luns, 7 de outubro de 2013

SEN DATA NA APERTURA DO POLIDEPORTIVO


O PSdeG ESIXE Ó PP EXPLICACIÓNS DE POR QUÉ SE RETRASA A APERTURA DO POLIDEPORTIVO

 A veciñanza está indignada ante a demora na posta en funcionamento do pavillón

Barbadás, 7 de outubro de 2013

 

·        O Partido Socialista en Barbadás reclamou por escrito explicacións ó alcalde, José Manuel Freire, sobre o motivo polo que aínda non está inaugurado o polideportivo.

·        O voceiro do PSdeG, Xosé Carlos Valcárcel, esixe unha explicación de cando se vai inaugurar oficialmente o novo pavillón.

·        A veciñanza do concello de Barbadás non acaba de entender cómo despois de 12 anos de espera o polideportivo dos Carrís, na Valenzá, segue sen abrir as súas portas.

·        A Valcárcel parécelle incomprensible que aparentemente o polideportivo estea en funcionamento a pesar de non ter sido inaugurado oficialmente.

·        Ante a falla de información e o obscurantismo que parece rodear a apertura das instalación deportivas, o Grupo Socialista presentou unha batería de preguntas para coñecer cal é a situación actual.

·        O líder socialista quere que o alcalde lle aclare se o pavillón ten todos os permisos en orde para poder estar en funcionamento.

·        A oposición do Grupo Socialista demandou tamén información acerca das actividades que se están desenvolvendo actualmente nesta dotación deportiva.

·        No pleno celebrado o 9 de setembro Valcárcel xa insistiu na cuestión das previsións de apertura do pavillón, pero o mutismo do alcalde, levou ó voceiro do PSdeG a querer coñecer con detalle cal é a situación.

·        ¿Qué persoal está atendendo as actividades do polideportivo? Pois o proceso de contratación aínda non rematou.

·        ¿Qué persoas e empresas realizan o mantemento?

·        ¿Existe póliza de responsabilidade civil?

·        Outra das dúbidas que lle foi plantexada ó alcalde refírese ás dimensións da cancha de baloncesto.

·        Os Socialistas queren coñecer se cumple os requisitos deste deporte para competicións oficiais que non sexan internacionais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario