domingo, 22 de febreiro de 2015

VALCÁRCEL: LISTA RENOVADA NUN 60 %


XOSÉ CARLOS VALCÁRCEL É ELIXIDO CANDIDATO Á ALCALDÍA DE BARBADÁS POLO PSdeG

Barbadás, 22 de febreiro de 2015

Valcárcel é o actual voceiro do Grupo Municipal e Secretario Xeral da agrupación socialista

Nunha asemblea celebrada o pasado xoves a última hora da tarde Xosé Carlos Valcárcel foi elixido por aclamación pol@s compañeir@s.
Xosé Carlos Valcárcel presentou a candidatura coa que concorrerán os Socialistas ás eleccións municipais de 24 de maio. O líder do PSdeG insistiu na importancia de renovar as listas electorais e de presentar ante a veciñanza un proxecto baseado no cambio no xeito de gobernar. Para Valcárcel é fundamental que formen parte da candidatura persoas que representen o sentir de tódolos colectivos, de todo o territorio do municipio de Barbadás e
de tódalas franxas de idade.
            No transcurso da asemblea abordáronse aspectos relacionados coa estratexia a seguir nas vindeiras semanas. O voceiro do PSdeG falou da importancia de manter a mesma liña de traballo baseada na cercanía á veciñanza e na implicación real de concelleir@s, militantes e simpatizantes no día a día do que acontece en Barbadás, sen perder de vista as inquedanzas da cidadanía e as necesidades máis apremiantes para un municipio que non acaba de despegar no que a dotacións básicas se refire.
            Valcárcel aludiu tamén ó feito de que foi o PSdeG de Barbadás o que propiciu que o alcalde de Barbadás durante 28 anos se retire da vida pública. Referiuse en concreto á presentación da denuncia por parte de Valcárcel acusando a Freire Couto de presunta prevaricación.
Valcárcel destaca que o 60 % das persoas que compoñen a candidatura son novas incorporacións, o que demostra a renovación que caracteriza á lista electoral do PSdeG.

Sinalou tamén que a xuventude é outro dos factores que preside o equipo de persoas que pivotarán un proxecto cuxa idea fundamental é introducir unha idea de cambio para Barbadás. A media de idade ronda os 35 anos. Outra das características da candidatura é a presencia de persoas de prácticamente todo o territorio municipal e unha parte destacable de candidat@s vencellados ó mundo do deporte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario