martes, 18 de novembro de 2014

CENTRO DE DÍA: SÓ UNHA PROMESA ELECTORAL

CENTRO DE DÍA PARA BARBADÁS

O Grupo Socialista volve urxir a necesidade de construir un centro de día
Freire asegura que xa enviaron o proxecto hai anos......
Está claro que é un cero á esquerda
Valcárcel lembroulle que leva prometendo este centro dende 2003
Vilardevós, municipio con aproximadamente 2.500 habitantes, si que vai ter Centro de Día
Neste municipio da comarca de Verín a Xunta de Feijóo invertirá 720.000 euros
Barbadás con 10.500 habitantes, dos cales 1.761 teñen máis de 65 anos, seguirá sen centro de día
Xulguen vostedes mesmos.

Barbadás ten que coidar dos seus maiores, ten que traballar polos seus maiores. Máis se temos presente que na actualidade hai no noso concello 1.761 conveciños e conveciñas que superan os 65 anos. Quero destacar que o 51% superan os 75 anos o que fai máis perentorio e urxente a existencia do Centro de Día
.
Desde as ultimas eleccións  pasaron xa tres anos e medio e o goberno do PP prometeu a toda a veciñanza un Centro de Día. Un incumprimento máis de todos os compromisos coa cidadanía.

Pero é que os incumprimentos en relación a esta dotación non sonde estos últimos 3 anos. Xa nas eleccións do 2003 Freire e os seus concelleiros comprometianse a súa construcción. E novamente facían o mesmo nas eleccións do 2007.

Dixo o Sr. Alcalde na comisión informativa que non había cartos. Pero o alcalde minte. O que non hai e capacidade de xestión nin de presión sobre a Xunta de Galicia. O que non hai é vontade política de atender á veciñanza de Barbadás.

¿Tampouco había cartos no 2003? ¿E no 2007?

Decir que para o Concello de Vilardevós a Xunta de Galicia destina nos orzamentos do 2015 a cifra de 720.000 € para a conctrucción dun Centro de Día.

Vilardevós ten perto de 2.500 veciños e veciñas.  Barbadás, insisto, ten 1.761 persoas de máis de 65 anos casi tanto como veciños e veciñas ten Vilardevós.

¿Qué diferencia hai entre ese concello e o de Barbadás? Para o Grupo Socialista está clara. A ineficacia e a desidia do PP de Barbadadás da cal non só é responsable o Sr. Freire se non tamén todos os concelleiros e concelleiras que o acompañan no seu equipo de goberno.
ACORDO:
ü    Que se inicie de xeito inmediato todo o proceso para construir un Centro de Día público en Barbadás.

O alcalde de Barbadás, Freire Couto, di que xa enviaron o proxecto a Santiago hai anos.

Pero Barbadás seguirá sen Centro de Día e os nosos maiores sen un lugar no que poder ser atendidos axeitadamente......


venres, 14 de novembro de 2014

RESUMO DO PLENO DOS PRESUPOSTOS 2015

OS PRESUPOSTOS DE BARBADÁS NON ESTABLECEN OBXECTIVO CLAROS NIN EXISTEN PRIORIDADES SEGUNDO OS SOCIALISTAS


·         O líder socialista tildou de triste “ver un orzamento no que prácticamente o 90 % vai destinado a gastos de persoal e a gasto corrente

·         Valcárcel dixo que os orzamentos non ofrecen solución para unha poboación de 10.477 habitantes


·         O líder socialista reprochou que de cada euro do orzamento só van a investimento pouco máis de 3 céntimos

·         Desde o Grupo Socialista queremos suliñar e destacar que este orzamemento non contempla ningún avance no que atinxe ó gasto social


·         O PP vota en contra da posta en marcha dun Centro de Día. Freire Couto, o alcalde, asegura que xa hai anos que enviaron o proxecto a Santiago e que se vai facer

·         Valcárcel asegurou que Vilardevós, con unha poboación de pouco máis de 2,500 habitantes si vai ter un centro de día que vai custar 720.000 euros

·         O grupo de goberno non apoiou unha proposta do PSdeG para organizar actividades para nenos entre 0 e 3 anos

·         Si se aprobou por unanimidade unha iniciativa socialista para habilitar un local que sexa punto de encontro entre a poboación infantil e os/as pais/nais



Barbadás, 13 de novembro de 2014.  O voceiro socialista reprochou no debate dos orzamentos que “non se establecen obxectivos claros nin existen prioridades”. Xosé Carlos Valcárcel dixo que eran “os orzamentos elaborados polo PP nun ano no que Freire xa non será candidato, mentras que a nova candidata, Consuelo Vispo, tamén é responsable desta desfeita”. Para Valcárcel a nova candidata non significa que mudaran as políticas.
            O líder socialista tildou de triste “ver un orzamento no que prácticamente o 90 % (89,54 % para ser exactos) vai destinado a gastos de persoal e a gasto corrente, é dicir, improdutivo”. Valcárcel dixo que os orzamentos non ofrecen solución para unha poboación de 10.477 habitantes, non ofrecen unha solución ás necesidades da veciñanza nin apostan polas persoas máis desfavorecidas nin pola creación e fomento do emprego.
            Este aspecto é o que máis lle preocupa ó PSdeG, o do emprego, por ser “o problema máis acuciante para toda a cidadanía”. Valcárcel alude á previsión de gasto real para 2015, que alcanza a cifra de 47.000 euros. Sen embargo o gasto dedicado a esta área a persoal ascende a 54.100 €, o que significa que por cada euro en gasto de persoal, destínanse tan só 87 céntimos a gasto produtivo.
            A cifra dedicada a investimentos “é o espello onde se ten que mirar un goberno para saber se a súa xestión axuda a solventar os problemas da cidadanía”, sinala Valcárcel. O líder socialista foi crítico coa escasa contía desta partida porque a considera escasa (173.394,27 €). Reprochou que de cada euro do orzamento só van a investimento pouco máis de 3 céntimos. “Eso representa por cada día do ano 475 euros, fronte ós máis de 6.530 euros que se gastan en persoal por día”.
            Todas as partidas recollidas baixo os epígrafes outras inversión novas e que afectan a viais, sumidoiros, abastecemento, alumeado e parques e xardíns “realmente son reparacións”.
Desde o Grupo Socialista queremos suliñar e destacar que este orzamemento non contempla ningún avance no que atinxe ó gasto social que vai directamente a axudar ás persoas con graves problemas económicos. O PSdeG presentou unha moción para axudar ás persoas e familias que sofren a chamada pobreza enerxéctica.  Pois ben o PP deixa todo en máns das axudas de emerxencia, o que antes se chamaba, beneficiencia.
Neste eido adícanse a persoal 282.330 € e axudas sociais directas tan só 44.500 €. Resumindo por cada euro adicado a persoal destinanse a axudas directas escasos 16 céntimos.
Penosa é a actuación do goberno local do PP en relación ó novo polideportivo. E neste eido  o responsable non é só o Sr. Alcalde , tamén o son as sucesivas concelleiras de deporte. O pavillón empezou a ser utilizado entre os meses de setembro e outubro. Xa antes de estar finalizada a obra houbo que facer  reformas nos vestiarios e nas caldeiras o que supuxo unha modificación de crédito de 35.000 €. Ademais de ter unha cancha totalmente inoperativa e paralizada. Agora resulta que hai que instalar o equipo de aire acondicionado no ximnasio.  O polideportivo é o vivo exemplo da desidia e falla de planeamento do Sr. Freire e do seu equipo. E isto reflíctese no orzamento.
Para o  Grupo Socialista resulta esperpéntico que  na actual situación de crise económica, de recortes continuados e de falla de investimentos, o PP de Barbadás destine a publicidade 20.000 € e 10.000 € a protocolo. A actuación do PP é absolutamente vergoñenta cando sistemáticamente hai partidas de gasto superfluas como pode ser o calendario que todos os anos se reparte desde o  Concello polos buzóns da veciñanza. O ano pasado tivo un custo de 4.000 euros. Freire confirmou que se van volver editar para este ano ante a perplexidade da oposición.
O Grupo Municipal Socialista votou en contra deste orzamento por varias causas:
·         Carencia total de investimentos.
·         Ineficaces, xa que non resolven as moitas carencias en dotacións e servizos de Barbadás.
·         Non fomenta o emprego.
·         Ausencia de estímulos para potenciar e desenvolver os
sectores produtivos do noso concello.
·         Nula transparencia na concesión das achegas.
·         Non axudan á cidadanía a facilitar o pago dos tributos dado que non se contempla o seu fraccionamento como solicitou no seu momento o Grupo Socialista.
DATOS DO ORZAMENTO:
·         Contía do orzamento: 5.489.654,27 €
·         Persoal: 2.383.660€
·         Gastos correntes en bens e servizos: 2.532.100 €
·         Transferencias correntes: 397.500 €
·         Inversións reais: 173.394,27€
·         Estado de ingresos: Impostos directos: 2.390.000 €; impostos indirectos= 20.000€; taxas, prezos públicos e outros ingresos= 891.006,21€; Transferencias correntes= 2.172.648,06€; ingresos patrimoniais= 16.000 euros.

