mércores, 13 de novembro de 2013

AS COINCIDENCIAS DE FREIRE

O VOCEIRO SOCIALISTA EN BARBADÁS, XOSÉ CARLOS VALCÁRCEL ACUSA A FREIRE DE SER UN "VIVIDOR QUE SÓ BUSCA O INTERESE PARTICULAR"

Freire fala de coincidencias e di estar "TRANQUILÍSIMO"

·       Na petición de demisión de alcalde e tenente alcalde, Valcárcel falou de que a veciñanza reclama accións contundentes e decididas que permitan desenmascarar a un tipo de político “vividor e que só busca o interese particular en detrimento dos intereses xerais”.

 

·       Freire asegurou no pleno celebrado onte martes que “non houbo ningunha irregularidade ata o día de hoxe”. Afirmou tamén que todas as deficiencias que se detectaron “foron subsanadas, doutro xeito non houbera sido posible vender” as vivendas na área de reparto número 1.

 

·       O alcalde de Barbadás dixo que o relatorio que fixo o voceiro socialista en base á denuncia presentada polo PSdeG en xullo de 2013 “É UNHA COINCIDENCIA”. Afirma o alcalde de Barbadás que ese “señor, en alusión a Ramón López Casal (Mahía), non me deu nada”.

·       Pola súa banda, o tenente alcalde, Manuel García dixo que “por agora só hai unha denuncia e dilixencias previas”. Afirmou sentirse “feliz e tranquilo porque a Xustiza me investigue. Teño todo moi claro e limpo e non vou resultar imputado”.

·       Freire defendeuse das críticas de PSdeG e BNG asegurando que “estamos tranquilísimos”. Sen embargo, ó líder socialista retiroulle a palabra na súa primeira intervención dicindo que non lle ía consentir que mentira e amenazouno con levalo ao xulgado.
 
  • “Os feitos son os seguintes: a finais do 2003 a entidade Habitarama SL, empresa filial de Mahía Grupo Inmobiliario, solicita a aprobación do Plano de Reforma Interior do AR 1 da Valenzá, cunha serie de propostas que consideramos ilegais e outras que benefician á promotora sin xustificación aparente e que foron aprobadas polo  Concello de Barbadás.
  • Entre as propostas presuntamente ilegais e que foron aprobadas atópanse as seguintes:
 
ü    Elevación da superficie da área de reparto prevista no Plan Xeral de 95.077 m2 a 100.833 m2 e como superficie computable de 99.800 m2
ü    Dado o incremento da citada superficie, auméntase a posibilidade edificatoria ata 81.836 m2 (+ 3.836 m2)  de chán residencial e outros 9.381 m2 (+423 m2) de superficie comercial.
ü    Incumprese a normativa autonómica de reserva do 20% do volume que debe ir destinado a vivenda protexida.
ü    Incúmprese a normativa en relación á previsión de prazas de garaxe de dous por cada 100 m2 edificables co 25% de dominio público.
ü    Beneficiase á promotora coa supresión das glorietas proxectadas no Plano Xeral de xeito que a urbarnización é menos gravosa.
ü    Finalmente faise un xogo malabar á hora de ceder ó Concello de Barbadás os parques públicos, posto que debaixo dos mesmos ian a construirse os garaxes dos edificios, algo que non está permitido xa que a cesión debe ser incluindo o subsolo.
 
  • Ó  mesmo tempo que o Concello dirixido polo Sr. Freire tramitaba o PERI do AR1, a entidade Alba María Sociedade Promotora  de Bens Imoveis LDA, merca supostamente o 20 de abril de 2004, cando a citada entidade carecía de activade por haber sido constituida o 30 de xaneiro anterior, dous inmoveis á sociedade portuguesa na que Ramón López Casal era accionista e directivo LOPEZ NOYA. Hai que destacar e suliñar que o citado Sr. López Casal é tamén o presidente de MAHÍA.
 
  • De este xeito realízanse as seguintes operacións:
ü    Compra dun inmoble sito en Matosinhos, Avda. da Liberdade 145 quinto andar, con trasteiro e garaxe.
ü    Outro inmoble máis no oitavo andar.

CONTINUARÁ.........




 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario