martes, 18 de novembro de 2014

CENTRO DE DÍA: SÓ UNHA PROMESA ELECTORAL

CENTRO DE DÍA PARA BARBADÁS

O Grupo Socialista volve urxir a necesidade de construir un centro de día
Freire asegura que xa enviaron o proxecto hai anos......
Está claro que é un cero á esquerda
Valcárcel lembroulle que leva prometendo este centro dende 2003
Vilardevós, municipio con aproximadamente 2.500 habitantes, si que vai ter Centro de Día
Neste municipio da comarca de Verín a Xunta de Feijóo invertirá 720.000 euros
Barbadás con 10.500 habitantes, dos cales 1.761 teñen máis de 65 anos, seguirá sen centro de día
Xulguen vostedes mesmos.

Barbadás ten que coidar dos seus maiores, ten que traballar polos seus maiores. Máis se temos presente que na actualidade hai no noso concello 1.761 conveciños e conveciñas que superan os 65 anos. Quero destacar que o 51% superan os 75 anos o que fai máis perentorio e urxente a existencia do Centro de Día
.
Desde as ultimas eleccións  pasaron xa tres anos e medio e o goberno do PP prometeu a toda a veciñanza un Centro de Día. Un incumprimento máis de todos os compromisos coa cidadanía.

Pero é que os incumprimentos en relación a esta dotación non sonde estos últimos 3 anos. Xa nas eleccións do 2003 Freire e os seus concelleiros comprometianse a súa construcción. E novamente facían o mesmo nas eleccións do 2007.

Dixo o Sr. Alcalde na comisión informativa que non había cartos. Pero o alcalde minte. O que non hai e capacidade de xestión nin de presión sobre a Xunta de Galicia. O que non hai é vontade política de atender á veciñanza de Barbadás.

¿Tampouco había cartos no 2003? ¿E no 2007?

Decir que para o Concello de Vilardevós a Xunta de Galicia destina nos orzamentos do 2015 a cifra de 720.000 € para a conctrucción dun Centro de Día.

Vilardevós ten perto de 2.500 veciños e veciñas.  Barbadás, insisto, ten 1.761 persoas de máis de 65 anos casi tanto como veciños e veciñas ten Vilardevós.

¿Qué diferencia hai entre ese concello e o de Barbadás? Para o Grupo Socialista está clara. A ineficacia e a desidia do PP de Barbadadás da cal non só é responsable o Sr. Freire se non tamén todos os concelleiros e concelleiras que o acompañan no seu equipo de goberno.
ACORDO:
ü    Que se inicie de xeito inmediato todo o proceso para construir un Centro de Día público en Barbadás.

O alcalde de Barbadás, Freire Couto, di que xa enviaron o proxecto a Santiago hai anos.

Pero Barbadás seguirá sen Centro de Día e os nosos maiores sen un lugar no que poder ser atendidos axeitadamente......


Ningún comentario:

Publicar un comentario