mércores, 29 de maio de 2013

O TENENTE ALCALDE TAMÉN ACUMULA UN ABULTADO PATRIMONIO


O PSdeG DE BARBADÁS ESIXE A DIMISIÓN DO TENENTE ALCALDE POR PRESUNTA VINCULACIÓN CON EMPRESAS CONSTRUTORAS

 

  • Manuel García González posúe presuntamente o 30 % dos terreos na área de reparto número 10 onde Mahía/Maexpa tiñan previsto contruir 600 vivendas

 

  • O líder socialista, Xosé Carlos Valcárcel, lamenta que “teñamos que falar das ramificación do Emporio Freire” e pide a dimisión do tenente alcalde “por seguirlle os pasos a Freire”

 

 

  • Valcárcel: “en lugar de atender os intereses da veciñanza, supostamente utilizaron o seu tempo e a confianza da cidadanía para incrementar espectacularmente o seu patrimonio”.

 

  • Segundo os Socialistas “ambos (Freire e García) tiñan tempo para construir torres, pero non para xestionar ou facilitar que o concello de Barbadás teña dotacións e servizos básicos dos que a día de hoxe aínda carece”

 

 

  • O PSdeG reclama a intervención do Presidente da Deputación, José Manuel Baltar, para evitar que o 5º concello da provincia apareza nos titulares dos medios de comunicación por asuntos turbios

 

  • O Grupo Socialista esixe que Baltar sexa contundente cos 2 dirixentes de Barbadás, tendo en conta que “alardea de honestidade e transparencia na xestión dos asuntos públicos”

 

 

 

Barbadás, 28 de maio 2013.  O tenente alcalde de Barbadás  é propietario de 3.100 metros cadrados nun área de reparto na que o grupo Mahía/Maexpa tiña prevista a construcción, antes da crise económica, de preto de 600 vivendas. Estes datos indican que o tenente alcalde de Barbadás, Manuel García González, ten propiedades nesta zona de expansión onde estaba previsto construir o instituto do 30 % do solo.

            O voceiro socialista reclama a dimisión do alcalde, José Manuel Freire, e do tenente alcalde, Manuel García, “porque queda claro que permitiron que Babadás se convertera na Marbella de Galicia”. Segundo Xosé Carlos Valcárcel “parece ser que existen estreitos vínculos entre empresas construtoras e os máximos dirixentes políticos de Barbadás”.

            Dende o PSdeG de Barbadás son moi críticos ante os novos datos patrimoniais do tenente alcalde de Barbadás. Para Valcárcel esto é un “suma e sigue do serial que no Grupo Municipal Socialista coñecemos como Emporio Freire”. O líder socialista lamenta que “teñamos que falar das ramificación deste emporio”.

            Valcárcel destaca que “estamos a falar das 2 persoas que levan dirixindo dende hai máis de 20 anos o concello de Barbadás”. O voceiro socialista reprocha que tanto Freire coma García “en lugar de atender os intereses da veciñanza, supostamente utilizaron o seu tempo e a confianza da cidadanía para incrementar espectacularmente o seu patrimonio”.

            Os 2 dirixente da política local de Barbadás supostamente teñen propiedades na área de reparto número 10 da Valenzá e en Sanxenxo “ e non cremos que esto sexa unha simple coincidencia”. Ambos os dous patrimonios teñen tamén outras similitudes porque o Emporio Freire ten propiedades nun local onde estaba ubicada a oficina de Maexpa en Barbadás. Pola súa banda o tenente alcalde é o dono do baixo onde se instalou a oficina de Mahía na Valenzá e hai que ter en conta que as 2 empresas pertencen ó mesmo grupo empresarial.

            O tenente alcalde “parece seguirlle os pasos ó rexedor de Barbadás”, sinala Valcárcel. O voceiro do PSdeG refírese á coincidencia de que se trata de “2 políticos clave no concello e que presuntamente se dedicaron a promover desenrolos urbanísticos dos que supostamente eles son beneficiarios”. Xosé Carlos Valcárcel ironiza ó afirmar que “ambos tiñan tempo para construir torres, pero non para xestionar ou facilitar que o concello de Barbadás teña dotacións e servizos básicos dos que a día de hoxe aínda carece (centro de saúde, instituto, centro de día, nova gardería infantil,…)

            No caso de que nin o tenente alcalde nin o rexedor de Barbadás dimitan, dende o Grupo Municipal Socialista demandan a intervención do Presidente da Deputación. José Manuel Baltar pregoa a honestidade e a transparencia nas xestión dos asuntos públicos. Baltar Blanco “fala de rexeneración e honradez, polo tanto non pode permitir que o 5º concello da provincia apareza tan a cotío nos titulares dos medios de comunicación por asuntos turbios que converten as súas plabras en simple papel mollado”.

            O líder socialista sinala que “para que Baltar sexa crible, tanto Freire coma o tenente alcalde, teñen que dimitir e deixar as súas responsabilidades políticas en Barbadás”

 

martes, 7 de maio de 2013

PSdeG DESVELA NOVAS PROPIEDADES DO EMPORIO FREIRE


UN LOCAL COMERCIAL PRETO DAS PISCINAS, UN LOCAL ALUGADO A UNHA FARMACIA E 0 33 % DUN BAIXO DE 900 METROS Ó CARÓN DA ZONA COMERCIAL CARREFOUR

Ourense, 7 de maio de 2013

Queremos presentar unha documentación totalmente contrastada, fiable e minuciosa que a día de hoxe xa consta de 22 folios que seguiremos ampliando cos datos que nos faltan por contrastar.

Tan pronto estea rematada ofrecerase á opinión pública puntual coñecemento da mesma.

Neste sentido informarvos que levamos xa case tres semanas recopilando e redactando os escritos para presentar diante da Fiscalía e da Axencia Tributaria

                A cidadanía de Barbadás ten que ter  a certeza de que o Grupo Socialista utilizará todas as ferramentas legais e políticas para que se cumpla coa legalidade e  recuperar a hixiene democrática no noso concello.

Xa desde o primeiro momento este  voceiro chamou a atención sobre as supostas complicidades de Freire Couto con Mahía/Maexpa na AR-10 (hoxe saen publicadas nos xornais Faro de Vigo e El País noticias que apuntan a unha posible especulación urbanística da que se beneficiu presuntamente Freire e varios empresarios do sector da construcción).

Daquelas sinalabamos que na citada área de reparto estaba prevista a construción de aproximadamente 600 vivendas nas que  participaba Mahía por medio de Nextable Gestao da Propiedade. Estos presuntos amaños vense confirmados agora con novos datos absolutamente escandalosos que abondan nas afirmacións do Grupo Municipal Socialista de que o entramado patrimonial de Freire ten moitas ramificiacións.

Sinalar que o instrumento que utilizou Freire para pór en marcha o AR-10 foi o dun Plan Especial de Reforma Interior que foi aprobado exclusivamente pola Xunta de Goberno Local, e decir, por Freire e os seus concelleiros.

A Xunta de Galicia considerou que este instrumento non era o axeitado xa que o correcto é unha modificación puntual do Plan de Urbanismo. Esta modificación fíxose o 7 de xullo de 2011.

Cando este asunto foi debatido en pleno o Grupo Municipal Socialista xa alertou sobre a incompetencia do equipo de goberno do Sr. Alcalde por deseñar unha actuación urbanística que non se axustaba ás normas urbanísticas da Xunta de Galicia. ¿Qué era o que pretendía agochar Freire?

Freire supostamente tamén quería sacar rendemento económico con esta dotación xa que o Instituto implicaría que as vivendas construidas nas inmediaciones foran máis caras e tamén máis fáciles de vender.

O Grupo Socialista ven reclamando información ó alcalde sobre o seu patrimonio desde hai máis de dous anos. Agora podemos  afirmar que nos ocultou información xa que o inmoble polo que preguntábamos resultou ser propiedade da empresa da que son socias a súa esposa e a súa filla. Falamos dun local comercial ubicado nas inmediacións das piscinas municipais e contiguo a onde estaba radicada a oficina  de Maexpa na Valenzá.

Para Freire seguro que só  é unha coincidencia máis. Para o Grupo Municipal Socialista é unha anomalía máis.

En Barbadás estamos fartos, literalmente fartos, da ocultación sistemática e dos atrancos que fai o alcalde.

A cidadanía esixe transparencia máxima, contas claras e patrimonio impoluto.

Estamos a punto de poder presentar diante da Fiscalía e tamén diante de Facenda un amplo dossier sobre o patrimonio do Alcalde de Barbadás pero tamén das empresas nas que participan a súa esposa e a súa filla.

O Grupo Municipal Socialista está tamén en disposición de poder asegurar que hai locais comerciais na Valenzá dos que é copropietaria ó 50% como persoa física a dona do Alcalde. Estou falando dunha das novas oficinas de farmacia da Valenzá.

Tamén podemos afirmar que a empresa Freire Couto, S.L. e copropietaria cun 33% de participación dun local comercial de 900 m2 nas inmediacións de Carrefour e do Lidl.

A xestión de Freire está chea de escuridade, unha escuridade que él mesmo se encarga de extender co súa negativa sistemática a facilitar información.

 

luns, 6 de maio de 2013

CONTRADICCIÓNS DE FREIRE NO REPAGO DOS COMEDORES ESCOLARES


OS SOCIALISTAS NON ENTENDEN A POSTURA CONTRADICTORIA DO PP NO REPAGO DOS COMEDORES ESCOLARES



·        Os populares votaron a favor dunha proposta do BNG que é coincidente con unha iniciativa socialista sobre o incremento do copago nos comedores públicos.

 

·         Sen embargo, posicionáronse en contra da moción socialista, a pesar de que a petición é a mesma: instar á Xunta a paralizar esta decisión

 

·         O PSdeG está en contra de implantar a cultura da fiambreira e fomentar a estigmatización dos escolares

 ·        O voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel, reprocha que “resulta sorprendente que se reduza profesorado e sanitarios no sector público, que e oferta pública de emprego prácticamente desapareza, pero en Barbadás atopemos a fórmula para ampliar o número de traballadores da administración local” (o pleno deu o visto bo co apio só do PP á contratación de 17 traballadores)

 
·        A política de contratación do PP demóstrase en feitos como o de contratar de xeito indefinido a 21 persoas en 4 meses

 

·        Xosé Carlos Valcárcel: “Está claro que o Señor Alcalde supostamente xoga e utiliza para os seus fins á súa familia e, polo tanto, hai que esixir transparencia máxima, contas claras e patrimonio impoluto”.

 

·        Apoio unánime ós afectados polas preferentes e subordinadas. O voceiros dun grupo de afectados que asistiron ó pleno interviron na sesión

 

 Barbadás, 6 de maio de 2013.  O PP mantivo no pleno celebrado hoxe  unha postura contradictoria ó abordar sendas mocións sobre o copago dos comedores escolares. Os grupos municipales nacionalista e socialista presentaron iniciativas similares en relación coas modificacións nos baremos do pago polo uso do servizo de comedor. As propostas eran coincidente no fondo, pois tanto BNG coma PSdeG recollían como punto principal do acordo instar á Xunta a paralizar a decisión de incrementar o copago polo uso dos comedores escolares.

            Sen embargo, o grupo do PP apoiou a moción nacionalista e votou en contra da presentada polo PSdeG. A concelleira socialista Victoria Morenza non acaba de entender a actitude do rexedor respecto deste asunto porque “ambos grupos amosamos nas propostas o desacordo co sistema que intenta implantar a Xunta de cara ó vindeiro curso e en contra do baremo que se vai utilizar”. Morenza lembra que unha familia cuxos ingresos entre os 2 sumen 1.501 euros teñen que pagar comedor, aínda que a súa casa quede lonxe do colexio.

            Os Socialistas posicionáronse “en contra de implantar nos colexios a cultura da fiambreira porque non queremos contribuir á estigmatización dos escolares”. O panorama de moitas familias do concello de Barbadás vai ser o da desestruturación, pobreza e dificultade para chegar a fin de mes e mesmo para comer 3 veces ó día.

            O conselleiro de Educación fala de que en moitos casos só terán que pagar 1 euro por alumno, “pero esta contía hai que multiplicala polos aproximadamente 22 días lectivos que ten o mes”, apuntou Morenza. A edil engadiu que “na maioría dos casos hai que volver facer unha multiplicación por 2 ou por 3 escolares por familia e as contas non van cuadrar para unhas economías domésticas xa moi afectadas pola crise”.

            Hai que ter en conta ademais que en Barbadás “o concello cobra ata polo aire que respiramos e as familias están padecendo xá as drásticas e implacables suba de taxas como a da escola de música, das actividades extraescolares, do Bos días coleo u das escolas deportivas”. Con este novo REPAGO “haberá nenos de primeira categoría que poderán xantar comida quente e outros que coma uns apestados padecerán directamente o clasismo levando a súa fiambreira e xantando nun lugar aparte do resto”.

 

Contratos masivos

 

            O voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel, criticou a escasa planificación en materia de persoal ó abordar a proposta do grupo de goberno para contratar de xeito urxente a 12 profesores de música, 2 peóns de xardinería, 1 chófer para a máquina desbrozadota e 2 socorristas para as piscinas. O pleno tivo que posicionarse sobre a justificación da declaración municipal de servizos prioritarios, urxencia e necesidade de contratación de persoal laboral temporal.

            Segundo Valcárcel “a situación que nos planteas o grupo de goberno é esperpéntica e surrealista”. O voceiro socialista reprochou que “tódolos días escoiemos ós dirixentes do PP reclamar a reducción da administración, o desmantelamento de certos servizos esenciais, o recorte do estado de benestar ou a desparición de axudas á dependencia”. Para os socialistas “resulta sorprendente que se reduza profesorado e sanitarios no sector público, que e oferta pública de emprego prácticamente desapareza, pero en Barbadás atopemos a fórmula para ampliar o número de traballadores da administración local”.

            Xosé Carlos Valcárcel reprocha ó PP que “algo falla en Barbadás cando en xuño de 2012 se lle recoñece a 8 persoas a condición de persoal laboral indefinido despois de interporen reclamación previa á vía xudicial”. Pero algo similar repítese o 3 de setembro do ano pasado cando coa mesma declaración para outros 6 traballadores e en decembro con 7 máis. No prazo de 4 meses aumentou plantilla de persoal laboral indefinido en 21 persoas. Valcárcel amosouse convencido de que “estamos a falar dunha estrategia política co ánimo de beneficiar ó goberno local do PP e supón unha proba máis do sistema de contratación caciquil”.

 

Grandes almacéns e pequeño comercio

 

            Debateuse tamén outra moción do PSdeG para que o Concello de Barbadás manifestase o seu apio ós/as traballadores/as do sector de grandes almacéns e para proteger ó pequeño comercio. Valcárcel referiuse ó convenio asinado só por 2 dos 7 sindicatos participantes e que afecta ós traballadores de grandes almacéns. Este convenio terá repercusións nas condicións laborais dos traballadores: conxelación de salarios durante 4 anos, incremento da xornada laboral en 28 horas co mesmo soldo, aumento do número de festivos e domingos a traballar, rebaixa no número de días nas vacacións estivais.

            Este acordo, polo que se ven afectados traballadores de Carrefour e C&A, “afecta ó futuro do noso concello dun xeito evidente porque somos a zona de expansión natural de Ourense”. Barbadás é un concello no que se estableceron grandes superficies comerciais coas que teñen que convivir os pequenos comerciantes. Pero o convenio racha esta posibilidade de coexistencia e, polo tanto, supón a destrucción de postos de traballo no pequeno comercio.

            Os Socialistas de Barbadás “queremos proteger ós pequenos comerciantes que sempre foron fundamentais na creación de postos de traballo e tamén esiximos manter os dereitos dos traballadores das áreas comerciais, xa que ambos van estreitamente vencellados: a máis recortes nas condicións laborais nas grandes superficies, menores posibilidades de supervivencia terán os pequenos comercio”.

            O alcalde de Barbadás, José Manuel Freire, amosouse a favor do primeiro punto da moción do PSdeG (experesar a solidariedade do Concello cos traballadores de grandes almacéns), pero dixo non estar de acordo co segundo. Na segunda parte da proposta pedíase que o goberno local de Barbadás esude medidas para paliar as recpercusións do citado convenio no pequeño comercio.

            Freire instou ó voceiro socialista a propoñer medidas concretas e Valcárcel lembroulle que en xaneiro de 2010 o PP votou en contra dunha moción presentada polo PSdeG para potenciar o comercio local e que contiña un total de 15 medidas para reactivalo. Freire con todo dixo que “votamos en contra porque non podemos facer nada”.

 

Declaración de bens

 

Cando se debateu unha moción do BNG sobre a publicación da declaración de bens dos concelleiros de Barbadás dende a primeira toma de posesión, volveu xurdir o candente tema do Emporio Freire. O voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel, dixo que “non é suficiente a publicación na páxina web do patrimonio de concelleiros/as de Barbadás. Está claro que o Señor Alcalde supostamente xoga e utiliza para os seus fins á súa familia e, polo tanto, hai que esixir transparencia máxima, contas claras e patrimonio impoluto”.

            O Grupo Socialista “esixe un paso máis, como é o de publicar os datos de todas as empresas e sociedades nas que participan a esposa e as fillas de Freire, máxime cando algunhas destas están radicadas no domicilio do alcalde. Refereiuse Valcárcel ó patrimonio que ten a filla maior do alcalde, de 22 anos de idade, distribuido entre España e Portugal. A contía é de 675.000 euros. O líder do PSdeG afirmou que “estamos fartos da ocultación sistemática que fai o alcalde”, lembrando que hai máis de 2 anos “fixemos unha pregunta por escrito sobre a propiedade dun baixo comercial no que hoxe hai unha cafetería, situada preto das piscinas municipais”. A resposta entón foi que non era propiedade do rexedor, “pero hoxe sabemos que este local é propiedade da empresa Eichoa da que son sociais a súa esposa e a filla maior.

            Segundo Valcárcel “a cidadanía esixe transparencia absoluta a nivel patrimonial porque a desconfianza está instalada no quehacer do Sr Freire”. Hai que ter en conta, argumenta Valcárcel, “os antecedentes fiscais de Freire, que son os dunha persoa que xa foi sancionada con unha falta grave pola Axencia Tributaria”

 

Afectados por preferentes e subordinadas

 

            A presencia de un grupo de afectados polas preferentes e subordinadas provocou  que o discorrer do pleno se saise dos cauces habituais. Unha vez que o concelleiro do BNG, Serafín Núñez, fixera unha exposición da moción presentada polo seu grupo, os voceiros dos afectados pediron a palabra. O Grupo Socialista cedeulla non sen antes deixar claro que o Concello de Barbadás debe actuar de filtro para canalizar as posibles reclamacións que se ponderan presentar e faciliten a información precisa para que acudan á Deputación, cuxos servizos xurídicos están ó dispor dos afectados. Victoria Morenza lembrou que foi unha emenda do PSdeG na Deputación a unha moción nacionalista a que facilitou a posta en marcha deste servizo de asesoría.

            A secretaria emitiu verbalmente un informe contrario á intervención neses intres dos afectados, asegurando que legalmente procedía que o fixeran ó finalizar o pleno, posto que non cumpriran os requisitos formais de presentar un escrito previamente.

            Con todo, o alcalde, deixou que interviran os voceiros dos afectados, a pesar de que a secretaria dixo que as declaracións que fixeran non constarán en acta, un posicionamento que os preferentistas afirmaron non entender, posto que ata agora teñen participado nas sesións Boutros concellos sen que se lle puxese traba algunha.

            Falaron Arístides Álvarez e Juan Carlos Vélez. Álvarez pediu “xustiza porque temos que padecer primeiro o engano dos bancos, despois o de moitos políticos e posiblemente o dos avogados”. Solicitou tamén unha solución política para recuperar o diñeiro invertido e lembrou que levan un ano e medio na rúa para protestar pola estafa da que foron vítimas.

            Juan Carlos Vélez falou da ofensa que supón ver nunha foto a Feijóo cos banqueiros que nos estafaron. Pediu que non se escuden nos 15.000 casos de afectados que recuperaron o seu diñeiro e que se centren nos 55.000 que aínda non o recuperamos.

 

sábado, 4 de maio de 2013

Apoio a pequeno comercio e traballador@s de grandes almacéns


MOCIÓN DO PSdeG-PSOE PARA QUE O CONCELLO DE BARBADÁS MANIFESTE O SEU APOIO E SOLIDARIEDADE COS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DO SECTOR DE GRANDES ALMACÉNS E PARA PROTEXER Ó PEQUENO COMERCIO
           

Recentemente foi asinado por dous sindicatos empresariais, concretamente Fetico e  Fasga, o convenio colectivo para os grandes almacéns. Un convenio que non foi respaldado por  ningún dos  sindicatos de clase como son  CC OO, UXT, LAB, CIG e ELA-STV

Trátase dun convenio que terá unhas importantes repercusións nas condicións laborais dos traballadores e traballadoras do sector xa que contempla importantes recortes de dereitos recollidos en acordos anteriores.           

            A merma de dereitos afecta a múltiples aspectos pero no Grupo Municipal Socialista de Barbadás queremos mencionar os máis salientables.

Teoricamente recolle a conxelación de salarios durante 4 anos, pero na realidade esto supón un recorte do soldo debido a que se aumenta a xornada laboral.

Pero ademais, durante a vixencia do convenio  non se ten presente a taxa de inflación prevista que estará perto do 8% de xeito que os traballadores e traballadores terán un salario real moito menor do actual con máis horas de traballo.

Como xa anticipaba antes, a xornada laboral vese incrementada anualmente en 28  horas co mesmo soldo. Pero é que ademais no novo convenio elévase o número de domingos e festivos a traballar ( de un mínimo de 6 a 9 anuais).

Tamén desaparece como dereito o cobro por traballar en festivos igualando o traballo en domingo ou festivo con calquera outro día da semana non percibíndose   compensación salarial algunha.

 Outro recorte de dereitos é o que afecta ás vacacións xa que se rebaixa o número de días a disfrutar en periodo estival, pasando de 21 a 15 días.

Para os Socialistas de Barbadás é gravísimo que os contratos formativos contemplen un salario aproximado de 450 €/mes introducindo así os “minijobs” no sector

Estamos falando dun convenio que en Barbadás afecta directamente a duas empresas que son Carrefour e C&A que empregan a un bo número de veciños e veciñas do noso concello e que van sofrir un empeoramento considerable das súas condicións laborais e tamén da súa calidade de vida en xeral.

            Falamos dun convenio que é un marco regulador de referencia para todas as actividades comerciais a  nivel estatal, autonómico, provincial e tamén de empresa.

            Por esta razón é un convenio que  terá indirectamente  unha importantísima repercusión en sectores económicos estratéxicos en Barbadás como son os da alimentación, o do textil e por suposto no pequeno comercio en xeral.

            Os Socialistas de Barbadás queremos protexer ós pequenos comerciantes que sempre foron fundamentais na creación de postos de traballo e tamén esiximos manter os dereitos dos traballadores das áreas comercias xa que ambos van estreitamente vencellados: a máis recortes nas condicións laborais nas grandes superficies menores posibilidades  de supervivencia terán os pequeños  comercios.
        Ademais hai que destacar que Barbadás é un concello no que o pequeño comercio desempeña un papel fundamental para facilitar o arraigo dunha poboación nova e que procede en boa parte de outras localidades de provincia.

Por todo o anteriormente exposto, propoño ó Pleno desta Corporación a adopción do seguinte

 

 ACORDO:

ü     Expresar a solidariedade do Concello de Barbadás cos traballadores e traballadoras de grandes almacéns, especialmente os de Carrefour e C&A ubicados no noso municipio.

ü     Estudar medidas para paliar as repercusións  do citado convenio no pequeno comercio de Barbadás.

 

 

En Barbadás a 24 de abril de 2013


 

 Xosé Carlos Valcárcel

Voceiro do Grupo Municipal Socialista de Barbadás