sábado, 28 de decembro de 2013

O CALENDARIO DO DESPILFARRO


 

OS SOCIALISTAS DE BARBADÁS CRITICAN QUE SE DESPILFARRE DIÑEIRO PÚBLICO EDITANDO CALENDARIOS CANDO AS FAMILIAS PASAN POR DIFICULTADES ECONÓMICAS


·        Segundo o líder socialista, Xosé Carlos Valcárcel, resulta incomprensible que o alcalde de Barbadás, José Manuel Freire, decida “lavar a súa imaxe pública, en entredito dende hai meses pola súa implicación nun caso de presunta prevaricación e suborno
 
·        Dende o Grupo Municipal Socialista consideran esta decisión coma “un gran dispendio e incluso un escándalo que pon sobre a mesa a falta total de sensibilidade e solidariedade por parte de Freire e do seu equipo


·        O voceiro socialista presentou onte unha serie de preguntas no concello para que o alcalde aclare cantos calendarios se fixeron, quen se encargou de distribuilos.

·        Valcárcel tamén se interesa nas súas interpelacións polo custo dos calendarios e do do reparto.
 

Barbadás, 28de decembro de 2013.  Os Socialistas de Barbadás cualifican de despilfarro a edición e distribución dun calendario oficial por parte do Concello de Barbadás. O voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel, critica a falta de sensibilidade do goberno do PP utilizar o diñeiro público para facer “propaganda” cando moitas familias do municipio está atravesando por verdadeiras dificultades económicas.

            Estes calendarios están sendo repartidos tanto na Valenzá coma polas diferentes localidades do municipio. Resulta sorprendente que a pesar da crise económica o PP siga editando este calendario que se caracteriza pola evidente calidade en papel satinando e composto por 8 páxinas a doble cara e a toda cor.

            Segundo o líder socialista resulta incomprensible que o alcalde de Barbadás, José Manuel Freire, decida “lavar a súa imaxe pública, en entredito dende hai meses pola súa implicación nun caso de presunta prevaricación e suborno”. Para Valcárcel “non existe outra explicación máis cá un lavado de cara porque non se entende que se malgaste o diñeiro de tódolos contribuintes en distribuir un calendario trufado de fotografías en cor a toda páxina dos locais sociais do concello.

            Dende o Grupo Municipal Socialista consideran esta decisión coma “un gran dispendio e incluso un escándalo que pon sobre a mesa a falta total de sensibilidade e solidariedade por parte de Freire e do seu equipo de goberno diante dunha situación de crise prolongada”. Segundo Valcárcel son moitas as persoas do concello de Barbadás as que padecen diariamente as consecuencias dos recortes e das restricción impostas polos gobernos do PP, que afectan ós seus petos dun xeito implacable. O voceiro do PSdeG alude ademais á política de presión que o PP ten exercido durante os últimos anos sobre a cidadanía no que a suba de taxas e impostos se refire nos últimos anos, o que agrava aínda máis a situación das economías domésticas do municipio.

            O voceiro socialista presentou onte unha serie de preguntas non concello para que o alcalde aclare cantos calendarios se fixeron, quen se encargou de distribuilos (temos que lembrar que en anteriores ocasións foron os propios operarios do concello os que distribuiron este calendario, algo supostamente “irregular”).

Valcárcel tamén se interesa nas súas interpelacións sobre o custo dos calendarios e o custo do reparto.
 
 

 

mércores, 27 de novembro de 2013

INVESTIGAN O EMPORIO FREIRE E CONEXIÓNS CON CONSTRUTORAS


A XUÍZA DO CASO FREIRE E O FISCAL PIDEN QUE SE INVESTIGUEN AS RELACIÓNS EXISTENTES ENTRE O CONCELLO DE BARBADÁS E AS SOCIEDADES MAHIA GRUPO INMOBILIARIO E MAEXPA


·        O Fiscal pide que se recabe do Rexistro Mercantil copia das inscricións rexistrais de Mahía Grupo Inmobiliario, Maexpa, Freire Couto S.L., Eichoa S.L. e Promocións San Bieito.

 

·         Socilita ademais o Fiscal que se oficie á policía xudicial que se investiguen e informen sobre datas de compra, titulares anteriores e formas de pago dos inmoble relacionados na denuncia presentada polo voceiro socialista Xosé Carlos Valcárcel, sempre e cando estas adquisicións foran  realizadas despois do ano 2003.

 

·         Tamén se pide a relación de inmobles que son da titularidade de Freire Couto S.L. e PSICO BLUSTER S.L.

 
·        Finalmente o Fiscal pide que se investigue e informe sobre as relacións entre o Concello de Barbadás e as sociedades Mahía Grupo Inmobiliario e Maexpa dende o ano 2003

 
·        A titular do Xulgado de Instrucción Nº 3 de Ourense, Cristina Martínez, ordea a continuación das dilixencias e indica que se proceda a librar mandamiento ó Rexistro Mercantil e á Policía Xudicial nos termos solicitados no escrito do Ministerio Fiscal.

·        Pola súa banda os denunciados, Freire Couto e Manuel García solicitaron formalmente o sobreseimiento libre e arquivo das dilixencias con data de 4 de novembro de 2013.

·        Sen embargo, esta petición non foi atendida porque o 6 de novembro o Fiscal interesou a práctica das dilixencias mencionadas anteriormente.

·        Un día despois, o 7 de novembro, a xuíza instrutora pediu o limbramento ó Rexistro Mercantil e á policía xudicial nos mesmos termos plantexados polo Ministerio Fiscal.

 


 


 


 


 


 


 

 

 

 

 

 

 

venres, 22 de novembro de 2013

DEBATE DOS ORZAMENTOS


O PSdeG REPROCHA Ó ALCALDE DE BARBADÁS A SÚA FALTA DE CREDIBILIDADE NO DEBATE DOS ORZAMENTOS


·       Valcárcel reprochou que “para actuacións reais que supoñan apoio á creación de postos de traballo ou emprendedores van destinados 0 euros”.

 
·       Criticou tamén que se reducira persoal no servizo de axuda no fogar nos últimos anos

 

·       O voceiro socialista foi crítico tamén co servizo de recollida de lixo, “pois pagamos polo contrato 380.000 euros ó ano  e a cidadanía ten unha percepción do servizo moi deficiente”.

 

·       “Vostede señor Freire xa hai tempo que non ten credibilidade, a veciñanza desconfía de vostede, é un perigo para Barbadás”

 

·       Valcárcel fixo un repaso das carencias do concello e censurou que a Xunta reducira en 1 millón de euros a partida destinada para o centro de saúde respecto ás previsións de 2013, quedando en 2,5 millóns de euros.

 
  • Actualmente o problema máis importante para a veciñanza de Barbadás é o emprego. Ó redor deste argumento o voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel, analizou os orzamentos do Concello para o ano 2014.

  •  “Para 2014 destina a Promoción de Emprego 94.000 euros, dos cales 59.000 van adicados a remunerar ó persoal, 12.000 a seguridade social e 12.000 a luz, mentras que o resto da partida vai adicada a servizos e suministros.


  • Segundo Valcárcel “vivimos nun concello onde non existe un Axente de Desenvolvemento Local consolidado e estamos sempre a expensas das achegas da Xunta”. Para o voceiro do PSdeG a figura dun ADL estable e activo é un elemento fundamental para o desenrolo de programas innovadores e a longo prazo para o fomento do emprego.

  •   A conclusión desta situación é que a xestión do alcalde “resulta inexistente e vai a remolque dos acontecementos, non hai previsión e vai quedar marcada para sempre pola especulación e pola presunta corrupción”, apuntou Valcárcel.


  • Sen embargo resulta escandaloso que “co incremento de  Sogama no canon do lixo, que en Barbadás vai supor 90.000 euros máis o vindeiro ano, pasa de ter perdas en 2013 a ter uns beneficios no 2014 de máis de 6.600.000 euros e despois de impostos, segundo datos facilitados pola Xunta”. O concellos onde goberna o PP dobléganse sen máis diante do “ordeo e mando da Xunta en lugar de presionar para solventar esta situación”, recriminou Valcárcel.

  • O voceiro do PSdeG detallou o mal estado no que se atopan tanto as zonas deportivas coma os parques públicos.  Chamou a atención sobre o abandono no mantemento do mobiliario urbano, posto que as farolas rotas se converten en papeleras e sobre os maceteiros baleiros de plantas que se atopan na avenida  de Celanova, onde os veciños chegaron incluso a plantar pementos, tomates e perexil debido á desidia do equipo de goberno.

