MOCIÓN
DO PSdeG-PSOE PARA QUE O CONCELLO DE BARBADÁS MANIFESTE O SEU APOIO E
SOLIDARIEDADE COS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DO SECTOR DE GRANDES ALMACÉNS E
PARA PROTEXER Ó PEQUENO COMERCIO
Recentemente foi asinado por dous
sindicatos empresariais, concretamente Fetico e Fasga, o convenio colectivo para os grandes
almacéns. Un convenio que non foi respaldado por ningún dos sindicatos de clase como son CC OO, UXT, LAB, CIG e ELA-STV
Trátase dun
convenio que terá unhas importantes repercusións nas condicións laborais dos
traballadores e traballadoras do sector xa que contempla importantes recortes
de dereitos recollidos en acordos anteriores.
A
merma de dereitos afecta a múltiples aspectos pero no Grupo Municipal
Socialista de Barbadás queremos mencionar os máis salientables.
Teoricamente
recolle a conxelación de salarios durante 4 anos, pero na realidade esto supón
un recorte do soldo debido a que se aumenta a xornada laboral.
Pero
ademais, durante a vixencia do convenio
non se ten presente a taxa de inflación prevista que estará perto do 8%
de xeito que os traballadores e traballadores terán un salario real moito menor
do actual con máis horas de traballo.
Como xa
anticipaba antes, a xornada laboral vese incrementada anualmente en 28 horas co mesmo soldo. Pero é que ademais no
novo convenio elévase o número de domingos e festivos a traballar ( de un
mínimo de 6 a
9 anuais).
Tamén
desaparece como dereito o cobro por traballar en festivos igualando o traballo
en domingo ou festivo con calquera outro día da semana non percibíndose compensación salarial algunha.
Para os
Socialistas de Barbadás é gravísimo que os contratos formativos contemplen un
salario aproximado de 450 €/mes introducindo así os “minijobs” no sector
Estamos
falando dun convenio que en Barbadás afecta directamente a duas empresas que
son Carrefour e C&A que empregan a un bo número de veciños e veciñas do
noso concello e que van sofrir un empeoramento considerable das súas condicións
laborais e tamén da súa calidade de vida en xeral.
Falamos
dun convenio que é un marco regulador de referencia para todas as actividades
comerciais a nivel estatal, autonómico,
provincial e tamén de empresa.
Por
esta razón é un convenio que terá
indirectamente unha importantísima
repercusión en sectores económicos estratéxicos en Barbadás como son os da
alimentación, o do textil e por suposto no pequeno comercio en xeral.
Os
Socialistas de Barbadás queremos protexer ós pequenos comerciantes que sempre
foron fundamentais na creación de postos de traballo e tamén esiximos manter os
dereitos dos traballadores das áreas comercias xa que ambos van estreitamente
vencellados: a máis recortes nas condicións laborais nas grandes superficies
menores posibilidades de supervivencia
terán os pequeños comercios.
Ademais hai
que destacar que Barbadás é un concello no que o pequeño comercio desempeña un
papel fundamental para facilitar o arraigo dunha poboación nova e que procede
en boa parte de outras localidades de provincia.
Por todo o
anteriormente exposto, propoño ó Pleno desta Corporación a adopción do seguinte
ACORDO:
ü Expresar a
solidariedade do Concello de Barbadás cos traballadores e traballadoras de
grandes almacéns, especialmente os de Carrefour e C&A ubicados no noso
municipio.
ü Estudar medidas para
paliar as repercusións do citado
convenio no pequeno comercio de Barbadás.
En Barbadás a 24 de abril de 2013
Voceiro do Grupo
Municipal Socialista de Barbadás
Ningún comentario:
Publicar un comentario