luns, 4 de maio de 2015

PROPOSTA PARA MANTER O AMBULATORIO DE BARBADÁS

MOCIÓN DO PSdeG-PSOE PARA QUE A CONSELLERÍA DE SANIDADE MANTEÑA O CENTRO DE SAÚDE UBICADO EN BARBADÁS  


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
A sanidade pública en Barbadás leva moito tempo nunha situación absolutamente terceiro mundista. Esta situación deteriorase mes a mes debido ós contínuos retrasos na construción do novo Centro de Saúde, repetidas veces prometido polo PP municipal e pola Xunta de Feijoo. Tantas veces anunciado e outras tantas veces aplazado.
Agora vemos como de novo medra a alerta entre a veciñanza das parroquias de Barbadás. Sobrado, Loiro e Bentraces dado a ausencia de pronunciamento de PP local e da Consellería de Sanidade sobre o futuro de Centro de Saúde de Barbadás.
Este centro sanitario foi utilizado recentemente polo actual alcalde como trampolín para reincoporarse á actividade laboral e as consecuencias son totalmente nefastas.
Un centro médico que atende preto de 500 usuari@s , moitos dos cales foron presionados para pedir o traslado da súa cartilla cando o Sr. Freire se incorporou.
A marcha do Dr. Freire para S. Cibrao provocou que saltaran todas as alamas ante a intención da Xunta de Galicia de no cubrir esa praza de xeito inmediato.
O Grupo Socialista alertou desta situación nos medios de comunicación hai xa máis de dúas semanas e o pasado dia 14 de abril presentou unha batería de preguntas solicitando que foran respondidas de xeito inmediato. Transcorridos 14 días o Sr. Alcalde aínda non contestou e o PP de Barbadás sigue calado diante das insistentes preguntas formuladas polas colectivos veciñais e os propios veciños e veciñas.
O Partido Socialista esixe inmediata resposta ás seguintes preguntas:
  • ¿ Cal é a previsión que ten o Sr. Alcalde sobre o futuro do Centro de Saúde ubicado na parroquia de Barbadás unha vez que funcione o novo Centro de Saúde da Valenzá?
  • ¿A Xunta de Galicia ten previsto manter aberto un centro médico en Barbadás ?
  • ¿ A Conselleiría de Sanidade aposta pola desparación do centro de saúde en Barbadás ou, pola contra, vai a apostar por manter un centro na capitalidade municipal como é o desexo do Grupo Municipal Socialista de Barbadás?


Por todo o anteriormente exposto, propoño ó Pleno desta Corporación a adopción do seguinte

ACORDO:
  • Esixir á Consellería de Sanidade e á Xunta de Galicia que garanta a permanencia do Centro de Saúde de Barbadás.


En Barbadás a 27 de abril de 2015






Xosé Carlos Valcárcel

Voceiro do Grupo Municipal Socialista de Barbadás


Ningún comentario:

Publicar un comentario