sábado, 9 de novembro de 2013

MASIFICACIÓN NA ESCOLA DE FÚTBOL



OS SOCIALISTAS DETACAN O MALESTAR QUE EXISTE ENTRE PAIS E NAIS DE ALUMNOS PORQUE NALGÚNS CASOS CHEGÁRONSE A ADMITIR ATA 28 NENOS NUN EQUIPO

 

·         A planificación utilizada na escola de fútbol vai en contra da lóxica na práctica dun deporte didáctico como é o caso porque un dos aspectos fundamentais é sair ó terreo de xogo.

  •  O PSdeG xa presentou a principios do mes de outubro unha batería de preguntas para esclarecer o trasfondo da polémica. Pero non foi ata case un mes despois cando foron respostadas.


  • Resulta inadmisible que Freire conteste ante as interpelacións socialistas que “nalgunhas categorías admitíronse máis nenos co obxectivo de cubrir a gran demanada que existía para darlle cabida ó máximo número de nenos posible”.

  • Para o PSdeG é unha tomadura de pelo que o propio alcalde asuma que se permite unha masificación inxusta “para que puideran practicar a actividade deportiva elixida co fin de que ningún neno quedara sen practicar deporte”.


  • Esto significa, censuran dende o PSdeG, que se aplicou a denominada “lei do embude”.

  •  É ilóxico tentar contentar a todos os aspirantes provocando a saturación da escola deportiva de fútbol e a costa da calidade tanto teórica como práctica do deporte.

  • A masificación que está a producir na escola deportiva de fútbol de Barbadás ten provocado un profundo malestar entre os pais e nais dos cativos. Nalgúns casos admitiuse a matrícula de 28 nenos nunha categoría, en concreto en Xuvenil A.

  • Esta cifra de xogadores por equipo resulta excesivamente elevada, tendo en conta que en cada partido só son convocados entre 14 e 16 alumnos e finalmente non xogan todos. A planificación utilizada na escola de fútbol vai en contra da lóxica na práctica dun deporte didáctico como é o caso porque o fundamental é sair ó terreo de xogo.

            Ademais a distribución tan masificada de equipos podería influir negativamente na calidade formativa dos usuarios porque se poderían estar producindo distincións entre os cativos/mozos ó pagar todos a mesma contía na matrícula.

Os Socialistas de Barbadás reprochan que o incremento no número de alumnos que esta tempada foron admitidos na escola de fútbol resulta excesivamente elevado e provoca que moitos deles teñan que xogar con pouca frecuencia.

            Esta situación desalentadora tanto para os pais/nais como para os alumnos e provocou durante semanas un malestar xeralizado. Dende o Concello tentaron canalizar a polémica con sucesivas reunións que, segundo os propios interesados, é dicir, os deportistas, non serviron para solventar o problema de fondo.

O PSdeG xa presentou a principios do mes de outubro unha batería de preguntas para esclarecer o trasfondo da polémica. Pero non foi ata case un mes despois cando o alcalde, José Manuel Freire, respostou con unha información pouco satisfactoria.

Dende o Grupo Socialista non consideramos equilibrado de cara á formación dos deportistas que se nos resposte que se optou por “facer rotacións dos nenos nas convocatorias dos partidos de liga para que xoguen o maior número de minutos”. Non é suficiente porque hai nenos que só poderían xogar 1 vez ó mes, coa conseguinte frustración que esto lles produce.

Resulta inadmisible que Freire conteste ante as interpelacións socialistas que “nalgunhas categorías admitíronse máis nenos co obxectivo de cubrir a gran demanada que existía para darlle cabida ó máximo número posible”. Para o PSdeG é unha tomadura de pelo que o propio alcalde asuma que se permite unha masificación inxusta “para que puideran practicar a actividade deportiva elixida co fin de que ningún neno quedara sen practicar deporte”.

Esto significa, censuran dende o PSdeG, que se aplicou a denominada “lei do embude”. É ilóxico tentar contentar a todos os aspirantes provocando a saturación da escola deportiva de fútbol e a costa da calidade tanto teórica como práctica do deporte.

Segundo critican os Socialistas esto máis ben parece outro xeito de recadar diñeiro, pois cada alumno aporta en concepto de matrícula 80 euros por tempada. O número total de nenos federados este curso é de 286, distribuidos en 14 equipos. Na anterior tempada 2012-2013 ingresáronse 21.625 €, unha cifra inferior á de este ano.

Hai equipos en xuvenil que agrupan a un mínimo de 22 nenos e un máximo de 24. En infantil hai 2 equipos, de 28 e 26 alumnos. Na categoría de alevín hai 3 equipos, de 18, 20 e 21 deportistas respectivamente. Estas cifras son excesivamente elevadas e aínda que na resposta ofrecida ó Grupo Socialista o alcalde recalca que pais e nais deron o seu consentimento, o que está claro é que hai descontento e que incluso hai alumnos que abandonaron e prefiren practicar fútbol-sala en lugar de estar masificados e sen poder xogar ó fútbol.
 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario