mércores, 11 de setembro de 2013

ALERTA SOBRE UN PROBLEMA NAS AULAS DE INFANTIL NO FILOMENA DATO


O PSdeG ALERTOU O MARTES SOBRE A INTENCIÓN DA CONSELLERÍA DE SUPRIMIR UNHA LIÑA DE INFANTIL NO COLEXIO FILOMENA DATO DA VALENZÁ

As iniciativas e presións da comunidade escolar conseguiron en cuestión de horas que a situación se solventase, admitíndose finalmente hoxe mércores ó cativo ó que nun principio lle foi denegado o comedor escolar
 
A rapidez na actuación do PSdeG, onte 10 de setembro, motivou tamén que se tomase conciencia do asunto

 

  • O voceiro socialista en Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, califica de inadmisible a supresión dunha liña de infantil de 3 anos “polo mero feito de que un só alumno non fora admitido no comedor escolar”
 
  • Na actualidade no colexio Filomena Dato hai 6 liñas de educación infantil, 2 delas de cativ@s de 3 anos.
 
  • Inicialmente había inscritos 26 rapazas/ces, pero no día de hoxe deuse de baixa 1 alumno ó non conseguir praza de comedor.
 
  • Este feito ocasionou que o inspector de Educación Daniel Barata anunciara o martes a intención da consellería de aglutinar ós 25 alumnos restantes nunha soa aula.
 
  • Esta decisión, de materializarse, “é intolerable dende o punto de vista da calidade educativa que debe existir”, censurou Valcárcel. Finalmente hoxe mércores quedou encauzado o problema.
 
  • O líder socialista fíxose onte eco do malestar xerado entre a comunidade de pais e nais debido a unha decisión “carente de toda lóxica e que atenta contra unha educación digna”.
 
  • No caso de suprimirse 1 das 2 liñas de 3 anos neste colexio da Valenzá “estaríase atentando contra unha das esixencias mínimas que debe ter unha aula, é dicir, os/as 25 alumnos/as estarían hacinados nunha soa aula, en lugar de distribuilos”.
 
  • Valcárcel denunciou que no colexio Filomena Dato non hai aulas habilitadas para acoller este número de cativos/as porque hai que ter en conta que estes alumnos deben dispor de baño dentro da clase.
 
  • Segundo o voceiro socialista “históricamente a matrícula de cativos/as de 3 anos supera os 26 alumnos porque ó longo do curso acostuma a haber novas inscricións”.
 
  • Unos dos perigos sobre os que advirten os Socialistas alude ó feito de que “se este curso se suprime esta liña de 3 anos, sentará un precedente e será moi difícil recuperala para sucesivos cursos”.
 
  • O colexio Filomena Dato é o único do concello que permite aumentar a matrícula ó longo do curso. Deste xeito “se se eliminase unha liña para aglutinar ós alumnos/as nunha soa aula, non existirá a posibilidade de escolarizar a cativos/as que se incorporen con posterioridade”, advirte Valcárcel.
 
  • O voceiro do PSdeG esixiulle o martes ó mediodía explicacións á concelleira de Educación en Barbadás, Nieves Carril. Sen embargo, Valcárcel amosouse sorprendido de que a encargada desta área descoñecera os detalles sobre o asunto.
 
  • Xosé Carlos Valcárcel reclama unha solución ós responsables municipais e á Consellería de Educación para evitar a supresión da liña de infantil.
 
  • Un dos aspectos que máis lle preocupa ós Socialistas é que nenos/as tan pequenos estean amoreados nunha aula e que non dispoñan das condicións mínimas que esixe a lei, como é un baño no interior da mesma.
 
  • Finalmente hoxe mércores quedou solventado en principio a cuestión, posto que foi admitido no comedor o escolar excluído inicialmente.
  •  
 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario