mércores, 6 de maio de 2015

COÑECE ÓS/ÁS CANDIDAT@S: CÉSAR PÉREZ

CÉSAR PÉREZ RODRÍGUEZ
Nº 16
23 anos
Técnico Superior en Automoción

Quero un Barbadás limpo e respectuoso co medio ambiente, pero que teña a última tecnoloxía ó alcance de tod@s. Un Barbadás no que se apoien @s pequenos e median@s empresari@s, pero que sexa tamén un lugar atractivo para as grandes empresas.

Barbadas debe ser un lugar onde a xuventude poida atopar traballo e quedar aquí para non ter que emigrar a outros lares.

Quero un concello no que se coide especialmente ás/ós maiores. Debe fomentarse o deporte e as actividades vinculadas á natureza.


En suma, Barbadás ten que converterse nun concello referencia na provincia de Ourense.


Ningún comentario:

Publicar un comentario