O PSdeG DE BARBADÁS ESIXE A DIMISIÓN DO
TENENTE ALCALDE POR PRESUNTA VINCULACIÓN CON EMPRESAS CONSTRUTORAS
- Manuel García González posúe presuntamente o
30 % dos terreos na área de reparto número 10 onde Mahía/Maexpa
tiñan previsto contruir 600 vivendas
- O líder socialista, Xosé Carlos Valcárcel, lamenta que “teñamos que falar das
ramificación do Emporio Freire” e pide
a dimisión do tenente alcalde “por seguirlle os pasos a Freire”
- Valcárcel: “en lugar de atender os intereses da
veciñanza, supostamente utilizaron o seu tempo e a confianza da cidadanía
para incrementar espectacularmente o seu patrimonio”.
- Segundo os Socialistas “ambos (Freire e García) tiñan tempo para construir torres,
pero non para xestionar ou facilitar que o concello de Barbadás teña dotacións
e servizos básicos dos que a día de hoxe aínda carece”
- O PSdeG reclama a intervención do Presidente da Deputación, José
Manuel Baltar, para evitar que o 5º concello da provincia
apareza nos titulares dos medios de comunicación por asuntos turbios
- O Grupo Socialista esixe que Baltar sexa contundente cos 2 dirixentes de Barbadás, tendo en
conta que “alardea de honestidade e
transparencia na xestión dos asuntos públicos”
Barbadás, 28 de maio 2013. O tenente
alcalde de Barbadás é propietario de 3.100 metros cadrados
nun área de reparto na que o grupo Mahía/Maexpa tiña prevista a construcción,
antes da crise económica, de preto de 600 vivendas. Estes datos indican que o tenente alcalde de Barbadás, Manuel
García González, ten propiedades nesta zona de expansión onde estaba previsto
construir o instituto do 30 % do solo.
O voceiro socialista reclama a
dimisión do alcalde, José Manuel Freire, e do tenente alcalde, Manuel García,
“porque queda claro que permitiron que Babadás se convertera na Marbella de Galicia”. Segundo Xosé
Carlos Valcárcel “parece ser que existen estreitos vínculos entre empresas
construtoras e os máximos dirixentes políticos de Barbadás”.
Dende o PSdeG de Barbadás son moi
críticos ante os novos datos patrimoniais do tenente alcalde de Barbadás. Para
Valcárcel esto é un “suma e sigue do serial que no Grupo Municipal Socialista
coñecemos como Emporio Freire”. O líder socialista lamenta que “teñamos que
falar das ramificación deste
emporio”.
Valcárcel destaca que “estamos a
falar das 2 persoas que levan
dirixindo dende hai máis de 20 anos o concello de Barbadás”. O voceiro
socialista reprocha que tanto Freire coma García “en lugar de atender os
intereses da veciñanza, supostamente utilizaron o seu tempo e a confianza da
cidadanía para incrementar espectacularmente o seu patrimonio”.
Os 2 dirixente da política local de
Barbadás supostamente teñen propiedades na área de reparto número 10 da Valenzá
e en Sanxenxo “ e non cremos que esto
sexa unha simple coincidencia”. Ambos os dous patrimonios teñen tamén
outras similitudes porque o Emporio
Freire ten propiedades nun local onde estaba ubicada a oficina de Maexpa en
Barbadás. Pola súa banda o tenente alcalde é o dono do baixo onde se
instalou a oficina de Mahía na Valenzá e hai que ter en conta que as 2 empresas
pertencen ó mesmo grupo empresarial.
O
tenente alcalde “parece seguirlle os pasos ó rexedor de Barbadás”, sinala
Valcárcel. O voceiro do PSdeG refírese á coincidencia de que se trata de “2
políticos clave no concello e que presuntamente se dedicaron a promover desenrolos urbanísticos dos que supostamente
eles son beneficiarios”. Xosé Carlos Valcárcel ironiza ó afirmar que
“ambos tiñan tempo para construir torres, pero non para xestionar ou facilitar que
o concello de Barbadás teña dotacións e servizos básicos dos que a día de hoxe
aínda carece (centro de saúde, instituto, centro de día, nova gardería
infantil,…)
No caso de que nin o tenente alcalde
nin o rexedor de Barbadás dimitan, dende o Grupo Municipal Socialista demandan a intervención do Presidente da
Deputación. José Manuel Baltar pregoa a honestidade e a transparencia nas
xestión dos asuntos públicos. Baltar Blanco “fala de rexeneración e
honradez, polo tanto non pode permitir que o 5º concello da provincia apareza
tan a cotío nos titulares dos medios de comunicación por asuntos turbios que
converten as súas plabras en simple papel mollado”.
O líder socialista sinala que “para que Baltar sexa crible, tanto
Freire coma o tenente alcalde, teñen que dimitir e deixar as súas responsabilidades
políticas en Barbadás”
Ningún comentario:
Publicar un comentario