venres, 22 de maio de 2015

COÑECE ÓS/ÁS CANDIDAT@S: ADRIÁN VARELA

ADRIÁN VARELA VÁZQUEZ (Nº  5)

Diplomado en Ciencias Empresariais, Máster en Xestión de Entidades Deportivas,

Entrenador fútbol- 32 anos

O Barbadás que eu quero é un Concello do que sentirse orgulloso, do que poder presumir, un concello xove, dinámico, e non un concello do que avergoñarse que só aparece na prensa por temas relacionados coa corrupción, cos enchufismos, cos pelotazos inmobiliarios.

O que me leva a formar parte da lista do PSdeG de Barbadás é o feito de ser unha candidatura seria, que leva varios anos traballando para os veciños do Concello, coñecendo as súas necesidades e tratando de solucionalas, ademáis é unha candidatura que trasmite transparencia, non teñen nada que agochar, algo que é de agradecer tal e como se atopa a política na actualidade.

No que respecta ó que máis preto me toca como é o tema do deporte pois trataremos de dinamizalo, de aproveitar aquelas zonas deportivas descoidadas e abandoadas, dándolle uso. Sería convinte utilizar o deporte como dinamizador do consumo no concello, acollendo e organizando campionatos e actividades deportivas que repercutirán beneficiosamente no comercio local. 

Ademáis darémoslle especial importancia ó deporte de base, xa que somos un concello moi xoven e os nenos necesitan dunha oferta deportiva ampla e de calidade.


COÑECE ÓS/ÁS TEUS/TÚAS CANDIDAT@S: VICTORIA MORENZA DOFORNO

VICTORIA MORENZA DOFORNO (Nº 2)

Licenciada en Xornalismo, Licenciada en CC. Políticas, 

Persoal Laboral Xunta (45 anos) 

Os grandes proxectos nun concello coma Barbadás son fundamentais e no noso caso son urxentes. Pero temos que ter nas nosas mentes cuestións máis importantes para tod@s e cada un d@s veciñ@, o que no Partido Socialista chamamos  a política das pequenas cousas.

Esas barreiras que impiden que nos movamos con facilidade, eses parques que non se coidan a cotío, esas zonas deportivas que están avellentadas, esa farola que hai meses que non funciona, ese paso de peóns que é preciso habilitar porque non hai por onde cruzar
.
Esa política das pequenas cousas é o que nos move ós/ás socialistas a estar en política. E precisamente a política local, a máis cercana é a que serve para dar solución ós pequenos problemas da veciñanza. Esa ten que ser a nosa labor coma políticos: escoitar, transmitir, solucionar, mellorar.


COÑECE ÓS/ÁS TEUS/TÚAS CANDIDAT@S: RAFAEL SIERRA CARRIL

RAFAEL SIERRA CARRIL (Nº 4)

FP2 en Automoción (desempregado)

Desde unha óptica rural o Concello ten que fomentar o cooperativismo. A creación e asesoramento para pór en marcha cooperativas destinadas á venda de productos hortícolas (plantas, froitas, etc) debe ser unha das prioridades. O obxectivo é que os asociados á cooperativa non teñan que ser escravos do seu traballo senón que o poidan facer dunha forma digna.
Asimesmo, dende o Concello débese promocionar unha festa gastronómica para facilitar o recoñecemento dos productos autóctonos e que contribúa a axudar á súa venda e divulgación.

Unha parte moi importante dos nosos obxectivos no goberno do Concello é a comunicación dos núcleos rurais coa Valenzá e Ourense a través de horarios axeitados ás necesidades dos veciños.

Outra prioridade debe ser a posta en marcha dunha oficina de rehabilitación dos cascos antigos dos pobos onde se inclúa tamén o patrimonio cultural e a integración do seu entorno, tanto de canastros e cruceiros como palcos da música, capelas etc.

É fundamental tamén procurar que os parques e xardíns estean limpos e ben coidados para que nenos, xóvenes e maiores se sintan cómodos e poidan disfrutar das instalación.

Así mesmo, que as rúas e viais existentes non se deterioren facendo limpeza de cunetas e desbroce de aquelas que estean deterioradas.

O máis importante é que os políticos temos que ser a correa de transmisión entre os cidadáns e a Administración Local, tratando de escoitar e explicar as razón duns e as formas de solucionar os problemas xurdidos entre uns e outros.

A limpeza e a seguridade no medio rural é moi escasa, polo que é necesario que os operarios da adxudicataria e a policía local teñan unha maior presenza nos núcleos

xoves, 21 de maio de 2015

COÑECE ÓS/ÁS TEUS/TÚAS CANDIDAT@S: MARGA PÉREZ FERNÁNDEZ

MARGA PÉREZ FERNÁNDEZ (Nº 3)

Licenciada en Pedagoxía, Diplomada en Maxisterio, Técnico Superior en Prevención Riscos Laborais

Para min a política é coñecer a realidade na que viven os veciños e veciñas de cada pobo de Barbadás e buscar solucións ás suas necesidades, é convertir en realidade os desexos dás familias, para acadar entre todos un concello máis desenvolto e eficaz.

A política para min é traballar para acadar ese Concello que todos desexamos, onde sexa posible atopar traballo, compartir momentos de paseo e deporte cos amigos, dipoñer de centros de educación para os nosos cativos e xovenes, dispoñer dunha atención e centro médico dignos,  onde atopar solución ante a discapacidade ou ante a imposibilidade de atención familiar aos nosos maiores.

Entre todos temos que ser moi conscientes da decisión a tomar nas vindeiras eleccións. Esa decisión axudará a cambiar o futuro do noso Concello. 

Estes últimos anos estivemos gobernados pola dereita. Por unha dereita insolidaria, que  pensou e toumou medidas que nunca  tiveron en conta o ben común, senón o ben duns poucos.

COÑECE ÓS/ÁS CANDIDAT@S: ELISABET GONZÁLEZ NISTAL

ELISABET GONZÁLEZ NISTAL (Nº 6)

Membro da directiva da asociación de celíacos de Ourense.

Que as familias, grandes e pequenas, teñamos cubertas as nosas necesidades sen ter que ir a buscalas fóra do concello. Necesidades tanto de uso e consumo como de lecer, coa seguridade e garantía que nos permitan vivir en Barbadás con gusto, a gusto e por gusto.

Ademais sería importante poñer en funcionamento unha horta urbana, onde @s nen@s e os seus pais e súas nais poidan utilizar unha parcela de terreo para poder seguir todo o proceso dende a sementeira ata a recolección dos froitos. Esta actividade sería beneficiosa tanto para os/as cativos/as coma para pais e nais porque incluso suporía un aforro na cesta da compra.


mércores, 20 de maio de 2015

COÑECE A CANDIDAT@S: VICTOR LLOVES SOBRADO

VICTOR LLOVES SOBRADO (Nº 10)

Enxeñeiro Técnico Forestal, Postgrao en dirección de empresesas,

emprendedor, 35 anos

Estas serían as principais liñas programáticas que aporto:

• Creación dun punto limpo.

• Aumento do número de colectores de aceite de cociña.

  • Subvención para a adquisición de  papeleiras con varios compartimentos 
para as casas, e así favorecer a reciclaxe.

 - Servizo de canceira.

 - Creación de rutas de sendeirismo nas que se observen as  características mais representativas da paisaxe do concello.

 - Creación dun parque botánico e de lecer.

  - Creación dunha horta para uso extraescolar para achegar ós mais pequenos a educación ambiental.

 - Valorar a posibilidade da creación dun circuíto de motocross no comunal de Loiro.

 - Promover unha vida san con campañas de información.

 - Promover unha vida san libre do fume do tabaco, mediante axuda ós fumadores.

 - Centro cinexético para a repoboación dos montes con especies animais auctóctonas.


martes, 19 de maio de 2015

COÑECE A CANDIDAT@S: MAR GÓMEZ DOMÍNGUEZ

MAR GÓMEZ DOMÍNGUEZ (Nº 9)

Emprendedora

 Para Barbadás, o meu concello de acollida, e como comerciante da zona da Valenzá, gustaríame que o PSdeG cando chegue a gobernar remate coas graves inxustizas que @s comerciantes temos sufrido durante estes anos por parte do goberno municipal do PP e rematar coa sensación de desamparo.

Do novo goberno querería unha resposta ás dificultades d@s comerciantes, algunhas creadas dende o propio goberno do PP, para que os nosos comercios sexan máis competitivos e coñecidos polos clientes.

Dende o concello poden crearse convenios de financiamento para que ser emprendedor en Barbadás non sexa a ruína dunha familia.
Dar preferencia ó entramado comercial de Barbadás é básico para que o concello creza a todos os niveis.

En Educación quero para Barbadás unha gardería no verdadeiro sentido do término, é dicir, que non teña o mesmo estatus cá un colexio e dea servizo cando se necesita e se adapte ás necesidades dos pais e nais traballadores/as. Para eso debe haber un modelo de selección máis axeitado ás necesidades dos usuarios. Unha gardería municipal debe dar servizo ós nenos do concello e, sobre todo, a aqueles que máis necesidades teñen, tanto económicas coma persoais.

Así mesmo tamén debe plantexarse seriamente o tema dos horarios de dos colexios, de xeito que se un ten horario intensivo, o outro facilite un horario máis flexible.
Sobre o tema do instituto hai que tomar moi seriamente la construcción do mesmo pois, aínda que Educación xa dixo que se o Quinto Instituto estaba baleiro, non se contruiría outro centro de ensino, o Concello debe solicitalo debido ás particularidades do Quinto, que non garanten o seu completo aforo e eso prexudica a Barbadás.

Como animalista farei o imposible polo cumprimento da lei en materia de protección animal, axudas ó control das colonias porque varios voluntarios xa comezaron a xestionar sen axuda administrativa e en colaboración con Protección Civil a realizar controis de todos os animais do concello porque estes non deben ser os esquecidos das políticas sociais dun concello. A calidade de vida e a saúde da veciñanza pasa polo respecto e coidado dos seus animais.

Tamén é de gran interese para min a asistencia social ós máis necesitados e por eso deben revisarse as políticas sociais de xeito que chegue a máis persoas e dunha maneira máis obxectiva, independentemente de inclinacións políticas.

A creación dun Banco de alimentos ben xestionado, eficiente e en colaboración con Cruz Vermella e as principais superficies de Ourense, un banco de roupa e un comedor social  deben ser prioritarias.


sábado, 16 de maio de 2015

COÑECE A CANDIDAT@S: MODESTA SEARA SELAS

COÑECE ÓS/ÁS TEUS/TÚAS CANDIDAT@S

MODESTA SEARA SELAS (Nº 8)

Enfermeira

Participo nesta candidatura porque quero un Barbadás limpo, con recursos, con igualdade de oportunidades para o emprego, con servizos propios dun concello da nosa poboación.

Quero un Barbadás novo e respectuoso coas nosas raíces e tamén cos que non opinan coma ti. Quero un Barbadás para todos.

É necesario un cambio en Barbadás, un concello no que nacín e medrei, un concello no que vivo e que é preciso mellorar profundamente.




O TRABALLO FEITO EN PIÑOR E PARA PIÑOR

O PSdeG TRABALLOU, TRABALLA E TRABALLARÁ POLO POBO DE PIÑOR

Propostas presentadas nos últimos anos:

1.    Moción para que se elabore un regulamento de participación e dinamización do centro social do Campo de Roma (novembro de 2011)
2.    Moción para instar á Deputación a que leve a cabo unha actuación integral que mellore a seguridade viaria da estrada provincial ou-0519 no tramo entre a ponte sobre a autovía e o xeriátrico de piñor (agosto de 2012)
3.    Moció para acometer unha mellora integral dos parques infantís do municipio, facer unha revisión exhaustiva para subsana-las deficiencias que existen e incrementar a periodicidade nas tarefas de mantemento
4.    Proposta para que o concello busque unha solución para subvencionar o transporte a tódolos veciños do concello ( outubro de 2013)
5.    Moción para que a Xunta poña en marcha a primeira fase do transporte metropolitano. que o concello busque unha solución provisional para subvencionar por igual o transporte a tódolos veciños do concello (agosto 2013)
6.    Moción para esixir á Xunta que poña en marcha o transporte metropolitano en ourense e comarca (ano 2015)
7.    Moción para solventar as carencias e necesidades que dende hai años teñen Parada, Piñor e Santa Uxía (maio 2015)
8.    Moción para instar á xunta de galicia a paralizar a decisión de peche do hospital de piñor durante os meses de verán (abril 2010)
9.    Moción para a recuperación da zona do Común coma espacio recreativo integral e para a repoboación do entorno con especies autóctonas (xuño 2008)
10. Moción para que se poña en funcionamento unha Aula de Novas Tecnoloxías no futuro centro social de piñor (outubro 2009)
11. Moción para avaliar as melloras a introducir no transporte público en barbadás (outubro 2008)
12. Moción para humanizar  e mellorar a travesía de piñor- beirarrúas onde faltan, substituir marquesiñas, colocar mobiliario urbano e farolas ornamentais ( outubro 2007)
13. iniciativa para que a adega dos padrón se convirta nun museo vivo do pobo de piñor e para que se respecten os elementos arquitectónicos e estéticos que a definiron ó longo dos anos.
14. Camiño do Pito- arranxo de lavadeiro das laxes e recollida de augas pluviais (febreiro 2008)
15. Instamos ó goberno de barbadás para que se incrementen os elementos de xogo no areeiro de xogos infantís do Campo de Roma (abril 2008)
16. Solicitamos un proxecto de reforma e construcción de beirarrúas na estrada de piñor (febreiro 2010)- feito con fondos do Plan E do Goberno Zapatero.
17.  Que se instale un punto de iluminación entre Piñor e o xeriátrico
18.  Rexilla do Camiño das Quintas (12 nov 13)
19.  Punto de iluminación no Pito (nov 13)
20.  Camiño da Seixada_ repoñer o muro caído (no 13)
21.  Incremento da vixiancia na estrada de Piñor ante as perdas de combustible na estrada- percances (10 marzo 14)
22.  Habilitar stop entre camiño Pipileira e travesía de Piñor (maio 14)
23.  Liña discontinua entre a pista de Barxa e o vial de Ousande (8 xullo 09)
24.  Muro de protección na Cancela para evitar esbarroncamento (xullo 09)
25.  Camiño do Hospital- inundación- buscar solución (xullo 09)
26.  Vertedoiro de Barxa- erradicación (ste 14)
27.  Carmen Martín Gaite- placa no centro social e bustos para Gaite e Antón Failde (set 14)- Incumprimento dun acordo unánime.
28.  Arranxo do firme da Pista do San Bieto (feb 10)
29.  Pregunta sobre o funcionamento da antena ubicada en Piñor (feb 10)
30.  Instalar espello á altura do num 3 da Avda. Cristo Rei (nov 10)

31.  Instalar punto de iluminición pública na curva da Igrexa de Piñor. (nov 20)
32.  Instalar no Campo de Roma canastras de baloncesto (set 10)
33.  Petición con límite de velocidade e prohibición de circulación de alta tonelaxe por Barxa (maio 10, set 09)
34.   Incrementar os colectores de lixo xenérico e colocación de colectores para plásticos en Valverde
35.  Habilitar paso de peóns no inicio da zona da Peza (set 09)
36.  Instalar colector de lixo xenérico no parte alta do cemiterio de Piñor (setmbro 2009)
37.  Habilitar dous pasos de peóns elevados en Piñor: no cruce de S. Bieito coa estrada de Toén e outro na zona da Peza (xan 13)
38.  Instalar reductores de velocidade e sinais no Campo de Roma  indicando zona infantil (xan 13)
39.  Desbroce da estrada Barxa – Vista Hermosa (set 12)
40.  Adoptar medidas de seguridade nas vivendas en situación de derrube (set 12)
41.  Limpeza periódica das pistas e non só nas festas (xullo 11)
42.  Común- Piñor- xuño 2008 (mantemento, colocar redes nas canastras, substituir as de futbito, habilitar pista de tenis, nova fonte de auga potable, instalar parque biosaudable, buscar solución para a hermida, arranxo camiño cara o templo)
43.  Descentralización de actividades nos pobos do concello (xaneiro 2008)- actividades lúdicas, culturais, formativas e deportivas. E que se extendan todo o ano ó medio rural.
44.  Moción lixo para a recollida en tódalas parroquias a diario. No caso contrario reduci-la taxa (marzo 2008)
45.  Moción para a posta en funcionamento dunha Aula de Novas Tecnoloxías no local social de Piñor (setemmbro 2009)
46.  Moción sobre os puntos negros na estrada de Piñor (instar á Deputación para mellorar a seguridade viaria na estrada OU-0519. (set 2012).
47.  Iluminación pública no Camiño do Pito (febreiro 2013)
48.  Pregunta sobre cómo quedarán as beirarrúas da Peza (xullo 2012)
49.  Pregunta sobre o punto no que se atopa en Piñor a instalación dunha aula de novas tecnoloxías (xullo 2012).
50.  Rogo para instalar máis bancos no Campo de Roma (marzo 13)
51.  Pregunta sobre se vai acometer o Concello algunha actuación de mellora no Común (marzo 2013)
52.  Rogo para solventar a polémica do estacionamento de vehículos na praza do Piñeiro (maio 2013)
53.  Rogo para que se instale unha rede de recollida de augas pluviais no Camiño do Pito (maio 2013)
54.  Pedir á Deputación o desbroce da travesía de Piñor (maio 2103)
55.  Instalación dun bambán con cestiño no Campo de Roma (set 2013)
56.  Sumidoiro de augas pluviais no Camiño das Dilueiras para evitar anegamentos (set 2013)





venres, 15 de maio de 2015

COÑECE ÓS/ÁS CANDIDAT@S: IVÁN GARCÍA BORRAJO

COÑECE ÓS/ÁS TEUS/TÚAS CANDIDAT@S

IVÁN GARCÍA BORRAJO (Nº 13)

26 anos 
Dependente no sector da telefonía
.
Queremos un Barbadás que sexa exemplo de xuventude sana e traballadora.

 Temos que potenciar os espazos polideportivos que xa hai e reformar os que precisan dunha mellora.

Temos que conseguir que @s nos@s pequen@s poidan disfrutar nos parques e que medren sanos e felices.


xoves, 14 de maio de 2015

COÑECE A CANDIDAT@S: SORAYA MARTÍN BARREIRO

SORAYA MARTÍN BARREIRO (22 anos)
Nº 14. Grao en Dereito

Estudando Master en Avogacía

Nacín e crieime en Barbadás, é por iso que me sinto na obriga e co privilexio de loitar e avogar polos intereses da veciñanza.  Dende o día en que nacín o goberno do concello estivo en mans do Partido Popular e xa é hora de cambiar.

Quero un Barbadás que leve acabo políticas para a mocidade, que non peche os ollos ante o desemprego, senón que desenvolva políticas para loitar contra esta lacra.

Quero un concello que non esqueza nas súas políticas ás persoas dependentes e discapacitadas, que teña como prioridades a mellora dos servizos sanitarios,a axuda aos máis desfavorecidos e a todas aquelas familias que viven con grandes dificultades por mor da crise que estamos a padecer.

En definitiva, quero un Goberno que loite pola súa veciñanza e non polos seus propios intereses, quero un goberno SOCIALISTA.

A candidatura que integro está formada por veciñas e veciños de Barbadás coas mesmas inquedanzas e preocupacións, que farán todo o posible por atender as problemáticas e os intereses de todos.

É hora de mellorar, é hora de cambiar as regras do xogo.

É O TEMPO DE QUE BARBADÁS GAÑE.


martes, 12 de maio de 2015

COÑECE A CANDIDAT@S: FERNANDO GARCÍA GARCÍA

FERNANDO GARCÍA GARCÍA
Suplente
Os/as polític@s deben tratar de ser accesibles e buscar solucións ó que lle plantexe a cidadanía.

En moitas ocasións @s nos@s gobernantes están demasiado alonxados da vida cotiá da veciñanza e eso a medio prazo acaba pasando factura porque non parece lóxico que exista ese distanciamento, sobre todo se estamos política local.

falando de

Un/unha político/a ten que vivir ó mesmo nivel que os/as veciñ@s, andar pola rúa, compartir espazos, que a xente vexa que son un/unha máis. Só así é posible gobernar dun xeito realista.


COÑECE A CANDIDAT@: ALFONSO DÍAZ EBRA


1   ALFONSO DÍAZ EBRA

eEmpresario do sector importación/exportación
 de alimentación e artesanía
 (47 anos, suplente)

Para Barbadás pido un goberno honesto e transparente, no que o principal obxectivo sexa traballar sempre para os/as veciños/as.

É fundamental que os gobernantes estean preto da veciñanza, co fin de ver en primeira persoa as súas verdadeiras necesidades e buscar as solucións oportunas.

Pido un goberno que traballe para o pobo durante 4 anos, tódolos días, co fin de mellorar no posible a calidade de vida de toda a veciñanza e non só unhas semanas antes das eleccións.


O PSdeG TRABALLANDO POR PARADA

TRABALLO, CONSTANCIA, PROBAS, PETICIÓNS, LOGROS

ESTA É A POLÍTICA QUE PRACTICA O PSdeG: LIMPEZA E HONESTIDADE

O GRUPO SOCIALISTA DE BARBADÁS TRABALLANDO POR PARADA

Propostas presentadas nos últimos anos:

• Moción  cancha de usos múltiples, máis árbores, máis papeleras, substitución de elementos de xogo e colectores de recollida selectiva. (setembro 2008)
Descentralización de actividades nos pobos do concello- actividades lúdicas, culturais, formativas e deportivas. E que se extendan todo o ano ó medio rural (xaneiro 2008)
Moción lixo para a recollida en tódalas parroquias a diario. No caso contrario reduci-la taxa (marzo 2008)
Bonobús- regulamento (xaneiro 2010)
• Moción sobre o Camiño da Chouciña- para recuperar o camiño a unha situación simitar á de antes da construcción da autovía (agosto 2010).
• Habilitar un paso de peóns nas inmediacións do cruce entre a Estrada de Toén e o que vai cara Parada (xan 13)
• Moción sobre mantemento e limpeza de centros sociais (novembro de 2012)
• Moción sobre os puntos negros na estrada de Piñor (instar á Deputación para mellorar a seguridade viaria na estrada OU-0519. (set 2012).
• Pregunta sobre a potabilidade da auga de Parada (xullo 2012).
•  Instar á Deputación a instalar  iluminación pública entre residencia de Cabeza de Vaca e o cruce de Parada (12 nov 13)
• Instalar en Parada dúas marquesiñas de autobús e retirada da marquesiña en mal estado colocada polo concello(xan 13)
• Moción para solventar os problemas de subministro eléctrico en Parada (marzo 2014)
• Rogo para instalar alumeado público na estrada de Toén entre a residencia de Cabeza de Vaca e cruce de Parada (febreiro 2013)
• Pregunta para pedir información sobre bonobús en Parada e Piñor (xullo 2013)
• Solicitar parada de bus á altura do bar de Parada (maio 2013)
• Implantar Transporte Metropolitano (subvencionar o transporte público en tódolos pobos do municipio de Barbadás). Setembro de 2013 e xaneiro de 2015.
Moción para solventar as carencias e necesidades que dende hai anos teñen Parada, Piñor e Santa Uxía (4 de maio 2015)
• Rogo na Deputación para buscar unha alternativa para pór en valor o Camiño da Chouciña (abril 2015)

luns, 11 de maio de 2015

COÑECE ÁS/ÓS CANDIDATOS: MARÍA JOSEFA ALÉS CABELLO

COÑECE ÓS/ÁS CANDIDAT@ DO PSdeG DE BARBADÁS

MARÍA JOSEFA ALÉS CABELLO

Sergas, suplente

O parque dos Patos é un dos lugares máis emblemáticos do barrio da Valenzá. Sen embargo, non recibe a atención que merece porque é unha zona case esquecida que precisa un mantemento máis continuado e non só cando se acerca o verán.

No proxecto que temos para Barbadás é moi importante a creación dun espazo reservado para as mascotas.

É necesario que desde o concello se atenda máis a zona do río e se comproben os desperfectos no mobiliario urbano, nas fontes e nas zonas de xogo infantil.

Outra necesidade relacionada co tráfico e cos atascos sería un plan actualizado de reordenación do tránsito para adaptalo ás necesidades e que busque solución á saída fluída de vehículos en zonas de máxima confluencia, como a do colexio e a gardería.

En relación coa mobilidade sería importante aumentar a frecuencia de autobuses, mellorando a oferta, por exemplo cada hora os venres e os sábados.


domingo, 10 de maio de 2015

COÑECE ÓS/ÁS CANDIDAT@S: AITOR FEIJÓO VARELA

COÑECE ÓS/ÁS CANDIDAT@S DO PSdeG

AITOR FEIJÓO VARELA

25 anos, electricista

Suplente

Cada un dos/das membros da candidatura aporta un grao de area para que este concello prospere con novas ideas e con propostas útiles.

Temos que tratar de sumar coñecementos e experiencias para construir un Barbadás que estea á altura da veciñanza.

A finalidade ten que ser favorecer que Barbadás satisfaga as súas necesidades, tanto no círculo dos xóvenes coma nos máis adultos.

COÑECE A CANDIDAT@S: ANA MIGUEZ ALMEIDA

ANA MIGUEZ ALMEIDA
Suplente

Quero un Barbadás mellor, uns bos servizos. Necesitamos con urxencia outro médico e outro pediatra, xa que somos unha poboación moi grande e en crecemento.

A limpeza é outro aspecto crucial. A Valenzá está moi sucia e ademais temos que camiñar mirando ó chan a causa dos escrementos de cans. Debería haber máis concienciación cidadá con este tema.


Outra necesidade urxente son as beirarrúas, que non están preparadas para persoas con discapacidade (mobilidade reducida, cadeira de rodas).

Os adoquíns pequenos son moi perigosos porque se tropeza e dÍgoo con coñecemento de causa porque xa caín varias veces por este motivo e porque nas beirarrúas segue a haber barreiras arquitectónicas.


sábado, 9 de maio de 2015

COÑECE A CANDIDAT@S: GIOVANNI ÁLVAREZ LOSADA

GIOVANNI ÁLVAREZ LOSADA
26 ANOS

Estudos: deseño gráfico

Suplente

Queremos apostar por un futuro mellor e ofrecer as mellores políticas e as mellores iniciativas para a xuventude de Barbadás.

É preciso que se poñan en marcha políticas dirixidas ás persoas xóvenes do concello de Barbadás porque para nós non hai actividades.

É máis que evidente que hai un baleiro para a franxa de idade comprendida entre entre os 18 e os 30 anos.

Sería moi importante tamén levar a cabo iniciativas como a de axudar ás familias con baixos recursos para que @s rapaces vaian a clases de reforzó fóra do horario lectivo. 

Sería prioritario ademais unha maior información sobre temas vinculados á xuventude, como sexualidade e adiccións.


COÑECE A CANDIDAT@S: ROSA CONDE SAMPEDRO

ROSA CONDE SAMPEDRO
Funcionaria do INSS
Suplente

Os/as veciñ@s teñen dereito a saber en qué se invirte o diñeiro e o dereito a comunicar as necesidades que detecten.

As contratacións de calquera categoría deben ser debidamente publicitadas para que cheguen a tod@s. Os tribunais das oposicións deben ser totalmente independentes.

As tarefas de recuperación de zonas dos nosos pobos ou barrios deberían facerse por persoas do mesmo concello que saian dunha lista de parados.

É preocupante que cada día sexa maior o illamento dos nosos maiores, que terían que ter ó seu dispor transporte, acompañamento en determinadas situación, sobre todo cando a familia non pode ou non a teñen.

Ten que haber servizos parcialmente subvencionados en función da renda e deberían ser cubertos por persoas desempregadas do concello.

Hai moito por facer pero temos que empezar polos cementos.


Necesitamos un Concello no que confiar porque esta é a casa e os fondos dunha gran familia: os veciños do municipio.


mércores, 6 de maio de 2015

RESUMO DO PLENO DE 4 DE MAIO DE 2015

O PP APOIA UNHA MOCIÓN SOCIALISTA PARA CONSTRUIR AS PISCINAS CANDO HAI 6 ANOS QUE ANUNCIARON QUE ESTA OBRA ERA PRIORITARIA

·        Valcárcel lembroulle que “foi a nefasta xestión do PP en urbanismo o que provocou que non teñamos unha piscina debidamente dimensionada porque vostedes primaron o ladrillo sobre as necesidades da veciñanza

·        O voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel, reprochou que “cada verán que pasa resulta máis urxente solventar a situación desta dotación tan utilizada pola veciñanza

·         No debate dunha moción socialista para que se manteña o ambulatorio de Barbadás pobo Valcárcel pediu tamén explicacións sobre o feito de que non sexa posible  que ususari@s da Valenza se trasladen ó centro médico de Barbadás.

·        Freire dixo textualmente: “non me consta”, en tanto que a candidata do PP á Alcaldía, Chelo Vispo dixo que a imposibilidade de realizar o cambio era debida a un problema co sistema informático, o que denota unha falta de comunicación entre

·        No transcurso do mesmo pleno abordouse tamén unha proposta do Grupo Socialista para solventar carencias e necesidades de dende hai anos teñen na parroquia de Piñor (Parada, Piñor e Santa Uxía).

·         A proposta está composta por 20 puntos nos que se poñen de manifesto actuacións necesarias nesta parroquia (seguridade viaria, mobilidade, transporte, habilitar zona wifi nos centros sociais de Parada e Piñor, homenaxe a Carmen Martín Gaite e Antón Faílde, maior atención a zonas deportivas e parques infantís)

·         O PP VOTOU EN CONTRA DA PROPOSTA. Freire dixo que o PP ten a súa propia programación, un posicionamento que para Morenza demostra cal é a postura do PP co medio rural no municipio de Barbadás.



Barbadás, 4 de maio de 2015. Seis anos despois de que o director xeral de Deportes da Xunta anunciara que se ían ampliar as piscinas de Barbadás, o PP apoia unha proposta socialista na que se insiste precisamente nese incumprimento. O voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel, reprochou que “cada verán que pasa resulta máis urxente solventar a situación desta dotación tan utilizada pola veciñanza, aínda que para vostedes señores/as concelleir@ do PP semella algo intrascendente, sen relevancia”.
            Valcárcel acusou ó alcalde de enganar á opinión pública “porque a veciñanza de Barbadás leva 6 anos esperando que se cumpra o anunciado por vostede (en alusión a Freire Couto, o actual presidente da Deputación e o Director Xeral para o Deporte”. Asegurou falar de engano “porque cando fixeron o anuncio non existía o compromiso en firme da Xunta. E falo de engano porque cando debatemos sobre o plan de urbanismo tampouco quedou claro cómo se ía solucionar o tema das piscinas”.
            Freire dixo que na adaptación do plan de urbanismo que se está efectuando  xa está reservado un terreo para a ampliación das piscinas, motivo polo que o PP apoiou a moción do Grupo Socialista. Valcárcel lembroulle que “foi a nefasta xestión do PP en urbanismo o que provocou que non teñamos unha piscina debidamente dimensionada porque vostedes primaron o ladrillo sobre as necesidades da veciñanza”.
Na moción socialista das piscinas houbo unanimidade.
           
Ambulatorio de Barbadás

            No transcurso do mesmo pleno debatéronse dúas mocións similares en torno a posible previsión do Sergas de pechar o ambulatorio de Barbadás pobo. Tamén nestes puntos houbo unanimidade de tódolos grupos.
            Pero o debate estivo, con todo, cargado de polémica. O líder socialista falou da alerta creada entre a veciñanza de Barbadás, Loiro, Bentraces e Sobrado debido á ausencia de pronunciamento do PP e da consellería de Sanidade sobre o futuro do ambulatorio de Barbadás. Reprochou que o alcalde tardara 15 días en responder a unha serie de preguntas sobre o futuro deste centro de saúde, “tendo en conta que se trata dunha cuestión de máxima prioridade.
            Censurou tamén Valcárcel que unha das respostas, a que indica que “nós non somos a consellería” denotan unha desidia e un desinterese que raian no desprezo á veciñanza. Pediu tamén explicacións sobre o feito de que non sexa posible  que ususari@s da Valenza se trasladen ó centro médico de Barbadás.
            Freire dixo textualmente: “non me consta”, en tanto que a candidata do PP á Alcaldía, Chelo Vispo dixo que a imposibilidade de realizar o cambio era debida a un problema co sistema informático, o que denota unha falta de comunicación entre o alcalde sainte e a candidata nº 1 do PP. Valcárcel considera inadmisible que Vispo culpe á oposión de trasladar inquedanza á cidadanía porque “a nós chamáronnos os representantes sindicais para alertar sobre a posibilidade de que o centro quede en precario a nivel de profesionais e que posiblemente peche”. O voceiro socialista recalcou que “o que nós estamos facendo é traballo de control da súa ineficacia”.
Quixo saber ademais se podería estar en perigo a perda da subvención da Unión Europea para construir o novo centro de saúde da Valenzá, posto que tería que estar rematado a finais de 2015 e aínda non foi licitado. A resposta de Freire foi moi escueta e imprecisa: “entendo que non”.

Suplemento de crédito

            Aprobouse tamén cos votos soamente do PP un suplemento de crédito de 900.758 € para inversión financieiramente sostibles, destinadas a obras en parques, no tramo de estrada entre A Valenzá e Barbadás e arranxo de varios camiños.
            Dende o PSdeG Valcárcel dixo que esta operación era “unha falta de respecto á soberanía da veciñanza a 20 días das eleccións porque o que deberían ter feito é contar co consenso de tódolos grupos políticos, da veciñanza e dos colectivos sociais”.
            Valcárcel foi crítico tamén co feito de que estes investimentos non contemplen gasto social e que haxa unha ausencia de transparencia e utilización partidista dos fondos públicos. O líder socialista aludiu en concreto ó recenté proceso de adxudicación de obras polo procedmento negociado sen publicidade a unha empresa vinculada ó extenente alcalde de Vilamarín. Dixo sospeitar que as novas obras van seguir o mesmo proceso de adxudicación e probablemente á mesma empresa, Estradas Galegas S.L.
PSdeG e BNG votaron en contra do suplemento.

Melloras na parroquia de Piñor

            No transcurso do mesmo pleno abordouse tamén unha proposta do Grupo Socialista para solventar carencias e necesidades de dende hai anos teñen na parroquia de Piñor (Parada, Piñor e Santa Uxía). A proposta está composta por 20 puntos nos que se poñen de manifesto actuacións necesarias nesta parroquia.

A concelleira Victoria Morenza dixo que “hoxe falamos da parroquia de Piñor por ser a segunda en importancia do concello de Barbadás. Abordamos na proposta cuestións cruciais para os 3 pobos. Nos casos de Parada e Piñor habilitar unha zona wifi nos centros sociais suporía un paso máis na modernización das instalación e facilitaría o acceso de xente moza a estes lugares”
Hai puntos do acordo que propón o PSdeG que están vinculados á seguridade viaria e á mobilidade. Trátase de cuestións menores, pero pasan as semanas e os meses e segue sen repintarse o paso de peóns que se borrou coas obras que se levaron a cabo na estrada de Toén, segue sen retirarse a marquesiña da discordia do cruce de Parada, segue sen aparecer o técnico que viña supervisar os pasos elevados da travesía de Parada, indicou a concelleira. Morenza criticou que se siga “agardando que se instale unha marquesiña no hospital de Piñor e non dá chegado o momento que se vexa cumprida a esixencia de prohibir o paso de vehículos pesados entre Piñor e Vista Hermosa por Barxa”.
            No Grupo Socialista seguimos lembrando o incumprimento plenario para colocar os bustos de Antón Faílde e Carmen Martín Gaite e o de pór o nome da ilustre escritora ó centro social. Seguimos á espera de que se valle a zona de xogo infantil do Campo de Roma ou de que se instalen reductores de velocidade. Tamén segue agardando o parque da Aira e o Común.
E os veciños de Parada non perderon a esperanza de que se busque unha solución ó Camiño da Chouciña. O Grupo Socialista será pertinaz na petición. Xa o fixo a través de rogos e mocións e no último pleno da Deputación do mes de abril volvémolo facer. Porque señores do PP: os compromisos están para cumprilos, á veciñanza hai que escoitala, ós problemas hai que buscar solución. E o Camiño da Chouciña está inutilizado dende finais dos anos 90.

O PP VOTOU EN CONTRA DA PROPOSTA. Freire dixo que o PP ten a súa propia programación, un posicionamento que para Morenza demostra cal é a postura do PP co medio rural no municipio de Barbadás.