domingo, 3 de maio de 2015

FAVORITISMO NA ADXUDICACIÓN DE OBRAS

VALCÁRCEL DETECTA UN POSIBLE TRATO DE FAVOR NA ADXUDICACIÓN DE PROXECTOS EN PARQUES E XARDÍNS

Barbadás, 2 de maio de 2015

·        O líder do PSdeG, Xosé Carlos Valcárcel, considera que a contratación dunhas obras en parques e xardíns podería ser unha mostra máis “do caciquismo ó que nos ten acostumados o PP”, asegura

·        Hai uns días o voceiro do PSdeG presentou unha serie de preguntas para coñecer qué empresa está a realizar os traballos que se levan a cabo dende hai 2 meses nos parques, xardíns e zonas de xogo do concello de Barbadás.


·        Nas interpelacións feitas por Valcárcel pregúntase cal é a contía dos traballos ou cal foi o sistema de adxudicación.

·        A empresa que está levando a cabo este conxunto de obras é propiedade de dous fillos de José Manuel Vázquez, extenente alcalde en Vilamarín.


·        Resulta sospeitoso de trato de favor, segundo o voceiro do Grupo Socialista, o feito de que se adxudicara á empresa Estradas Galegas por un procedemento negociado sen publicidade.

·        O custo dos traballos ronda os 75.000 euros, unha contía importante “pagada co diñeiro público da veciñanza de Barbadás para favorecer a persoas vinculadas ó PP”, un tipo de procedementos que Valcárcel considera “sospeitoso”


·        Valcárcel lembra que esta rede de favores queda demostrada tamén no feito de que o tenente alcalde de Vilamarín é tamén funcionario da Deputación de Ourense.

·        Para Valcárcel son inadmisibles “este tipo de actitudes de prepotencia á que nos ten acostumados o PP en Barbadás”.


·        O líder do PSdeG cre que o feito de que se recorrerá ó procedemento negociado sen publicidade “demostra ás claras que se quería favorecer a unha empresa en concreto”


Ningún comentario:

Publicar un comentario