domingo, 22 de febreiro de 2015

VALCÁRCEL: LISTA RENOVADA NUN 60 %


XOSÉ CARLOS VALCÁRCEL É ELIXIDO CANDIDATO Á ALCALDÍA DE BARBADÁS POLO PSdeG

Barbadás, 22 de febreiro de 2015

Valcárcel é o actual voceiro do Grupo Municipal e Secretario Xeral da agrupación socialista

Nunha asemblea celebrada o pasado xoves a última hora da tarde Xosé Carlos Valcárcel foi elixido por aclamación pol@s compañeir@s.
Xosé Carlos Valcárcel presentou a candidatura coa que concorrerán os Socialistas ás eleccións municipais de 24 de maio. O líder do PSdeG insistiu na importancia de renovar as listas electorais e de presentar ante a veciñanza un proxecto baseado no cambio no xeito de gobernar. Para Valcárcel é fundamental que formen parte da candidatura persoas que representen o sentir de tódolos colectivos, de todo o territorio do municipio de Barbadás e
de tódalas franxas de idade.
            No transcurso da asemblea abordáronse aspectos relacionados coa estratexia a seguir nas vindeiras semanas. O voceiro do PSdeG falou da importancia de manter a mesma liña de traballo baseada na cercanía á veciñanza e na implicación real de concelleir@s, militantes e simpatizantes no día a día do que acontece en Barbadás, sen perder de vista as inquedanzas da cidadanía e as necesidades máis apremiantes para un municipio que non acaba de despegar no que a dotacións básicas se refire.
            Valcárcel aludiu tamén ó feito de que foi o PSdeG de Barbadás o que propiciu que o alcalde de Barbadás durante 28 anos se retire da vida pública. Referiuse en concreto á presentación da denuncia por parte de Valcárcel acusando a Freire Couto de presunta prevaricación.
Valcárcel destaca que o 60 % das persoas que compoñen a candidatura son novas incorporacións, o que demostra a renovación que caracteriza á lista electoral do PSdeG.

Sinalou tamén que a xuventude é outro dos factores que preside o equipo de persoas que pivotarán un proxecto cuxa idea fundamental é introducir unha idea de cambio para Barbadás. A media de idade ronda os 35 anos. Outra das características da candidatura é a presencia de persoas de prácticamente todo o territorio municipal e unha parte destacable de candidat@s vencellados ó mundo do deporte.

mércores, 11 de febreiro de 2015

NOVO EXEMPLO DE DISPENDIO: A GALA DRAG QUEEN

OS SOCIALISTAS DE BARBADÁS ASEGURAN QUE A GALA DRAG QUEEN É INNECESARIA, UNHA MOSTRA DE DESPILFARRO E UNHA OFENSA  HACIA UNHA PARTE DA VECIÑANZA

·        Os Socialistas de Barbadás lamentan que o grupo de goberno do PP volva dar mostras dunha política de despilfarro ó organizar un concurso de drag queen.


·         Dende o PSdeG o seu voceiro, Xosé Carlos Valcárcel, asegura que esta é unha mostra máis na cadea de dispendios “ós que nos teñen acostumados os gobernantes do PP·

·        Valcárcel reprocha que nos últimos meses se “estea dilapidando diñeiro público para potenciar a figura da candidata do PP á alcaldía, Consuelo Vispo”. Segundo o líder socialista “este é un xeito deplorable de dar a coñecer á delfina de Freire Couto


·        Para os Socialistas o Entroido de Barbadás está perfectamente dignificado a través do desfile do martes de carnaval, unha cita ineludible á que acuden centos de persoas da comarca e incluso doutras provincias, polo que “facer experimentos co diñeiro da veciñanza constitúe unha falta de respecto”, sinala Valcárcel.

·        O voceiro socialista insiste, ó igual que ten feito nos últimos meses, na importancia de recorrer á austeridade á hora de xestionar diñeiro público e lembra a difícil situación pola que están atravesando moitas familias do municipio.

·        “Unha nova mostra de recorrer á propaganda política para obter réditos electorais”. Esta é a definición da política cultural do PP cando toma este tipo de decisións, deplora Valcárcel, para quen este tipo de galas demostran “o seu egoísmo e un esquecemento polos problemas reais da sociedade”.

·        Este tipo de programacións festivas son innecesarias cando hai persoas que teñen dificultades non só para chegar a fin de mes, senón para facer 3 comidas ó día, para pagar a luz, a calefacción, é dicir, “hai cidadáns que pasan fame e frío mentras Freire decide gastar en premios nesta gala drag queen 2.300 euros.

·        Dende o Grupo Socialista recalcan que esta contía representa tan só o que se destina a premios e non se inclúe o custo global da organización dun evento innecesario.

·        Son críticos ademais os Socialistas co feito de tentar encorsetar o Entroido nun lugar pechado e pouco adecuado como é o pavillón de deportes.

·        Para Valcárcel “esta gala demostra que os gobernantes do PP de Barbadás viven no seu mundo de frivolidade e fantasía mentras aí fóra, tanto nos pobos coma na Valenzá hai persoas que teñen problemas”. Con este tipo de decisións estase dando “un pésimo exemplo do que debe ser un gobernante solidario coa veciñanza”.


·        Segundo Valcárcel “gobernar non é programar actividades que poden resultar ofensivas para unha boa parte da cidadanía, senón saber afrontar cada momento con seriedade e austeridade”. O líder do PsdeG “os políticos somos os primeiros que temos que dar exemplo, sobre todo tendo en conta a ola de desafección que estamos a vivir entre a veciñanza”.

·        Para o desfile de 17 de febreiro xa se dedica unha contía importante destinada a premios, un total de 4.000 euros, distribuidos en 12 premios nas categorías de artíticos e enxebres. Manter esta tradición é para os Socialistas máis ca suficiente para que o prestixio do Entroido de Barbadás estea asegurado en momentos de crise coma os que estamos vivindo, apunta Valcárcel.



xoves, 5 de febreiro de 2015

CRÍTICAS Á XESTIÓN DO POLIDEPORTIVO




VALCÁRCEL CULPA Á CONCELLEIRA DE DEPORTES DA “NEFASTA XESTIÓN” DO POLIDEPORTIVO DE BARBADÁS

·        O líder socialista, Xosé Carlos Valcárcel, apunta unha serie de erros e faltas de atención sistemáticas que prexudican aos/ás usuari@s do pavillón e que se veñen sucedendo dende antes incluso da súa apertura en setembro.

·         Un exemplo da ineficacia refléxase no feito de que no último mes o pavillón estivo 10 días sen calefacción por unha inaxeitada atención no mantemento. A avaría está solventada só parcialmente porque ata o verán non se lle dará unha solución definitiva.

·        O líder socialista lembra que a falta de previsión provocou que antes da súa apertura ó público houbo que facer unha serie de modificacións nas caldeiras e nos vestiarios (35.000 euros).

·        Posteriormente unha nova falta de previsión obrigou a facer máis modificacións, que afectaron neste caso ó rótulo, á grifería, ao almohadillado de columnas ou a pór aire acondicionado no ximnasio (21.000 euros).

·         Esto significa que no último ano a ineptitude dos responsables municipais do PP custoulle ó Concelllo 56.000 euros a maiores do inicialmente presupostado, pois hai que lembrar que a infraestrutura foi financiada pola Deputación, pero estes gastos a maiores afrontounos Barbadás.

·        Valcárcel sinala a Consuelo Vispo coma unha mala xestora do diñeiro público ó non desempeñar axeitadamente as súas funcións  á fronte da área de Deportes.

·                   Valcárcel asegura que estes son só os exemplos máis evidentes da mala xestión, pero hai máis cuestións do funcionamento cotiá que se caracterizan por unha mala xestión:  hai discrimicións á hora de pagar as cuotaso (supostamente hai 400 usuarios e só pagan uns 100, que algunhas disciplinas deportivas teñen menos tempo de impartición do que tiñan estipulado inicialmente (30 minutos fronte ós 45 previstos), problemas cos prezos dos carnés, etc.