  •  Segundo o responsable do Grupo Socialista “na política e na economía hai un valor que é fundamental para acadar o éxito, para conseguir uns obxectivos predeterminados”. Para Valcárcel esa variable chámase credibilidadee vostede señor Freire xa hai tempo que non a ten, a veciñanza desconfía de vostede, é un perigo para Barbadás”

 

  • “En total os supostos investimentos suman 331.000 € nos que están incluidos os xa mencionados 68.000 € para parques.
 
  • Esta cifra, coma sempre, non é real xa que hai perto de 80.000 € que se corresponden a mobiliario, proxectos técnicos, maquinaria, informática, etc e edemais hai unha partida de 21.000 € que aporta o FEDER e que polo tanto non é un investimento propio do Concello de Barbadás o seren recursos alleos. Resumindo, o  investimento real é de 232.000 € o que equivale ó 4,25%.

  • CALDERILLA  para as necesidades do noso concello.

  •  Non pode ser de outro xeito cando o 90%  do presuposto de adica a gasto de persoal (43,21%)  e gasto corrente (46,70%)

  • ¿Sabe vostede que moitísimas farolas están estragadas? ¿Sabe vostede que incluso están sendo usadas como papeleras? ¿Pensa que con 20.000 €, que son os que prevé o orzamento para reparacións, se pode solventar a situación? Non, claramente non.

  • Non existe previsión para realizar os investimentos. Como vostede recoñeceu señor Freire, traballarán conforme xurdan as necesidades. Dito doutro xeito, non hai nin proxectos nin planificación e todo seguerá igual.

 
  • Finalmente, falando das achegas ós distintos coletivos de veciños é moi ilustrativo da súa política subvencionar asociacións que bordean a legalidade, que non teñen actividade e que ademais son utilizadas polo alcalde para tentan maniatar inquedanzas veciñais e o exemplo máis claro é a AA.VV. Valenzá. Unha pseudo asociación na que o seu presidente nunha entrevista moi recente o único que fixo foi intentar lanzarse políticamente e facerlle literalmente a pelota ó goberno municipal.”

  • ORZAMENTO de Barbadás para 2014: 5.461.663 euros

  • PP- votou a favor
  • PSdeG e BNG_ en contra

mércores, 13 de novembro de 2013

AS COINCIDENCIAS DE FREIRE

O VOCEIRO SOCIALISTA EN BARBADÁS, XOSÉ CARLOS VALCÁRCEL ACUSA A FREIRE DE SER UN "VIVIDOR QUE SÓ BUSCA O INTERESE PARTICULAR"

Freire fala de coincidencias e di estar "TRANQUILÍSIMO"

·       Na petición de demisión de alcalde e tenente alcalde, Valcárcel falou de que a veciñanza reclama accións contundentes e decididas que permitan desenmascarar a un tipo de político “vividor e que só busca o interese particular en detrimento dos intereses xerais”.

 

·       Freire asegurou no pleno celebrado onte martes que “non houbo ningunha irregularidade ata o día de hoxe”. Afirmou tamén que todas as deficiencias que se detectaron “foron subsanadas, doutro xeito non houbera sido posible vender” as vivendas na área de reparto número 1.

 

·       O alcalde de Barbadás dixo que o relatorio que fixo o voceiro socialista en base á denuncia presentada polo PSdeG en xullo de 2013 “É UNHA COINCIDENCIA”. Afirma o alcalde de Barbadás que ese “señor, en alusión a Ramón López Casal (Mahía), non me deu nada”.

·       Pola súa banda, o tenente alcalde, Manuel García dixo que “por agora só hai unha denuncia e dilixencias previas”. Afirmou sentirse “feliz e tranquilo porque a Xustiza me investigue. Teño todo moi claro e limpo e non vou resultar imputado”.

·       Freire defendeuse das críticas de PSdeG e BNG asegurando que “estamos tranquilísimos”. Sen embargo, ó líder socialista retiroulle a palabra na súa primeira intervención dicindo que non lle ía consentir que mentira e amenazouno con levalo ao xulgado.
 
  • “Os feitos son os seguintes: a finais do 2003 a entidade Habitarama SL, empresa filial de Mahía Grupo Inmobiliario, solicita a aprobación do Plano de Reforma Interior do AR 1 da Valenzá, cunha serie de propostas que consideramos ilegais e outras que benefician á promotora sin xustificación aparente e que foron aprobadas polo  Concello de Barbadás.
  • Entre as propostas presuntamente ilegais e que foron aprobadas atópanse as seguintes:
 
ü    Elevación da superficie da área de reparto prevista no Plan Xeral de 95.077 m2 a 100.833 m2 e como superficie computable de 99.800 m2
ü    Dado o incremento da citada superficie, auméntase a posibilidade edificatoria ata 81.836 m2 (+ 3.836 m2)  de chán residencial e outros 9.381 m2 (+423 m2) de superficie comercial.
ü    Incumprese a normativa autonómica de reserva do 20% do volume que debe ir destinado a vivenda protexida.
ü    Incúmprese a normativa en relación á previsión de prazas de garaxe de dous por cada 100 m2 edificables co 25% de dominio público.
ü    Beneficiase á promotora coa supresión das glorietas proxectadas no Plano Xeral de xeito que a urbarnización é menos gravosa.
ü    Finalmente faise un xogo malabar á hora de ceder ó Concello de Barbadás os parques públicos, posto que debaixo dos mesmos ian a construirse os garaxes dos edificios, algo que non está permitido xa que a cesión debe ser incluindo o subsolo.
 
  • Ó  mesmo tempo que o Concello dirixido polo Sr. Freire tramitaba o PERI do AR1, a entidade Alba María Sociedade Promotora  de Bens Imoveis LDA, merca supostamente o 20 de abril de 2004, cando a citada entidade carecía de activade por haber sido constituida o 30 de xaneiro anterior, dous inmoveis á sociedade portuguesa na que Ramón López Casal era accionista e directivo LOPEZ NOYA. Hai que destacar e suliñar que o citado Sr. López Casal é tamén o presidente de MAHÍA.
 
  • De este xeito realízanse as seguintes operacións:
ü    Compra dun inmoble sito en Matosinhos, Avda. da Liberdade 145 quinto andar, con trasteiro e garaxe.
ü    Outro inmoble máis no oitavo andar.

CONTINUARÁ.........




 

 

sábado, 9 de novembro de 2013

MASIFICACIÓN NA ESCOLA DE FÚTBOL



OS SOCIALISTAS DETACAN O MALESTAR QUE EXISTE ENTRE PAIS E NAIS DE ALUMNOS PORQUE NALGÚNS CASOS CHEGÁRONSE A ADMITIR ATA 28 NENOS NUN EQUIPO

 

·         A planificación utilizada na escola de fútbol vai en contra da lóxica na práctica dun deporte didáctico como é o caso porque un dos aspectos fundamentais é sair ó terreo de xogo.

  •  O PSdeG xa presentou a principios do mes de outubro unha batería de preguntas para esclarecer o trasfondo da polémica. Pero non foi ata case un mes despois cando foron respostadas.


  • Resulta inadmisible que Freire conteste ante as interpelacións socialistas que “nalgunhas categorías admitíronse máis nenos co obxectivo de cubrir a gran demanada que existía para darlle cabida ó máximo número de nenos posible”.

  • Para o PSdeG é unha tomadura de pelo que o propio alcalde asuma que se permite unha masificación inxusta “para que puideran practicar a actividade deportiva elixida co fin de que ningún neno quedara sen practicar deporte”.


  • Esto significa, censuran dende o PSdeG, que se aplicou a denominada “lei do embude”.

  •  É ilóxico tentar contentar a todos os aspirantes provocando a saturación da escola deportiva de fútbol e a costa da calidade tanto teórica como práctica do deporte.

  • A masificación que está a producir na escola deportiva de fútbol de Barbadás ten provocado un profundo malestar entre os pais e nais dos cativos. Nalgúns casos admitiuse a matrícula de 28 nenos nunha categoría, en concreto en Xuvenil A.

  • Esta cifra de xogadores por equipo resulta excesivamente elevada, tendo en conta que en cada partido só son convocados entre 14 e 16 alumnos e finalmente non xogan todos. A planificación utilizada na escola de fútbol vai en contra da lóxica na práctica dun deporte didáctico como é o caso porque o fundamental é sair ó terreo de xogo.

            Ademais a distribución tan masificada de equipos podería influir negativamente na calidade formativa dos usuarios porque se poderían estar producindo distincións entre os cativos/mozos ó pagar todos a mesma contía na matrícula.

Os Socialistas de Barbadás reprochan que o incremento no número de alumnos que esta tempada foron admitidos na escola de fútbol resulta excesivamente elevado e provoca que moitos deles teñan que xogar con pouca frecuencia.

            Esta situación desalentadora tanto para os pais/nais como para os alumnos e provocou durante semanas un malestar xeralizado. Dende o Concello tentaron canalizar a polémica con sucesivas reunións que, segundo os propios interesados, é dicir, os deportistas, non serviron para solventar o problema de fondo.

O PSdeG xa presentou a principios do mes de outubro unha batería de preguntas para esclarecer o trasfondo da polémica. Pero non foi ata case un mes despois cando o alcalde, José Manuel Freire, respostou con unha información pouco satisfactoria.

Dende o Grupo Socialista non consideramos equilibrado de cara á formación dos deportistas que se nos resposte que se optou por “facer rotacións dos nenos nas convocatorias dos partidos de liga para que xoguen o maior número de minutos”. Non é suficiente porque hai nenos que só poderían xogar 1 vez ó mes, coa conseguinte frustración que esto lles produce.

Resulta inadmisible que Freire conteste ante as interpelacións socialistas que “nalgunhas categorías admitíronse máis nenos co obxectivo de cubrir a gran demanada que existía para darlle cabida ó máximo número posible”. Para o PSdeG é unha tomadura de pelo que o propio alcalde asuma que se permite unha masificación inxusta “para que puideran practicar a actividade deportiva elixida co fin de que ningún neno quedara sen practicar deporte”.

Esto significa, censuran dende o PSdeG, que se aplicou a denominada “lei do embude”. É ilóxico tentar contentar a todos os aspirantes provocando a saturación da escola deportiva de fútbol e a costa da calidade tanto teórica como práctica do deporte.

Segundo critican os Socialistas esto máis ben parece outro xeito de recadar diñeiro, pois cada alumno aporta en concepto de matrícula 80 euros por tempada. O número total de nenos federados este curso é de 286, distribuidos en 14 equipos. Na anterior tempada 2012-2013 ingresáronse 21.625 €, unha cifra inferior á de este ano.

Hai equipos en xuvenil que agrupan a un mínimo de 22 nenos e un máximo de 24. En infantil hai 2 equipos, de 28 e 26 alumnos. Na categoría de alevín hai 3 equipos, de 18, 20 e 21 deportistas respectivamente. Estas cifras son excesivamente elevadas e aínda que na resposta ofrecida ó Grupo Socialista o alcalde recalca que pais e nais deron o seu consentimento, o que está claro é que hai descontento e que incluso hai alumnos que abandonaron e prefiren practicar fútbol-sala en lugar de estar masificados e sen poder xogar ó fútbol.
 

 

martes, 5 de novembro de 2013

ENTRAMADO DE RELACIÓNS SOSPEITOSAS


SEGUNDO A DENUNCIA DO PSOE DE BARBADÁS (OURENSE) DETRÁS DAS OPERACIÓNS INMOBILIARIAS PODERÍA ESCONDERSE "UN ENTRAMADO DE SOCIEDADES, TESTAFERROS E INTERESES ECONÓMICOS"

Freire comprou 8 pisos en Portugal a un empresario xulgado por soborno



  • O alcalde de Barbadás, comprou 8 pisos en Portugal por un valor de máis de 650.000 euros á sociedade de Ramón López Casal, un construtor que está á espera de sentenza xudicial despois de ser xulgado por soborno.

  • A compra destes pisos en dúas tandas coincidiu con aprobacións urbanísticas na AR-1.

  • A denuncia do PSOE apunta a que detrás destas operacións inmobiliarias podería esconderse "un entramado de sociedades, testaferros e intereses económicos.

  • O propietario orixinal de terreos na AR-1 é socio da muller de Freire Couto e irmán da apoderada da empresa familiar PsicoBluster (M. Concepción P.M).

  • Nesta área de desenrolo Mahía construiu varias torres de vivendas.

  • O socio da muller de Freire, co que nun principio se negociou o convenio urbanístico, cedeu os seus dereitos á promotora.

  • Esta promotora, a do empresario xulgado por soborno (Ramón López Casal) mercou a finca da que antes era propietario o socio da muller de Freire (Domingo P.M.) por 402.000 euros.

  • Domingo P.M. recibiu en contraprestación aproveitamentos por valor de máis de 712.000 euros.

  • A empresa de Rámón López Casal é a principal promotora de Barbadaás.

  • Unha filial da promotora solilcitou a aprobación do PERI da AR-1 con propostas que segundo a denuncia presentada polo PSdeG beneficiaron a esta empresa sen xustificación algunha.

  • Elevouse a edificabilidade en case 4.000 metros cadrados.

  • Permitíronse garaxes debaixo de parques públicos.

INFORME SEMANAL




Hoxe a Agrupación Socialista de Barbadás e o Grupo Municipal do PSdeG en Barbadás presentan a  sua  APP para dispositivos Android, (móviles  tabletas e Smart TV).

Esta APP que é a primeira e polo momento a única ( que nos conste), dun partido político en Galicia, supón non só unha “evolución” comunicativa  senón un cambio REAL de ver e entender a política.
“Dende hoxe todos @s “simpatizant@s” do PSdeG Barbadás, poden desde os seus teléfonos ou tabletas con S.O. Android, descargarse gratuitamente esta aplicación desde a Play Store, tanto os residentes en Barbadás como desde calquera parte do mundo.
 

 
A APP cumpre tres requisitos moi importantes,
1.-Ocupa moi pouco espazo na memoria, (menos de 3 MB)
2.-Non consome batería se non se está utilizando.
3.-Unha vez descargado permite realizar funcións con e sen internet, utilizando os propios recursos do teléfono.

Apostouse por lanzala só en Android , por varios motivos, como son, aforro de custos, rapidez de publicación, universalidade xa que este sistema operativo está dispoñible en máis do 85% dos dispositivos, etc..

As dificultades de Android,non foron poucas, trátase de un sistema operativo con máis de 20 versións diferentes e preto de 4.000 termináis diferentes no mercado, non nos impediron lanzar a app para todos eles.
Decir que Android naceu da man de google en 2008 con 50 aplicacións gratuítas, un ano máis tarde xa dispuña de máis dun millón de apps, e en 2013 excedemos os 50 millóns de apps.
No últimos cinco anos, impulsado polo uso de redes sociais e sobre todo por mensaxería instantánea, (whatsapp) con máis de 11 mm de mensaxes enviadas e 20mm recibidos ao día, xunto co abaratamento dos terminais (desde 60 euros) e das tarifas de datos de móbiles xunto ao aumento de espazos wifi gratuítos, fixeron que máis do 95 por cen dos teléfonos xa sexan tipo smartphones e deles máis do 85% con Android.
Este APP é un paso máis no  proceso dixitalizador desta Agrupación, iniciado no seu momento coa súa web, o blog, os seus perfís en Redes Sociais e finalmente o agrupamento de todos eles nesta Aplicación.
Así mesmo é un compromiso de “Democracia Real” do Grupo Municipal con todos os seus votantes, máis aló do voto cada catro anos, todos os cargos electos no Concello de Barbadás por parte do PSdeG, abren todas as súas canles persoais (teléfono, mail, whatsapp, Facebook e twitter) a toda a súa masa social, afiliados e simpatizantes, tanto para recibir queixas, como suxestións, achegas para plenos, etc--
 
 
 

mércores, 30 de outubro de 2013

GARAXES SUPOSTAMENTE ILEGAIS

DENUNCIA PSdeG DE BARBADÁS (OURENSE) CONTRA FREIRE

UN REXISTRADOR NÉGASE A INSCRIBIR UN TERREO DE DOMINIO PÚBLICO PARA O SEU USO COMO APARCAMENTO

Habitarama, filial de Mahia construiu garaxes debais de zonas públicas

O Concello de Barbadás aproba esta proposta supostamente ilegal, unha das razóns que motivou a denuncia do PSdeG


  • A finais de 2003 Habitarama S.L., filial de Mahia, solicita a aprobación da AR1 con unha serie de propostas supostamente ilegais.

  • Segundo a denuncia presentada polo PSdeG "faise un exercicio de malabares á hora de ceder ó Concello de Barbadás os parques públicos, posto que debaixo deles construiríanse os garaxes dos edificios".

  • Este suposto non está permitido pola lexislación vixente porque a cesión debe ser comprendendo o subsolo.

  • Esta cuestión motiva que o 21 de abril de 2007, segundo se explica no escrito de denuncia do PSdeG, se desestime un recurso presentado pola xunta de compensación que pretendía que esto fose legal.

  • Previamente o Rexistrador da Propiedade número 2 de Ourense negouse a practicar a inscrición dun documento público administrativo

  • Segundo o Rexistrador ese terreo forma parte do dominio público municipal por cesión obrigatoria e non se pode usar para aparcamentos.

  • O Rexistrador indica tamén que se estaría vulnerando a normativa vixente e o artigo 132.1 da Constitución Española.

  • Artigo 132.1 da Constitución: "A lei regulará o réxime xurídico dos bens de dominio público e dos comunais, inspirándose nos principios de inalienabilidade, emprescriptibilidade e inembargabilidade, así como a súa desafectación"

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2013/10/29/registrador-nego-inscribir-cambios-urbanisticos-barbadas-verlos-ilegales/00031383078915196650366.htm

luns, 28 de outubro de 2013

AMPLIACIÓN DENUNCIA CONTRA FREIRE


O PSdeG DE BARBADÁS (OURENSE) AMPLÍA A DENUNCIA CONTRA FREIRE E IMPLICA Ó PRESIDENTE DE MAHIA E Ó EXCONCELLEIRO DE OBRAS ANTONIO CURRÁS


·        Xosé Carlos Valcárcel, voceiro socialista en Barbadás e autor da denuncia apunta a un novo delito, o de cofeito e a prevaricación pasa coa ampliación da demanda a ter a cualificación de continuada.

 

·         A ampliación da demanda alude á área de reparto número 1, situada no entorno das piscinas.

 

·         Supostamente suprimíronse glorietas, facendo menos gravosa a urbanización para Mahia

 
·        Construíronse garaxes situados debaixo de parques públicos e zonas verdes, unha posibilidade prohibida pola normativa, posto que a cesión de chan de dominio público comprende tamén o subsolo.

 

·        Unha empresa da familia de Freire, Alba María, adquiriu en Portugal (Matosinhos) inmobles presuntamente sen contraprestación algunha a sociedades vinculadas a Mahia, principal beneficiaria das modificación urbanísticas e dos cambios que se fixeron na AR1

 

·        Unha promotora, San Bieito, que tiña 8 fincas na AR1, cedeu unha opción de compra sobre unha vivenda á Sociedade Mercantil Eichoa, propiedade da muller do alcalde de Barbadás

 

 Barbadás, 28 de outubro de 2013.  Unha ampliación da denuncia presentada polo PSdeG o pasado mes de xullo aporta novos datos sobre o plan especial de reforma interior da área de reparto número 1 da Valenzá. Os PSdeG fala da posibilidade de que ese vulnerase a legalidade vixente para beneficiar directamente a unha entidade, Mahia Grupo Inmobiliario “ os seus adláteres a cambio de contraprestacións”.

         Na ampliación da denuncia indícase que o 5 de xullo de 2002 formalízae un convenio urbanístico entre o Concello de Barbadás e Mahia (do que xa se falou na denuncia inicial) por medio do cal ente local cede o 10 % do aproveitamento que lle corresponde no AR1 a cambio da cesión duns terreos.

         Posteriormete apróbase o PXOM, no que se especifica que a superficie da área de reparto (95.077 m2), terá unha edificabilidade máxima residencial de 78.000 m2 e 8.958 destinada a uso comercial.

         A finais de 2003 Habitarama S.L., filial de Mahia, solicita a aprobación da AR1 “con unha serie de propostas ó noso xuízo ilegais e outras que benefician presuntamente á promotora sen xustificación aparente e que son aprobadas polo Concello de Barbadás”, explica Xosé Carlos Valcárcel, voceiro socialista en Barbadás e autor da denuncia.

         Entre as propostas presuntamente ilegais que foron aprobadas atópanse as seguintes:

1.     Elévase a superficie da área de reparto prevista de 95.077m2 a 100.833m2 (incluído o río dos Muíños) e con unha superficie computable de 99.800 m2.

2.     Como consecuencia desta elevación da superficie, aumenta a posibilidade edificatoria ata 81.836 m2 de solo residencial e 9.381 de superficie comercial.

3.     Incúmprese así a normativa autonómica de reserva do 20 % do volumen para vivenda protexida.

4.     Incúmprese a normativa respecto de prazas de garaxe de 2 de cada 100 m2 edificables con 25 % de dominio público.

5.     Benefíciase á promotora coa supresión das glorietas que se proxectaran no plan xeral, facendo menos gravosa a urbanización.

6.     Faise un exercicio de malabares á hora de ceder ó Concello de Barbadás os parques públicos, posto que debaixo deles construiríanse os garaxes dos edificios, suposto que non está permitido porque a cesión debe ser comprendendo o subsolo.

 

A última cuestión motiva que o 21 de abril de 2007 se publique no BOE a resolución 26/3/07 da DGRN pola que se desestima o recurso interposto pola xunta de compensación da AR1 da Valenzá contra a negativa do Rexistrador da Propiedade número 2 de Ourense a practicar a inscrición dun dcomento público administrativo de operacións xurídicas complementarias ó proxecto de compensación. O rexistrador sinala que ese terreo forma parte do dominio público municipal por cesión obrigatoria e non se pode usar para aparcamento. Transguédese así a normativa vixente e o artigo 132.1 da constitución, explicita a denuncia.

 

Alba María

 

         Paralelamente e ó tempo que o Concello tramitaba o Peri da AR1, Alba María Sociedade Promotora de Bens Imoveis Lda, supostamente mercou o 20 de abril de 2004 (cando a entidade carecía aínda de actividade porque fora constituída o 30 de xaneiro do ano anterior) 2 inmobles á sociedade portuguesa  da que era accionista e dirixente Ramón López Casal, presidente de Mahia, é dicir, a López&Noya Sociedad Promotora e Constructora Inmobiliaria Lda.

         Formalizáronse entón a compra de un inmoble situado en Matosinhos,  no número 145 da avenida da Liberdade, quinta planta, con trastero e garaxe e outro no piso oitavo, tamén con trasteiro e garaxe. Esto coincidiu coas datas de aprobación inicial e definitiva do Peri AR1 .

         Transcorrido o tempo, concretamente o 28 de setembro de 2006 adquiriu presuntamente e sen contraprestación económica os seguintes bens a López&Noya:  6 inmobles no número 145 da avenida da Liberdade, na quinta, 2 na sexta, séptima, oitava e novena plantas.

         Na actualidade as dúas empresas, Alba María e López&Noya teñen idéntica sede social.

 
Implicado un exconcelleiro de Obras

 
         Segundo a denuncia presentada en nome de Xosé Carlos Valcárcel, Mahia vendeu, sen recibir contraprestación algunha a Antonio Currás Menor o piso situado na capital ourensá. Esta entrega “presúmese como presunto pago pola axilización no Concello de Babadás das actuacións inmobiliarias” citadas. A data da operación oincide coa de aprobación definitiva do Peri AR1, a finais de 2004.

 
San Bieito e Eichoa

 
         Valcárcel resalta no escrito de denuncia que entre a relación de propietarios de parcelas na AR1 figura Promocións San Bieito S.L., con 8 fincas sobre as que se desenrola a operación urbanística.

Na denuncia faise referencia a que San Bieito cedeu unha opción de compra sobre unha vivenda con praza de garaxe e trasteiro a Eichoa, da que é propietaria a muller de Freire.

         A denuncia destaca que “sospeitamos que tamén esta opción de compra podería ser un negocio simulado que trata de ocultar a verdadeira naturaleza do feito, é dicir, o suposto pago pola operación urbanística”.

         Na ampliación de denuncia presentada o venres 25 de outubro e sobre a que xa tivo que declarar Freire no interrogatorio que se lle fixo hoxe pola mañá, fálase da responsabilidade de 5 persoas máis, entre as que se atopan o exconcelleiro de Obras, Antonio Curras, o presidente de López &Noya, Ramón López Casal, Pilar Encarnación Branco Illodo, apoderada de Mahia, José Noya Rey, socio da entidade portuguesa López&Noya e Marcos López, representante de Mahia.