venres, 6 de setembro de 2013

TRANSPORTE METROPOLITANO: UNHA URXENCIA


MOCIÓN DO PSdeG PARA QUE A XUNTA POÑA EN MARCHA A PRIMEIRA FASE DO TRANSPORTE METROPOLITANO. QUE O CONCELLO BUSQUE UNHA SOLUCIÓN PROVISIONAL PARA SUBVENCIONAR O TRANSPORTE A TÓDOLOS VECIÑOS DO CONCELLO E NON SÓ ÓS DA VALENZÁ

                        

        

  • O transporte de viaxeiros é unha das asignaturas pendentes dos sucesivos gobernos do PP en Barbadás. Freire non conseguiu durante un cuarto de século buscar unha solución digna para facilitar os desprazamentos dos cidadáns.

  • Aínda lembramos con vergoña cando o señor Freire Couto despilfarrou diñeiro público para mercar un microbús que non subía as pendentes e que, sen ser utilizado de forma proveitosa máis cá pasearse coma un caudillo pola Valenzá, foi vendido por moito menos diñeiro do que custou ó cabo duns anos. Non podemos esquecer tampouco cando o alcalde de Barbadás tomou a incomprensible e salomónica decisión de suprimir o transporte público gratuito ós centros médicos, abandoando así a un dos sectores de poboación que teñen máis dificultade de mobilidade, os maiores.

  • En cuestión de transporte son moitas máis as discriminacións que se establecen dende a Alcaldía entre os veciños dos diferentes núcleos de poboación. Pero a máis abraiante, por manterse no tempo e por supor unha clara preferencia hacia uns veciños en detrimento do resto, é a subvención do Concello para o transporte ós residentes na Valenzá ano tras ano.

  • veciñanza do rural vese así unha vez máis discriminada. Hai que ter en conta que son as persoas que viven nos pobos os que teñen maiores dificultades para moverse debido a que os horarios do transporte regular non se adaptan en moitos casos ás necesidades dos/as veciños/as. Hai que ter en conta ademais que son unha vez máis os maiores os que máis utilizan o transporte en autobús para levar a cabo actividades cotiás como acudir a consultas médicas, facer a compra ou xestións bancarias, entre outras.

         _ Pero son estes veciñ@s do rural os que padecen dende hai ano as consecuencias negativas dunha pésima planificación dos xestores públicos.

- O Partido Socialista xa ten alertado en numerosas ocasións sobre a necesidade actuar neste ámbito para pór fin ás desigualdades que en cuestión de mobilidade existen no municipio de Barbadás.

         ======Sen embargo a realidade é que un veciño de Loiro ou Bentraces paga por desprazarse a Ourense 1,45 euros e un cidadán de Parada ou Piñor aboa 1,35 € como prezos únicos. Non se benefician de ningún tipo de bonificación e as frecuencias son escasas, en moitos casos incluso co transporte metropolitano. Resulta intolerable que nun dos concellos máis importantes da provincia se produzan en pleno século XXI este tipo de discriminacións entre veciños. Non acabamos de entender cómo en tantos anos de goberno o señor Freire non se molestou en tratar de buscar unha solución para a mobilidade da veciñanza que iguale e non discrimine.

         _ O transporte subvencionado supón que as persoas que viven e viaxan dende A Valenzá a Ourense teñen a posibilidade de mercar uns bonos de 10 viaxes, que teñen un custe de 7 euros, mentras que ós estudantes cústalles 4 euros. Namentres no rural nin a poboación en xeral nin os estudantes nin os pensionistas teñen esta posibilidade. Non temos claro cómo lle chamaría a esto o señor Freire: ¿exclusión, marxinación, segregación, distinción?

         Esta situación de favoritismo é moi anterior ás previsións da posta en marcha do controvertido transporte metropolitano.

         E se falamos de cheo do transporte metropolitano o PP é especialista en utilizar este tema como instrumento electoralista. Así o leva facendo dende que Feijóo chegou á Xunta en 2009 e continúao facendo ata o día de hoxe. A política de Feijóo neste tema é un pasiño para diante, 5 pasos para atrás.

         Dende 2009 os políticos do PP non foron capaces de pór en marcha o transporte metropolitano en Ourense, culpando sempre ó goberno da cidade de Ourense, antes BNG e PSdeG e agora os Socialistas en solitario. Esa é a estratexia da avestruz, a postura cómoda. Pero o que está claro é que este gran proxecto estase dilatando no tempo.

         En plena campaña electoral de maio de 2011 Feijóo comprométese cos candidatos da comarca de Ourense a implantar o transporte metropolitano. En marzo de 2012 Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, anuncia que a Xunta porá en marcha o transporte metropolitano con ou sen Ourense.

         En xuño de 2013 aínda estabamos en cueiros e Hernández ten a ousadía de recoñecer que non se está avanzando no asunto, pois a día de hoxe, un ano despois de asinado o convenio con tódolos concellos excepto Ourense, aínda se está tramitando o expediente administrativo da implantanción do Plan de Transportes. E escúdanse no feito de que están á espera de que o Concello de Ourense remita información para avanzar no deseño de itinerarios e paradas.

         Resulta evidente que o interés dos líderes do PP, estean gobernando na Xunta, no Concello de Barbadás ou na oposición en Ourense medra ou merma en función de se estamos ou non en campaña electoral.

         Para o Partido Socialista en Barbadás nestes intres o máis importante é a posta en marcha da primeira fase da implantación do transporte metropolitano porque é fundamental apurar os prazos e ter a infraestrutura lista para que esta aposta polo transporte que beneficiará a unha poboación de 137.000 persoas sexa unha realidade. É fundamental que a veciñanza de Barbadás pague o prezo único de 78 céntimos por desprazarse á capital ou 61 céntimos se realiza más de 40 viaxes e que se beneficien de novas infraestruturas, servizos e frecuencias.

 
Por todo o anteriormente exposto, propoño ó Pleno desta Corporación a adopción do seguinte ACORDO:


11- Instar á Xunta a pór en marcha de xeito inmediato a primera fase do Plan de Implantación do Transporte Metropolitano na área de Ourense.

 

22-         Que en tanto non se poña en funcionamento o transporte metropolitano, o Concello de Barbadás entable un proceso negociador coas empresas que prestan o servizo regular de viaxeiros. O obxectivo destas negociacións debe ser buscar unha solución provisional para que o Concello subvencione o transporte en tódolos núcleos do municipio en non só na Valenzá.

 
 

                   En Barbadás a 30 de agosto de 2013

 

Victoria Morenza Doforno

Concelleira do PSdeG en Barbadás

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario