martes, 7 de maio de 2013

PSdeG DESVELA NOVAS PROPIEDADES DO EMPORIO FREIRE


UN LOCAL COMERCIAL PRETO DAS PISCINAS, UN LOCAL ALUGADO A UNHA FARMACIA E 0 33 % DUN BAIXO DE 900 METROS Ó CARÓN DA ZONA COMERCIAL CARREFOUR

Ourense, 7 de maio de 2013

Queremos presentar unha documentación totalmente contrastada, fiable e minuciosa que a día de hoxe xa consta de 22 folios que seguiremos ampliando cos datos que nos faltan por contrastar.

Tan pronto estea rematada ofrecerase á opinión pública puntual coñecemento da mesma.

Neste sentido informarvos que levamos xa case tres semanas recopilando e redactando os escritos para presentar diante da Fiscalía e da Axencia Tributaria

                A cidadanía de Barbadás ten que ter  a certeza de que o Grupo Socialista utilizará todas as ferramentas legais e políticas para que se cumpla coa legalidade e  recuperar a hixiene democrática no noso concello.

Xa desde o primeiro momento este  voceiro chamou a atención sobre as supostas complicidades de Freire Couto con Mahía/Maexpa na AR-10 (hoxe saen publicadas nos xornais Faro de Vigo e El País noticias que apuntan a unha posible especulación urbanística da que se beneficiu presuntamente Freire e varios empresarios do sector da construcción).

Daquelas sinalabamos que na citada área de reparto estaba prevista a construción de aproximadamente 600 vivendas nas que  participaba Mahía por medio de Nextable Gestao da Propiedade. Estos presuntos amaños vense confirmados agora con novos datos absolutamente escandalosos que abondan nas afirmacións do Grupo Municipal Socialista de que o entramado patrimonial de Freire ten moitas ramificiacións.

Sinalar que o instrumento que utilizou Freire para pór en marcha o AR-10 foi o dun Plan Especial de Reforma Interior que foi aprobado exclusivamente pola Xunta de Goberno Local, e decir, por Freire e os seus concelleiros.

A Xunta de Galicia considerou que este instrumento non era o axeitado xa que o correcto é unha modificación puntual do Plan de Urbanismo. Esta modificación fíxose o 7 de xullo de 2011.

Cando este asunto foi debatido en pleno o Grupo Municipal Socialista xa alertou sobre a incompetencia do equipo de goberno do Sr. Alcalde por deseñar unha actuación urbanística que non se axustaba ás normas urbanísticas da Xunta de Galicia. ¿Qué era o que pretendía agochar Freire?

Freire supostamente tamén quería sacar rendemento económico con esta dotación xa que o Instituto implicaría que as vivendas construidas nas inmediaciones foran máis caras e tamén máis fáciles de vender.

O Grupo Socialista ven reclamando información ó alcalde sobre o seu patrimonio desde hai máis de dous anos. Agora podemos  afirmar que nos ocultou información xa que o inmoble polo que preguntábamos resultou ser propiedade da empresa da que son socias a súa esposa e a súa filla. Falamos dun local comercial ubicado nas inmediacións das piscinas municipais e contiguo a onde estaba radicada a oficina  de Maexpa na Valenzá.

Para Freire seguro que só  é unha coincidencia máis. Para o Grupo Municipal Socialista é unha anomalía máis.

En Barbadás estamos fartos, literalmente fartos, da ocultación sistemática e dos atrancos que fai o alcalde.

A cidadanía esixe transparencia máxima, contas claras e patrimonio impoluto.

Estamos a punto de poder presentar diante da Fiscalía e tamén diante de Facenda un amplo dossier sobre o patrimonio do Alcalde de Barbadás pero tamén das empresas nas que participan a súa esposa e a súa filla.

O Grupo Municipal Socialista está tamén en disposición de poder asegurar que hai locais comerciais na Valenzá dos que é copropietaria ó 50% como persoa física a dona do Alcalde. Estou falando dunha das novas oficinas de farmacia da Valenzá.

Tamén podemos afirmar que a empresa Freire Couto, S.L. e copropietaria cun 33% de participación dun local comercial de 900 m2 nas inmediacións de Carrefour e do Lidl.

A xestión de Freire está chea de escuridade, unha escuridade que él mesmo se encarga de extender co súa negativa sistemática a facilitar información.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario