sábado, 20 de decembro de 2014

LOCAL PARA USO DE POBOACIÓN INFANTIL E PAIS/NAIS


Esta proposta presentada polo Grupo Socialista no pleno de novembro foi aprobada por unanimidade.
O obxectivo é que pais e nais dispoñan de un local para realizar actividades cos/coas seus/súas fillos/as
A iniciativa partiu do propio colectivo de pais/nais
O PSdeG simplemente se fai eco das inquedanzas da cidadanía

MOCIÓN DO PSdeG PARA A POSTA EN MARCHA DUN PUNTO DE ENCONTRO ENTRE A POBOACIÓN INFANTIL E OS/AS PAIS/NAIS

                           

  •          En Barbadás o crecemento poboacional está asegurado. O municipio está sempre nos primeiros postos da clasificación en aumento da natalidade. O concello ocupa o segundo posto en crecemento demográfico relativo de Galicia. Está case asegurado o nacemento dun centos de nen@s ó ano.

  •          Esta situación alentadora contrasta coa falta de políticas activas que fomenten a calidade de vida e o desenrolo en condicións óptimas do tempo de ocio dos cativos e cativas. O grupo de goberno do PP limítase a prestar os servizos mínimos e indispensables á poboación infantil, por non falar dos xóvenes.

  •          As inquedanzas que traslada a cidadanía en relación con melloras nas dotacións para atender á poboación infantil reciben unha resposta INSUFICIENTE. As prazas de gardería pública non chegan para cubrir a demanda, os Puntos de Atención á Infancia no medio rural brilan pola súa ausencia, unha dotación que resultaría moi útil na Valenzá, como é un Espazo Infantil (solicitado hai anos polo Grupo Socialista), parece non interesar ós xestores do PP.

  •          Non se entende este nulo interese do goberno do PP polas crianzas nun concello onde o número de xóvenes supera ás persoas da terceira idade. Debería haber unha maior implicación política coas demandas desta destacada franxa de idade.

  •          Pero os/as nenos/as teñen necesidades para cubrir con unha calidade media e unha ampla oferta e o PP non ofrece respostas. Os/as pais e nais reclaman solucións a plantexamentos lóxicos para mellorar a atención ós seus fillos e fillas. É preciso actuar en variados ámbitos coma o tempo de ocio, as actividades lúdicas, a programación didáctica non reglada, o apoio á escolarización, etc.

  •          Hai unha necesidade e os gobernantes teñen que abrir os ollos, a mente e, sobre todo, a súa receptividade a propostas que veñen DIRECTAMENTE da cidadanía.

  •          Os pais e nais da Valenzá demandan que se poña a disposición por parte do Concello dun local para uso da poboación infantil. Trátase de habilitar un lugar que se convirta en punto de encontro entre país/nais con cativos/as. Este lugar serviría para cubrir necesidades que na actualidade teñen que facerse en precario e dun xeito privado ó carecer de instalacións axeitadas para tal fin. Sempre se fala da discriminación do medio rural respecto da Valenzá, pero neste caso a marxinación afecta á poboación infantil deste barrio. Hai que ter en conta que en practicamente tódolos pobos do municipio de Barbadás existe un local social que pode ser usado a cotío pola poboación en xeral, pero que se convirte nun punto de confluencia no caso dos máis pequenos.

  •          Este beneficio para pais/nais e cativos/as non existe no caso da Valenzá e sería de grande utilidade a tódolos niveis, é dicir, non só para cubrir un espazo destinado ó ocio, senón tamen para organizar actividades educativas, lúdicas, culturais, etc. O sistema sería mesmo a constitución dun grupo de pais e nais en asociación para facerse cargo da actividade cotiá do punto de encontró.

  •          Existen múltiples fórmulas, pero ten que haber unha apertura de miras por parte dos mandatarios municipais e unha dispoñibilidade material e económica para dar forma a unha proposta que daría resposta ás inquedanzas dunha importante parte da poboación. Non podemos esquecer ademais que este “punto de encontró” sería o lugar idóneo para poder organizar actividades para os/as cativos/as ás que doutro xeito non poderían acceder debido á situación de crise económica pola que atravesan moitas familias.

  •          Con un local para uso de pais, nais e cativos poderían atenderse ademais necesidades que na actualidade non poden ser cubertas máis que coa iniciativa privada e ás que non poder acceder a maior parte das familias. O que está claro é que as palabras poden adornarse e edulcorarse. Tamén resulta evidente que a raíz deste tipo de propostas como a que plantexa o Grupo Socialista pódense dar moitos rodeos ou utilizar milleiros de escusas. Pero o que importan son os feitos e a implicación real e efectiva.


Por todo o anteriormente exposto, propoño ó Pleno desta Corporación a adopción do seguinte ACORDO:

1.    Que se habilite un local para ser utilizado como “punto de encontro” entre pais/nais e pola poboación infantil co obxecto de cubrir un espazo de ocio, cultura e didactismo no barrio da Valenzá.


                   En Barbadás a 28 de outubro de 2014


Victoria MorenzaDoforno

Concelleira do PSdeG en Barbadás