No expediente de agregación-desagregación entre Barbadás e Ourense houbo unanimidade. Era un mero trámite. Non se presentaron alegacións.


Cadro de persoal
No debate do cadro de persoal a concelleira socialista Victoria Morenza foi crítica coa política de contratación de persoal temporal. A plantilla do persoal laboral, composta de 63 persoas, aumenta ano tras ano para converterse nun verdadeiro coladeiro para postos indefinidos. Son precisamente eses contratos temporais concatenados que se converten en indefinidos son o abono para perpetuarse no poder comprando vontades, vendendo favores e hipotecando eternamente a familias enteiras para capturar os votos a cambio de postos de traballo. Este foi sempre o seu xeito de funcionar e dá igual que o alcalde leve bigote ou que a súa herdeira sexa máis do sector do birrete cá da boina. As tácticas son as mesmas: amiguismo, caciquismo, enchufismo, etc.
26 funcionarios, 9 laborais, 5 persoas interinas e 63 laborais temporais. Hoxe aprobarase o cadro de persoal para 2015, que irá aumentando ano a ano porque como dicíamos antes hai que dar cobertura legal á creación de novos postos, como pode ser o caso da contratación de 4 persoas para o pavillón, persoas contratadas polo método de urxente necesidade. Os anos pasará e seguramente estes traballadores encadearán os famosos 2,5 anos e pasarán a formar parte da plantilla de persoal

Centro de día
            O voceiro socialista defendeu unha moción para que se constrúa en Barbadás un Centro de Día Público. Xosé Carlos Valcárcel falou dos incumprimentos en relación a esta dotación, afirmando que non son de estos últimos 3 anos. Xa nas eleccións do 2003 Freire e os seus concelleiros comprometianse a súa construcción. E novamente facían o mesmo nas eleccións do 2007.
Dixo o Sr. Alcalde na comisión informativa que non había cartos. Pero o alcalde minte. O que non hai e capacidade de xestión nin de presión sobre a Xunta de Galicia. O que non hai é vontade política de atender á veciñanza de Barbadás.
¿Tampouco había cartos no 2003? ¿E no 2007?
Segundo Valcárcel para o Concello de Vilardevós a Xunta de Galicia destina nos orzamentos do 2015 a cifra de 720.000 € para a conctrucción dun Centro de Día.
Vilardevós ten perto de 2.500 veciños e veciñas.  Barbadás, insisto, ten 1.761 persoas de máis de 65 anos casi tanto como veciños e veciñas ten Vilardevós.
¿Qué diferencia hai entre ese concello e o de Barbadás? Para o Grupo Socialista está clara. A ineficacia e a desidia do PP de Barbadadás da cal non só é responsable o Sr. Freire se non tamén todos os concelleiros e concelleiras que o acompañan no seu equipo de goberno.
Freire dixo que hai anos que enviaron un proxecto á Xunta e que están á espera. Trátase de habilitar un centro de día nuns baixos cedidos ó Concello de Barbadás e que están en desuso.



Punto de encontro
            No debate da moción socialista para pór en marcha un punto de econcontro entre a poboación infantil cos/coas pais/nais, os socialistas foron moi críticos. Para as persoas que mollamos os pés nos charcos que vostedes non arreglan ou que tropezamos nas barreiras arquitectónicas que non eliminan ou para os que esvaramos nas baldosas que non repoñen a crise é moitos máis.
Para as persoas que vivimos no mundo real e non en torres de marfil a crise é non poder levar ós teus fillos a un centro lúdico, crise é non poderlle celebrar os cumpreanos con todos os seus amiguiños e amiguiñas nun lugar cómodo e amplo, a crise, a verdadeira crise é non poder pagar a gardería cando tes que facer xestións. Esa é a crúa realidade das persoas que botan de menos un local ou punto de encontró entre pais/nais e fillos/as. Ese punto de encontro non é ciencia ficción. É un lugar físico non que os cativos da Valenzá poidan facer o que fan os das Lamas, os de Piñor ou os de Parada. É sinxelo de plantexar, sinxelo de entender e sinxelo de xestionar. A dúbida é se serán vostedes capaces de ser permeables ás necesidades reais que existen aí preto, no mundo real.
            Finalmente houbo unanimidade porque o alcalde presentou unha emenda á proposta socialista asegurando facilitar o local da asociación de veciños da Valenzá para utilizalo para este fin.

Actividades para nenos/as de 0 a 3 anos
            O PP votou en contra dunha iniciativa socialista  para o fomento de actividades dirixidas a nenos e nenas de 0 a 3 anos. Freire limitouse a dicir que tomaban nota e que xa eran suficientes as actividades de impartición de inglés e psicomotricidade que se ofertaban na gardería. A edil socialista María Presas lembroulle que na escola infantil municipal hai 100 nenos e nenas menores de 3 anos, en tanto que hai máis de 300 cativ@s destas idades en todo o concello, criticando a cerrazón do goberno do PP con un colectivo importante.





domingo, 9 de novembro de 2014

CENTRO DE DÍA: UNHA NECESIDADE

OS SOCIALISTAS DE BARBADÁS CONSIDERAN PERENTORIO E URXENTE A CONSTRUCCIÓN DUN CENTRO DE DÍA


·        Na actualidade en Barbadás hai 1.761 conveciños e conveciñas que superan os 65 anos

·         O feito de que o 51 por cento destas persoas superan os 75 anos evidencia a necesidade que existe desta dotación

·        O Grupo Socialista “ven reclamando que en Barbadás haxa un Centro de Día para poder dar unha ampla e extensa cobertura ás cada vez máis acuciantes necesidades das persoas maiores”.


·        Pero o PP segue a incumprir o seu compromiso ante a veciñanza postergando a realización deste proxecto.

·        É preciso un centro de día público que sexa capaz de facilitar a atención diurna a  a aquelas persoas que presentan algún nivel de dependencia, ben sexa física ou psíquica, explica Xosé Carlos Valcárcel


·        Segundo o líder socalista estas persoas, que continúan vivindo nos seus domicilios, precisan de coidados e atención de carácter persoal, social ou médico.




Barbadás, 9 de novembro de 2014.  O PSdeG de Barbadás considera que a construcción dun Centro de Día debe ser prioritaria. O voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel, presentou unha iniciativa para que se cubran tódalas necesidades fundamentais na acción social e sanitaria que precisan os maiores.
         Valcárcel sinala que o Centro de Día “ten que ser o eixe sobre o que pivoten a mellora da calidade de vida dos maiores, pero tamén dunha atención médica especializada na colaboración activa cos parentes destas persoas para facilitar o respiro familiar”.
         Segundo os Socialistas “Barbadás ten que coidar dos seus maiores, sobre todo se temos en consideración que na actualidade en Barbadás hai 1.761 conveciños e conveciñas que superan os 65 anos”. O feito de que o 51 por cento destas persoas superan os 75 anos “fai máis perentorio e urxente a existencia do Centro de Día”.
         Para Valcárcel “un dos retos máis importantes para as sociedades avanzadas do século XXI é dar resposta á situación das persoas da terceira idade”. A solución a este reto “evidenciará se o Estado de Benestar pervive ou finalmente é destruido polas políticas que actualmente predica a dereita”, indica o líder socialista.
         O voceiro do PSdeG lembra que dende hai anos o Grupo Socialista “ven reclamando que en Barbadás haxa un Centro de Día para poder dar unha ampla e extensa cobertura ás cada vez máis acuciantes necesidades das persoas maiores”. Esta é a terceira ocasión na que o Grupo Socialista presenta unha proposta para crear un centro de día, pero para o PP está claro que non é unha cuestión prioritaria.
         É preciso un centro de día público que sexa capaz de facilitar a atención diurna a  a aquelas persoas que presentan algún nivel de dependencia, ben sexa física ou psíquica. Segundo explica Valcárcel estas persoas, que continúan vivindo nos seus domicilios, precisan de coidados e atención de carácter persoal, social ou médico.
         O voceiro socialista lembra que desde as últimas eleccións xa pasaron 3 anos e medio e o goberno do PP de Barbadás prometeu á veciñanza un Centro de Día e está incumprindo unha vez máis os seus compromisos coa cidadanía.



Para calquera aclaración podedes chamar a Xosé Carlos Valcárcel (Voceiro socialista en Barbadás)- Tfno.:  605 08 18 98


Dirección da Páxina Web do PSdeG en Barbadás: www.barbadás.psoe.es
Facebook: Agrupación Socialista de Barbadás, Amigo Socialista de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, Victoria Morenza
Twiter: @cambiabarbadas, @xosevalcarcel, @vicmorenzadof
Blog: www.cambiabarbadas.blogspot.com