xoves, 6 de xuño de 2013

O TRASLADO DE FREIRE: CACICADA MAIÚSCULA


·       O traslado de Freire dende o centro de saúde Vilamarín ó de Barbadás terá unhas consecuencias sobre a atención sanitaria máis cá evidentes, denuncia o voceiro do PSdeG

 

·       O Sergas anunciou que estaban dispostos en trasladar cartillas dende o centro de saúde de A Valenzá a Barbadás para “facerlle a Freire un traxe a medida”

 

·       Na actualidade o médico de Barbadás, que se xubilará a finais de xuño, atendía en media xornada a 400 usuarios, unha cifra que por ser moi baixa abocaba á desaparición desta praza

 

·       As previsións que manexa o Sergas indican que se enviarían pacientes dende o centro sanitario  da Valenzá ata completar as 1.300 cartillas para que Freire traballea xornada completa.

·       Esta manobra implicaría o traslado de 900 cartillas da Valenzá a Barbadás

·       Este tipo de actuacións demostra claramente, segundo Valcárcel, que tanto ó Sergas como ós dirixentes do PP “pouco lles importa a calidade asistencial ou a relación de confidencialidade e bo trato que ten que presidir o día a día entre paciente e médico”


·       Valcárcel condea a prepotencia coa que se está actuando neste asunto, cando “a veciñanza está vendo cómo o seu alcalde defrauda a Facenda, é o protagonista dun presunto enriquecemento ilícito e como guinda pretende que lle fagan un traxe á medida para xubilarse como médico no seu pobo a costa de imposicións”



·       Os Socialistas anunciaron ademais que estarán atentos a que se cumpran os requisitos que se lle esixen a tódolos facultativos á hora de reingresar. Freire tería que reciclarse na residencia sanitaria a razón de 1 mes por ano de excedencia ata un máximo de 6 meses



·       O voceiro socialista recalca os gastos que suporá para o Sergas o proceso de actualización de cartillas, pero o que é máis grave para a liberdades do paciente á hora de elixir médico.



Barbadás, 5 de xuño 2013.  A manobra política que puxo en marcha o alcalde de Barbadás, José Manuel Freire Couto, co apoio explicito do PP a través dos xestores do Sergas supón unha “gran cacicada”. Con esta definión o voceiro socialista do PSdeG en Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, amósase contundente nas súas críticas ó rexedor.

         Para os Socialistas está claro que tralo “cese real” de Freire á fronte do Inorde, “o PP estalle buscando unha saída honrosa economicamente  a Freire, pois vai deixar de percibir 60.000 euros ó ano por non facer nada a ter que reingresar na súa profesión”. Valcárcel considera inadmisible que Freire sexa tratado “con un evidente favoritivismo a nivel laboral” e reprocha que “prácticamente se cree unha praza ad hoc para o alcalde”.

         Segundo o líder socialista en Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, “Freire e os dirixentes do PP que o están avalando e respaldando en todo este chanchullo están ofrecendo á opinión pública un mal exemplo do que debe ser un representante político”

O traslado de Freire dende o centro de Vilamarín ó de Barbadás terá unhas consecuencias sobre a atención sanitaria máis cá evidentes, denuncia o voceiro do PSdeG. Hai que ter en conta que o que no seu día foi publicitado coma un innovador centro de saúde, o de Vilamarín, queda agora con un só médico para 1.400 cartillas, de materializarse o traslado de Freire. Deste xeito antes 2 médicos atendía a 1.400 pacientes, en tanto que esta praza amortízase para crearlle unha a medida a Freire en Barbadás pobo.

Na actualidade o médico de Barbadás, que se xubilará a finais de xuño, atendía en media xornada a 400 usuarios, unha cifra que por ser moi baixa abocaba á desaparición desta praza. Pero entón Freire entra en escena ó ser cesado do Inorde “e hai que buscarlle unha saída honrosa para o seu bolsillo, claro”, ironiza Valcárcel.


Este tipo de actuacións demostra claramente, segundo Valcárcel, que tanto ó Sergas como ós dirixentes do PP “pouco lles importa a calidade asistencial ou a relación de confidencialidade e bo trato que ten que presidir o día a día entre paciente e médico”. Se finalmente se materializa esta evidente cacicada, as consecuencias que para os pacientes afectados terá o cambio son incalculables, unido á alarma social que este asunto está xerando no municipio de Barbadás nos últimos días.

Dende o PSdeG anticipan que estarán vixiantes coas posibles irregularidades que poderían producirse e serán contundentes na denuncia pública deste atentado contra un dos servizos básicos da cidadanía, como é a atención médica ou a libre elección de facultativo.

Valcárcel chama ademais a atención sobre os “probables gastos de desprazamento que suporán para o paciente acostumado a ir ó centro da Valenzá e que agora terá que viaxar 6 kilómetros a maiores por un simple capricho do alcalde”. Os Socialistas lembran ademais que hai uns meses o alcalde de Barbadás suprimiu unilateralmente o servizo de autobús ós centros médicos alegando que non era rentable. Este factor fai aínda máis ousadas as pretensións de Freire, quen “descaradamente xoga coa veciñanza e ataca sempre ós máis débiles, neste caso ás persoas anciás ou enfermas que agora teñen que recorrer a un servizo de taxi para ir ó medico”.


Valcárcel considera intolerable que se obrigue a moitos veciños e veciñas a aceptar que o seu alcalde sexa o seu médico por imposición non por libre elección.

Os Socialistas anunciaron ademais que estarán atentos a que se cumpran os requisitos que se lle esixen a tódolos facultativos á hora de reingresar. Freire tería que reciclarse na residencia sanitaria a razón de 1 mes por ano de excedencia ata un máximo de 6 meses. A “dimisión” de Freire foi efectiva o 31 de maio pasado, polo cal tería que reincorporarse ó seu posto en decembro, 6 meses despois de pasar polos diferentes departamentos da residencia para porse ó día. Sen embargo, “ propio alcalde ten anunciado que se incorporará ó centro de saúde de Barbadás en setembro, o que suporía outra nova cacicada”

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario