venres, 18 de outubro de 2013

FREIRE, INTERROGADO POLA XUÍZA O 28 DE OUTUBRO

O alcalde de Barbadás, José Manuel Freire, será interrogado pola xuíza, o 28 de outubro

Trala denuncia presentada polo PSdeG de Barbadás polos presuntos delitos de prevaricación e negociacións prohibidas
 
A xuíza de instrucción número 3 de Ourense, Cristina Martínez, interrogará o vindeiro luns 28 de outubro ó alcalde de Barbadás, José Manuel Freire Couto, e o tenente alcalde, Manuel García.
 
A denuncia presentada en xullo deste mesmo ano polo PSdeG de Barbadás apuntaba ós dous políticos coma presuntos autores de sendos delitos de prevaricación (con penas de prisión de 7 a 10 anos) e negociacións prohibidas a funcionarios públicos, penadas con ata 2 anos de prisión.
 
Segundo publicou onte Faro de Vigo os Socialistas de Barbadás delatamos na denuncia "relacións con exconcelleiros do PP, construtores, promotores inmobiliarios e presuntos testaferros".
 
Ademais a denuncia inicial alude a un pleno celebrado no mes de xullo no que se levou a cabo, co apoio en solitario do PP, a modificación puntual da área de reparto na que Freire e García son propietarios.
 
Xosé Carlos Valcárcel, voceiro do PSdeG, xa anticipou antes dese pleno e na propia sesión que acudirían á Xustiza por participar nunha votación na que eran parte interesada.
 
 
 
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario