luns, 28 de outubro de 2013

AMPLIACIÓN DENUNCIA CONTRA FREIRE


O PSdeG DE BARBADÁS (OURENSE) AMPLÍA A DENUNCIA CONTRA FREIRE E IMPLICA Ó PRESIDENTE DE MAHIA E Ó EXCONCELLEIRO DE OBRAS ANTONIO CURRÁS


·        Xosé Carlos Valcárcel, voceiro socialista en Barbadás e autor da denuncia apunta a un novo delito, o de cofeito e a prevaricación pasa coa ampliación da demanda a ter a cualificación de continuada.

 

·         A ampliación da demanda alude á área de reparto número 1, situada no entorno das piscinas.

 

·         Supostamente suprimíronse glorietas, facendo menos gravosa a urbanización para Mahia

 
·        Construíronse garaxes situados debaixo de parques públicos e zonas verdes, unha posibilidade prohibida pola normativa, posto que a cesión de chan de dominio público comprende tamén o subsolo.

 

·        Unha empresa da familia de Freire, Alba María, adquiriu en Portugal (Matosinhos) inmobles presuntamente sen contraprestación algunha a sociedades vinculadas a Mahia, principal beneficiaria das modificación urbanísticas e dos cambios que se fixeron na AR1

 

·        Unha promotora, San Bieito, que tiña 8 fincas na AR1, cedeu unha opción de compra sobre unha vivenda á Sociedade Mercantil Eichoa, propiedade da muller do alcalde de Barbadás

 

 Barbadás, 28 de outubro de 2013.  Unha ampliación da denuncia presentada polo PSdeG o pasado mes de xullo aporta novos datos sobre o plan especial de reforma interior da área de reparto número 1 da Valenzá. Os PSdeG fala da posibilidade de que ese vulnerase a legalidade vixente para beneficiar directamente a unha entidade, Mahia Grupo Inmobiliario “ os seus adláteres a cambio de contraprestacións”.

         Na ampliación da denuncia indícase que o 5 de xullo de 2002 formalízae un convenio urbanístico entre o Concello de Barbadás e Mahia (do que xa se falou na denuncia inicial) por medio do cal ente local cede o 10 % do aproveitamento que lle corresponde no AR1 a cambio da cesión duns terreos.

         Posteriormete apróbase o PXOM, no que se especifica que a superficie da área de reparto (95.077 m2), terá unha edificabilidade máxima residencial de 78.000 m2 e 8.958 destinada a uso comercial.

         A finais de 2003 Habitarama S.L., filial de Mahia, solicita a aprobación da AR1 “con unha serie de propostas ó noso xuízo ilegais e outras que benefician presuntamente á promotora sen xustificación aparente e que son aprobadas polo Concello de Barbadás”, explica Xosé Carlos Valcárcel, voceiro socialista en Barbadás e autor da denuncia.

         Entre as propostas presuntamente ilegais que foron aprobadas atópanse as seguintes:

1.     Elévase a superficie da área de reparto prevista de 95.077m2 a 100.833m2 (incluído o río dos Muíños) e con unha superficie computable de 99.800 m2.

2.     Como consecuencia desta elevación da superficie, aumenta a posibilidade edificatoria ata 81.836 m2 de solo residencial e 9.381 de superficie comercial.

3.     Incúmprese así a normativa autonómica de reserva do 20 % do volumen para vivenda protexida.

4.     Incúmprese a normativa respecto de prazas de garaxe de 2 de cada 100 m2 edificables con 25 % de dominio público.

5.     Benefíciase á promotora coa supresión das glorietas que se proxectaran no plan xeral, facendo menos gravosa a urbanización.

6.     Faise un exercicio de malabares á hora de ceder ó Concello de Barbadás os parques públicos, posto que debaixo deles construiríanse os garaxes dos edificios, suposto que non está permitido porque a cesión debe ser comprendendo o subsolo.

 

A última cuestión motiva que o 21 de abril de 2007 se publique no BOE a resolución 26/3/07 da DGRN pola que se desestima o recurso interposto pola xunta de compensación da AR1 da Valenzá contra a negativa do Rexistrador da Propiedade número 2 de Ourense a practicar a inscrición dun dcomento público administrativo de operacións xurídicas complementarias ó proxecto de compensación. O rexistrador sinala que ese terreo forma parte do dominio público municipal por cesión obrigatoria e non se pode usar para aparcamento. Transguédese así a normativa vixente e o artigo 132.1 da constitución, explicita a denuncia.

 

Alba María

 

         Paralelamente e ó tempo que o Concello tramitaba o Peri da AR1, Alba María Sociedade Promotora de Bens Imoveis Lda, supostamente mercou o 20 de abril de 2004 (cando a entidade carecía aínda de actividade porque fora constituída o 30 de xaneiro do ano anterior) 2 inmobles á sociedade portuguesa  da que era accionista e dirixente Ramón López Casal, presidente de Mahia, é dicir, a López&Noya Sociedad Promotora e Constructora Inmobiliaria Lda.

         Formalizáronse entón a compra de un inmoble situado en Matosinhos,  no número 145 da avenida da Liberdade, quinta planta, con trastero e garaxe e outro no piso oitavo, tamén con trasteiro e garaxe. Esto coincidiu coas datas de aprobación inicial e definitiva do Peri AR1 .

         Transcorrido o tempo, concretamente o 28 de setembro de 2006 adquiriu presuntamente e sen contraprestación económica os seguintes bens a López&Noya:  6 inmobles no número 145 da avenida da Liberdade, na quinta, 2 na sexta, séptima, oitava e novena plantas.

         Na actualidade as dúas empresas, Alba María e López&Noya teñen idéntica sede social.

 
Implicado un exconcelleiro de Obras

 
         Segundo a denuncia presentada en nome de Xosé Carlos Valcárcel, Mahia vendeu, sen recibir contraprestación algunha a Antonio Currás Menor o piso situado na capital ourensá. Esta entrega “presúmese como presunto pago pola axilización no Concello de Babadás das actuacións inmobiliarias” citadas. A data da operación oincide coa de aprobación definitiva do Peri AR1, a finais de 2004.

 
San Bieito e Eichoa

 
         Valcárcel resalta no escrito de denuncia que entre a relación de propietarios de parcelas na AR1 figura Promocións San Bieito S.L., con 8 fincas sobre as que se desenrola a operación urbanística.

Na denuncia faise referencia a que San Bieito cedeu unha opción de compra sobre unha vivenda con praza de garaxe e trasteiro a Eichoa, da que é propietaria a muller de Freire.

         A denuncia destaca que “sospeitamos que tamén esta opción de compra podería ser un negocio simulado que trata de ocultar a verdadeira naturaleza do feito, é dicir, o suposto pago pola operación urbanística”.

         Na ampliación de denuncia presentada o venres 25 de outubro e sobre a que xa tivo que declarar Freire no interrogatorio que se lle fixo hoxe pola mañá, fálase da responsabilidade de 5 persoas máis, entre as que se atopan o exconcelleiro de Obras, Antonio Curras, o presidente de López &Noya, Ramón López Casal, Pilar Encarnación Branco Illodo, apoderada de Mahia, José Noya Rey, socio da entidade portuguesa López&Noya e Marcos López, representante de Mahia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario