mércores, 25 de setembro de 2013

¿SEGUIRÁN AS DESIGUALDADES NO TRANSPORTE?


 

  Contamos contigo, contamos con todos



O PARTIDO SOCIALISTA FIXO UNHA PROPOSTA PARA QUE O CONCELLO BUSQUE UNHA SOLUCIÓN PARA SUBVENCIONAR O TRANSPORTE A TÓDOLOS VECIÑOS DO CONCELLO

 Barbadás. Setembro de 2013.

 

  • A iniciativa do PSdeG pretende que esta medida se aplique mentras non se poña en marcha o transporte metropolitano, á vista de que este programa de mobilidade, que afecta a 8 concellos da comarca de Ourense, leva acumulados varios anos de retraso.

  • Os Socialistas xa teñen alertado en numerosas ocasións sobre a necesidade de actuar no ámbito do transporte para pór fin ás desigualdades que en cuestión de mobilidade existen no municipio de Barbadás.

  • Hai que ter en conta que as persoas que viven nos pobos e en concreto os maiores son os que teñen máis dificultades para moverse debido a que os horarios e as frecuencias non se adaptan ás súas necesidades.

  • Dende o Partido Socialista o seu voceiro, Xosé Carlos Valcárcel, trata de ofrecer solucións a un problema que arrastramos dende hai anos.

  • A proposta pretende aportar unha solución positiva para rematar coas desigualdades que existen entre a veciñanza .
 
  • Un xubilado de Loiro ou Bentraces paga por desprazarse a Ourense 1,45  €.

  • Un pensionista de Parada ou Piñor abona 1,35 euros.

  • E un da Valenzá: 50 céntimos.

  • A situación é similar para o resto da cidadanía, pois un/unha veciño/a da Valenzá se merca un bonobús, o desconto supón que pague 70 céntimos por desprazarse e un estudante 40 céntimos.

  • Estas tarifas contrastan co que teñen que abonar os/as veciños/as do rural, que seguen sendo 1,45 € en Loiro/Bentraces e 1,35 € en Parada/Piñor.

  • Non se pode seguir dividindo á poboación entre veciños de 1ª e 2ª categoria.

  • ¿CUMPRIRÁ FREIRE O COMPROMISO PLENARIO E FORMAL QUE ADQUIRIU O 9 DE SETEMBRO PARA SOLVENTAR O PROBLEMA?

 

                                                                          Axúdanos a mellorar o noso concello, contacta con nós:

Ø                         Blog: www.cambiabarbadas.blogspot.com

Ø                         Páxina web: www.barbadás.psoe.es

Ø                         Tfno.: 667  38 21 16

Ø                        Facebook: Agrupación Socialista de Barbadás/Xosé Carlos     Valcárcel/Victoria Morenza, Amigo Socialista de Barbadás.

Ø                         Twiter: @cambiabarbadas; @osevalcarcel; @vicmorenzadof

Ø                         Sede: Rúa do Areal 9 , A Valenzá (luns de 18,00 a 20,00 horas)

venres, 13 de setembro de 2013

SOLUCIÓN PROVISIONAL PARA O TRANSPORTE


Extracto do pleno de Barbadás (9 de setembro de 2013)

 

  • O alcalde de Barbadás comprométese a buscar unha solución provisional para subvencionar o transporte público, unha proposta feita polo PSdeG.

 

  • Aprobada por unanimidade unha iniciativa do Grupo Socialista para rematar as beirarrúas na rúa Calzada Romana, preto do polideportivo

 

  • O grupo de goberno do PP vota en contra da reforma integral do Parque das Searas. O voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel, chamou a atención sobre o deterioro, as deficiencias e a perigosidade desta zona de recreo. O alcalde, José Manuel Freire Couto, argumenta o voto en contra asegurando que “as pautas márcaas o grupo de goberno”

 

  • No apartado de rogos e preguntas, o PSdeG pide explicacións a Freire por recepcionar currículos e recibir á cidadanía na súa consulta do centro médico de Barbadás en horario laboral.

 

  • O PSdeG abstense na modificación da ordenanza do Servizo de Axuda no Fogar porque a nova normativa reduce de 50 a 13 a enumeración de tarefas a realizar polas auxliares a domicilio. Tamén reprochan que non se puxera en funcionamento o banco de tempo.

 

  • Os Socialistas abstéñense no cambio na regulación da taxa de axuda a domicilio porque non se inclúen bonificacións para as familias con dificultades económicas.

 

  • Apróbase unha declaración institucional de apoio ós traballadores de T-Solar (proposta do BNG)

 

 1. Moción do PSdeG para que a Xunta poña en marcha a primeira fase do transporte metropolitano. Que o Concello busque unha solución provisional para subvencionar o transporte a tódolos veciños do concello e non só ós da Valenzá

         Aprobada por unanimidade

         Extracto da intervención da poñente da moción Victoria Morenza:

 

“Señor Freire, agora en setembro terá moito traballo porque asignaturas pendentes ten abondo.

Unha das asignaturas que suspende sempre e con nota moi baixa é a do TRANSPORTE

         Ou non lle interesa buscar unha solución ou ten pouco interese na mobilidade dos veciños.

         A controvertida polémica da supresión do autobús número 7 dos urbanos de Ourense solventouna de xeito chapuceiro. Agora 7 anos despois seguimos en situación provisional subvencionando a mobilidade duns veciños e discriminando ó rural. Demostrou entón que as crises non son a súa especialidade.

         Outra razón de peso para este continuado e estrepitoso suspenso foi a compra do bus eléctrico. Aquel auobús que mercamos na China, que non tiña o permiso da Xunta para circular e que non subía as costas significou un escarnio público para vostede. E por riba paséase polo case único sitio chairo que hai no concello, a avenida de Celanova, como se fose un caudillo, sen vergoña algunha.

         E se de transporte falamos hoxe, temos que dicir que moitas das marquesiñas que hai no concello son verdadeiramente inutilizables. Non fan o mantemento das mesmas. Algunhas estiveron rotas durante anos, outras tiradas en descampadosou en calquera esquina e despois utilizadas ante o bochorno público do alcalde na televisión pública. Lembrámoslle que aínda non resolveu a polémica da instalación dunha marquesiña en Parada para que os cativos que van ós centros escolares poidan esperar polo bus. Que tampouco se colocou a que o PSdeG pediu para o hospital de Piñor. E non esqueza que hai lugares perigosos no concello nos que hai parada e non hai marquesiña.

         ESTE SUSPENSO COMO PODE VER ESTÁ BEN XUSTIFICADO. Misión imposible darlle o aprobado.

         Pero centrándonos no tema que nos ocupa, fagamos unha análise da situación do transporte no municipio de Barbadás:

  • Un xubilado de Loiro ou Bentraces paga por desprazarse a Ourense 1,45 euros
  • Un pensionista de Parada ou Piñor abona 1,35 euros
  • E un da Valenzá: 50 céntimos

 

 

A distancia é menor, pero a pensión media é similar. O transporte na Valenzá está subvencionado e, polo tanto, leva anos señor Freire discriminando a uns veciños sobre outros. E o transporte metropolitano non chega. E os recortes ós nosos maiores son imparables.

 

     A situación é similar para o resto da cidadanía, pois un veciño/a da Valenzá se merca un bonobús, o desconto supón que pague 70 céntimos por desprazarse e un estudante 40 céntimos.

Estas tarifas subvencionadas contrastan co que teñen que abonar os veciños/as do rural, que seguen sendo 1,45 en Loiro/Bentraces e 1,35 en Parada/Piñor.

     E esto señor Freire significa dividir á poboación entre veciños de 1ª e de 2ª categoría. Subvencionar o transporte de viaxeiros na Valenzá ano tras ano supón discriminar, marxinar, diferenciar, excluir, segregar, distinguir.

     A vostede non lle chega con suprimir o transporte gratuito ós centros médicos nin con deixar ós veciños de Parada sen un acceso á parada de bus de Cabeza de Vaca”.

ACORDO aprobado:

 

 

1)           Instar á Xunta a pór en marcha de xeito inmediato a primera fase do Plan de Implantación do Transporte Metropolitano na área de Ourense.

 

2)           Que en tanto non se poña en funcionamento o transporte metropolitano, o Concello de Barbadás entable un proceso negociador coas empresas que prestan o servizo regular de viaxeiros. O obxectivo destas negociacións debe ser buscar unha solución provisional para que o Concello subvencione o transporte en tódolos núcleos do municipio en non só na Valenzá.

 

 

2. MOCIÓN DO PSdeG PARA QUE SE REMATEN AS BEIRARRÚAS   DO PASEO QUE VAI DENDE O PARQUE DOS PATOS ATA O CAMPO DE FÚTBOL DOS CARRÍS (Rúa Calzada Romana).

 

Aprobada por unanimidade

Extracto da intervención de María Presas:

 

“O paseo que vai dende o parque dos patos ata o campo de fútbol dos Carrís é unha das zonas máis transitadas por deportistas e afeccionados da Valenzá, do resto do concello e da cidade de Ourense. Pois son moitos os veciños e veciñas que corren, pasean ou andan en bicicleta a diario ó longo de todo o paseo do río.

 

Hai algo máis de 1 ano o Grupo Municipal Socialista trouxo a pleno unha moción na que se lle propoñía á corporación municipal a adopción do mesmo acordo que traemos hoxe. A moción foi aprobada por unanimidade, pero a día de hoxe, non se fixo nada do acordado no pleno.

 

 Dende o Partido socialista seguimos considerando fundamental que dito tramo do paseo se manteña en bo estado de conservación e sobre todo, en boas condicións de seguridade. E habitual o tránsito de persoas e coches tódalas fins de semana pola zona para acudir ós partidos de fútbol que se disputan nos Carrís.

 

É vergoñento ver que un concello da categoría do de Barbadás  presente semellante imaxe de deixamento do goberno do PP, tanto nós accesos ó seu campo de fútbol de referencia como ó  polideportivo municipal, este é o momento de levar a cabo as obras de remate de beirarrúas neste treito.

 

Son tamén moitos os cativos e cativas que acuden  a este paseo na tempada de verán. Este traxecto énchese de veciños e veciñas, en moitos casos con nenos e nenas, que van diariamente ás piscinas municipais. Por  esta afluencia de xente, en moitos casos nenos e nenas, os socialistas de Barbadás  entendemos que é fundamental e prioritario a instalación de varandas en toda a zona do paseo, que recordamos tamén existe o compromiso plenario de levar a cabo esta obra, para evitar así caídas ou posibles accidentes.

 
 Por todo o anteriormente exposto, propoño ó Pleno desta Corporación a adopción do seguinte ACORDO:

 

 

·        Que se rematen as beirarrúas da Rúa Calzada Romana

 

·        Que se instalen varandas por toda a zona do paseo no que están as beirarrúas sen rematar.

 

·        Que se repoñan as luminarias nos lugares nos que faltan.

 

·        Que se habilite un paso de peóns nas inmediacións do campo de fútbol.”

 

3. Moción do PSdeG para a recuperación integral do Parque das Searas e o adecentamento do Parque Bahamonde.

 

O PP vota en contra desta proposta defendida polo voceiro socialista en Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel.

Extracto da intervención de Valcárcel:

O deterioro e abandono dos parques é absolutamente indignante, vergoñento e terceiromundista cando vemos o estado no que se atopa o Parque das Searas ubicado na Valenzá.

Estamos falando dun parque no que todas as farolas están rotas, non só as tulipas senón tamén as bombillas. Estamos falando dun parque no que os elementos de xogo están totalmente obsoletos e deteriorados: ó bambán dos cabaliños fáltalle unha das agarradeiras de xeito que os cativos e cativas non o poden utilizar sen risco de ter un grave percance. Os bambáns grandes non teñen cestiño e polo tanto non son axeitados para nenos menores de 3 anos. Tamén ten tornillos oxidados e o propio elemento de xogo non é estable.

Falamos dun parque no que a totalidade dos bancos presentan desperfectos de importancia e moitos teñen barras rotas e astilladas estando incluso carcomidos.

Falamos dun parque que no medio do céspede ten unha focha de  máis de medio metro de profundidade e metro e medio de diámetro o que representa un evidente risco para os usuarios.

E como colofón, falamos dun parque  cun peche de ferro que nun tramo de  máis de dos metros está totalmente esnaquizado e con elementos metalicos  doblados, rotos e enferruxados como consecuencias das obras na rúa contigua.

No Grupo Socialista temos a íntima convición de que o goberno do Sr. Freire quere afogar este parque para proseguir co seu afán especulativo como estaba previsto inicialmente e ás probas nos  remitimos. Basta con ver como un vial de nova creación remata de xeito abrupto xusto no valado do parque. Temos que lembrar que desde o PP se pretendeu reducir este parque á mínima expresión.

Nas proximidades do Parque das Searas atópase o Parque Bahamonde que presenta unha situación de deterioro tamén moi importante.

Este parque xa foi motivo de varias mocións de PSdeG e todas quedaron en nada pola desidia e o desinterese que amosa o Sr. Freire pola mellora das zonas verdes.

Actualmente a situación non fixo máis que empeorar xa que parte da zona verde está a chea de lixo, a pista de patinaxe foi ocupada pola terraza dun bar e os bancos están sen suxeción ó chán de xeito que se poden desprazar. Os elementos de xogo tamén presentan importantes deficiencias e xa hai tempo que se desprendeu parte do muro de contención dunha parede que ameaza con caer sobre a pista deportiva. Pero o goberno do PP segue sen actuar.

Para o PSdG resulta inconcebible que ó carón dunha zona de xogo e a escasos 15 m dunha gardería infantil haxa un muro de contención de gran volumen desprendido xai hai moitos meses (semana santa). A ameaza sobre os deportistas e especialmente sobre os cativos é continuada e a desidia do Sr. Freire é de xulgado de garda.

Pero o Sr Alcalde non queda contento con esta neglixencia: agora resulta que elimina espazos públicos destinados ó lecer para colocar a terraza dun bar. Non estamos en contra dos emprendedores, pero defendemos contundemente que unha pista de patinaxe para os cativos que está ubicada neste parque siga tendo o uso para o que foi construída.

Os argumentos que utiliza a Alcaldía son absurdos que   xa que en resposta as preguntas do PseG afirma  que se trata dunha pista ilegal.

Sr. Freire, a súa resposta pon en evidencia que vostedes traballan con escasa coherencia e despilfarrando os cartos da veciñanza. Constrúen algo que despois resulta ilegal pero e que ademais esta pista estivo sendo ultilizada sistemáticamente polos cativos e cativas para patinar sin que o concello adoptara ningunha medida que alertara sobre a suposta ilegalidade da mesma. 

En todo caso é evidente que a actuación do Sr. Freire o dos seus colaboradores é dunha irresponsabilidade e deixadez absoluta.

No caso de non cumprir esta pista coa legalidade, ¿por qué foi construída? ¿Por qué non está precintada? ¿Por qué se permitiu desde o concello o uso dunha pista ilegal?

Nas preguntas que formulamos desde o Grupo Socialista a Alcaldía tamén afirma que os bancos foron retirados dado que molestaban. Aquí temos que lembrarlle que os dous bancos non so foron retirados se non que ademais non foron anclados ó chán na súa suposta nova ubicación. Sr. Freire, os bancos na actualidade son bancos móbiles e  que se poden desprazar por toda a zona verde según o antoxo dos usuarios. Ademais non pode ser unha coincidencia que os bancos foran reiterados  ó mesmo tempo que destina o espezo público para terraza dun bar. ¡Qué casualide!”

 

O PP votou en contra das propostas do Grupo Socialista:

ü     Arranxar de xeito inmediato ó peche metálico do Parque das Searas habilitando un acceso por esa zona tal como reclama a veciñanza.

ü     Instalar novos elementos de xogo que substitúan ós existentes.

ü     Substituir todo o mobiliario urbano deteriorado (luminarias e bancos) e instalar papeleras.

ü     Repoñer o céspede deteriorado.

ü     Tapar a focha que hai na zona verde.

Freire argumentou que o PP non actúa ó ditado da oposición e que irán arrancando a situación a medida que teñan dispoñibilidade económica…….

  

4. Modificación da ordenanza do Servizo de axuda no fogar

 

O PSdeG abstúvose coa seguinte argumentación de Victoria morenza- Extracto:

 

“Os cambios na ordenanza implican unha perda na definición dalgúns aspectos. Na antiga ordenanza recoñecíase que os os usuarios que tiñan recoñecida o grao de dependencia terían este servizo con carácter definitivo.

Os obxectivos eran moito máis pormenorizados na anterior normativa, pois falábase de implicar ós destinatarios na resolución da súa problemática ou de axudar ás familias a asumir as súas responsabilidades de atención ós seus membros.

         No contido do servizo atopamos un abismo entre a antiga ordenanza que tiña máis de 50 actividades enumeradas na prestación do servizo ós usuarios, mentras que a modificación que trae hoxe o PP a pleno reduce estas tarefas a un número moi reducido, 13, quedando así indefinidas as funcións das auxiliares de axuda no fogar.         

Pero o que máis lle preocupa ó Grupo Socialista é que neste apartado de persoal desapareza o apartado dedicado ós voluntarios. Na antiga ordenanza incluíase a posibilidade de que as persoas dun xeito solidario podían complementar as funcións e tarefas do persoal profesional. Recollíase a posibilidade de que voluntariado podía aportar compañía, mellora no fomento das relacións e a comnicación ou a ocupación do tempo libre, tanto dentro coma fóra do fogar. Pero agora todo eso desaparece e non entendemos por qué. ¿Fracasou o programa do banco de tempo? ¿non se cumpriron así os obxectivos da concellería de servizos sociais neste ámbito, a pesar de que un concelleiro ten unha dedicación para este tipo de plans? “

 

 

5. Modificación da taxa do servizo de Axuda no Fogar.

 

O PSdeG abstívose e anticipou que presentará alegacións para que se apliquen bonificacións nos fogares con peculiaridades específicas.

Extracto da intervención de Morenza neste tema:

“Antes tíñase en conta só a renda do perceptor do servizo, do cónxuxe, dos ascendentes e dos filllos menores de 25 anos e maiores deesta idade en situación de incapacidade. Agora, sen embargo, téñense en conta a renda e o patrimonio das persoas residentes na unidade de convivencia. Resulta inxusto porque a crise produciu un cambio substancial na situación de moitas familias. Poden darse casos tan diversos coma os de matrimonios con fillos que teñen que voltar á unidade familiar de orixe porque non poden asumir os custes. Ou poden vivir na mesma casa fillos maiores de 25 anos en situación de desemprego ou pais/nais que volveron á familia original e teñen que asumir custos de hipoteca ou pensión alimenticia da súa exparella….etc, etc.”

 

6. O PSdeG pide explicación ó alcalde de Barbadás por recibir a cidadáns na súa consulta do centro médico de Barbadás e en horario laboral.

 

Extracto do rogo presentado por Morenza ó respecto:

 

“Que o alcalde explique á opinión pública por qué recibe na súa consulta ás persoas que solicitan unha entrevista formal con el en calidade de rexedor. Temos coñecemento que na súa consulta médica de Barbadás atende a representantes de asociacións de veciños e mesmo recepciona currículos de persoas que máis tarde se comproba que son contratados directa ou indirectamente coa intercesión de Freire”

 

 

 

 

 

 

mércores, 11 de setembro de 2013

ALERTA SOBRE UN PROBLEMA NAS AULAS DE INFANTIL NO FILOMENA DATO


O PSdeG ALERTOU O MARTES SOBRE A INTENCIÓN DA CONSELLERÍA DE SUPRIMIR UNHA LIÑA DE INFANTIL NO COLEXIO FILOMENA DATO DA VALENZÁ

As iniciativas e presións da comunidade escolar conseguiron en cuestión de horas que a situación se solventase, admitíndose finalmente hoxe mércores ó cativo ó que nun principio lle foi denegado o comedor escolar
 
A rapidez na actuación do PSdeG, onte 10 de setembro, motivou tamén que se tomase conciencia do asunto

 

  • O voceiro socialista en Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, califica de inadmisible a supresión dunha liña de infantil de 3 anos “polo mero feito de que un só alumno non fora admitido no comedor escolar”
 
  • Na actualidade no colexio Filomena Dato hai 6 liñas de educación infantil, 2 delas de cativ@s de 3 anos.
 
  • Inicialmente había inscritos 26 rapazas/ces, pero no día de hoxe deuse de baixa 1 alumno ó non conseguir praza de comedor.
 
  • Este feito ocasionou que o inspector de Educación Daniel Barata anunciara o martes a intención da consellería de aglutinar ós 25 alumnos restantes nunha soa aula.
 
  • Esta decisión, de materializarse, “é intolerable dende o punto de vista da calidade educativa que debe existir”, censurou Valcárcel. Finalmente hoxe mércores quedou encauzado o problema.
 
  • O líder socialista fíxose onte eco do malestar xerado entre a comunidade de pais e nais debido a unha decisión “carente de toda lóxica e que atenta contra unha educación digna”.
 
  • No caso de suprimirse 1 das 2 liñas de 3 anos neste colexio da Valenzá “estaríase atentando contra unha das esixencias mínimas que debe ter unha aula, é dicir, os/as 25 alumnos/as estarían hacinados nunha soa aula, en lugar de distribuilos”.
 
  • Valcárcel denunciou que no colexio Filomena Dato non hai aulas habilitadas para acoller este número de cativos/as porque hai que ter en conta que estes alumnos deben dispor de baño dentro da clase.
 
  • Segundo o voceiro socialista “históricamente a matrícula de cativos/as de 3 anos supera os 26 alumnos porque ó longo do curso acostuma a haber novas inscricións”.
 
  • Unos dos perigos sobre os que advirten os Socialistas alude ó feito de que “se este curso se suprime esta liña de 3 anos, sentará un precedente e será moi difícil recuperala para sucesivos cursos”.
 
  • O colexio Filomena Dato é o único do concello que permite aumentar a matrícula ó longo do curso. Deste xeito “se se eliminase unha liña para aglutinar ós alumnos/as nunha soa aula, non existirá a posibilidade de escolarizar a cativos/as que se incorporen con posterioridade”, advirte Valcárcel.
 
  • O voceiro do PSdeG esixiulle o martes ó mediodía explicacións á concelleira de Educación en Barbadás, Nieves Carril. Sen embargo, Valcárcel amosouse sorprendido de que a encargada desta área descoñecera os detalles sobre o asunto.
 
  • Xosé Carlos Valcárcel reclama unha solución ós responsables municipais e á Consellería de Educación para evitar a supresión da liña de infantil.
 
  • Un dos aspectos que máis lle preocupa ós Socialistas é que nenos/as tan pequenos estean amoreados nunha aula e que non dispoñan das condicións mínimas que esixe a lei, como é un baño no interior da mesma.
 
  • Finalmente hoxe mércores quedou solventado en principio a cuestión, posto que foi admitido no comedor o escolar excluído inicialmente.
  •  
 

 

venres, 6 de setembro de 2013

TRANSPORTE METROPOLITANO: UNHA URXENCIA


MOCIÓN DO PSdeG PARA QUE A XUNTA POÑA EN MARCHA A PRIMEIRA FASE DO TRANSPORTE METROPOLITANO. QUE O CONCELLO BUSQUE UNHA SOLUCIÓN PROVISIONAL PARA SUBVENCIONAR O TRANSPORTE A TÓDOLOS VECIÑOS DO CONCELLO E NON SÓ ÓS DA VALENZÁ

                        

        

  • O transporte de viaxeiros é unha das asignaturas pendentes dos sucesivos gobernos do PP en Barbadás. Freire non conseguiu durante un cuarto de século buscar unha solución digna para facilitar os desprazamentos dos cidadáns.

  • Aínda lembramos con vergoña cando o señor Freire Couto despilfarrou diñeiro público para mercar un microbús que non subía as pendentes e que, sen ser utilizado de forma proveitosa máis cá pasearse coma un caudillo pola Valenzá, foi vendido por moito menos diñeiro do que custou ó cabo duns anos. Non podemos esquecer tampouco cando o alcalde de Barbadás tomou a incomprensible e salomónica decisión de suprimir o transporte público gratuito ós centros médicos, abandoando así a un dos sectores de poboación que teñen máis dificultade de mobilidade, os maiores.

  • En cuestión de transporte son moitas máis as discriminacións que se establecen dende a Alcaldía entre os veciños dos diferentes núcleos de poboación. Pero a máis abraiante, por manterse no tempo e por supor unha clara preferencia hacia uns veciños en detrimento do resto, é a subvención do Concello para o transporte ós residentes na Valenzá ano tras ano.

  • veciñanza do rural vese así unha vez máis discriminada. Hai que ter en conta que son as persoas que viven nos pobos os que teñen maiores dificultades para moverse debido a que os horarios do transporte regular non se adaptan en moitos casos ás necesidades dos/as veciños/as. Hai que ter en conta ademais que son unha vez máis os maiores os que máis utilizan o transporte en autobús para levar a cabo actividades cotiás como acudir a consultas médicas, facer a compra ou xestións bancarias, entre outras.

         _ Pero son estes veciñ@s do rural os que padecen dende hai ano as consecuencias negativas dunha pésima planificación dos xestores públicos.

- O Partido Socialista xa ten alertado en numerosas ocasións sobre a necesidade actuar neste ámbito para pór fin ás desigualdades que en cuestión de mobilidade existen no municipio de Barbadás.

         ======Sen embargo a realidade é que un veciño de Loiro ou Bentraces paga por desprazarse a Ourense 1,45 euros e un cidadán de Parada ou Piñor aboa 1,35 € como prezos únicos. Non se benefician de ningún tipo de bonificación e as frecuencias son escasas, en moitos casos incluso co transporte metropolitano. Resulta intolerable que nun dos concellos máis importantes da provincia se produzan en pleno século XXI este tipo de discriminacións entre veciños. Non acabamos de entender cómo en tantos anos de goberno o señor Freire non se molestou en tratar de buscar unha solución para a mobilidade da veciñanza que iguale e non discrimine.

         _ O transporte subvencionado supón que as persoas que viven e viaxan dende A Valenzá a Ourense teñen a posibilidade de mercar uns bonos de 10 viaxes, que teñen un custe de 7 euros, mentras que ós estudantes cústalles 4 euros. Namentres no rural nin a poboación en xeral nin os estudantes nin os pensionistas teñen esta posibilidade. Non temos claro cómo lle chamaría a esto o señor Freire: ¿exclusión, marxinación, segregación, distinción?

         Esta situación de favoritismo é moi anterior ás previsións da posta en marcha do controvertido transporte metropolitano.

         E se falamos de cheo do transporte metropolitano o PP é especialista en utilizar este tema como instrumento electoralista. Así o leva facendo dende que Feijóo chegou á Xunta en 2009 e continúao facendo ata o día de hoxe. A política de Feijóo neste tema é un pasiño para diante, 5 pasos para atrás.

         Dende 2009 os políticos do PP non foron capaces de pór en marcha o transporte metropolitano en Ourense, culpando sempre ó goberno da cidade de Ourense, antes BNG e PSdeG e agora os Socialistas en solitario. Esa é a estratexia da avestruz, a postura cómoda. Pero o que está claro é que este gran proxecto estase dilatando no tempo.

         En plena campaña electoral de maio de 2011 Feijóo comprométese cos candidatos da comarca de Ourense a implantar o transporte metropolitano. En marzo de 2012 Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, anuncia que a Xunta porá en marcha o transporte metropolitano con ou sen Ourense.

         En xuño de 2013 aínda estabamos en cueiros e Hernández ten a ousadía de recoñecer que non se está avanzando no asunto, pois a día de hoxe, un ano despois de asinado o convenio con tódolos concellos excepto Ourense, aínda se está tramitando o expediente administrativo da implantanción do Plan de Transportes. E escúdanse no feito de que están á espera de que o Concello de Ourense remita información para avanzar no deseño de itinerarios e paradas.

         Resulta evidente que o interés dos líderes do PP, estean gobernando na Xunta, no Concello de Barbadás ou na oposición en Ourense medra ou merma en función de se estamos ou non en campaña electoral.

         Para o Partido Socialista en Barbadás nestes intres o máis importante é a posta en marcha da primeira fase da implantación do transporte metropolitano porque é fundamental apurar os prazos e ter a infraestrutura lista para que esta aposta polo transporte que beneficiará a unha poboación de 137.000 persoas sexa unha realidade. É fundamental que a veciñanza de Barbadás pague o prezo único de 78 céntimos por desprazarse á capital ou 61 céntimos se realiza más de 40 viaxes e que se beneficien de novas infraestruturas, servizos e frecuencias.

 
Por todo o anteriormente exposto, propoño ó Pleno desta Corporación a adopción do seguinte ACORDO:


11- Instar á Xunta a pór en marcha de xeito inmediato a primera fase do Plan de Implantación do Transporte Metropolitano na área de Ourense.

 

22-         Que en tanto non se poña en funcionamento o transporte metropolitano, o Concello de Barbadás entable un proceso negociador coas empresas que prestan o servizo regular de viaxeiros. O obxectivo destas negociacións debe ser buscar unha solución provisional para que o Concello subvencione o transporte en tódolos núcleos do municipio en non só na Valenzá.

 
 

                   En Barbadás a 30 de agosto de 2013

 

Victoria Morenza Doforno

Concelleira do PSdeG en Barbadás