Barbadás, 5 de febreiro de 2015. O Partido Socialista critica o xeito nefasto de xestionar o polideportivo desde antes incluso da súa posta en funcionamento. O voceiro do PSdeG, Xosé Carlos Valcárcel Doval, apunta á concelleira de Deportes, Consuelo Vispo, como a principal responsable do caos na organización do día a día do novo pavillón.
            Valcárcel lembra que a historia que rodea a esta necesaria infraestrutura estivo caracterizada pola pouca seriedade dos mandatarios do PP e polo caos. Os Socialistas lembran que hai 15 anos que se puxo o cartel indicativo do custe das obras, pero era só da primeira fase porque “os anos foron pasando e houbo que buscar novo financiamente e aturar sucesivos retrasos nas obras, na entrega da dotación, na compra de equipamento, nos flecos que quedaron pendentes pola nefasta xestión, etc”, indica Valcárcel.
            O líder socialista lembra que a falta de previsión provocou que antes da súa apertura ó público houbo que facer unha serie de modificacións relacionadas cos vestiarios porque non se dimensionaron axeitadamente e os que se habilitaron non eran suficientes. Ó mesmo tempo houbo que facer tamén adaptacións nas caldeiras, unhas obras que tiveron un custo adicional de 35.000 euros.
            Posteriormente unha nova falta de previsión obrigou a facer máis modificacións, que afectaron neste caso ó rótulo, á grifería, ao almohadillado de columnas ou a pór aire acondicionado no ximnasio (21.000 euros). Todos estos cambios adicionais demostran ás claras “que non houbo dende o inicio do proxecto unha planificación seria e adaptada á realidade dunha infraestrutura destas características”, reprocha Valcárcel.
            Valcárcel foi moi duro tamén co feito de que as pistas superiores descubertas, é dicir, as que están no teito do pavillón, non poden ser usadas porque o suelo non reúne as condicións mínimas de seguridade, “o que exemplifica unha nova falta de planificación”.
       O voceiro socialista lembra que o pavillón foi entregado no mes de xuño, pero @s usuari@s tiveron que agardar ata o mes de setembro/outubro para facer uso das instalación, unhas instalación que non terminan de estar completas debido á falta de previsión, denuncian os Socialistas. A imprevisión dos gobernantes do PP custoulle ó erario público 56.000 euros a maiores do inicialmente presupostado  e a día de hoxe aínda hai problemas vencellados a un inadecuado mantemento, censuran os Socialistas. Hai que ter en conta tamén que estes 56.000 euros págaos o Concello de Barbadás.
       Pero o colmo da ineficacia segundo Valcárcel refléxao o feito de que unha falta de mantemento axeitado provocou que o pavillón de Barbadás estivera sen calefacción durante 10 días. A avaría foi consecuencia dunha falta de mantemento axeitado e polo visto foi só arranxada temporalmente porque ata o verán non se poderá subsanar na súa totalidade. Valcárcel sinala a Consuelo Vispo coma unha mala xestora do diñeiro público ó non desempeñar axeitadamente as súas funcións  á fronte da área de Deportes. Valcárel lembrou que Vispo ten unha adicación parcial pola que cobra do erario público 1.200 euros aproximadamente e ten unha responsabilidade de cara á cidadanía.
       Valcárcel asegura que estes son só os exemplos máis evidentes da mala xestión, pero hai máis cuestións do funcionamento cotiá que se caracterizan por unha mala xestión: discriminación á hora de pagar as cuotas (supostamente hai 400 usuarios e só pagan 100, que algunhas disciplinas deportivas teñen menos tempo de impartición do que tiñan estipulado inicialmente, problemas cos prezos dos carnés, etc.
       Esta situación ten provocado numerosas queixas de pais e nais de cativ@s que usan o pavillón e mesmo de usuari@s. Hai persoas que anunciaron incluso a súa intención de acudir á Oficina de Consumo.
    





Para calquera aclaración podedes chamar a Xosé Carlos Valcárcel (Voceiro socialista en Barbadás)- Tfno.:  605 08 18 98


Dirección da Páxina Web do PSdeG en Barbadás: www.barbadás.psoe.es
Facebook: Agrupación Socialista de Barbadás, Amigo Socialista de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, Victoria Morenza
Twiter: @cambiabarbadas, @xosevalcarcel, @vicmorenzadof
Blog: www.cambiabarbadas.blogspot.com