domingo, 9 de novembro de 2014

CENTRO DE DÍA: UNHA NECESIDADE

OS SOCIALISTAS DE BARBADÁS CONSIDERAN PERENTORIO E URXENTE A CONSTRUCCIÓN DUN CENTRO DE DÍA


·        Na actualidade en Barbadás hai 1.761 conveciños e conveciñas que superan os 65 anos

·         O feito de que o 51 por cento destas persoas superan os 75 anos evidencia a necesidade que existe desta dotación

·        O Grupo Socialista “ven reclamando que en Barbadás haxa un Centro de Día para poder dar unha ampla e extensa cobertura ás cada vez máis acuciantes necesidades das persoas maiores”.


·        Pero o PP segue a incumprir o seu compromiso ante a veciñanza postergando a realización deste proxecto.

·        É preciso un centro de día público que sexa capaz de facilitar a atención diurna a  a aquelas persoas que presentan algún nivel de dependencia, ben sexa física ou psíquica, explica Xosé Carlos Valcárcel


·        Segundo o líder socalista estas persoas, que continúan vivindo nos seus domicilios, precisan de coidados e atención de carácter persoal, social ou médico.




Barbadás, 9 de novembro de 2014.  O PSdeG de Barbadás considera que a construcción dun Centro de Día debe ser prioritaria. O voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel, presentou unha iniciativa para que se cubran tódalas necesidades fundamentais na acción social e sanitaria que precisan os maiores.
         Valcárcel sinala que o Centro de Día “ten que ser o eixe sobre o que pivoten a mellora da calidade de vida dos maiores, pero tamén dunha atención médica especializada na colaboración activa cos parentes destas persoas para facilitar o respiro familiar”.
         Segundo os Socialistas “Barbadás ten que coidar dos seus maiores, sobre todo se temos en consideración que na actualidade en Barbadás hai 1.761 conveciños e conveciñas que superan os 65 anos”. O feito de que o 51 por cento destas persoas superan os 75 anos “fai máis perentorio e urxente a existencia do Centro de Día”.
         Para Valcárcel “un dos retos máis importantes para as sociedades avanzadas do século XXI é dar resposta á situación das persoas da terceira idade”. A solución a este reto “evidenciará se o Estado de Benestar pervive ou finalmente é destruido polas políticas que actualmente predica a dereita”, indica o líder socialista.
         O voceiro do PSdeG lembra que dende hai anos o Grupo Socialista “ven reclamando que en Barbadás haxa un Centro de Día para poder dar unha ampla e extensa cobertura ás cada vez máis acuciantes necesidades das persoas maiores”. Esta é a terceira ocasión na que o Grupo Socialista presenta unha proposta para crear un centro de día, pero para o PP está claro que non é unha cuestión prioritaria.
         É preciso un centro de día público que sexa capaz de facilitar a atención diurna a  a aquelas persoas que presentan algún nivel de dependencia, ben sexa física ou psíquica. Segundo explica Valcárcel estas persoas, que continúan vivindo nos seus domicilios, precisan de coidados e atención de carácter persoal, social ou médico.
         O voceiro socialista lembra que desde as últimas eleccións xa pasaron 3 anos e medio e o goberno do PP de Barbadás prometeu á veciñanza un Centro de Día e está incumprindo unha vez máis os seus compromisos coa cidadanía.



Para calquera aclaración podedes chamar a Xosé Carlos Valcárcel (Voceiro socialista en Barbadás)- Tfno.:  605 08 18 98


Dirección da Páxina Web do PSdeG en Barbadás: www.barbadás.psoe.es
Facebook: Agrupación Socialista de Barbadás, Amigo Socialista de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, Victoria Morenza
Twiter: @cambiabarbadas, @xosevalcarcel, @vicmorenzadof
Blog: www.cambiabarbadas.blogspot.com


Ningún comentario:

Publicar un comentario