múltiples (xardinería e carpintería) enmárcase no que se denomina formación profesional dual. Este tipo de formación ten como obxectivo a cualificación profesional do alumnado en combinación coa práctica profesional no posto de traballo. No caso de Barbadás as 4 persoas seleccionadas realizarán os traballos vinculados á aprendizaxe nas brigadas municipais de obras e xardinería.
Os/as aspirantes teñen que ter máis de 16 anos e menos de 30 e non se esixen requisitos académicos nin profesionais. O salario bruto ó mes da formación dual será de 475 euros ó mes, pagas extraordinarias incluidas.
A duración do contrato será de 1 ano e abarca dende o 13 de novembro de 2015 ata o 12 de novembro de 2016.
O contrato de formación e aprendizaxe abranguerá 40 horas semanais distribuidas entre un 72 % de traballo profesional, é dicir, práctico e un 28 por cento de formación teórica.
As persoas seleccionadas obterán o certificado de profesionalidade de traballos de carpintería e moble e o de actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería.
Os/as interesad@s en participar neste proceso selectivo deberán presentar as súas solicitudes antes do 30 de outubro nas oficinas municipais da Valenzá ou na casa do Concello de Barbadás.
Documentación a presentar:
ü Libro de familia
ü Certificado do Concello dos membros da unidade familiar que conviven no domicilio
ü Certificado de ser ou non beneficiario de prestacións por desemprego con data de setembro de 2015 ou posterior.
ü Informe de vida laboral das persoas entre 16 e 30 anos a cargo d@ interesad@
Documentación relativa á titulación:
§  Copia compulsada do DNI
§  Currículo vitae
§  Declaración xurada d@ solicitante de non estar en posesión dos certificados de profesionalidade que se ofertan (xardinería e carpintería).
No caso de que a persoa fora seleccionada deberá presentar no prazo de 2 días dende a comunicación da resolución a seguinte documentación:
-Tarxeta da seguridade social (se se posúe).
- Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade ou limitación física ou psíquica que impida o normal desempeño do posto de traballo.
- 1 fotografía tamaño carné.

- Declaración xurada de non atoparse en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibiliade sinaldas na lexislación vixente.


Ningún comentario:

Publicar un comentario