mércores, 30 de outubro de 2013

GARAXES SUPOSTAMENTE ILEGAIS

DENUNCIA PSdeG DE BARBADÁS (OURENSE) CONTRA FREIRE

UN REXISTRADOR NÉGASE A INSCRIBIR UN TERREO DE DOMINIO PÚBLICO PARA O SEU USO COMO APARCAMENTO

Habitarama, filial de Mahia construiu garaxes debais de zonas públicas

O Concello de Barbadás aproba esta proposta supostamente ilegal, unha das razóns que motivou a denuncia do PSdeG


  • A finais de 2003 Habitarama S.L., filial de Mahia, solicita a aprobación da AR1 con unha serie de propostas supostamente ilegais.

  • Segundo a denuncia presentada polo PSdeG "faise un exercicio de malabares á hora de ceder ó Concello de Barbadás os parques públicos, posto que debaixo deles construiríanse os garaxes dos edificios".

  • Este suposto non está permitido pola lexislación vixente porque a cesión debe ser comprendendo o subsolo.

  • Esta cuestión motiva que o 21 de abril de 2007, segundo se explica no escrito de denuncia do PSdeG, se desestime un recurso presentado pola xunta de compensación que pretendía que esto fose legal.

  • Previamente o Rexistrador da Propiedade número 2 de Ourense negouse a practicar a inscrición dun documento público administrativo

  • Segundo o Rexistrador ese terreo forma parte do dominio público municipal por cesión obrigatoria e non se pode usar para aparcamentos.

  • O Rexistrador indica tamén que se estaría vulnerando a normativa vixente e o artigo 132.1 da Constitución Española.

  • Artigo 132.1 da Constitución: "A lei regulará o réxime xurídico dos bens de dominio público e dos comunais, inspirándose nos principios de inalienabilidade, emprescriptibilidade e inembargabilidade, así como a súa desafectación"

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2013/10/29/registrador-nego-inscribir-cambios-urbanisticos-barbadas-verlos-ilegales/00031383078915196650366.htm

luns, 28 de outubro de 2013

AMPLIACIÓN DENUNCIA CONTRA FREIRE


O PSdeG DE BARBADÁS (OURENSE) AMPLÍA A DENUNCIA CONTRA FREIRE E IMPLICA Ó PRESIDENTE DE MAHIA E Ó EXCONCELLEIRO DE OBRAS ANTONIO CURRÁS


·        Xosé Carlos Valcárcel, voceiro socialista en Barbadás e autor da denuncia apunta a un novo delito, o de cofeito e a prevaricación pasa coa ampliación da demanda a ter a cualificación de continuada.

 

·         A ampliación da demanda alude á área de reparto número 1, situada no entorno das piscinas.

 

·         Supostamente suprimíronse glorietas, facendo menos gravosa a urbanización para Mahia

 
·        Construíronse garaxes situados debaixo de parques públicos e zonas verdes, unha posibilidade prohibida pola normativa, posto que a cesión de chan de dominio público comprende tamén o subsolo.

 

·        Unha empresa da familia de Freire, Alba María, adquiriu en Portugal (Matosinhos) inmobles presuntamente sen contraprestación algunha a sociedades vinculadas a Mahia, principal beneficiaria das modificación urbanísticas e dos cambios que se fixeron na AR1

 

·        Unha promotora, San Bieito, que tiña 8 fincas na AR1, cedeu unha opción de compra sobre unha vivenda á Sociedade Mercantil Eichoa, propiedade da muller do alcalde de Barbadás

 

 Barbadás, 28 de outubro de 2013.  Unha ampliación da denuncia presentada polo PSdeG o pasado mes de xullo aporta novos datos sobre o plan especial de reforma interior da área de reparto número 1 da Valenzá. Os PSdeG fala da posibilidade de que ese vulnerase a legalidade vixente para beneficiar directamente a unha entidade, Mahia Grupo Inmobiliario “ os seus adláteres a cambio de contraprestacións”.

         Na ampliación da denuncia indícase que o 5 de xullo de 2002 formalízae un convenio urbanístico entre o Concello de Barbadás e Mahia (do que xa se falou na denuncia inicial) por medio do cal ente local cede o 10 % do aproveitamento que lle corresponde no AR1 a cambio da cesión duns terreos.

         Posteriormete apróbase o PXOM, no que se especifica que a superficie da área de reparto (95.077 m2), terá unha edificabilidade máxima residencial de 78.000 m2 e 8.958 destinada a uso comercial.

         A finais de 2003 Habitarama S.L., filial de Mahia, solicita a aprobación da AR1 “con unha serie de propostas ó noso xuízo ilegais e outras que benefician presuntamente á promotora sen xustificación aparente e que son aprobadas polo Concello de Barbadás”, explica Xosé Carlos Valcárcel, voceiro socialista en Barbadás e autor da denuncia.

         Entre as propostas presuntamente ilegais que foron aprobadas atópanse as seguintes:

1.     Elévase a superficie da área de reparto prevista de 95.077m2 a 100.833m2 (incluído o río dos Muíños) e con unha superficie computable de 99.800 m2.

2.     Como consecuencia desta elevación da superficie, aumenta a posibilidade edificatoria ata 81.836 m2 de solo residencial e 9.381 de superficie comercial.

3.     Incúmprese así a normativa autonómica de reserva do 20 % do volumen para vivenda protexida.

4.     Incúmprese a normativa respecto de prazas de garaxe de 2 de cada 100 m2 edificables con 25 % de dominio público.

5.     Benefíciase á promotora coa supresión das glorietas que se proxectaran no plan xeral, facendo menos gravosa a urbanización.

6.     Faise un exercicio de malabares á hora de ceder ó Concello de Barbadás os parques públicos, posto que debaixo deles construiríanse os garaxes dos edificios, suposto que non está permitido porque a cesión debe ser comprendendo o subsolo.

 

A última cuestión motiva que o 21 de abril de 2007 se publique no BOE a resolución 26/3/07 da DGRN pola que se desestima o recurso interposto pola xunta de compensación da AR1 da Valenzá contra a negativa do Rexistrador da Propiedade número 2 de Ourense a practicar a inscrición dun dcomento público administrativo de operacións xurídicas complementarias ó proxecto de compensación. O rexistrador sinala que ese terreo forma parte do dominio público municipal por cesión obrigatoria e non se pode usar para aparcamento. Transguédese así a normativa vixente e o artigo 132.1 da constitución, explicita a denuncia.

 

Alba María

 

         Paralelamente e ó tempo que o Concello tramitaba o Peri da AR1, Alba María Sociedade Promotora de Bens Imoveis Lda, supostamente mercou o 20 de abril de 2004 (cando a entidade carecía aínda de actividade porque fora constituída o 30 de xaneiro do ano anterior) 2 inmobles á sociedade portuguesa  da que era accionista e dirixente Ramón López Casal, presidente de Mahia, é dicir, a López&Noya Sociedad Promotora e Constructora Inmobiliaria Lda.

         Formalizáronse entón a compra de un inmoble situado en Matosinhos,  no número 145 da avenida da Liberdade, quinta planta, con trastero e garaxe e outro no piso oitavo, tamén con trasteiro e garaxe. Esto coincidiu coas datas de aprobación inicial e definitiva do Peri AR1 .

         Transcorrido o tempo, concretamente o 28 de setembro de 2006 adquiriu presuntamente e sen contraprestación económica os seguintes bens a López&Noya:  6 inmobles no número 145 da avenida da Liberdade, na quinta, 2 na sexta, séptima, oitava e novena plantas.

         Na actualidade as dúas empresas, Alba María e López&Noya teñen idéntica sede social.

 
Implicado un exconcelleiro de Obras

 
         Segundo a denuncia presentada en nome de Xosé Carlos Valcárcel, Mahia vendeu, sen recibir contraprestación algunha a Antonio Currás Menor o piso situado na capital ourensá. Esta entrega “presúmese como presunto pago pola axilización no Concello de Babadás das actuacións inmobiliarias” citadas. A data da operación oincide coa de aprobación definitiva do Peri AR1, a finais de 2004.

 
San Bieito e Eichoa

 
         Valcárcel resalta no escrito de denuncia que entre a relación de propietarios de parcelas na AR1 figura Promocións San Bieito S.L., con 8 fincas sobre as que se desenrola a operación urbanística.

Na denuncia faise referencia a que San Bieito cedeu unha opción de compra sobre unha vivenda con praza de garaxe e trasteiro a Eichoa, da que é propietaria a muller de Freire.

         A denuncia destaca que “sospeitamos que tamén esta opción de compra podería ser un negocio simulado que trata de ocultar a verdadeira naturaleza do feito, é dicir, o suposto pago pola operación urbanística”.

         Na ampliación de denuncia presentada o venres 25 de outubro e sobre a que xa tivo que declarar Freire no interrogatorio que se lle fixo hoxe pola mañá, fálase da responsabilidade de 5 persoas máis, entre as que se atopan o exconcelleiro de Obras, Antonio Curras, o presidente de López &Noya, Ramón López Casal, Pilar Encarnación Branco Illodo, apoderada de Mahia, José Noya Rey, socio da entidade portuguesa López&Noya e Marcos López, representante de Mahia.

venres, 18 de outubro de 2013

FREIRE, INTERROGADO POLA XUÍZA O 28 DE OUTUBRO

O alcalde de Barbadás, José Manuel Freire, será interrogado pola xuíza, o 28 de outubro

Trala denuncia presentada polo PSdeG de Barbadás polos presuntos delitos de prevaricación e negociacións prohibidas
 
A xuíza de instrucción número 3 de Ourense, Cristina Martínez, interrogará o vindeiro luns 28 de outubro ó alcalde de Barbadás, José Manuel Freire Couto, e o tenente alcalde, Manuel García.
 
A denuncia presentada en xullo deste mesmo ano polo PSdeG de Barbadás apuntaba ós dous políticos coma presuntos autores de sendos delitos de prevaricación (con penas de prisión de 7 a 10 anos) e negociacións prohibidas a funcionarios públicos, penadas con ata 2 anos de prisión.
 
Segundo publicou onte Faro de Vigo os Socialistas de Barbadás delatamos na denuncia "relacións con exconcelleiros do PP, construtores, promotores inmobiliarios e presuntos testaferros".
 
Ademais a denuncia inicial alude a un pleno celebrado no mes de xullo no que se levou a cabo, co apoio en solitario do PP, a modificación puntual da área de reparto na que Freire e García son propietarios.
 
Xosé Carlos Valcárcel, voceiro do PSdeG, xa anticipou antes dese pleno e na propia sesión que acudirían á Xustiza por participar nunha votación na que eran parte interesada.
 
 
 
 
 

mércores, 16 de outubro de 2013

LECCIÓN DE CIVISMO EN BARBADÁS (OURENSE)

Lección de civismo do alcalde de Barbadás (Ourense)

José Manuel Freire Couto estaciona o seu vehículo enriba da beirarrúa, segundo denuncia o PSdeG



O alcalde de Barbadás, Freire Couto, parece ter normas de circulación e de civismo propias.

O seu xeito de estacionar o vehículo non coincide co do resto dos mortais. A beirarrúa é un lugar só para peóns, pero parece que o alcalde de Barbadás non foi a clase ese día.

E se viñera unha persoa en cadeira de rodas pola zona ou alguén quixera pasar con un carriño de bebé, qué opción tomaría?

Está claro: baixar á estrada e arriscarse a ser atropelado

Porque, aínda que quixera cruzar de beirarrúa, non podería, porque o vehículo de Freire impídello.

¿ A policía local debería multalo? Si, ademais por reincidente.

Pero, como moitos de nós coñecemos, o xefe da policía local de Barbadás é sobriño de Freire.

PERO AS NORMAS ESTÁN PARA CUMPRILAS!

sábado, 12 de outubro de 2013

PSdeG PROPÓN CONXELAR IMPOSTOS E TAXAS


MOCIÓN DO PSdeG-PSOE PARA QUE O CONCELLO DE BARBADÁS NON AUMENTE NO EXERCICIO 2014 AS TAXAS, PREZOS PÚBLICOS E DEMAIS TRIBUTOS LOCAIS, FACILITE O FRACCIONAMENTO E BONIFIQUE A DOMICILIACION BANCARIA

MEDIDAS PROPOSTAS:


ü     Non incrementar no exercicio 2014 ningún tipo de taxa, tributo ou prezo público que sexa xestionado polo Concello de Barbadás.

ü     Non aplicar o incremento do IPC ó servizo de subministación de auga potable e ó servizo de vertido de augas residuais.

ü     Reducir o tipo impositivo aplicado ó Imposto de Béns Inmobles.

ü     Ofrecer a posibilidade de fraccionar o pago de taxas e impostos.

ü     Aplicar unha redución da contía do tributo no caso de proceder á domiciliación bancaria.

ü     Estudar a aplicación de exencións en taxas de escolas deportivas, de música, etc naqueles casos de familias con dificultades económicas para evitar a exclusión social e favorecer a integración.
LEMBRAR QUE:


§        Nos últimos 6 anos o IBI subiu un 206% de promedio a pesar das propostas socialistas para reducir o tipo impositivo. Estas propostas sempre foron rexeitadas por Freire e o PP.

§        O servizo de recollida de lixo experimentou un incremento  no 2012 dun 90%  nas localidades con recollida diaria e dun 43% onde non se fai diariamente. Para o comercio a suba media foi tamén dun 90% .

§        A hostalaría tamén sufriu enormemente as consecuencias da política recadatoria do Sr. Freire, xa que a antes citada taxa pola recollida de lixo experimentou un aumento do 150%. Pero non contento con esto tamén no 2012 se revisou a taxa por  mesas e veladores para estos establecementos incrementándose nun 65%.

§        Tamén no 2012 as taxas da Escola de Música de Barbadás incrementouse nun abusivo 85%.

§        No curso 2011-2012 as taxas das escolas deportivas subiron entre un 60%  (fútbol e baloncesto) e un 100%  (ximnasia, atletismo, kung-fu e xadrez).

§        No mesmo curso, o servizo “Bos días cole” deixou de ser gratuito para ter que pagar 90 € por curso.

§        Ó mesmo tempo tamén desaparece a gratuidade das actividades extraescolares.

 

luns, 7 de outubro de 2013

SEN DATA NA APERTURA DO POLIDEPORTIVO


O PSdeG ESIXE Ó PP EXPLICACIÓNS DE POR QUÉ SE RETRASA A APERTURA DO POLIDEPORTIVO

 A veciñanza está indignada ante a demora na posta en funcionamento do pavillón

Barbadás, 7 de outubro de 2013

 

·        O Partido Socialista en Barbadás reclamou por escrito explicacións ó alcalde, José Manuel Freire, sobre o motivo polo que aínda non está inaugurado o polideportivo.

·        O voceiro do PSdeG, Xosé Carlos Valcárcel, esixe unha explicación de cando se vai inaugurar oficialmente o novo pavillón.

·        A veciñanza do concello de Barbadás non acaba de entender cómo despois de 12 anos de espera o polideportivo dos Carrís, na Valenzá, segue sen abrir as súas portas.

·        A Valcárcel parécelle incomprensible que aparentemente o polideportivo estea en funcionamento a pesar de non ter sido inaugurado oficialmente.

·        Ante a falla de información e o obscurantismo que parece rodear a apertura das instalación deportivas, o Grupo Socialista presentou unha batería de preguntas para coñecer cal é a situación actual.

·        O líder socialista quere que o alcalde lle aclare se o pavillón ten todos os permisos en orde para poder estar en funcionamento.

·        A oposición do Grupo Socialista demandou tamén información acerca das actividades que se están desenvolvendo actualmente nesta dotación deportiva.

·        No pleno celebrado o 9 de setembro Valcárcel xa insistiu na cuestión das previsións de apertura do pavillón, pero o mutismo do alcalde, levou ó voceiro do PSdeG a querer coñecer con detalle cal é a situación.

·        ¿Qué persoal está atendendo as actividades do polideportivo? Pois o proceso de contratación aínda non rematou.

·        ¿Qué persoas e empresas realizan o mantemento?

·        ¿Existe póliza de responsabilidade civil?

·        Outra das dúbidas que lle foi plantexada ó alcalde refírese ás dimensións da cancha de baloncesto.

·        Os Socialistas queren coñecer se cumple os requisitos deste deporte para competicións oficiais que non sexan internacionais.

mércores, 2 de outubro de 2013

XESTIÓN NO INORDE: EN ENTREDITO

O NOME DE JOSÉ MANUEL FREIRE COUTO VOLVE ESTAR ASOCIADO UNHA VEZ MÁIS A UN PRESUNTO CASO DE CORRUPCIÓN

Nesta ocasión o entramado no que se viu envolto o tamén alcalde de Barbadás está relacionado coa súa xestión na Presidencia do Instituto Ourensano de Desenrolo Económico (Inorde)


  • Un informe da OLAF (Oficina Europea de Loita contra o Fraude) apunta a José Manuel Freire Couto como unha peza máis na trama de corrupción que envolve a xestión de José Luis Baltar Pumar.

  • O informe do organismo anticorrupción europeo sinala que se vulneraron os principios básicos que rexen as contratacións públicas no Plan Pedece.

  • Este plan estaba proxectado para a cría de cabalos e a formación euestre e foi financiado con fondos da Unión Europea con 1,5 millóns de euros a través do Feder.

  • A Deputación de Ourense terá que devolver por estas presuntas irregularidades 1,2 millóns de euros á Unión Europea correspondentes á redacción do proxecto, a adxudicación e a adxudicación de material.