venres, 22 de maio de 2015

COÑECE ÓS/ÁS TEUS/TÚAS CANDIDAT@S: RAFAEL SIERRA CARRIL

RAFAEL SIERRA CARRIL (Nº 4)

FP2 en Automoción (desempregado)

Desde unha óptica rural o Concello ten que fomentar o cooperativismo. A creación e asesoramento para pór en marcha cooperativas destinadas á venda de productos hortícolas (plantas, froitas, etc) debe ser unha das prioridades. O obxectivo é que os asociados á cooperativa non teñan que ser escravos do seu traballo senón que o poidan facer dunha forma digna.
Asimesmo, dende o Concello débese promocionar unha festa gastronómica para facilitar o recoñecemento dos productos autóctonos e que contribúa a axudar á súa venda e divulgación.

Unha parte moi importante dos nosos obxectivos no goberno do Concello é a comunicación dos núcleos rurais coa Valenzá e Ourense a través de horarios axeitados ás necesidades dos veciños.

Outra prioridade debe ser a posta en marcha dunha oficina de rehabilitación dos cascos antigos dos pobos onde se inclúa tamén o patrimonio cultural e a integración do seu entorno, tanto de canastros e cruceiros como palcos da música, capelas etc.

É fundamental tamén procurar que os parques e xardíns estean limpos e ben coidados para que nenos, xóvenes e maiores se sintan cómodos e poidan disfrutar das instalación.

Así mesmo, que as rúas e viais existentes non se deterioren facendo limpeza de cunetas e desbroce de aquelas que estean deterioradas.

O máis importante é que os políticos temos que ser a correa de transmisión entre os cidadáns e a Administración Local, tratando de escoitar e explicar as razón duns e as formas de solucionar os problemas xurdidos entre uns e outros.

A limpeza e a seguridade no medio rural é moi escasa, polo que é necesario que os operarios da adxudicataria e a policía local teñan unha maior presenza nos núcleos

Ningún comentario:

Publicar un comentario