martes, 19 de maio de 2015

COÑECE A CANDIDAT@S: MAR GÓMEZ DOMÍNGUEZ

MAR GÓMEZ DOMÍNGUEZ (Nº 9)

Emprendedora

 Para Barbadás, o meu concello de acollida, e como comerciante da zona da Valenzá, gustaríame que o PSdeG cando chegue a gobernar remate coas graves inxustizas que @s comerciantes temos sufrido durante estes anos por parte do goberno municipal do PP e rematar coa sensación de desamparo.

Do novo goberno querería unha resposta ás dificultades d@s comerciantes, algunhas creadas dende o propio goberno do PP, para que os nosos comercios sexan máis competitivos e coñecidos polos clientes.

Dende o concello poden crearse convenios de financiamento para que ser emprendedor en Barbadás non sexa a ruína dunha familia.
Dar preferencia ó entramado comercial de Barbadás é básico para que o concello creza a todos os niveis.

En Educación quero para Barbadás unha gardería no verdadeiro sentido do término, é dicir, que non teña o mesmo estatus cá un colexio e dea servizo cando se necesita e se adapte ás necesidades dos pais e nais traballadores/as. Para eso debe haber un modelo de selección máis axeitado ás necesidades dos usuarios. Unha gardería municipal debe dar servizo ós nenos do concello e, sobre todo, a aqueles que máis necesidades teñen, tanto económicas coma persoais.

Así mesmo tamén debe plantexarse seriamente o tema dos horarios de dos colexios, de xeito que se un ten horario intensivo, o outro facilite un horario máis flexible.
Sobre o tema do instituto hai que tomar moi seriamente la construcción do mesmo pois, aínda que Educación xa dixo que se o Quinto Instituto estaba baleiro, non se contruiría outro centro de ensino, o Concello debe solicitalo debido ás particularidades do Quinto, que non garanten o seu completo aforo e eso prexudica a Barbadás.

Como animalista farei o imposible polo cumprimento da lei en materia de protección animal, axudas ó control das colonias porque varios voluntarios xa comezaron a xestionar sen axuda administrativa e en colaboración con Protección Civil a realizar controis de todos os animais do concello porque estes non deben ser os esquecidos das políticas sociais dun concello. A calidade de vida e a saúde da veciñanza pasa polo respecto e coidado dos seus animais.

Tamén é de gran interese para min a asistencia social ós máis necesitados e por eso deben revisarse as políticas sociais de xeito que chegue a máis persoas e dunha maneira máis obxectiva, independentemente de inclinacións políticas.

A creación dun Banco de alimentos ben xestionado, eficiente e en colaboración con Cruz Vermella e as principais superficies de Ourense, un banco de roupa e un comedor social  deben ser prioritarias.


Ningún comentario:

Publicar un comentario