venres, 20 de novembro de 2015

@S ESCOLARES PROTAGONIZAN UN PLENO

81 ALUMNOS DOS COLEXIOS PÚBLICOS DE BARBADÁS PROTAGONIZARÁN PLENOS INFANTÍS PARA ACHEGAR ÁS/ÓS NEN@S Á INSTITUCIÓN MUNICIPAL

Alumnos dos colexios Filmena Dato e Ruxidorio participarán en decembro na celebración de sesións plenarias para coñecer de cerca o funcionamento do Concello de Barbadás

Barbadás, 20 de novembro de 2015

  • ·       A iniciativa está promovida pola Concellería de Educación e conta coa colaboración dos colexios públicos e pretende que @s nen@ coñezan de xeito simbólico o funcionamento dunha sesión plenaria

  • ·       Nos plenos infantís, que se celebrarán o día 9 de decembro para alumn@s do Filomena Dato e o día 15 para os do CEIP Ruxidoiro participarán 81 escolares de 6º de primaria

  • ·       A concelleira de Educación, Marga Pérez, explica que “a labor didáctica iniciarase moito antes nas aulas, onde o equipo docente será o encargado de preparar ó alumnado para a visita”

  • ·        Nos propios centros educativos @s nen@s crearán os seus partidos políticos, levarán a cabo unha elección de 16 “pequen@s” concelleir@s e prepararán as súas propias mocións, sinala Marga Pérez

  • ·        día da celebración dos plenos infantís serán recibidos á súa chegada ó Concello polo actual alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, pola concelleira de Educación, Marga Pérez e a Secretaria, Silvia Alonso, quen será a súa guía polas instalacións da casa consistorial

  • ·        percorrido finalizará coa celebración do pleno infantil, no que @s nen@s serán investid@s concelleir@s e presentarán e debaterán o que desexan para o seu concello para finalizar a visita cunha merenda saudable

  • ·        A edil de Eduación anticipa que esta actividade é a primeira dunha serie de saídas didácticas que a Concellería de Educación pretende realizar co alumnado dos colexios públicos de Barbadás


xoves, 19 de novembro de 2015

RALLYMIX EN BARBADÁS ESTA FIN DE SEMANA


56 AUTOMOBILISTAS PARTICIPAN NO RALLYMIX BARBADÁS 2015

Barbadás, 19 de novembro de 2105
·        A segunda edición do rallymix de Barbadás será puntable para o campionato de Galicia
  • ·        Na presentación estiveron Ivan Corral, Presidente da Federación Galega de Aubomobilismo, Juan Carlos Villanueva, Presidente do Comité organizador, Adrián Varela, concelleiro de Deportes e Victoria Morenza, concelleira de Urbanismo
  • ·        Iván Corral destacou a importancia dunha competición que atrae a un importante número de siareiros. Resaltou ademais que este é un tipo de proba moi interesante e que ten moita afición, “como quedou demostrado o ano pasado”
  • ·        Corral opina que Barbadás é un municipio privilexiado por contar con unha proba á que aspiran concellos de toda Galicia por ser un tipo de competición atractivo non só para @s espectador@, senón tamén para @s propi@s participantes
  • ·        Juan Carlos Villanueva (Marabú), presidente do Comité organizador, explicou os pormenores do rallye que se desenrolará os días 21 e 22 de novembro, é dicir, esta fin de semana
  • ·        Villanueva sinala que a proba consta dun percorrido de 7,4 quilómetros, dos cales 5,7 corresponden a un treito cronometrado por pistas de terra/asfalto e 1,7 quilómetros a un tramo neutralizado e pechado ó tráfico entre A Valenzá (Rúa da Paz) e o parque de traballo
  • ·        Marabú precisa que “o rallye celébrase por rúas e pistas de titularidade municipal, en concreto polas rúas Cimadevila, Carreira e Rosales e polos camiñós de Sobrado e da Moura de Arriba”
  • ·        No rallye están permitidos os seguintes tipos de vehículos: carcross, quad biplazas, autocross e tódolos vehículos permitidos no regulamento do Campionato de Rallyes 2015
  • ·        concelleiro de Deportes, Adrián Varela, falou na presentación da importancia de que Barbadás conte con unha proba destas características polo pulo a nivel deportivo e pola dinamización a tódolos niveis (turístico, sociocultural e mesmo para a economía local da zona)
  • ·        Morenza sinalou que o Concello de Barbadás apoia loxísticamente a celebración da proba coa posta a disposición dos medios humanos como poden ser a Policía Local, Protección Civil, persoal da brigada de Obras e do Servizo de mantemento eléctrico
  •  
  •  


venres, 13 de novembro de 2015

ELIXE OS 3 MELLORES ESCAPARATES

OS/AS VECIÑ@S DE BARBADÁS PODERÁN ELIXIR TELEMATICAMENTE O MELLOR ESCAPARATE DO NADAL

Os establecementos comerciais e hosteleiros poderán demostrar as súas dotes creativas a través do concurso de escaparates

·       A páxina web do Concello de Barbadás habilitará un formulario onde a veciñanza poderá votar telemáticamente ós 3 mellores escaparates

·       A temática do concurso de escaparates xirará en torno ó Nadal con total liberdade en técnica e estilo

·       Valoraranse elementos como como a creatividade, a orixinalidade, a combinación de elementos e cores, así como a iluminación e a composición

·       Naqueles casos nos que os establecementos hosteleiros non teñan escaparate, tomarase coma referencia á hora de puntuar a decoración interior

·       O prazo de inscrición de comerciantes e hosteleir@s para participar no concurso de escaparates 2015 finaliza o luns día 16 de novembro

·       Haberá 3 modalidades de premios: 200 euros á creatividade e orixinalidade, a mesma contía para o escaparate que teña a mellor iluminación e composición e outro premio de 200 € para o establecemento hostaleiro mellor decorado

·       O xurado estará composto por un/unha representante de cada asociación vecinal, por un/unha membro do colectivo de comerciantes/hosteleir@s e por unha persoa en representación do Concello de Barbadás, ademais da participación vía telemática

·       A decisión do xurado terá un 50% de peso na adxudicación de premios, mentras que a votación popular terá o outro 50%

·       A votación efectuarase entre os días 11 ó 20 de decembro tanto as que realice o xurado como as procedentes da veciñanza pola vía telemática


·       Os/as veciñ@s poderán achegar as súas valoracións ademais de telematicamente por outras vías: por escrito á dirección Centro Empresarial Transfronteirizo, 25, Camiño de Pontón, Barbadás; por mail a cet@barbadás.es; por fax ó 988360413 ou en man

xoves, 5 de novembro de 2015

CONTRATACIÓN DE 2 AUXLIARES DE AXUDA NO FOGAR- CONCELLO DE BARBADÁS

BASES PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL TEMPORAL DE DOUS AUXILIARES DE
AXUDA NO FOGAR.
1.- Teñen por obxecto as presentes bases a contratación laboral temporal polo sistema de concurso de
méritos, de dous auxiliares de axuda no fogar.
2.- Duración dos contratos:
O contrato iniciarase o 01 de xaneiro e rematará o 31 de decembro de 2015.

Os seleccionados realizarán as labores correspondentes ó seu posto de traballo no horario en xornada de mañá ou tarde, ou mañá e tarde, sinalado ó efecto pola Concellería responsable. Entre as súas funcións figuran: Hixiene e cambios posturais de encamados, apoio na mobilidade dentro do fogar, axuda para levantarse e deitarse, acompañamento de visitas médicas,axudas para vestirse, espirse e calzarse, e labores de limpeza do fogar e lavado de roupa, así como a preparación da comida, entre outras.

Deste xeito, a relación rexerase pola lexislación laboral e o contrato que se lles realizará as persoas
seleccionadas redactarase o abeiro do RD 2720/1998 do 18 de decembro polo que se desenvolve o artigo 15 do estatuto dos traballadores en materia de contratos de duración determinada.
Para afronta-lo presente gasto existe consignación orzamentaria suficiente no vixente Presuposto de gastos.

3.-O aspirante deberán reunir os seguintes requisitos para participaren no concurso:
Os requisitos dos aspirantes serán os seguintes:

a) Nacionalidade.- Te-la nacionalidade española. Ademais, e consonte co establecido na Lei 17/1993, do 23 de decembro, poderán accede-los nacionais dos demais estados membros da Unión Europea, así como os estranxeiros que reúnan a condición de cónxuxes de españois ou de nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, e os seus descendentes e os do seu cónxuxe- sempre que non estean separados de dereito- menores de 21 anos ou maiores que vivan ás súas expensas. As mesmas regras aplicaranse, de se-lo caso, ás persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais realizados pola Comunidade Europea e ratificados por España, nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
Ademais das persoas sinaladas no parágrafo anterior, poderán acceder a ela os estranxeiros que se atopen residindo en España, de acordo co previsto no artigo 10.2 da vixente Lei orgánica de dereitos e liberdades dos estranxeiros en España.

b) Idade.- Ter cumpridos dezaseis anos de idade e non excede-la idade máxima de xubilación forzosa.

c) Titulación.- Estar en posesión do Título de Certificado de Escolaridade, e deberán estar en posesión do Título de Formación Profesional de Grao Medio de Atención Sociosanitaria ou equivalente, regulado no Concello de Barbadás. Cimadevila nº 1 32890 Barbadás Telf. 988360000 Fax 988360401 Cif: P-3200900-C CONCELLO DE BARBADÁS
Real Decreto 496/2003, do 2 de maio, ou en posesión do Certificado de Profesionalidade de Atención
Sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, regulado no Real Decreto 1379/2008, do 1 de agosto, polo que se establecen os certificados de profesionalidade da familia profesional de servizos socioculturais e á comunidade. Cando se aleguen equivalencias de títulos achegarase, no seu día, certificado para o efecto da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

d) Capacidade funcional: Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

e) Habilitación: non ser separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das
administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.
No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmo termos, o acceso ó emprego público.

4.- Presentación de Solicitudes:
Os interesados deberán presentar as solicitudes no Rexistro Xeral do Concello ata as 13.00 horas do sétimo día natural seguinte ó da publicación do correspondente anuncio nun dos diarios de maior circulación, mediante instancia dirixida ó Sr. Alcalde, achegando a seguinte documentación:
- A titulación esixida para participar no concurso.
- Fotocopia compulsada do D.N.I.
- Declaración xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo do
Estado, Comunidades Autónomas o Entidades Locais, nin de atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.
- Relación de méritos que alega, e documentos xustificativos dos mesmos en orixinal ou
fotocopia compulsada.
- Certificación de traballos realizados ata a data en tarefas similares as do posto ofertado, para
determina-la experiencia.

5.- Son méritos a valorar para a selección:

O baremo aplicado na valoración de méritos xerais será o seguinte:
Concello de Barbadás. Cimadevila nº 1 32890 Barbadás Telf. 988360000 Fax 988360401 Cif: P-3200900-C CONCELLO DE BARBADÁS

I) Experiencia profesional.- Por ter desempeñado idéntico ou similar posto de traballo, ata un
máximo de 5 puntos. A experiencia profesional acreditarase mediante un informe da vida laboral,
acompañadas dos contratos correspondentes ou certificados de empresa.

a) Por cada mes de servizos prestados nas administracións públicas , 0,125 puntos ata un máximo de
2,50 puntos

b) Por cada mes de servizos prestados no sector privado, 0,125 puntos por mes, ata un máximo de
2,50 puntos.

II) Formación especializada.- Pola realización de cursos ou xornadas RELACIONADAS CON
CONTIDO DO POSTO DE TRABALLO, ata un máximo de 3 puntos.
a) Cursos de máis de 50 horas, 0,25 puntos por curso, ata un máximo de 1,50 puntos.
b) Cursos de menos de 50 horas, 0,15 puntos por curso, ata un máximo de 1,00 puntos.
c) Por xornadas, diplomas, etc., 0,10 puntos, ata un máximo de 0,50 puntos.

III) Titulación.- Por titulación superior á esixida para o desempeño do posto:

a) Título académico superior ó esixido, da mesma rama e especialidade, ou relacionado
co traballo desenvolto, valorarase o grao superior acreditado con 0,50 puntos.

b) Títulos ou certificados profesionais, carnés, etc., superiores ós esixidos, pero da mesma
rama e especialidade, 0,5 puntos.

c) -Por coñecemento acreditado do idioma galego por cursos, computarase unicamente o
grao superior alegado:
. Curso de iniciación ó galego, 0,10
. Curso de perfeccionamento, 0,20
. Curso básico, 0,30
. Curso medio, 0,40
. Diploma de tradutor de linguaxe administrativa, 0,50
- Por coñecemento acreditado do idioma galego a través de títulos CELGA, computarase
unicamente o grao superior alegado:
. CELGA 1: 0,10
. CELGA 2: 0,20
. CELGA 3: 0,30
. CELGA 4: 0,40
Concello de Barbadás. Cimadevila nº 1 32890 Barbadás Telf. 988360000 Fax 988360401 Cif: P-3200900-C CONCELLO DE BARBADÁS
.CELGA 5: 0,50
O coñecemento do idioma galego, soamente será puntuado nunha das dúas modalidades de acreditación expostas.
Á vista do resultado final, o tribunal proporá para a contratación ós/ás aspirante que obtiveran as dúas
maiores puntuacións. Tra-lo proceso de selección e á vista da proposta que formule o tribunal cualificador, o Alcalde, no exercicio das competencias que lle corresponden en materia de contratación de persoal, subscribirá o correspondente contrato laboral co/a aspirante proposto/a polo tribunal, que pasará a ter a condición de persoal laboral de contratación temporal a cargo deste Concello.

O acordo definitivo de contratación que adopte Alcaldía será publicado no taboleiro de anuncios do
concello, para coñecemento de tódolos/as aspirantes, que poderán interpoñe-los recursos previstos na
vixente lexislación.

Ata que se formalice o mesmo, o/a aspirante non terá dereito á percepción económica algunha.

6.- Os candidatos seleccionados deberán, con carácter obrigatorio e previo a súa contratación, achegar
informe médico de non padecer enfermidade nin defecto físico que lle incapacite para o exercicio das súas
tarefas, expedido pola mutua que ten contratados os servizos médicos deste Concello.
Barbadás, 20 de outubro de 2015
O ALCALDE
Concello de Barbadás. Cimadevila nº 1 32890 Barbadás