martes, 5 de maio de 2015

COÑECE ÓS/ÁS CANDIDATOS/AS: JESSICA GÓMEZ

1     JESSICA GÓMEZ CORREA (suplente)



Como ciudadana que son gustaríame que no noso Barbadás haxa un goberno moito máis humilde e iso creo que o podemos conseguir.

 Temos que lograr que nos espacios dedicados ós nenos haxa máis protección hacia eles poñendo verxas e máis bancos. Non só para que os nenos e nenas non poidan mancarse e sair do entorno senón para tamén evitar que os cans poidan realizar a súas necesidades na zona de xogo dos cativos. 

Gustaríame que non houbera favoritismos a hora de presentar demanda de empleo: os barrendeiros eficaces no seu traballo, señoras de limpeza que lle paguen o soldo por horas realizadas reais, obreiros para diferentes actividades sen enchufismo por ser “familiar de”. 

Temos que cambiar nas formas de realizar os traballos tanto en beirarrúas como traballos forestais onde as presas fan que todo quede feito unha chapuza. ¡Hai que cambiar hacia un Barbadás diferente! ¡Podemos cambiar e tornar a fortuna do noso concello e ímolo facer!


Ningún comentario:

Publicar un comentario