xoves, 14 de maio de 2015

COÑECE A CANDIDAT@S: SORAYA MARTÍN BARREIRO

SORAYA MARTÍN BARREIRO (22 anos)
Nº 14. Grao en Dereito

Estudando Master en Avogacía

Nacín e crieime en Barbadás, é por iso que me sinto na obriga e co privilexio de loitar e avogar polos intereses da veciñanza.  Dende o día en que nacín o goberno do concello estivo en mans do Partido Popular e xa é hora de cambiar.

Quero un Barbadás que leve acabo políticas para a mocidade, que non peche os ollos ante o desemprego, senón que desenvolva políticas para loitar contra esta lacra.

Quero un concello que non esqueza nas súas políticas ás persoas dependentes e discapacitadas, que teña como prioridades a mellora dos servizos sanitarios,a axuda aos máis desfavorecidos e a todas aquelas familias que viven con grandes dificultades por mor da crise que estamos a padecer.

En definitiva, quero un Goberno que loite pola súa veciñanza e non polos seus propios intereses, quero un goberno SOCIALISTA.

A candidatura que integro está formada por veciñas e veciños de Barbadás coas mesmas inquedanzas e preocupacións, que farán todo o posible por atender as problemáticas e os intereses de todos.

É hora de mellorar, é hora de cambiar as regras do xogo.

É O TEMPO DE QUE BARBADÁS GAÑE.


Ningún comentario:

Publicar un comentario