martes, 5 de maio de 2015

RESUMO DO PLENO 4 MAIO 2015

O PP APOIA UNHA MOCIÓN SOCIALISTA PARA CONSTRUIR AS PISCINAS CANDO HAI 6 ANOS QUE ANUNCIARON QUE ESTA OBRA ERA PRIORITARIA

·        Valcárcel lembroulle que “foi a nefasta xestión do PP en urbanismo o que provocou que non teñamos unha piscina debidamente dimensionada porque vostedes primaron o ladrillo sobre as necesidades da veciñanza

·        O voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel, reprochou que “cada verán que pasa resulta máis urxente solventar a situación desta dotación tan utilizada pola veciñanza

·         No debate dunha moción socialista para que se manteña o ambulatorio de Barbadás pobo Valcárcel pediu tamén explicacións sobre o feito de que non sexa posible  que ususari@s da Valenza se trasladen ó centro médico de Barbadás.

·        Freire dixo textualmente: “non me consta”, en tanto que a candidata do PP á Alcaldía, Chelo Vispo dixo que a imposibilidade de realizar o cambio era debida a un problema co sistema informático, o que denota unha falta de comunicación entre

·        No transcurso do mesmo pleno abordouse tamén unha proposta do Grupo Socialista para solventar carencias e necesidades de dende hai anos teñen na parroquia de Piñor (Parada, Piñor e Santa Uxía).

·         A proposta está composta por 20 puntos nos que se poñen de manifesto actuacións necesarias nesta parroquia (seguridade viaria, mobilidade, transporte, habilitar zona wifi nos centros sociais de Parada e Piñor, homenaxe a Carmen Martín Gaite e Antón Faílde, maior atención a zonas deportivas e parques infantís)

·         O PP VOTOU EN CONTRA DA PROPOSTA. Freire dixo que o PP ten a súa propia programación, un posicionamento que para Morenza demostra cal é a postura do PP co medio rural no municipio de Barbadás.



Barbadás, 4 de maio de 2015. Seis anos despois de que o director xeral de Deportes da Xunta anunciara que se ían ampliar as piscinas de Barbadás, o PP apoia unha proposta socialista na que se insiste precisamente nese incumprimento. O voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel, reprochou que “cada verán que pasa resulta máis urxente solventar a situación desta dotación tan utilizada pola veciñanza, aínda que para vostedes señores/as concelleir@ do PP semella algo intrascendente, sen relevancia”.
            Valcárcel acusou ó alcalde de enganar á opinión pública “porque a veciñanza de Barbadás leva 6 anos esperando que se cumpra o anunciado por vostede (en alusión a Freire Couto, o actual presidente da Deputación e o Director Xeral para o Deporte”. Asegurou falar de engano “porque cando fixeron o anuncio non existía o compromiso en firme da Xunta. E falo de engano porque cando debatemos sobre o plan de urbanismo tampouco quedou claro cómo se ía solucionar o tema das piscinas”.
            Freire dixo que na adaptación do plan de urbanismo que se está efectuando  xa está reservado un terreo para a ampliación das piscinas, motivo polo que o PP apoiou a moción do Grupo Socialista. Valcárcel lembroulle que “foi a nefasta xestión do PP en urbanismo o que provocou que non teñamos unha piscina debidamente dimensionada porque vostedes primaron o ladrillo sobre as necesidades da veciñanza”.
Na moción socialista das piscinas houbo unanimidade.
           
Ambulatorio de Barbadás

            No transcurso do mesmo pleno debatéronse dúas mocións similares en torno a posible previsión do Sergas de pechar o ambulatorio de Barbadás pobo. Tamén nestes puntos houbo unanimidade de tódolos grupos.
            Pero o debate estivo, con todo, cargado de polémica. O líder socialista falou da alerta creada entre a veciñanza de Barbadás, Loiro, Bentraces e Sobrado debido á ausencia de pronunciamento do PP e da consellería de Sanidade sobre o futuro do ambulatorio de Barbadás. Reprochou que o alcalde tardara 15 días en responder a unha serie de preguntas sobre o futuro deste centro de saúde, “tendo en conta que se trata dunha cuestión de máxima prioridade.
            Censurou tamén Valcárcel que unha das respostas, a que indica que “nós non somos a consellería” denotan unha desidia e un desinterese que raian no desprezo á veciñanza. Pediu tamén explicacións sobre o feito de que non sexa posible  que ususari@s da Valenza se trasladen ó centro médico de Barbadás.
            Freire dixo textualmente: “non me consta”, en tanto que a candidata do PP á Alcaldía, Chelo Vispo dixo que a imposibilidade de realizar o cambio era debida a un problema co sistema informático, o que denota unha falta de comunicación entre o alcalde sainte e a candidata nº 1 do PP. Valcárcel considera inadmisible que Vispo culpe á oposión de trasladar inquedanza á cidadanía porque “a nós chamáronnos os representantes sindicais para alertar sobre a posibilidade de que o centro quede en precario a nivel de profesionais e que posiblemente peche”. O voceiro socialista recalcou que “o que nós estamos facendo é traballo de control da súa ineficacia”.
Quixo saber ademais se podería estar en perigo a perda da subvención da Unión Europea para construir o novo centro de saúde da Valenzá, posto que tería que estar rematado a finais de 2015 e aínda non foi licitado. A resposta de Freire foi moi escueta e imprecisa: “entendo que non”.

Suplemento de crédito

            Aprobouse tamén cos votos soamente do PP un suplemento de crédito de 900.758 € para inversión financieiramente sostibles, destinadas a obras en parques, no tramo de estrada entre A Valenzá e Barbadás e arranxo de varios camiños.
            Dende o PSdeG Valcárcel dixo que esta operación era “unha falta de respecto á soberanía da veciñanza a 20 días das eleccións porque o que deberían ter feito é contar co consenso de tódolos grupos políticos, da veciñanza e dos colectivos sociais”.
            Valcárcel foi crítico tamén co feito de que estes investimentos non contemplen gasto social e que haxa unha ausencia de transparencia e utilización partidista dos fondos públicos. O líder socialista aludiu en concreto ó recenté proceso de adxudicación de obras polo procedmento negociado sen publicidade a unha empresa vinculada ó extenente alcalde de Vilamarín. Dixo sospeitar que as novas obras van seguir o mesmo proceso de adxudicación e probablemente á mesma empresa, Estradas Galegas S.L.
PSdeG e BNG votaron en contra do suplemento.

Melloras na parroquia de Piñor

            No transcurso do mesmo pleno abordouse tamén unha proposta do Grupo Socialista para solventar carencias e necesidades de dende hai anos teñen na parroquia de Piñor (Parada, Piñor e Santa Uxía). A proposta está composta por 20 puntos nos que se poñen de manifesto actuacións necesarias nesta parroquia.

A concelleira Victoria Morenza dixo que “hoxe falamos da parroquia de Piñor por ser a segunda en importancia do concello de Barbadás. Abordamos na proposta cuestións cruciais para os 3 pobos. Nos casos de Parada e Piñor habilitar unha zona wifi nos centros sociais suporía un paso máis na modernización das instalación e facilitaría o acceso de xente moza a estes lugares”
Hai puntos do acordo que propón o PSdeG que están vinculados á seguridade viaria e á mobilidade. Trátase de cuestións menores, pero pasan as semanas e os meses e segue sen repintarse o paso de peóns que se borrou coas obras que se levaron a cabo na estrada de Toén, segue sen retirarse a marquesiña da discordia do cruce de Parada, segue sen aparecer o técnico que viña supervisar os pasos elevados da travesía de Parada, indicou a concelleira. Morenza criticou que se siga “agardando que se instale unha marquesiña no hospital de Piñor e non dá chegado o momento que se vexa cumprida a esixencia de prohibir o paso de vehículos pesados entre Piñor e Vista Hermosa por Barxa”.
            No Grupo Socialista seguimos lembrando o incumprimento plenario para colocar os bustos de Antón Faílde e Carmen Martín Gaite e o de pór o nome da ilustre escritora ó centro social. Seguimos á espera de que se valle a zona de xogo infantil do Campo de Roma ou de que se instalen reductores de velocidade. Tamén segue agardando o parque da Aira e o Común.
E os veciños de Parada non perderon a esperanza de que se busque unha solución ó Camiño da Chouciña. O Grupo Socialista será pertinaz na petición. Xa o fixo a través de rogos e mocións e no último pleno da Deputación do mes de abril volvémolo facer. Porque señores do PP: os compromisos están para cumprilos, á veciñanza hai que escoitala, ós problemas hai que buscar solución. E o Camiño da Chouciña está inutilizado dende finais dos anos 90.
O PP VOTOU EN CONTRA DA PROPOSTA. Freire dixo que o PP ten a súa propia programación, un posicionamento que para Morenza demostra cal é a postura do PP co medio rural no municipio de Barbadás.


http://www.ourensedixital.com/_novas/15/05/05_06.htm

Ningún comentario:

Publicar un comentario