OS
SOCIALISTAS DE BARBADÁS ASEGURAN QUE A GALA DRAG QUEEN É INNECESARIA, UNHA
MOSTRA DE DESPILFARRO E UNHA OFENSA
HACIA UNHA PARTE DA VECIÑANZA
·
Os Socialistas de Barbadás lamentan que o
grupo de goberno do PP volva dar mostras dunha política de despilfarro ó
organizar un concurso de drag queen.
·
Dende o PSdeG o
seu voceiro, Xosé Carlos Valcárcel, asegura que esta é unha mostra máis na
cadea de dispendios “ós que nos teñen acostumados os gobernantes do PP·
·
Valcárcel
reprocha que nos últimos meses se “estea dilapidando diñeiro público para
potenciar a figura da candidata do PP á alcaldía, Consuelo Vispo”. Segundo o
líder socialista “este é un xeito deplorable de dar a coñecer á delfina de Freire Couto
·
Para os
Socialistas o Entroido de Barbadás está perfectamente dignificado a través do
desfile do martes de carnaval, unha cita ineludible á que acuden centos de
persoas da comarca e incluso doutras provincias, polo que “facer experimentos
co diñeiro da veciñanza constitúe unha falta de respecto”, sinala Valcárcel.
·
O voceiro socialista insiste, ó igual que ten feito nos
últimos meses, na importancia de recorrer á austeridade á hora de xestionar
diñeiro público e lembra a difícil situación pola que están atravesando moitas
familias do municipio.
·
“Unha nova mostra de recorrer á propaganda política para
obter réditos electorais”. Esta é a definición da política cultural do PP cando
toma este tipo de decisións, deplora Valcárcel, para quen este tipo de galas
demostran “o seu egoísmo e un esquecemento polos problemas reais da sociedade”.
·
Este tipo de programacións festivas son innecesarias
cando hai persoas que teñen dificultades non só para chegar a fin de mes, senón
para facer 3 comidas ó día, para pagar a luz, a calefacción, é dicir, “hai
cidadáns que pasan fame e frío mentras Freire decide gastar en premios nesta
gala drag queen 2.300 euros.
·
Dende o Grupo Socialista recalcan que esta contía
representa tan só o que se destina a premios e non se inclúe o custo global da
organización dun evento innecesario.
·
Son críticos ademais os Socialistas co feito de tentar
encorsetar o Entroido nun lugar pechado e pouco adecuado como é o pavillón de
deportes.
·
Para Valcárcel “esta gala demostra que os gobernantes do
PP de Barbadás viven no seu mundo de frivolidade e fantasía mentras aí fóra,
tanto nos pobos coma na Valenzá hai persoas que teñen problemas”. Con este tipo
de decisións estase dando “un pésimo exemplo do que debe ser un gobernante
solidario coa veciñanza”.
·
Segundo Valcárcel “gobernar non é programar actividades
que poden resultar ofensivas para unha boa parte da cidadanía, senón saber
afrontar cada momento con seriedade e austeridade”. O líder do PsdeG “os
políticos somos os primeiros que temos que dar exemplo, sobre todo tendo en
conta a ola de desafección que estamos a vivir entre a veciñanza”.
·
Para o desfile de 17 de febreiro xa se dedica unha contía
importante destinada a premios, un total de 4.000 euros, distribuidos en 12
premios nas categorías de artíticos e enxebres. Manter esta tradición é para os
Socialistas máis ca suficiente para que o prestixio do Entroido de Barbadás
estea asegurado en momentos de crise coma os que estamos vivindo, apunta
Valcárcel.
Ningún comentario:
Publicar un comentario