venres, 28 de xuño de 2013

Freire reclama á Deputación trienios e antigüidade

  • O ALCALDE DE BARBADÁS, JOSÉ MANUEL FREIRE, RECLAMA 51.892 EUROS Á DEPUTACIÓN

  • O MESMO DÍA QUE FORMALIZABA A SÚA RENUNCIA COMO PRESIDENTE DO INORDE NO PLENO DA DEPUTACIÓN REDACTABA UN ESCRITO RECLAMANDO TRIENIO E ANTIGUIDADE.

  • A RECLAMACIÓN FORMALIZOUNA O DÍA 5 DE XUÑO ARGUMENTANDO QUE MENTRAS FOI PRESIDENTE DO INORDE NO COBROU TRIEINOS E ANTIGUIDADE DO SERGAS

  • AGORA RECLÁMALLE Á DEPUTACIÓN PRETO DE 52.000 EUROS POR 5 ANOS, AÍNDA QUE EL FOI PRESIDENTE DO INORDE DURANTE 8. PERO A LEI SÓ PERMITE FACER ESTE TIPO DE RECLAMACIÓNS PARA OS ÚLTIMOS 5 ANOS.

  • ESTA CONTÍA QUE RECLAMA CORRESPONDE, SEGUNDO FREIRE, Á ACTIVIDADE PARA A QUE PEDIU UN PERMISO DE SERVIZOS ESPECIAIS CANDO COMEZOU A TRABALLAR CON DEDICACIÓN EXCLUSIVA PARA O INORDE.

  • COMO PRESIDENTE DO INORDE COBRABA 60.000 EUROS Ó ANO

  • O VOCEIRO DO PSdeG NA DEPUTACIÓN, JOSÉ IGNACIO GÓMEZ, FIXO ESTA DENUNCIA ANTE OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN ANTES DO PLENO CELEBRADO HOXE VENRES.

  • NA PROPIA SESIÓN PLENARIA, CANDO SE DEBATÍA UNHA MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS, O LÍDER SOCIALISTA PEDIU EXPLICACIÓNS Ó PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN, JOSÉ MANUEL BALTAR.

  • BALTAR ELUDIO TRATAR A POLÉMICA ASEGURANDO QUE SE ESTÁ ESTUDANDO A PRETENSIÓN DE FREIRE POLA INTERVENTORA E POLO SECRETARIO XERAL, AFIRMANDO QUE SE APLICARÁ A LEGALIDADE.

  • JOSÉ IGNACIO GÓMEZ IRONIZOU Ó AFIRMAR QUE "FREIRE ESTÁ DEIXANDO Ó PP "CO CU Ó AIRE".

  • O VOCEIRO DO PSdeG NA DEPUTACIÓN RECALCOU QUE "NON TODOS SOMOS IGUAIS". AFIRMOU QUE LLE MOLESTAN ESTE TIPO DE ACTITUDES PORQUE NON ME BENEFICIO NIN INTENTO SAQUEAR NINGUNHA INSTITUCIÓN PÚBLICA".

mércores, 19 de xuño de 2013

O POLIDEPORTIVO ¿ABRIRÁ EN SETEMBRO?


O CONCELLO CONTRATARÁ 5 PERSOAS PARA PÓR EN MARCHA O PAVILLÓN
 

  • O PP convoca un pleno extraordinario para “axilizar a apertura do polideportivo”, pero o único que fai é facilitar os prazos para contratar persoal.
 
  • O Concello contratatará 2 monitores deportivos, 1 conserxe e 1 auxiliar administrativo.
 
  • A improvisación e o despilfarro caracterizan ó goberno de Freire
 
  • Despilfarro por convocar un pleno o 17 de xuño con carácter extraordinario cando o 1 de xullo está prevista a celebración dunha sesión ordinaria.
 
  • Improvisación por querer aprobar con tanta premura o regulamento de funcionamento do pavillón e a contratación de persoal, cando aínda non teñen unha data aproximada de apertura das instalacións.
 
  • Quizás para septiembre”, asegura Consuelo Vispo, concelleira de Deportes.
 
  • Ó PSdeG non nos valen os quizáis, esiximos que se abran as instalacións canto antes, tendo en conta que a obra xa está entregada e que se vai recorrer ó persoal que ten o concello para abrir puntualmente o pavillón na última semana de xuño para un campamento.
 
  • O voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel, reclamou unha Relación de Postos de Traballo para pór punto e final á política de ocultación e caciquil do PP en materia de persoal.
 
  • Valcárcel ironiza ó afirmar que “boa parte da veciñanza de Barbadás desconfía sobre a contratación de traballador@s para cubrir eses 5 postos de traballo, porque algúns deles “xa teñen nome e apelidos”, desconfía o voceiro socialista.
 
  • Dende o Grupo Socialista volven denunciar a pouca transparencia que afecta á contratación de persoal e a ausencia dunha previsión en relación coas necesidades de cada servizo da administración local.
 
  • DURANTE OS PRIMEIROS MESES DA POSTA EN FUNCIONAMENTO DO POLIDEPORTIVO O ACCESO ÁS INSTALACIÓNS SERÁ GRATUITO.
 
  • Esta situación prolongarase ata un máximo de 2 anos, mentras esté en marcha o programa experimental de funcionamento do pavillón.

xoves, 13 de xuño de 2013

PREMURA PASMOSA NA APERTURA DO POLIDEPORTIVO



  • Dende o ano 2006 que comezaron as obras de construcción do polideportivo, agora parece que viñeron as presas.


  • A apertura do pavillón do municipio de Barbadás, o primeiro (porque ata agora a veciñanza tivo que conformarse con unhas semipistas abandoadas e dispersas polo concello), volve ser anunciada como INMINENTE.


  • O PSdeG ten reclamado nos últimos anos a axilización para abrir ó público o pavillón. No pleno de maio volvemos lembrarllelo ó alcalde. Contestou que en 1 mes ou 1 mes e medio abriría.


  • A principios de xullo ten que celebrarse pleno ordinario no Concello de Barbadás


  • Pero parece que o que antes podía agardar, agora ten que axilizarse con unha premura pasmosa


  • Só faltan 15 días para o pleno ordinario, pero os gobernantes do PP prefiren facelo XA, AGORA


  • E estas presas vanlle xerar uns gastos ó concello estimados en 5000 euros ó optar por celebrar un pleno de carácter extraordinario


  • Este é o xeito que ten o PP de despilfarrar o diñeiro público en épocas de crise!



  • Se a veciñanza de Barbadás leva tantos anos agardando a apertura do pavillón, ben podería dilatar a espera outros 15 días e aforrar eses 5.000 euros

xoves, 6 de xuño de 2013

O TRASLADO DE FREIRE: CACICADA MAIÚSCULA


·       O traslado de Freire dende o centro de saúde Vilamarín ó de Barbadás terá unhas consecuencias sobre a atención sanitaria máis cá evidentes, denuncia o voceiro do PSdeG

 

·       O Sergas anunciou que estaban dispostos en trasladar cartillas dende o centro de saúde de A Valenzá a Barbadás para “facerlle a Freire un traxe a medida”

 

·       Na actualidade o médico de Barbadás, que se xubilará a finais de xuño, atendía en media xornada a 400 usuarios, unha cifra que por ser moi baixa abocaba á desaparición desta praza

 

·       As previsións que manexa o Sergas indican que se enviarían pacientes dende o centro sanitario  da Valenzá ata completar as 1.300 cartillas para que Freire traballea xornada completa.

·       Esta manobra implicaría o traslado de 900 cartillas da Valenzá a Barbadás

·       Este tipo de actuacións demostra claramente, segundo Valcárcel, que tanto ó Sergas como ós dirixentes do PP “pouco lles importa a calidade asistencial ou a relación de confidencialidade e bo trato que ten que presidir o día a día entre paciente e médico”


·       Valcárcel condea a prepotencia coa que se está actuando neste asunto, cando “a veciñanza está vendo cómo o seu alcalde defrauda a Facenda, é o protagonista dun presunto enriquecemento ilícito e como guinda pretende que lle fagan un traxe á medida para xubilarse como médico no seu pobo a costa de imposicións”



·       Os Socialistas anunciaron ademais que estarán atentos a que se cumpran os requisitos que se lle esixen a tódolos facultativos á hora de reingresar. Freire tería que reciclarse na residencia sanitaria a razón de 1 mes por ano de excedencia ata un máximo de 6 meses



·       O voceiro socialista recalca os gastos que suporá para o Sergas o proceso de actualización de cartillas, pero o que é máis grave para a liberdades do paciente á hora de elixir médico.



Barbadás, 5 de xuño 2013.  A manobra política que puxo en marcha o alcalde de Barbadás, José Manuel Freire Couto, co apoio explicito do PP a través dos xestores do Sergas supón unha “gran cacicada”. Con esta definión o voceiro socialista do PSdeG en Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, amósase contundente nas súas críticas ó rexedor.

         Para os Socialistas está claro que tralo “cese real” de Freire á fronte do Inorde, “o PP estalle buscando unha saída honrosa economicamente  a Freire, pois vai deixar de percibir 60.000 euros ó ano por non facer nada a ter que reingresar na súa profesión”. Valcárcel considera inadmisible que Freire sexa tratado “con un evidente favoritivismo a nivel laboral” e reprocha que “prácticamente se cree unha praza ad hoc para o alcalde”.

         Segundo o líder socialista en Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, “Freire e os dirixentes do PP que o están avalando e respaldando en todo este chanchullo están ofrecendo á opinión pública un mal exemplo do que debe ser un representante político”

O traslado de Freire dende o centro de Vilamarín ó de Barbadás terá unhas consecuencias sobre a atención sanitaria máis cá evidentes, denuncia o voceiro do PSdeG. Hai que ter en conta que o que no seu día foi publicitado coma un innovador centro de saúde, o de Vilamarín, queda agora con un só médico para 1.400 cartillas, de materializarse o traslado de Freire. Deste xeito antes 2 médicos atendía a 1.400 pacientes, en tanto que esta praza amortízase para crearlle unha a medida a Freire en Barbadás pobo.

Na actualidade o médico de Barbadás, que se xubilará a finais de xuño, atendía en media xornada a 400 usuarios, unha cifra que por ser moi baixa abocaba á desaparición desta praza. Pero entón Freire entra en escena ó ser cesado do Inorde “e hai que buscarlle unha saída honrosa para o seu bolsillo, claro”, ironiza Valcárcel.


Este tipo de actuacións demostra claramente, segundo Valcárcel, que tanto ó Sergas como ós dirixentes do PP “pouco lles importa a calidade asistencial ou a relación de confidencialidade e bo trato que ten que presidir o día a día entre paciente e médico”. Se finalmente se materializa esta evidente cacicada, as consecuencias que para os pacientes afectados terá o cambio son incalculables, unido á alarma social que este asunto está xerando no municipio de Barbadás nos últimos días.

Dende o PSdeG anticipan que estarán vixiantes coas posibles irregularidades que poderían producirse e serán contundentes na denuncia pública deste atentado contra un dos servizos básicos da cidadanía, como é a atención médica ou a libre elección de facultativo.

Valcárcel chama ademais a atención sobre os “probables gastos de desprazamento que suporán para o paciente acostumado a ir ó centro da Valenzá e que agora terá que viaxar 6 kilómetros a maiores por un simple capricho do alcalde”. Os Socialistas lembran ademais que hai uns meses o alcalde de Barbadás suprimiu unilateralmente o servizo de autobús ós centros médicos alegando que non era rentable. Este factor fai aínda máis ousadas as pretensións de Freire, quen “descaradamente xoga coa veciñanza e ataca sempre ós máis débiles, neste caso ás persoas anciás ou enfermas que agora teñen que recorrer a un servizo de taxi para ir ó medico”.


Valcárcel considera intolerable que se obrigue a moitos veciños e veciñas a aceptar que o seu alcalde sexa o seu médico por imposición non por libre elección.

Os Socialistas anunciaron ademais que estarán atentos a que se cumpran os requisitos que se lle esixen a tódolos facultativos á hora de reingresar. Freire tería que reciclarse na residencia sanitaria a razón de 1 mes por ano de excedencia ata un máximo de 6 meses. A “dimisión” de Freire foi efectiva o 31 de maio pasado, polo cal tería que reincorporarse ó seu posto en decembro, 6 meses despois de pasar polos diferentes departamentos da residencia para porse ó día. Sen embargo, “ propio alcalde ten anunciado que se incorporará ó centro de saúde de Barbadás en setembro, o que suporía outra nova cacicada”

 

 

domingo, 2 de xuño de 2013

NON Ó PECHE DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL EN AGOSTO


O PECHE DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE BARBADÁS EN AGOSTO É UN RETROCESO NA CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL.

 

O PSdeG presenta 2 alegacións contra o peche e súmase á campaña de recollida de sinaturas para posicionarse contra esta decisión

 

            A necesidade deconciliar a vida familiar e laboral é unha realidade que afecta a numerosas familias nun concello en continuo crecemento e no que a maioría das familias son persoas xóvenes e con dous fillos ou máis. Con este perfil de usuarios da escola infantil resulta contraproducente impoñer o peche das instalacións durante o mes de agosto argumentando que se fai para que os cativos e cativas teñan vacacións de xeito obrigatorio e no mes de agosto.

            O Grupo Municipal Socialista presenta esta alegación porque non está de acordo co peche da escola infantil durante o mes de agosto. Queremos mostrar ademais a nosa discrepancia co sistema utilizado por parte do grupo de goberno, pois de un xeito unilateral adoptouse unha decisión que é contraria a un dos principais avances da sociedade actual, é dicir, a posibilidade de conciliar o traballo dos pais e nais coa atención ós seus fillos.

            Non se tiveron en conta as necesidades e as inquedanzas dunha parte importante dos usuarios da escola e non se contou con eles para tomar unha determinación que afecta á organización das familias. Algúns dos proxenitores afectados polo peche iniciaron unha recollida de sinaturas para deixar claro que “non están conformes co peche da gardería en agosto por ser un servizo imprescindible para os pais e nais que traballan eses mes”

            Esta campaña de recollida de firmas pretende chamar a atención sobre a posibilidade de estudar outras solucións que non impliquen o peche total das instalacións, como establecer turnos de monitores ou introducir durante este período horarios intensivos. Os pais e nais argumentan que o peche en agosto deixaría ás crianzas nunha situación de indefensión durante este período ó ter que adaptarse a outro lugar. Tamén se produce un importante prexuizo para as familias afectadas que terán que facer encaixe de bolillos para que os seus fillos estean atendidos.

            O Grupo Socialista suscribe punto por punto as reivindicacións, plantexamentos e propostas realizados por os/ pais e nais afectados/as. E fai chegar ó Concello de Barbadás un conxunto de sinaturas recollidas durante as últimas semanas e que supoñen unha materialización do malestar que xerou esta decisión. Con data 1 de xuño foron recollidas polo colectivo de afectados un total de 153 sinaturas, pero nos vindeiros días e ata o debate en pleno da modificación do regulamento e das alegacións que se presenten temos previsto aportar un número maior de firmas contrarias ó peche da escola infantil en agosto.

            Nesta decisión unilateral do goberno do PP de Barbadás existen unha serie de compcomisos incumpridos, posto que a principios do curso que agora remata anunciouse ós pais e nais que a escola infantil municipal permanecería aberta ininterrumpidamente, é dicir, incluído o mes de agosto. Esto significaría que no mes de agosto habería horario reducido, pero o servizo seguiría prestándose.

            Hai que ter en conta ademais que a propia normativa da Xunta establécese que “en casos excepcionais e debidamente xustificados, poderase admitir a asistencia do/da neno/a durante os 12 meses do ano. En tales circunstancias deberase formular unha solicitude cunha antelación mínima de 1 mes, que será estudada e, se procede, autorizada pola xefatura territorial correspondente”.

 

Por todos os motivos expostos o Grupo Municipal Socialista presenta as seguintes alegacións:

 

·       QUE SE MANTEÑA ABERTA A ESCOLA INFANTIL MUNIICIPAL DURANTE O MES DE AGOSTO para cumprir o compromiso adquirido a principios de curso ante os pais e nais e para evitar as graves consecuencias que o peche das instalacións terá sobre a conciliación da vida familiar e laboral de moitas familias afectadas.

 

·       Anticipándonos á actitude pouco dialogante dos responsables municipais, propoñemos, conforme a suxestións feitas polos interesados, que no caso de proceder ó peche durante o mes de agosto, se estuden outras posibilidades para prestar o servizo en horario reducido e contando coa colaboración dos pais e nais co obxecto de seguir mantendo abertas as instalacións durante ese período de tempo.

 

 

En Barbadás a 1 de xuño de 2013

 

 

Victoria Morenza Doforno

Concelleira do PSdeG

Asdo.: